8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis

    Tag: servizos sociais

    A Deputación destina 3,7 millóns de euros a políticas sociais para os concellos de menos de 20 000 habitantes da provincia

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou en rolda de prensa que a Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aprobar as bases do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e das Axudas Básicas de Emerxencia para 2024. Ambas liñas de subvencións están destinadas aos 51 concellos de menos de 20 000 habitantes da provincia, que contan cun investimento total de 3,7 millóns de euros.

    Todo o alumnado usuario do departamento de Servizos Sociais de Redondela conta con bolsa de comedor do Concello

    Un total de 41 nenos e nenas de Redondela dos cursos de Infantil e Primaria contan con bolsa de comedor municipal neste curso 2023/24. Estas axudas da concellería de Servizos Sociais están destinadas a familias con problemática socio-económica, e cobren a totalidade dos gastos do comedor escolar.

    Sandra González e Agustín Reguera visitan o Centro de Día de Tomiño

    No día de onte, o Delegado da Xunta Agustín Reguera xunto co xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, realizaron unha visita ao centro de día de Tomiño, onde estiveron acompañados pola alcaldesa, Sandra González, así como polos concelleiros Cristina Martínez e Rubén García. Durante a visita, a alcaldesa expresou a preocupación do Concello en relación ao pago desproporcionado que Tomiño realiza polos servizos de competencia non municipal xestionados a través do Consorcio Galego.

    Servizos Sociais atendeu ata novembro preto de 2.500 persoas

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentoulle á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, aproveitando a súa visita do pasado 9 de decembro a Mos para coñecer a un usuario mosense do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, a Memoria Anual dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Mos.

    Ponteareas aumentou o persoal dos Servizos Sociais para mellorar a atención á veciñanza

    O Concello de Ponteareas reforzou nas pasadas semanas o departamento de Servizos Sociais coa incorporación dunha nova traballadora social ao seu cadro de persoal, un paso “histórico que nos permite continuar traballando para atender as necesidades da veciñanza.

    Ponte Solidario denuncia as listas de espera para as citas de Emerxencia Social en Ponteareas

    A asemblea de Ponte Solidario asegurou onte "levar meses" informando á concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas sobre as problemáticas das listas de espera dos Servizos Sociais locais. As persoas que acoden a este servizo de xestión exclusivamente municipal, explica a asociación "atópanse con citas que se demoran máis de tres meses para a solicitude dunha axuda de emerxencia".

    A Deputación cofinanciará os servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes

    A Deputación de Pontevedra mobiliza este 2022 preto de 2,5 millóns de euros (2.481.074 €) parao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes.

    Novo número de teléfono para a cita previa das persoas usuarias dos Servizos Sociais de Chapela

    A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, xestionada por Iria Vilaboa, vén de dar conta da avaría sufrida pola liña telefónica fixa utilizada polas persoas usuarias dos Servizos Sociais de Chapela para solicitar cita previa.

    Os Servizos Sociais de Chapela comezan a atender a usuarias e usuarios, de xeito provisional, no multiúsos Piñeiral do Crego

    Tal e como estaba previsto, no día de onte comezaron as obras de 'Acondicionamento, adaptación e mellora enerxética' das dependencias de Servizos Sociais de Chapela, traballos que contan cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020.

    O Concello iniciará en setembro as obras das dependencias dos Servizos Sociais de Chapela

    A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa sesión do mércores 18 de agosto, a adxudicación do contrato de servizo de Dirección de Obra e Coordinación de Seguridade e Saúde para a obra de 'Acondicionamento, adaptación e mellora enerxética' das dependencias de Servizos Sociais de Chapela, último trámite para que os traballos poidan comezar o mes de setembro.

    A concelleira socialista Iria Vilaboa asumirá as competencias de Servizos Sociais, Igualdade e Persoas Maiores

    Iria Vilaboa Álvarez tomou posesión da súa acta de concelleira do Grupo Municipal Socialista de Redondela no Pleno da Corporación municipal celebrado onte xoves cubrindo, deste xeito, a vacante deixada pola marcha de Marta Alonso.

    O Centro de Información á Muller de Redondela reforza o seu servizo coa contratación dunha avogada

    O Centro de Información á Muller de Redondela vén de reforzar o seu servizo de atención ás usuarias coa contratación dunha avogada que se incorporou ao CIM o pasado 1 de xuño. A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas, recoñece o atraso no proceso de contratación derivado “da complexidade dos trámites administrativos a realizar e dos tempos que marca a administración para este tipo de procesos, que están moi lonxe de ser os idóneos”.

    Nigrán ampliará o departamento de Servizos Sociais con dous novos postos de traballo

    O Concello de Nigrán destinará 60.000 € do remanente de tesourería á ampliazón do departamento de Servizos Sociais mediante a contratación por un ano dun novo traballador/a social e un auxiliar administrativo/a.

    Redondela reestrutura os Servizos Sociais municipais “para reforzar e axilizar o servizo á cidadanía”

    O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona directamente a alcaldesa Digna Rivas, será obxecto nas vindeiras datas dunha fonda reestruturación que permita “axilizar este servizo esencial e reforzar a súa capacidade de resposta ás necesidades da veciñanza”.

    O Concello de Redondela esixe unha resposta “as reiteradas peticións” de vacinar ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

    Tan só 17 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Redondela (SAF), dun total de 50, recibiron a vacina contra a COVID-19, pese a exercer un labor no que, polas súas características, “poden ser contaxiadas ao mesmo tempo que poden ser fonte de contaxio”, sinalou a alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas.

    A hostalaría de Redondela amosa a súa cara máis solidaria

    Un total de 13 establecementos de hostalaría de Redondela veñen de dar toda unha lección de solidariedade e axuda aos que máis o precisan achegando, unha vez por semana, Menús Solidarios ás familias usuarias dos Servizos Sociais Municipais. Unha vez preparados, estes son entregados de xeito gratuíto nos domicilios dos beneficiarios pola empresa redondelá de reparto de comida a domicilio Roombo.

    Ponteareas saca a concurso o Servizo de Axuda ao Fogar por máis de 900 mil euros ao ano

    O Concello de Ponteareas sacará a concurso a continuidade na xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), por un valor estimado de 5.249.520 euros por un período máximo de 5 anos, dous de contrato inicial e outros tres en prórrogas dun ano cada un. Unha vez rematado o período de concesión da anterior empresa adxudicataria, o Goberno ponteareán convocou o procedemento para a renovación deste servizo.

    O Concello de Redondela lembra ao PP que solicitou as axudas para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero “en tempo e forma”

    A Concellería de Servizos Sociais que dirixe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, remitiu “en tempo e forma” toda a documentación precisa para acollerse ao programa da Xunta de Galicia que permite a contratación de mulleres vítimas de violencia machista. O Goberno local lembra que “a loita pola igualdade e a eliminación da lacra que supón a violencia machista” é unha das súas prioridades de Goberno e, nesa liña, acollerase a todas as medidas, como é este tipo de subvencións, que permiten que as mulleres obxecto de violencia machista “poidan recompoñer as súas vidas dende a independencia económica que lles proporciona un traballo digno”.

    A Deputación destina máis de 4 millóns de euros para que os concellos e entidades atendan ás persoas máis vulnerables

    A Deputación de Pontevedra vén de converterse na primeira administración de Galicia en poñer a disposición dos concellos e entidades de ámbito social un investimento de 4 millóns de euros para que poidan facer fronte ás consecuencias que a Covid-19 ten para a poboación.

    As dependencias de Servizos Sociais de Redondela exhiben dende hoxe un mural realizado por usuarios e usuarias da Asociación Lenda

    Dende hoxe, as dependencias de Servizos contan cun fermoso mural que, co nome de 'Mulleres, tecendo esperanza e futuro', quere ser un recordatorio permanente ao traballo e historia das mulleres de Redondela.

    O Concello de Nigrán reparte 60 cestas de Nadal de Cespa, para repartir entre as persoas usuarias dos Servizos Sociais

    O Concello de Nigrán recibíu esta semana por parte da concesionaria de limpeza Cespa-Ferrovial unha donación de 60 cestas de Nadal para repartir entre as familias usuarias dos Servizos Sociais do Concello.

    O Concello de Redondela mercará xoguetes para as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas

    O Concello de Redondela mercará, por primeira vez, xoguetes novos para distribuír entre os nenos e nenas das familias máis desfavorecidas. A iniciativa, que parte da Concellería de Servizos Sociais que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, busca que “todos os nenos e nenas, independentemente da situación económica das súas familias, poidan gozar dun Nadal feliz”.

    O día 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais de Redondela

    A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de lembrar a interesadas e interesados que o vindeiro 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de servizos sociais para este ano 2020.

    O Concello de Redondela rende homenaxe a Concepción Arenal coa descuberta dunha placa co seu nome nas dependencias de Servizos Sociais

    'A Concepción Arenal. (1820-1879). En memoria dunha muller que fixo da xustiza social e da igualdade o guieiro da súa vida'. Así reza a placa colocada na entrada das dependencias de Servizos Sociais de Redondela e que esta mañá foi descuberta pola alcaldesa de Redondela e responsable do servizo, Digna Rivas.

    Os servizos sociais municipais incrementan nun cento o número de usuarios por mor da crise sanitaria da Covid-19

    Mos está a optimizar a atención ao público e o protocolo anti COVID nos servizos sociais municipais co traslado do departamento ao Multiusos que se produciu a semana pasada. Con este cambio de ubicación elimínanse ademais barreiras arquitectónicas e increméntase a comodidade para traballadores/as e usuarios/as nestas dependencias que, debido á crise sanitaria da COVID-19, viron aumentado nun cento o número de usuarios/as que reciben.

    O Goberno de Redondela amosa a súa “indignación” polo intento do PP de querer politizar a xestión de Servizos Sociais en plena pandemia

    O Executivo redondelán asegura que “a Xunta segue nas súa dinámica de 'eu invito e os concellos pagan' ao facer recaer sobre as administracións locais as responsabilidades dun servizo fundamental”

    Mos optimiza a atención ao público e o protocolo anti COVID nos servizos sociais municipais co traslado do departamento ao Multiusos

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaron onte as dependencias do departamento municipal de servizos sociais, recentemente trasladado para o edificio Multiusos das Pozas, onde se atopa prestando servizo desde esta semana.

    Proceso extraordinario para cubrir prazas vacantes na Escola Infantil Municipal da Guarda

    O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 28 de setembro 2020 un proceso extraordinario para cubrir as varias prazas vacantes para o curso escolar 2020-202

    O Concello de Redondela reformará e acondicionará as oficinas de Servizos Sociais de Chapela

    O Concello de Redondela iniciará, en breve, os traballos de acondicionamento e reforma das dependencias dos Servizos Sociais de Chapela, co fin de facelas totalmente accesibles e, ao mesmo tempo, conseguir unha mellora enerxética de todo o espazo. Na actualidade, os Servizos Sociais de Chapela atópanse situados nos baixos do pavillón municipal.

    Os Servizos Sociais e o CIM de Redondela estrean as súas novas instalacións

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada por concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno e da Corporación Municipal, visitou na mañá de hoxe as recen estreadas dependencias dos Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM) situadas nos baixos dun imoble da rúa 8 de Marzo. O traslado destes dous servizos que atenden aos sectores máis vulnerables da cidadanía, sinalou a alcaldesa no acto de inauguración das dependencias, “era un dos compromisos deste Goberno coas veciñas e veciños”.

    Baiona destina 40.000 euros a Servizos Sociais, máis dun 222 % do que destinaban os anteriores gobernos conservadores

    Os orzamentos do Concello de Baiona, que previsiblemente serán levados a aprobación plenaria no mes de agosto, incluirán unha partida de 40.000 euros para os servizos sociais municipais, –máis dun 222 % dos 18.000 euros que habitualmente destinaban os anteriores gobernos conservadores– ao considerar o executivo que preside Carlos Gómez que unha das primeiras obrigas dunha administración local “é velar polo benestar da cidadanía en xeral pero, principalmente, daquelas veciñas e veciños que menos recursos posúen ou que mesmo atópanse en risco de exclusión social”.

    Ponteareas convoca axudas para colectivos de carácter social

    O Concello de Ponteareas publicou no Boletín Oficial da provincia o anuncio da convocatoria de subvencións, por procedemento de concurrencia competitiva, a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realizaciòn de programas de carácter social no presente ano 2020. O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais contado a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma.

    Os Servizos Sociais de Tui coordinan a atención as persoas vulnerables durante o estado de alarma

    Detectar e prestar atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, facilitar material de protección e coordinar a atención foron tres dos eixos sobre os que xirou o traballo dos Servizos Sociais Comunitarios ao longo das últimas semanas coa crise do Coronavirus. Este departamento municipal mantivo o traballo dende a casa do concello contando co apoio continuado da Policía Local e Protección Civil.

    Redondela publica as bases para a concesión de axudas sociais específicas da COVID-19

    O Concello de Redondela vén de anunciar a publicación das bases e convocatoria que rexerán a concesión de subvencións de Axudas Sociais COVID-19, unha iniciativa orientada a dar resposta á crise provocada pola expansión do coronavirus e a conseguinte paralización de sectores económicos que supoñen o cese da actividade laboral.

    Ponteareas reafirmase no seu apoio ás familias máis vulnerables dotando de máis medios á área de Benestar Social

    O Concello de Ponteareas reforzou os Servizos Sociais municipais para atender a quen máis o necesita como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19. A concelleira de Benestar Social, a nacionalista Verónica Carrera, explicou que o Centro de Reparto de Alimentos municipal xa repartíu máis de 9.000 quilos...

    Primeiras axudas extraordinarias da Deputación de Pontevedra para O Rosal

    O Concello do Rosal xa ten a súa disposición os case 18.000 € da nova liña de axudas extraordinarias posta en marcha pola Deputación de Pontevedra para facer fronte ás novas continxencias causadas pola pandemia do COVID-19 e dar resposta rápida ás necesidades básicas da veciñanza que se atopa nunha situación de maior vulnerabilidade a causa da crise sanitaria.

    A Escola Infantil de Ponteareas ofrece divertidas propostas para as familias con nenos e nenas menores de 3 anos

    A concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, vén de proporcionar a todas as familias ferramentas lúdico didácticas e consellos útiles para facer do tempo de quedar na casa, un tempo de calidade no que fortalecer os vínculos familiares. Conscientes da complexidade de afrontar estes días de estado de alerta con pequenos e pequenas de 0 a 3 anos, a escola infantil municipal trasládalle as familias pautas e propostas para estes días.

    Os Servizos Sociais das Neves amplía a 12 horas diarias o seu servizo de atención telefónica

    O Concello das Neves vén de ampliar o horario de atención telefónica do seu departamento de Servizos Sociais co obxectivo de "facilitar a atención a todas aquelas veciños e veciñas que o precisen", cando enfrontamos a segunda semana de confinamento e logo de que estea previsto que este se alongue, cando menos, dúas semanas máis.

    As Neves reparte mascarillas a todos os establecementos que teñen que estar abertos ao público

    Como parte das medidas impulsadas dende o Goberno local das Neves para controlar a expansión do COVID-19, este pasado comezouse co reparto de mascarillas destinadas a "todos os establecementos que están abertos ao público", sinala a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas.

    O Porriño habilita unha axuda extraordinaria de emerxencia social para as familias con menos recursos

    O Concello do Porriño vén de habilitar unha partida orzamentaria de 20.000 euros, mediante crédito extraordinario, para que ás familias con menos recursos e as persoas con dificultades económicas poidan abastecerse de alimentos frescos e produtos de primeira necesidade. Tratase de unha acción extraordinaria motivada polo actual estado de alarma pola pandemia do coronavirus e que complementa á axuda periódica que distribue o Banco de Alimentos 'SOS Porriño'.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.