19.1 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela rende homenaxe a Concepción Arenal coa descuberta dunha...

    O Concello de Redondela rende homenaxe a Concepción Arenal coa descuberta dunha placa co seu nome nas dependencias de Servizos Sociais

    A que foi experta en dereito, pensadora, xornalista, poeta, autora dramática e pioneira no feminismo español, dará dende hoxe nome a este servizo do Concello de Redondela.

    ‘A Concepción Arenal. (1820-1879). En memoria dunha muller que fixo da xustiza social e da igualdade o guieiro da súa vida’. Así reza a placa colocada na entrada das dependencias de Servizos Sociais de Redondela e que esta mañá foi descuberta pola alcaldesa de Redondela e responsable do servizo, Digna Rivas.

    Rivas, acompañada das concelleiras Olga García, Marta Alonso, e o concelleiro Daniel Boullosa, subliñou que “ningún nome mellor para un servizo que aquel de quen foi adiantada ao seu tempo en moitos eidos, non só no literario ou no xornalístico, senón tamén como pioneira do feminismo en España”.

    A alcaldesa redondelá lembrou que Concepción Arenal, ao longo da súa vida, denunciou con insistencia a situación das mulleres do século XIX”. Tristemente, sinalou Digna Rivas, moitas das reflexións que escribiu no seu libro ‘Estado actual de la mujer en España’ seguen a ter plena vixencia a pesar de ter pasado máis dun século. Nese traballo resistíase, por exemplo, a falar de emancipación social ou política da muller “…mentres a dependencia económica sexa un feito estendido e teña suxeita á muller a todo tipo de escravitudes”.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.