17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaA concelleira socialista Iria Vilaboa asumirá as competencias de Servizos Sociais, Igualdade...

    A concelleira socialista Iria Vilaboa asumirá as competencias de Servizos Sociais, Igualdade e Persoas Maiores

    A edil, que tomou posesión da súa acta na sesión plenaria de onte, asume a xestión dalgunhas áreas que ata o momento dirixía a alcaldesa Digna Rivas

    Iria Vilaboa Álvarez tomou posesión da súa acta de concelleira do Grupo Municipal Socialista de Redondela no Pleno da Corporación municipal celebrado onte xoves cubrindo, deste xeito, a vacante deixada pola marcha de Marta Alonso.

    A nova concelleira asumirá as competencias de case que todos os asuntos que fagan referencia aos servizos sociais municipais, unha área considerada polo Goberno local como “de especial importancia” dado que a súa xestión afecta aos sectores máis vulnerables da veciñanza.

    Iria Vilaboa dirixirá, polo tanto, ás áreas de Servizos Sociais e Promoción Social, Asistencia social primaria, coordinación dos servizos relacionados coa Infancia, Axuda no Fogar, Igualdade e Conciliación, e dirección e coordinación do Centro de Información á Muller.

    Algunhas destas áreas eran, ata o de agora, competencia da alcaldesa Digna Rivas que trala marcha de Marta Alonso, incrementaba notablemente a súa carga de traballo ao asumir –a maiores das concellerías que agora dirixirá Iria Vilaboa–, as competencias de Seguridade Cidadá e Tráfico, Interior, Emerxencias e Eventos, amais de Normalización Lingüística e as inherentes á Alcaldía de Redondela.

    Digna Rivas, subliñou a “capacidade de traballo e compromiso” de Iria Vilaboa ao mesmo tempo que salientaba que “a súa formación e implicación social e co movemento do asociacionismo, a facían idónea para facerse cargo destas áreas”. “Iria será, sen dúbida, un elemento esencial para o desenvolvemento das políticas sociais que propugna este Goberno”, remata alcaldesa redondelá.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.