15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO día 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas...

    O día 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais de Redondela

    A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de lembrar a interesadas e interesados que o vindeiro 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de servizos sociais para este ano 2020.

    As axudas, cun importe global de 10.000 euros, están dirixidas a todas as asociacións ou colectivos sen ánimo de lucro, legalmente constituídos, que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela e que desenvolvan as súas liñas de traballo nos eidos da prevención da exclusión social ou promoción da inclusión social e a accesibilidade; promoción do voluntariado social; atención á infancia en colectivos que traballen con nenas e nenos redondeláns; prevención do illamento social das persoas maiores do municipio ou a prevención e promoción de hábitos saudables.

    Para máis información pódense consultar as bases e convocatoria para a concesión destas ayudas no BOPPO (Bolerín Oficial da Provincia de Pontevedra) número 219 de 12 de noviembre de 2020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.