16.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaOs Servizos Sociais de Chapela comezan a atender a usuarias e usuarios,...

    Os Servizos Sociais de Chapela comezan a atender a usuarias e usuarios, de xeito provisional, no multiúsos Piñeiral do Crego

    A Concellería de Servizos Sociais que xestiona Iria Vilaboa habilitou espazos e entrada independente do resto multiúsos para garantir a privacidade das persoas usuarias

    Tal e como estaba previsto, no día de onte comezaron as obras de ‘Acondicionamento, adaptación e mellora enerxética’ das dependencias de Servizos Sociais de Chapela, traballos que contan cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020.

    Mentres duren as obras, as persoas usuarias dos servizos sociais de Chapela serán atendidas nas oficinas provisionais que a Concellería de Servizos Sociais vén de habilitar no multiúsos Piñeiral do Crego. “Trátase dun servizo esencial para a veciñanza –destaca Iria Vilaboa– e que, como tal, non pode deixar de atender ás persoas usuarias”.

    Tanto a concelleira como a alcaldesa, Digna Rivas, subliñan que, dadas as especiais condicións de privacidade que a prestación dos servizos sociais require, “as dependencias provisionais serán independentes do resto de servizos do multiúsos contando cunha entrada aparte do resto da instalación”. O servizo, para maior efectividade e evitar esperas, seguirá funcionando baixo o sistema de cita previa que se pode solicitar no teléfono 986 45 89 93

    Rivas, agradeceu o traballo realizado pola Concellería de Servizos Sociais e as súas traballadoras “á hora de habilitar unhas dependencias que, aínda que provisionais, son funcionais e cumpren á perfección os requisitos esixible para a prestación do servizo”.

    Ao mesmo tempo, a alcaldesa fixo fincapé na importancia das obras que se están a realizar nas dependencias dos Servizos Sociais de Chapela que, apuntou, “permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar con instalacións modernas, cómodas e funcionais”.

    Como todas as obras que se realizan por parte do Goberno local, as novas oficinas serán totalmente accesibles e contarán con elementos que garantan a súa eficiencia enerxética.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.