Tag: psdeg-psoe
A guardesa Bárbara Domínguez González, nova secretaria de Galeguidade e Emigración da executiva nacional galega do PSdeG
Este pasado domingo tivo lugar o congreso extraordinario do PSdeG en Santiago de Compostela onde foi proclamado José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral e o resto de compoñentes que conforman a comisión executiva nacional galega. A executiva está conformada por 40 persoas entre as que se atopa a guardesa Bárbara Domínguez González, que ocupará a Secretaría de Galeguidade e Emigración.
O Grupo Socialista reclama no Parlamento galego “o desbloqueo” das obras da Avenida Mendiño
A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia, reclamoulle onte á conselleira de Infraestruturas que desbloquee a reparación da Avenida Mendiño de Redondela, cumprindo o compromiso acadado en 2019. Gallego presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que a conselleira de Infraestruturas eludiu comprometerse a incluír a reparación da rúa nos Orzamentos para o próximo ano.
O Grupo Socialista urxe á Xunta a construir unha estación depuradora en Oia
A parlamentaria socialista Leticia Gallego visitou o Concello de Oia, onde mantivo un encontro co portavoz socialista, Gerardo Rodríguez, e membros do grupo municipal socialista, para reclamarlle á Xunta que constrúa de urxencia unha depuradora para frear os constantes vertidos rexistrados no Concello.
O PSdeG de Ponteareas denuncia o lamentable estado de abandono da estación de autobuses de Ponteareas por parte da Xunta
O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Delfín Domínguez, denunciou hoxe o estado actual de abandono da estación de autobuses de Ponteareas por parte da Xunta de Galicia. Domínguez visitou onte as instalacións para comprobar in situ o estado das instalacións. "O edificio estaba pechado, como sucede en moitas ocasións a pesar da afluencia de usuarios".
Formoso propón ante a patronal galega rebaixar á metade as peaxes das autoestradas autonómicas
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, propuxo a rebaixa do 50 % das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica. Esta proposta dirixida ao goberno da Xunta é de carácter inmediato e forma parte dun plan urxente de medidas económicas e sociais para o ámbito galego dos socialistas que buscan facer fronte á dura perspectiva económica.
Violeta de Santiago presenta a súa candidatura á alcaldía de Tomiño
O PSdeG-PSOE presentou á súa candidata á Alcaldía de Tomiño nun concorrido xantar celebrado esta fin de semana na localidade do Baixo Miño. Violeta de Santiago, que repetirá como aspirante á Alcaldía catro anos despois e con claras expectativas de crecemento, recibiu o apoio de moitos veciñoa e veciñas, representantes da sociedade tomiñesa e da militancia do Baixo Miño, ademais de cargos públicos como o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o secretario xeral provincial, David Regades.
Formoso empraza á Xunta a dar o paso de solicitar a declaración de zona catastrófica para os incendios do Courel e Valdeorras
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou á Xunta a non perder máis tempo e a dirixirse ao goberno do Estado para solicitar formalmente a declaración de zona catastrófica para as zonas do Courel e Valdeorras afectadas polos incendios forestais. Esta medida permitiría mobilizar toda a axuda posible para as persoas que perderon os seus fogares ou que viron danadas as súas explotacións agropecuarias e todo tipo de establecementos empresariais.
O Grupo Socialista denuncia a inacción da Xunta para cumprir a proposta do PSdeG para redefinir os xeodestinos turísticos
A deputada socialista Leticia Gallego denunciou onte que a Xunta de Galicia leva case un ano sen dar cumprimento á proposta aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia para redefinir os xeodestinos turísticos. Esta iniciativa, presentada no seu día polo PSdeG, contou co respaldo de todos os grupos políticos en marzo de 2021 pero, a día de hoxe, o goberno galego “non fixo absolutamente nada para atender esta petición”.
O PSOE de Ponteareas denuncia “amenazas” por parte de membros da directriva da Plataforma da Nacional 120
O Partido Socialista de Ponteareas asegurou ter recibido por correo electrónico unha "carta ameazadora" asinada polo voceiro da Plataforma da Nacional 120. Segundo o PSOE ponteareán, "son moitas as ocasións que o Partido Socialista e, en concreto, a súa portavoz Chus Garrote, ten que soportar insultos, amenazas e improperios por parte desta persoa e doutros membros da directiva da Plataforma".
Leticia Gallego cualifica de “ataque á sanidade pública” a restrición de actividade en 14 centros de Atención Primaria da área de Vigo
A deputada socialista Leticia Gallego tachou hoxe de “ataque á sanidade pública, gratuíta e universal” a decisión da Xunta de restrinxir a actividade en 14 centros de atención primaria da área sanitaria de Vigo, facendo que os facultativos só atendan urxencias e casos de Covid. Trátase, en palabras da parlamentaria do PSdeG, dunha “decisión nefasta” xa que “toda a cidadanía ten dereito a acudir ao seu médico por calquera enfermidade”.
O PSOE denuncia a negativa do PP a defender os intereses da pesca ante as propostas para eliminar as bonificacións ao combustible
A deputada socialista Patricia Otero reclamoulle á Xunta de Galicia que lidere un posicionamento “claro e contundente” en defensa dos intereses do sector pesqueiro galego co fin de reverter as iniciativas para eliminación das subvencións ao combustible. Otero alertou das graves consecuencias que tería para a actividade da flota galega que saise adiante a proposta da Organización Mundial do Comercio (OMC), así como a intención das autoridades comunitarias de gravar o uso de combustibles fósiles.
O PP di “non” á proposta socialista para reactivar o pequeno comercio cun plan de reapertura e máis orzamentos
O PP vén de rexeitar a proposta socialista para reactivar o pequeno comercio cun plan de reapertura de negocios que tiveron que pechar por mor da pandemia e máis orzamentos para este sector. Ocorreu, hoxe, na Comisión de Comercio do Parlamento, onde o Partido Popular votou en contra dunha proposición non de lei do PSdeG neste sentido.
Leticia Gallego denuncia a “falta de compromiso” da Xunta co comercio ao reducir en 5 millóns a partida para o sector nos orzamentos
A portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, denunciou onte a “mala xestión” e “o pouco que lle importa á Xunta” o sector do pequeno e mediano comercio en Galicia. Como mostra desta falla de compromiso, a deputada do PSdeG que a partida para o sector dentro dos orzamentos do ano que vén baixe en máis de cinco millóns de euros, o que, ao mesmo tempo, demostra que “o comercio non é un sector estratéxico para a Xunta”.
O PSdeG de Salceda presenta, un ano máis, emendas aos Orzamentos da Xunta
As e os Socialistas de Salceda de Caselas realizan, un ano máis, emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia, ao considerar que Salceda "continúa sendo un concello esquecido nas contas autonómicas". Reivindicacións xa históricas do PSdeG-PSOE de Salceda seguen sen ser atendidas, "a pesares da reiteración e de que incluso algunhas delas conten co apoio plenario de toda a Corporación", asegura a súa secretaria xeral e alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón.
O Parlamento Galego da luz verde á iniciativa socialista que insta á Xunta a aprobar a declaración de emerxencia climática en Galicia
O Parlamento deu luz verde á iniciativa do Grupo Socialista para instar á Xunta a aprobar a declaración de emerxencia climática en Galicia. Ocorreu, hoxe, no Pleno do Parlamento, despois de que os tres grupos parlamentarios debatesen sobre unha proposición non de lei do Grupo Socialista.
O PP rexeita a proposta socialista para que a Xunta lle esixa a Abanca responsabilidade social para evitar o “draconiano” peche de oficinas
O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, lamentou hoxe que o Partido Popular siga negándose a que a Xunta adopte medidas para evitar o continuo peche de oficinas en moitos concellos da comunidade autónoma.
Gonzalo Caballero critica a “irrisoria” rebaixa das peaxes autonómicas que só beneficia ás familias numerosas
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, vén de criticar a “insuficiente” e “irrisoria” rebaixa das peaxes autonómicas nas autoestradas AG-55 e AG-57, xa que “só beneficia a familias numerosas”, o que supón que “exclúe á meirande parte da poboación galega”.
Gonzalo Caballero presenta as liñas claves de futuro do socialismo galego, “galeguista, ecoloxista, feminista e de esquerdas”
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou que a comisión executiva nacional do PSdeG abriu o proceso para iniciar a elaboración da ponencia de cara ao vindeiro Congreso Nacional Galego, que se celebrará antes de final de ano. Nunha comparecencia ante os medios de comunicación na mañá do sábado 7 de agosto, o líder socialista explicou que galeguismo e federalismo, ecoloxismo, feminismo e compromiso de esquerdas serán as grandes liñas do PSdeG para “fortalecer e impulsar unha reactivación que priorice e chegue ás persoas”.
O PSdeG-PSOE de Salvaterra de Miño renova a súa executiva
O PSdeG-PSOE de Salvaterra de miño celebrou esta pasada fin de semana Asemblea extraordinaria para elixir aos componentes da nova executiva que chega co claro obxectivo "de apuntalar o traballo do grupo municipal".
O Comité Provincial do PSdeG-PSOE pon a vista nas próximas municipais para repetir vitoria “e que a provincia continúe progresando”
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra celebrou o seu Comité Provincial, máximo órgano de Congresos, nun acto que tivo lugar nos xardíns da UNED en Pontevedra. As e os socialistas da provincia convertéronse así nos primeiros de Galicia en reunirse presencialmente este ano e comezaron, deste xeito, a preparación das próximas Eleccións Municipais a un ano e medio vista. O obxectivo é reeditar o éxito de 2019, cando as candidaturas socialistas acadaron case 200.000 votos e 23 alcaldías.
A Cañiza solicita á Xunta “potenciar” a Galicia interior
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe A Cañiza xunto ao seu alcalde, Luis G. Piña, para coñecer de primeira man as necesidades do municipio.
O PSOE reclama á Xunta aumentar o persoal de dependencia “para resolver unhas esperas desorbitadas”
A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de reclamar á Xunta que aumente o persoal dos equipos de dependencia como “a mellor fórmula para resolver unhas esperas desorbitadas”. A modo de exemplo, a deputada socialista sinalou que Galicia “duplica” o tope fixado por lei para resolver un expediente de dependencia, que é de 180 días, chegando a necesitar ata 371 días para dar resposta.
O PSOE pide “iniciar o debate” sobre o II Pacto Local, “o PP ten que decidir se é municipalista ou prefire o dedazo e reparto discrecional”
A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de pedir “iniciar o debate” sobre un II Pacto Local de Galicia no seo da Comisión Galega de Cooperación Local, xa que “o PP ten que decidir se é un partido municipalista ou se prefire o dedado e o reparto discrecional”. Fíxoo, onte, no Pleno do Parlamento trala presentación dunha proposición non de lei neste senso, que será votada na sesión de mañá polos grupos da Cámara.
O PSOE de Tomiño reprocha ao Goberno local a falta de investimentos no comercio local e a hostalaría
O PSdeG-PSOE de Tomiño denunciou na última sesión plenaria da corporación, que na súa orde do día contaba cunha modificación de crédito de prego dun millón de euros, "a falta de investimentos no comercio local e a hostalaría". Segundo a portavoz socialistas, Violeta de Santiago "debemos ser o único Concello da contorna que non inxectou nin un só euro no comercio local, un dos sectores, xunto a hostalaría, máis afectado por esta pandemia".
Gonzalo Caballero propon a equiparación de horarios de peche de bares e restaurantes segundo “o modelo asturiano”
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou dende Fitur a “potencialidade turística inmensa” que ten Galicia “na natureza, na cultura, na historia, no patrimonio, na Galicia interior, na Galicia atlántica, na Galicia urbana, na Galicia rural...”, e subliñou que cómpre “aproveitar esta potencialidade para a reactivación económica e social do país despois dunha crise de tanta intensidade”.
O Parlamento aproba a creación dun canle Xabarín na TVG
O Parlamento de Galicia vén de aprobar a proposta conxunta de PSdeG e BNG para que a CRTVG impulse a canle ‘Xabarín’ de televisión infantil e xuvenil en galego. A proposición non de lei, que nace dunha iniciativa popular impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, foi aprobada por unanimidade polo Pleno da Cámara.
Gonzalo Caballero reclama á Xunta “un plan de reapertura dos pequenos negocios que pecharon por mor da pandemia”
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu onte que a Xunta "ten que actuar para favorecer a reactivación económica de Galicia cando comezamos a camiñar cara á nova normalidade". Así, o líder socialista reclamou ao Goberno galego a posta en marcha “dun plan de reapertura dos pequenos negocios que tiveron que pechar por mor da pandemia”.
O PSOE de Tomiño lamenta que se achaque a “temas políticos” a dimisión do Concelleiro de Tráfico
Ante a publicación dun post nas redes sociais no que se involucraba supostamente ao concelleiro de Tráfico de Tomiño en diversos incidentes –acontecementos que remataron coa dimisión do edil– e as acusacións, totalmente carentes de fundamento, de ser unha campaña orquestada polo PSOE tomiñés, as e os socialistas do municipio veñen de facer unha serie de matizacións de cara a clarificar os feitos.
José Carlos Martínez Crespo, novo secretario xeral do PSdeG-PSOE do Rosal
O presidente da Comisión Xestora do PSdeG-PSOE do Rosal, Miguel A. Rodríguez Velasco, convocou para onte, xoves 6, de maio a Asamblea Extraordinaria para a elección da nova Executiva Municipal socialista. A Asemblea, que tivo lugar no Centro Polivalente do Rosal votou a lista consensuada e elixida polas afiliadas e afiliados e, polo tanto, con voto unánime.
Gonzalo Caballero destaca o traballo do Goberno de España no proceso de reforma da seguridad viaria na N-120 en Ponteareas
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou onte a súa vila natal, Ponteareas, para manter unha xuntanza con responsables socialistas na bisbarra do Condado, como o alcalde de A Cañiza, a tenente alcalde de Ponteareas, o tenente alcalde de Mondariz e os voceiros socialistas de Salvaterra e Crecente, entre outros.
O PSOE lamenta a redución do número de galegofalantes e lembra a “obriga estatutaria” da Xunta de promocionar o galego
A voceira de Política Lingüística do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de criticar a “falla de vontade política” da Xunta á hora de protexer e promocionar o galego. Fíxoo, hoxe, trala comparecencia do director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia na Comisión de Cultura do Parlamento.
O PSOE denuncia o veto do PP á liberalización da peaxe AG-57 Puxeiros-Val Miñor
O PSdeG-PSOE vén de denunciar o "veto" do PP de Galicia a unha iniciativa socialista para liberalizar as peaxes das autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor. Fíxoo, onte, no Pleno do Parlamento, logo de votar en contra dunha proposición non de lei presentada pola voceira de Infraestruturas Patricia Otero.
Gonzalo Caballero propón acordar xa o mapa de prioridades sobre os proxectos para fondos europeos ante o “suspenso” da Xunta
O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, emprazou hoxe ao presidente da Xunta a aceptar a “man tendida” dos socialistas galegos para acordar a importancia dos proxectos que opten a fondos europeos. Chamou a superar a “opacidade, falla de rumbo e de compromiso” amosados polo goberno galego, que...
Gonzalo Caballero afirma na clausura do congreso de Unións Agrarias que “apostar por Galicia é apostar polo noso rural”
O líder socialista defende que “os fondos da PAC teñen que ser para quen traballa a terra e non para os gandeiros de salón”
O PsdeG-PSOE A Guarda levará a pleno a gratuidade dos peaxes de Puxeiros na AP-9 e a AG-57 do Val Miñor.
A executiva do PSDeG-PSOE A Guarda presentou onte no Concello unha moción sobre a gratuidade da AG-57 e o tramo de Puxeiros da AP-9, para mellorar as comunicacións do municipio guardés coa súa cidade de referencia, Vigo. A secretaria seral da agrupación guardesa, Montserrat Magallanes, explicou que “na moción solicitamos a gratuidade das dúas peaxes que nos permiten chegar con maior premura a Vigo, a do tramo da AP-9 en Puxeiros e a AG-57 do Val Miñor, asi como a finalización, dunha vez por todas, da VAC entre A Guarda e Tui”.
O PSOE acusa ao PP de vetar a iniciativa socialista para triplicar o orzamento do departamento de Igualdade da Xunta
"O PP de Galicia vén de rexeitar a proposta socialista para triplicar o orzamento destinado ás partidas específicas do departamento de Igualdade da Xunta", denunciou onte o PSdeG-PSOE. "Dedica o 0,5% do orzamento consolidado da Xunta, sen incluír nesta porcentaxe as achegas do Pacto de Estado”. Dito rexeitamento tivo lugar onte no Pleno do Parlamento, logo da presentación dunha moción por parte do Grupo Socialista que foi aprobada parcialmente.
O Grupo socialista insta á Xunta a coordinar e mellorar os protocolos de atención a familias nos casos de falecemento por accidente
A deputada socialista Noa Díaz vén de instar á Xunta de Galicia a coordinar e mellorar os protocolos de atención a familias nos casos de falecementos por accidentes. Fíxoo, hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento, a través da presentación dunha proposición non de lei.
O PSdeG-PSOE de Ponteareas aposta por continuar coas humanizacións no casco urbano e a mellora de entornas peonís nas parroquias do concello
A Xunta de Goberno da deputación de Pontevedra celebrada esta semana aprobou un paquete de axudas para mellorar a mobilidade, así como aumentar o espazo adicado os peóns, este plan conta con unha dotación de máis de 2,4 Millóns de Euros para a redacción de proxectos e execución de obras.
O Grupo Socialista no Parlamento Galego urxe “celeridade” á Xunta para salvar a cultura, “un sector que está agonizando”
A voceira de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de urxir “celeridade” á Xunta para salvar ao sector da cultura, dado que o sector “está agonizando”. Fíxoo durante a presentación dunha proposición non de lei para instar ao goberno galego a desenvolver e executar un plan “real” para a reactivación cultural.
O Grupo Socialista reúnese cos palangreiros da Guarda e comprométese a trasladar a súa situación ao Ministerio
A voceira de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Patricia Otero, mantivo unha xuntanza de traballo cos palangreiros de superficie da Guarda en compañía do alcalde guardés, Antonio Lomba, para escoitar de primeira man as necesidades do sector e para coñecer a problemática relacionada coa pesca e comercialización do maraxo. No encontro participou tamén a deputada socialista por Pontevedra Leticia Gallego.