11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO PP rexeita a proposta socialista para que a Xunta lle esixa...

    O PP rexeita a proposta socialista para que a Xunta lle esixa a Abanca responsabilidade social para evitar o “draconiano” peche de oficinas

    Juan Carlos Francisco pregúntase cales son as razóns que asisten ao goberno galego para non presionar politicamente a esta entidade cando lle concede unha universidade privada ou a mete nunha sociedade para xestionar os fondos Next Generation

    O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, lamentou hoxe que o Partido Popular siga negándose a que a Xunta adopte medidas para evitar o continuo peche de oficinas en moitos concellos da comunidade autónoma.

    O deputado do PSdeG incidiu en que este posicionamento resulta especialmente grave nun contexto no que se está a rexistrar un peche “draconiano” de oficinas, sobre todo en concellos pequenos e que afecta de maneira especial á xente que vive en municipios de menos de 2.000 habitantes. Ao tempo, considera inexplicable que o PP votase en contra desta proposición socialista cando Abanca “ten una débeda con este país e a Xunta debe demandarlle a esa entidade responsabilidade social con Galicia”.

    Ante o escenario de “desmantelamento continuo e reiterado dos servizos financeiros básicos”, Juan Carlos Francisco criticou que a única resposta da Xunta sexa “financiar con fondos públicos que as entidades bancarias instalen caixeiros nos concellos nos que precisamente acaban de pechar sucursal”, o que ademais está provocando un “efecto chamada”. Asemade, recordou que “deben ser os poderes públicos os que garantan a prestación dos servizos básicos, tamén os bancarios, independentemente de onde se resida, que é no que se fundamenta a cohesión social e territorial”.

    Neste contexto, Juan Carlos Francisco sinalou que “non podemos admitir que se utilice a pandemia e a baixa de rendibilidade dos bancos para acometer ese peche deixando excluídos a moitos cidadáns deste país”. Cualificou de inadmisible esta circunstancia “cando estamos a falar dunha entidade que dá cuantiosos beneficios”. “Polo tanto, remachou, “non é unha cuestión de rendibilidade financeira senón de ausencia de responsabilidade social con este país”.

    Tras recordar que a Xunta de Galicia mete a Abanca nunha sociedade para xestionar os Fondos Europeos e lle concede unha universidade privada, o deputado socialista preguntouse “cales son as razóns que asisten ao goberno galego para non presionar politicamente a esta entidade co fin de evitar o peche de oficinas, especialmente nos concellos nos que é única oficina”.

    Na proposición socialista reclamábaselle á Xunta que se dirixirse a Abanca para que paralizase de maneira inmediata o peche de oficinas bancarias e que se lle demandase a reapertura das pechadas durante este ano. Tamén se lle esixía a elaboración, dentro do seu abano de competencias exclusivas no ámbito do consumo, unha Carta de Servizos Básicos que garanta o dereito de todos os galegos e galegas en canto consumidores e consumidoras a non ser excluídos na prestación de servizos básicos de carácter financeiro.

    Por último, solicitábaselle á Xunta que se dirixise ao goberno do Estado para que promova un marco normativo que garanta o dereito de toda a cidadanía a non ser excluída no ámbito financeiro no seu ámbito territorial.

    OS DATOS DA EXCLUSIÓN FINANCEIRA EN GALICIA

    Juan Carlos Rivera lembrou esta tarde no Parlamento que hai xa 250.000 galegos e galegas que non teñen acceso a efectivo a través dunha entidade financeira na súa localidade de residencia. Tamén que existen máis de 45 concellos xa non teñen oficina bancaria. Deles, 28 sitúanse na provincia de Ourense, onde o 9 por cento da poboación carece de acceso a servizos financeiros básicos.

    O deputado do PSdeG recordou que en Galicia existen xa cerca de medio cento de concellos- que abranguen a unha poboación de máis de 60 mil persoas- sen ningunha oficina bancaria. Estas cifras, lamentou Rivera, “converten a Galicia na segunda comunidade do Estado na que existen máis dificultades de acceso ao efectivo”.

    A maiores, o voceiro de Economía do PSdeG alertou de que dende marzo de 2015 a marzo de 2021 Abanca leva pechadas máis de 110 oficinas, “nun proceso que se incrementado nos últimos meses de xeito indiscriminado”. Así, Abanca ten pechado ou anunciado o peche de oficinas en municipios como Carril, Vilaxoán, Vimianzo, Zas, A Baña, Baíñas, Muras, Vimianzo, Forcarei e moitos outros.

    Advertiu ademais da “evidente situación de exclusión financeira na que se está a deixar a unha parte importante da poboación galega”, xa que “moitas desas oficinas radicadas en concellos ou localidades nas que era a única sucursal bancaria”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.