19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: belen villar

    O PP de Ponteareas solicita un plan “especial e temporal” de tráfico para non prexudicar ao comercio e hostalaría no Nadal

    O Grupo Municipal do PP solicita ao Concello local un Plan Especial de Tráfico para as datas do Nadal e acusa ao Goberno local de "falta de planificación". Os populares consideran que a situación actual, obras en varias rúas céntricas, a climatoloxía adversa e cambios de sentido efectuados recentemente son os motivos deste caos na Vila do Tea.

    O PP de Ponteareas esixe que o Concello ordee limpar as parcelas cheas de entullos ás empresas adxudicatarias de obra municipal

    O Grupo Municipal do PP vén de solicitar ao Concello de Ponteareas que se proceda a desescombrar "canto antes" distintas parcelas do municipio nas que se acumulan entullos de obras municipais. Estes "vertedoiros improvisados" sinala a portavoz popular Belén Villar, "están a xerar malestar entre a veciñanza e pode derivar en problemas de insalubridade".

    O PP de Ponteareas solicita ao Concello que “axilice” os pagos de facturas pendentes e que non pasen os 30 días

    O PP de Ponteareas, dentro da batería de propostas que están a facer ao Goberno local para afrontar a crise derivada da COVID-19, vén de propoñar que se axilicen os pagos a provedores "e abónense as facturas pendentes", xa que os datos facilitados, do último trimestre, aseguran os populares, "reflicten que a administración local atrásase no pago unha media de 54 días, cando a lei establece que deben ser menos de trinta días".

    O PP de Ponteareas doa o 50 % do salario para axudas a autónomos e empresas do municipio afectados pola crise da COVID-19

    O PP de Ponteareas anunciou o ingreso do 50 % do salario correspondente aos meses de marzo e abril para axudas axudas aos afectados pola Covid-19. Os populares aseguran que para poder facer o ingreso "tiveron que insistir" para que o Concello lles facilitase o número de conta no que realizar dito ingreso.

    O PP de Ponteareas solicita ao Concello axudas para os gastos fixos dos autónomos mentres dure o confinamiento

    O Grupo Municipal do PP de Ponteareas presentou un "engadido" as medidas que no seu momento solicitaron ao Concello e que foron recollidas nun borrador elaborado polo Goberno local e remitido aos grupos da oposición. Agora, o PP, que agradece que se recolleran "parte das medidas que solicitamos", fan un engadido a maiores "para mellorar o documento".

    O PP de Ponteareas pide ao Concello atrasar os cobro de impostos e habilitar axudas para autónomos

    O Grupo Municipal do PP rexistrou tres propostas para propoñer ao Goberno local unha serie de melloras que axuden a paliar os graves efectos económicos que carrexará o Covid-19. Estas iniciativas únense á presentada, hai uns días, na que os populares instan o alcalde Represas a actuar xa na Residencia de maiores e protexer a todos os empregados municipais.

    O PP de Ponteareas solicita un plan de actuación na residencia de maiores e “que só traballen os servizos mínimos”

    O Grupo Municipal do PP do Concello de Ponteareas solicitou por escrito a aplicación de melloras para a contención do virus Covid-19 no municipio. Entre as medidas presentadas ao Goberno polos populares están a adopción de medidas para a Residencia de Maiores 'Santa Ana' e que só traballen os servizos mínimos indispensables.

    O PP solicitará á Deputación a reforma dos campos de Pardellas e a creción dunha pista de atletismo

    Os deputados populares, Miguel Domínguez e Alejandro Lorenzo, visitaron esta pasada semana as instalacións de Pardellas, en Ponteareas, acompañados pola portavoz popular no Concello ponteareán, Belén Villar, para coñecer de primeira man a situación das instalacións deportivas municipais.

    O PP alerta sobre a proposta do Goberno local de Ponteareas de endebedar ao Concello en máis de 4 millóns de euros

    O PP de Ponteareas vén de expresar públicamente o seu rexeitamento á postura adoptada polo Goberno local de "torpedear" o traballo dos grupos da oposición. As manifestacións da portavoz popular, Belén Villar, foron realizadas logo de que o seu grupo recibira o venres pasado o documento dos Orzamentos 2020 e foran convocados ás comisións informativas esta semana.

    O PP de Ponteareas afirma non ter recibido o documento dos Orzamentos 2020

    O PP de Ponteareas vén de denunciar o que, ao seu entender, é unha "falta de respecto" da Alcaldía cara aos grupos da oposición aos que "continuamente obstaculiza o seu traballo". Belén Villar asegura que, sobre a intención do alcalde de aprobar os orzamentos de 2020 o próximo 26 de decembro non teñen máis información "que o publicado estes días polos medios de comunicación".

    Carta aberta de Roberto Mera en relación coa súa compatiblidade como concelleiro de Ponteareas e avogado

    Roberto Mera, concelleiro do Concello de Ponteareas e avogado, vén de remitir unha carta aberta dirixida, tanto aos medios de comunicación coma a opinión pública, de cara a rematar a polémica xurdida "sobre a miña compatibilidade entre o meu cargo no Concello de Ponteareas e o exercicio da avogacía", sinala o concelleiro ponteareán.

    O PP asegura que nunca estiveron contra a compatibilidade de Mera, “só pedimos que se cumprira a Ley”

    O Partido Popular de Ponteares "agradedeu a rectificación da Alcaldía de Ponteareas" levando novamente a Pleno o acordo da compatibilidade de Roberto Mera engadindo un novo punto "no que limita a compatibilidade do oficio de avogado de Mera", tal e como os populares aseguran ter defendido dende o prinicipio.

    O Pleno de Ponteareas rexeita o recurso contra a incompatibilidade de Mera cos votos de BNG, PSOE… e PP

    O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas, celebrado o pasado martes, rexeitou o recurso presentado pola portavoz popular, Belén Villar, sobre a incompatiblidade de Roberto Mera para que puidera exercer o seu traballo de avogado. O recurso foi rexeitado cos votos do BNG, PSOE e, sorprendentemente, cos votos do PP, quen podendo retirar o mesmo preferíu mantelo e votar en contra.

    O PP de Ponteareas reúne preto de 300 persoas no Xantar de Nadal

    O PP de Ponteareas celebrou o seu tradicional Xantar do Nadal, nun restaurante da localidade nun acto no que participaron preto de 300 persoas. O presidente provincial, Alfonso Rueda; a deputada, Ana Pastor, e varios alcaldes e portavoces populares acompañaron á presidenta local, Belén villar, para felicitar as festas aos veciños da Vila do Corpus.

    O Secretario Municipal avala a compatibilidade de Roberto Mera

    O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu a coñecer o informe do asesor xurídico e actual secretario municipal do Concello, que avala a legalidade da autorización dada polo Pleno ao edil Roberto Mera para compaxinar o exercicio da avogacía coa súa adicación no goberno municipal. O informe xurídico sinala que "o recurso de Belén Villar debe ser rexeitado".

    O PP chama en Ponteareas “á unidade do voto” para desaloxar a Sánchez da Moncloa

    O Partido Popular de Ponteareas organizou un encontro para que os militantes e simpatizantes puidesen coñecer máis de preto as propostas do PP para estas eleccións xerais, unha cita á que acudiron o presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, os candidatos ao Congreso, María Ramallo e Javier Bas e o candidato ao senado, Santiago Rodríguez.

    O PP achaca o problema do Eroski aos “atrasos do bipartito co PXOM”

    El Grupo Municipal del PP de Ponteareas lamentou hoxe que "o bipartito descoñeza que dende o ano 2008 pesa unha orde de derrubo sobre centro Eroski situado en Ponteareas". Os populares lembran que a situación foi notificada que el bipartito desconozca que desde el año 2008 pesa una orden de derribo sobre el centro Eroski situado en Ponteareas.

    O Goberno de Ponteareas concreta cos portavoces da oposición o cumprimento da súa dedicación retribuída

    O concelleiro de Bo Goberno e Transparencia, Roberto Mera, mantivo unha reunión cos portavoces do PP, Belén Villar, e de ACIP, Juan Carlos González, para concretar a forma na que se articulará a súa dedicación retribuída.

    O Goberno local tacha de “ridículo espantoso” a denuncia de supostas irregularidades no PXOM realizada por Belén Villar

    O goberno municipal de Ponteareas lamentou o “ridículo espantoso protagonizado pola portavoz do PP, Belén Villar” ao denunciar unha suposta “grave irregularidade” na tramitación do PXOM argumentando que a aprobación das alegacións veciñais en 2016 debe ser agora revisado de oficio.

    O PP reparte as tarefas “para fiscalizar ao goberno local”

    O Grupo Municipal do PP de Ponteareas mantivo unha reunión para repartir "o traballo de fiscalización" e propostas entre os cinco concelleiros que están a representar ao PP no consistorio de Ponteareas. A portavocía mantena Belén Villar, quen tamén será a responsable de fiscalizar ao goberno e facer propostas en...

    O Goberno de Ponteareas desminte as acusacións do PP sobre as nóminas do persoal

    O concelleiro de Bo Goberno do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, amosou a súa sorpresa diante das críticas do Partido Popular en relación coas nóminas do persoal municipal. “Entendo que o PP e Villar non respecten nin os tradicionais 100 días de graza, porque a derrota de maio foi...

    Belén Villar presenta o seu proxecto ‘Pontecan’ para “mellorar a convivencia cos cans”

    A portavoz e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, onte outra das propostas que levará no seu programa electoral e que se engade á zona lúdica con piscinas xa presentada. Desta volta trátase dun proxecto que baixo o nome de 'Pontecan' va dirixida ás...

    Garrote critica que Belén Villar volva vender o que “Solla xamais chegou a realizar”

    A candidata socialista á alcaldía e actual concelleira de Urbanismo de Ponteareas, Chus Garrote, criticou hoxe o proxecto da popular Belén Villar de construir "unha zona lúdica con piscinas pioneira na provincia", é recoméndalle "aterrar no mundo real e deixar as ensoñacións, pois están moi lexos dos problemas cotiás...

    Belen Villar anuncia a construción dunha zona lúdica “pioneira na provincia”

    A portavoz e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, anunciou esta mañá un dos proxectos máis importantes que levará no seu programa electoral: a construción dunha zona lúdica con piscinas pioneira na provincia de Pontevedra. Villar asegurou que “Ponteareas está triste e nós queremos devolverlle a ilusión....

    O Pleno da Deputación debaterá unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma N-120

    O Pleno da Deputación provincial debaterá, este luns 4 de marzo, unha moción, presentada pola deputada Belén Villar, para instar ao Goberno central a manter os proxectos da Variante-Circunvalación de Ponteareas e a mellora da seguridade na N-120. Villar agarda que todos teñan a oportunidade de sumarse a esta reivindicación:...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.