14.7 C
Pontevedra
Luns, 20 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasGarrote critica que Belén Villar volva vender o que "Solla xamais chegou...

    Garrote critica que Belén Villar volva vender o que “Solla xamais chegou a realizar”

    A candidata socialista á alcaldía e actual concelleira de Urbanismo de Ponteareas, Chus Garrote, criticou hoxe o proxecto da popular Belén Villar de construir “unha zona lúdica con piscinas pioneira na provincia”, é recoméndalle “aterrar no mundo real e deixar as ensoñacións, pois están moi lexos dos problemas cotiás da cidadanía”.

    Por outra banda os socialistas ponteareás sinalan que non lles colle de sorpresa esta “falsa promesa”, pois é a mesma que presentou o antigo alcalde do Partido Popular no 2011, xusto antes dunhas eleccións municipais. Por entón o exalcalde Salvador González Solla prometía construír “dúas piscinas ao aire libre na Freixa e un servizo de alquiler de bicicletas que xamais se chegou a realizar”, explican os socialistas.

    “Os veciños de Ponteareas estamos aburridos das falsas promesas do Partido Popular antes das eleccións. Solla tivo catro anos para facelo e o resultado coñecémolo tódolos veciños. Xa non enganan a ninguén”, afirma Chus Garrote. Neste senso, Garrote sinala que mentres Belén Villar se “dedica a descargar debuxos de parques acuáticos de internet os veciños de Ponteareas seguen sufrindo os recortes da Xunta de Galicia no centro de saúde” e insta á candidata do PP a “aclarar a súa orde de prioridades”.

    Por outra parte, Chus Garrote, insta a Belén Villar facer público un informe económico viable donde conste a financiación e a viabilidade de dito proxecto. “Polo de agora Belén Villar ten un debuxo que pode enmarcar e colgar na súa casa. Ponteareas merece proxectos serios e viables para o seu futuro como os que está a realizar o goberno”, sentencia Chus Garrote.

    Por outra banda, o PSdeG-PSOE de Ponteareas apunta que Belén Villar non é a única candidata do PP que está a vender “parques acuáticos” na provincia de Pontevedra, pois tamén o alcalde Popular de Meis anunciaba no mes de decembro un proxecto semellate. Neste senso, o Partido Socialista pídelle a Belén Villar que explique como Ponteareas “será pioneira na provincia de Pontevedra” cando outros candidatos do PP están a vender a mesma promesa.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS