El Grupo Municipal del PP de Ponteareas lamentou hoxe que “o bipartito descoñeza que dende o ano 2008 pesa unha orde de derrubo sobre centro Eroski situado en Ponteareas”. Os populares lembran que a situación foi notificada que el bipartito desconozca que desde el año 2008 pesa una orden de derribo sobre el centro Eroski situado en Ponteareas.
Os populares lembran que esta situación foi notificada ao Concello de Ponteareas no ano 2008, “motivo polo cal o goberno popular de entón desenvolveu en conxunto coa empresa, un Plan Parcial que, vinculado ao PXOM, normalizase este ámbito e evitar así a derriba e a perda de centos de postos de traballo directos e indirectos”.
Segundo a portavoz do PP en Ponteareas “este Plan Parcial que desenvolveu a empresa incluíuse no PXOM, foi sometido a votación en 2013, xunto con todo o documento. BNG e PSOE votaron en contra porque argumentaban que faltaba chan industrial na Lomba, e que sen o Plan Parcial da Lomba non apoiarían o PXOM”.
Villar asegura que dende a súa entrada no goberno, no 2015, “non foron capaces de sacar o documento adiante ata agosto de 2019, e fixérono sen o Plan Parcial da Lomba”.
Os populares solicitarán “celeridade á Administración Autonómica” para que se pronuncien canto antes sobre o documento e lamentan “a falta de traballo do bipartito que está a xerar graves prexuízos aos veciños de Ponteareas”.