Martes, 6 Maio de 2025

Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido, Mougás

0

O Concello de Oia convoca unha reunión técnica para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores 20 de marzo ás 19:30 horas na Casa Cultural de Mougás. No encontro informarase sobre o proxecto e as afeccións a fincas particulares. As persoas propietarias tamén poderán preguntar dúbidas relativas á cesión de terreos así como outras cuestións técnicas.

Tráfico e cultura, «Aparca ben e leva un libro»

O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila en colaboración coa Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos.

A praza está sinalizada no chan pintado co logotipo da biblioteca pública e a palabra “Biblioteca”. Esta medida decidiuse a raiz de que o persoal da biblioteca detectara esta necesidade a través dos comentarios dos seus usuarios, das súas queixas pola falla de aparcadoiro nos arredores do edificio dado que son moitas as persoas que acoden diariamente en coche á biblioteca do Porriño para devolver libros e películas e levarse outros en préstamo, ou para realizar algún outro tipo de xestión rápida.

Nigrán abre a presentación de ofertas para a explotación temporal de kioskos de praia

0

O Concello de Nigrán, a través da publicación hoxe no BOP, abre o proceso de adxudicación de explotacións temporais de praias no municipio, tendo os interesados un prazo de 15 días para presentar ofertas. A tempada establécese do 1 de maio ao 30 de setembro e consta de sete postos de venda de xeados, refrescos e alimentos, un de churros e unha escola de esquí náutico en Praia América.

Estos kioscos repártense entre os areais de Patos (2), Area Fofa (1), Madorra (1), Panxón (1) e Praia América (3) e os prezos oscilan dende os 24.000 € en Praia América a 2.500 € en Area Fofa ou A Madorra. A maiores licítase un posto de venda de churros e unha escola de esquí náutico, ambos en Praia América e cun prezo de 2.500 €.

Os interesados poden consultar as bases no BOP de hoxe, luns 18 de marzo, ou na oficina de Información do Concello ou na súa sede electrónica.

As Neves amosa o seu malestar polo uso de glifosato por parte da Xunta

0

O Goberno local das Neves vén de amosar o seu malestar polo uso, por parte da Xunta de Galicia, de herbicidas para tratar as beiravías das estradas autonómicas que pasan polo concello. Este malestar tamén foi trasladado polos veciños das parroquias nas que unha empresa contratada pola Administración galega está a empregar glifosato en lugar de rozar para acabar coa maleza.

O uso deste herbicida causa preocupación entre os veciños que teñen as súas casas e fincas nas zonas nas que se está a sulfatar, aínda que dende a Xunta se asegura que non causa dano algún nin nos cultivos ni nos animais.

Óscar González, segundo tenente de alcalde das Neves, indica que esta empresa fixo chegar unha carta ao Concello na que “nos informa de que ao longo do ano vai empregar ata tres veces este procedemento”, aínda que non indica en que datas concretas o vai facer.

Este mesmo venres, día 15, os empregados desta empresa estiveron traballando nas estradas PO-400 e PO-415, nos treitos da Plisan a Vide e dende a rotonda da Plisan, pasando polas Neves ata o Stop, e na estrada PO-402 que vai dende Salvaterra a Vilasobroso e que pasa por Taboexa e San Pedro de Batalláns.

González lembra que o Pleno do Concello aprobou unha proposta na que se rexeitaba o uso de herbicidas no término municipal de As Neves, unha decisión que foi comunicada á Xunta en varias ocasións recibindo como resposta que ao ‘sulfatarse’ nas estradas autonómicas a competencia é a decisión é exclusiva da Administración galega.

As comunidades de montes demandan simplificar os permisos de corta na demarcación do nematodo

0

A Asociación Forestal de Galicia (AFG), que vén de reunirse esta fin de semana en Tomiño con comunidades de montes socias, constatou a inquedanza dos comuneiros por esta cuestión. O problema céntrase naqueles montes que teñen afeccións de organismos como Patrimonio, Confederación Hidrográfica ou Estradas, pois neses casos, incluso para proceder á corta dunha única árbore seca ou decaída precísase dun permiso específico do correspondente organismo, que en ocasións tarda meses en contestar.

Nunha recente reunión que houbo en Pontevedra da Mesa Provincial de Seguemento do Nematodo, na que participa a AFG xunto con outras asociacións do sector, trasladóuselle en conxunto á Xunta a necesidade de simplificar as cortas na zona demarcada, pois debe prevalecer a necesidade de control e erradicación da praga fronte a outros criterios. Esta axilización podería ir acompañada de condicionamentos xenéricos que garantisen as proteccións que correspondese en cada caso (Patrimonio , augas, etc.). A Xunta comprometeuse a estudar a cuestión, na busca dunha posible solución.

Axudas para silvicultura na zona demarcada
Outra das peticións que o sector forestal lle trasladou á Xunta na Mesa Provincial de Seguemento do Nematodo foi a posta en marcha de axudas para a silvicultura na zona demarcada polo nematodo. A este respecto, Medio Rural

confirmou que está a traballar nunha orde de axudas específicas para a zona demarcada, que abrangue todo o sur da provincia de Pontevedra, e para a zona tampón en Ourense, que inclúe unha franxa de 20 quilómetros na fronteira con Portugal.

A Asociación Forestal de Galicia considera prioritaria a convocatoria destas axudas para potenciar a correcta silvicultura nas masas de coníferas, de xeito que se mellore a súa sanidade con desmestas, podas e coa eliminación das árbores sintomáticas directamente pola propiedade, triturándose os restos de cortas e podas cunha máquina de martelos.

Movemento de madeira con Portugal
Outra cuestión que se aclarou na reunión da Mesa Provincial de Seguemento do Nematodo é que mantense a autorización de movementos de madeira en rolla a Portugal, é dicir, os piñeiros cortados na zona demarcada poden ser vendidos a industrias transformadoras ubicadas en Portugal, pois ao ser todo Portugal zona demarcada polo nematodo, esa rolla non sairía dunha zona demarcada.

Distinto é o caso da madeira xa aserrada e transformada, pois nese caso precísase que toda a madeira sexa sometida a un tratamento térmico para eliminar calquera posible presenza de nematodos, de xeito que obteña o pasaporte fitosanitario que permita a súa comercialización.

A Asociación Forestal de Galicia, por último, sinaloulle á Administración a necesidade de activar campañas de comunicación que informen ós propietarios de xeito axeitado sobre as medidas que hai que tomar para a prevención da expansión da praga do nematodo.

O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no río Miño

0

A pasada semana, un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española, Helicóptero Pesca 1, GNR, Protección Civil, Capitanía Marítima de Caminha, INEM, Bombeiros Voluntarios de Caminha, entre outros.

[ngg src=”galleries” ids=”7″ display=”basic_thumbnail”]

Ao longo da mañá os efectivos de emerxencias despregados realizaron un simulacro de incendio no Ferry Boat no río Miño, participando na extinción do lume e evacuación de feridos. Un dos efectivos do GES da Guarda foi evacuado no Helicóptero do PESCA 1 dende o Ferry.

O concelleiro de Emerxencias do Concello da Guarda, Miguel Español e o deputado provincial, Santos Héctor Rodríguez, supervisaron dende a dársena de Caminha o transcurso deste simulacro, valorando moi positivamente este tipo de actuacións, “que serven de formación para os compoñentes do GES, así coma unha gran axuda para a coordinación dos diferentes medios de emerxencias na zona transfronteiriza do Río Miño”.

A mocidade do Porriño pide medidas que freen o cambio climático

Unha chea de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos ‘Pino Manso’ e ‘Ribeira do Louro’, reclamaron aos políticos, “sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias”, como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas.

Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse hoxe á xornada mundial Fridays for future (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraonse concentracions coma a de Porriño, en sesenta cidades ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.

Alumnos e alumnas dos colexios e dos institutos porriñeses deron lectura ao manifesto que acusa ós adultos de non ter feito dabondo para deter o cambio climático que os nenos de hoxe padecerán como maiores no inminente futuro. O remate da lectura do manifesto, a alcaldesa Eva García tomou a palabra brevemente “simplemente para agradecervos que coas vosas movilizacions e palabras golpeedes as nosas conciencias, as de todos cantos temos responsabilidades públicas”.

Comeza a XV Edición do Advanced Management Program do «IE Business School» de Galicia

IE Business School cumpre 15 anos formando aos executivos galegos na súa sede do Balneario de Mondariz, un aniversario moi especial xa que foi en Galicia onde naceu este programa da man do seu director executivo, Kiko Rial, e desde onde posteriormente exportouse o modelo a outras comunidades de toda España tales como Castela, Madrid, Valencia, Murcia, País Vasco, Navarra, Asturias, Andalucía, Aragón e Canarias.

Advanced Management Program –AMP– é un programa multisectorial de dirección xeral enfocado á reflexión crítica das distintas áreas organizativas en contornas VUCA (volatilidade, incerteza, complexidade e ambigüidade). Dirixido a un selecto grupo de emprendedores e executivos de distintas áreas e contrastada experiencia, conta coa participación de relatoras da talla internacional tales como Enrique Dans, Javier Fernández Augado, Juan Carlos Martínez Lázaro, Luís Solís, Miguel Sagüés e un longo etcétera.

O programa abarca as áreas ‘clásicas’ de Finanzas, Estratexia, Recursos Humanos, Márketing, Operacións e Control de xestión. Ademais, realízanse diversos talleres de xestión de equipos, negociación, xestión de proxectos e transformación dixital, entre outros. Pero se en algo é netamente diferencial este laureado programa é en que se atopa claramente focalizado no emprendedurismo e na innovación, e sempre co sinal inconfundible do ie business school de fondo: o pensamento crítico.

Na presente edición implementouse como novidade o ‘plan de desenvolvemento persoal’, unha ferramenta de coach que permite analizar antes, durante e despois da realización do programa, as fortalezas e debilidades para corrixir e potenciar as virtudes directivas de cada participante de maneira absolutamente personalizada e confidencial.

Quince anos apostando por Galicia
O IE Business School cumpre estes días 15 anos contribuíndo na formación do tecido empresarial de Galicia. Quince anos de compromiso coa nosa Comunidade que foi correspondido polo tecido empresarial galego coa participación de máis de 300 directivos en máis de oitenta empresas galegas, entre as que cabe destacar o Grupo Coren, Inditex, Grupo Pérez Rumbao, Grupo Froiz, Grupo Nogar, Estrela Galicia e un longo etcétera, que pasaron desde 2005 pola sede do IE en Galicia: o Balneario de Mondariz.

Versión sin gluten de las «Orejas de Vicenta»

Dice Álvaro Cunqueiro que “Pra martes lardeiro, aparte das filloas, fanse froles e orellas, con masa de fariña, ovos e leite…” Se acerca el carnaval, así que, tomando como base la receta de “Orellas de Vicenta” publicada en el libro ‘Cociña Galega’* de Álvaro Cunqueiro y Araceli Filgueira, hoy vamos a hacer unas Orejas de carnaval sin gluten, para que puedan tomarlas también nuestros amigos o familiares celíacos.

La receta es muy sencilla, pero requiere que amasemos y amasemos y amasemos para conseguir una masa que pueda estirarse hasta quedar casi transparente, y así conseguiremos que nos salgan unas orejas finas y crujientes.
¡Vamos allá!

INGREDIENTES
– 750 g de harina sin gluten (yo utilicé la de la marca Proceli)
– 2 huevos
– 1 chorrito de anís (o ralladura de limón)
– 100 g de manteca de vaca derretida
– 1 vaso de agua templada
– Sal, azúcar glas o miel
– Manteca para freír (o aceite)

ELABORACIÓN
• Mezclamos la manteca derretida con el agua templada.
• Agregamos los huevos, la sal y el anís (o ralladura de limón, o un poco una cucharadita de zumo de limón).• Vamos añadiendo harina hasta formar una masa que trabajaremos mucho para poder estirarla bien.

• Cogemos pequeñas bolas y las estiramos con el rodillo hasta dejarlas lo más fina posible.
• Freímos en abundante manteca de vaca o en aceite hasta que se doren.
• Sacamos de la sartén y escurrimos sobre papel absorbente.
• Espolvoreamos con azúcar glas. También podemos añadir canela, o bañar con miel.

Como veis, hasta mis queridos Burt Simpson y el Lego Emmet enloquecen con las orejas.

¡Que paséis un Feliz Carnaval!

*Cunqueiro, Álvaro, e Araceli Filgueira Iglesias. Cociña galega. Everest, 1993.

O Baixo Miño adapta o seu agro para un desenvolvemento sostible

0

Cambio climático, contaminación, despoboación… son algúns dos problemas máis importantes aos que se enfronta o agro, un sector que no Baixo Miño leva tempo traballando e esforzándose por convertese en motor de desenvolvemento sostible da comarca, tanto a nivel ambiental como económico e social. Por este motivo, as empresas do sector levan tempo implementando sistemas de optimización enerxética e de recursos.

Mención especial merece a optimización dos hídricos, nos que se empregan as novas tecnoloxías para monitorizar e obter información precisa que permite por exemplo un rego de precisión ou reciclando a auga sobrante do regadío e a pluvial para reducir o consumo. A rotación de cultivos e o uso de recursos endóxenos, coa selección xenética e botánica de cultivos e o uso de clones autóctonos adaptados ás condicións da comarca, permiten poñer en valor o produto tanto a nivel agronómico como económico.

O futuro: profesionalización e bolsa de emprego
Pero esa sustentabilidade medioambiental debe camiñar da man cun futuro económico prometedor e coa capacidade de xerar emprego de calidade. A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) segue apostando pola profesionalización do sector, motivo polo que a 16ª Mostra de Cultivos contará cunha xornada específica na que se abordarán as necesidades laborais do agro na comarca e as ofertas formativas que se están a desenvolver e se promoverá unha colaboración estable entre empresas e docentes.

Nela tamén se presentará a primeira bolsa de emprego agraria transfronteiriza, a través da que acuBam formará unha base de datos de traballadores do sector coa que cubrir as necesidades laborais das empresas socias. As persoas interesadas poderán achegar o seu currículum á Mostra de Cultivos ou ben entrar na web acubam.org e deixalo de xeito virtual ou consultar as ofertas de emprego dispoñibles nese momento.

Nun sector no que o 80% das persoas traballadoras son mulleres séntese fundamental sustentar ese desenvolvemento no fomento da igualdade, con plans de conciliación ou de formación, así como na posta en marcha de iniciativas que fomenten a responsabilidade social das empresas, que se traduce por exemplo en distintas colaboracións coa Asociación San Xerome, entre outras entidades.

O PP do Porriño asegura que o Concello “debe 5,7 millóns de euros a provedores”

O portavoz e presidente do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, cualificou de “nefasta” a xestión do goberno municipal que provocou que na páxina oficial do Ministerio de Facenda figure como “o concello da provincia de Pontevedra –de menos de 20.000 habitantes– coa maior débeda a provedores”. A xestión do executivo local, sinala Lorenzo, da como froito “unha débeda de case 6 millóns de euros coa que lastran o porvir do municipio”. 

Aauditoría que desenvolveu hoxe o Consello de Contas da facturación do Concello parte, “non só dunha denuncia interposta por este grupo polas irregularidades detectadas na facturación incluída no recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado no ano 2017 ,senón por unha ampliación da mesma solicitada tamén por este mesmo grupo municipal”. Esta ampliación, explica o portavoz popular, “contemplaría a facturación correspondente aos anos 2017 e 2018 rexeitada polo Goberno Municipal que, hoxe en día, continúan sin ser abonadas nin figuran, na súa maior parte, na contabilidade municipal pese a ter sido rexistradas”.

“O noso obxectivo é que se investiguen todas as facturas rexeitadas e pendentes de pago que a día de hoxe suman un montante total de 5.721.000 euros tal e como acredita a interventora municipal”, apuntou o concelleiro e presidente do PP local, Alejandro Lorenzo, “Unha vez máis, Eva García pretende poñer a venda antes da ferida, e responsabilizar ao PP dunha situación que nos mesmos denunciamos para frear o desastre económico no que está a sumir ao Concello e asegurar as empresas e autónomos que prestaron os seus servizos podan cobrar polo seu traballo, máis ainda cando en moitos casos contan cunha partida orzamentaria destinada a cubrir eses gastos. Minte, e o único certo é que os porriñeses e porriñesas tardaremos anos en recuperarnos do dano que se está a facer as arcas municipais, esto é algo que como pobo non nos merecemos”.

As vantaxes de conectarse ao saneamento antes do remate das obras en Priegue e Nigrán

0

O Concello de Nigrán e Aqualia están a informar aos veciños de Nigrán onde se están a rematar as obras de ampliación do saneamento –Lagoíña, Labrego e Xestal en Nigrán e Palomar en Priegue e Nigrán– das vantaxes que implica solicitar a conexión ao mesmo antes de que rematen as obras para facer a acometida nese intre. Mentres duren estes traballos o Concello poderá axilizar a súa tramitación e executar inmediatamente as coñexións, reducíndose considerablemente o custo económico ao non precisar de novas autorizacións nin reposición de elementos.

Trátase de tres zonas con gran concentración de vivendas, Palomar atravesa os barrios de Nogueira e Sanromán (parroquias de Nigrán e Priegue) e Xestal e Lagoíña os barrios de Ceán, A Barxa e Lagoíña (parroquia de Nigrán). Os traballos, cun orzamento de 142.780 € ao cargo do Plan Concellos 2018, corren a cargo de Sitexca e teñen como cometido construír novos ramais. Poden dividirse en dúas zonas de actuación: por unha banda, na zona de Lagoíña e Xestal en 250 metros da EP-2101 (antigamente PO-3323) e por outro na rúa Palomar, entre San Román e A Tarela. Os colectores de saneamento que se instalarán baixo gabia serán de PVC de 250 mm de diámetro e o de abastecemento de Xestal de 63 mm. A reposición do firme realizarase coas mesmas características do existente.

Compre suliñar que toda vivenda situada a menos de 50 metros da rede de saneamento ten a obriga de conectarse á mesma por unha cuestión de saúde e protección medioambiental, polo que os propietarios das casas nesta situación deben realizar a súa solicitude directamente na oficina de Aqualia en Nigrán (Avda. Val Miñor, 2 – Baixo; de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas).

A produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na costa da Guarda

0

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle o vindeiro venres, 29 de marzo, un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo. O sal desempeñou un papel de grande importancia na economía da Antigüidade. Con usos domésticos, simbólicos e médicos de todo tipo, foi sobre todo un compoñente fundamental na industria de salgadura, tanto no comercio de peixe salgado como na preparación de prebes.

Ao longo das dúas últimas décadas, o avance da investigación arqueolóxica permitiu documentar un importante conxunto de explotación do sal ao longo da costa da antiga Gallaecia. Neste encontro falaremos dos resultados do proxecto Mar de Sal no estudo das evidencias de aproveitamento do sal durante a Protohistoria e da gran transformación que experimentou a industria salineira a partir da chegada do Imperio Romano coa implantación de grandes salinas mariñas.

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que comezou en novembro de 2015. A intención destes Encontros era xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural en xeral e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os encontros acollen a calquera persoa que se queira achegar a este espazo, ben sexa un profesional da xestión do patrimonio ou da cultura, ben sexa unha investigadora / investigador ou calquera axente social que teña interese polo patrimonio. Os protagonistas dos encontros son sempre o elemento patrimonial e o debate arredor del. Os encontros focalizáronse até o de agora en proxectos de arqueoloxía, rehabilitación, arquitectura, historia da arte ou mesmo en enfoques interdisciplinarios; pero tamén na xestión patrimonial, na divulgación do patrimonio, na participación cidadá e no conflito patrimonial; en patrimonios esquecidos e vivos, materiais e inmateriais, amigables ou conflitivos; nas políticas patrimoniais, nos encontros e des-encontros. Como se pode ver, nun abano moi amplo ao longo dos 23 Encontros anteriores.

No ano 2018 puxeron en marcha o programa IN SITU, que traslada a difusión e reflexión ao contexto xeográfico e social dos bens, analizando no mesmo lugar as realidades patrimoniais. IN SITU quere contribuír a evidenciar a necesidade desa análise, pero tamén a crear outros lugares de reflexión fóra do seu habitual espazo na sede do CCG en Santiago de Compostela. Para este ano 2019, a temática seleccionada dentro deste programa é “A produción de sal en época romana no sur de Galicia e norte de Portugal”, sobre a que realizaremos dúas xornadas: o 29 de marzo na Guarda e o 30 de abril en Vigo, e que terán como obxectivo a reflexión arredor de diferentes proxectos que, ao longo dos últimos anos, interviñeron en distintos xacementos do sur de Galicia e do norte de Portugal relacionados coa produción de sal en época romana, de xeito que poidamos obter un panorama xeral sobre esta práctica no noso contexto xeográfico.

A inscrición é gratuíta. Cómpre formalizalas á maior brevidade xa que o número de prazas é limitado e cubriránse por rigorosa orde de inscrición.

PROGRAMA
17:00 horas: Presentación
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega

17:15 horas
O proxecto Mar de Sal e o estudo das paisaxes do sal da Antigüidade
Brais X. Currás, arqueólogo, Universidade de Coimbra-CEAACP

18:00 horas
As intervencións nas salinas de Oia e O Seixal
Mar Cortegoso Comesaña, arqueóloga profesional

18:45 horas
A exploração de sal na Proto-História. O exemplo de Viana do Castelo
Miguel Costa, Tiago Brochado e Jorge Machado, arqueólogos, Câmara Municipal de Viana do Castelo

19:30 horas
Debate

Hemanando Galicia y Bretaña con un cocido y un crepe sin gluten

Dicen que Bretaña es la ‘Galicia francesa’ por sus muchas similitudes geográficas y culturales. Estas coincidencias se encuentran también en su gastronomía, y no solo por la abundancia de pescados y mariscos, sino por uno de sus platos más populares: allí se conoce con el nombre de ‘Galette bretonne’ y aquí con el nombre de ‘Filloa’.

Hoy vamos a hacer una receta que es un ‘hermanamiento’ entre estas dos regiones: haremos unas Galettes bretonnes rellenas de cocido. ¿Suena o no suena bien?

Las Galettes son una variedad de crepe típica de la Bretaña; se diferencia por utilizar Trigo sarraceno o Trigo negro en su elaboración. Ya sabéis que todas las recetas que publicamos aquí son sin gluten, y en este caso, a pesar del nombre, no estamos hablando de nada que tenga que ver con el Trigo (cereal) al que estamos acostumbrados, sino que el trigo sarraceno es una herbácea que por su facilidad para extenderse en esta zona francesa, llegó a conocerse como “cereal de los pobres”, ya que formaba parte de la alimentación básica de la gente más humilde de este rincón francés.

Aunque en España apenas se cultiva, sí que se ha incrementado su consumo en los últimos años, y no es difícil encontrarlo en algunos supermercados y tiendas de alimentación natural, aunque no vayáis con idea de comprar “cereal de los pobres” porque barato no es.

Y estas galettes/crepes/filloas las rellenaremos de restos de uno de esos magníficos cocidos que hacemos en Galicia y que por su tamaño colosal siempre, siempre sobran.

¡Vamos allá!

INGREDIENTES
¡Ojo! Si hay alguna persona celíaca, asegúrate de que todos los ingredientes son aptos.
Para las filloas/galettes
• 750 cl de agua
• 1 huevo
• 330 g aprox. de trigo sarraceno
• Sal
• Mantequilla o manteca de cerdo para untar la sartén

Batimos todos los ingredientes y dejamos reposar en la nevera, tapado con film, durante al menos dos horas.

Después, calentaremos una sarten untada con mantequilla o manteca de cerdo, e iremos vertiendo la cantidad suficiente de la mezcla como para cubrir el fondo, extendiendo bien para que queden finas.

Una vez empiecen a desprenderse los bordes, damos la vuelta (con la mano ¡seamos valientes!).

Para el relleno
• Restos de cocido
• Almidón de maíz (Maizena, por ejemplo)
• Leche
• Sal
• Queso Tetilla o Arzúa-Ulloa para gratinar

Hacemos una bechamel con una cucharada colmada de almidón de maíz que rehogamos un rato con una cucharada de mantequilla; le añadimos unos 30 cl de leche y dejamos que hierva y espese un poco (si es necesario añadimos más leche; debe quedar suelta, es una salsa); salamos poco porque el cocido ya tiene bastante sal.

Picamos los restos de cocido, rehogamos en la sarten y añadimos la bechamel (no mucha, que no vamos a hacer unas croquetas). Mezclamos bien y dejamos cocer un par de minutos.

Rellenamos cada filloa con la mezcla de cocido y bechamel. La Galette se dobla como un cuadrado, con los bordes hacia el centro, dejando que el relleno se vea; pero podemos enrollarlas, doblarlas en triángulo… total, van a estar igual de riquísimas.

Para terminar, gratinamos con unos trocitos de queso de Arzúa-Ulloa, o con trocitos de tetilla, y ya el hermanamiento será total.

Y si no tenemos restos de cocido,podemos rellenarlas con unas espinacas con bechamel, o con gambas y espárragos… con un relleno dulce… o con jamón cocido, huevo frito y queso emmental, como las verdaderas Galettes bretonnes.

Bon appetit! Bo proveito!

Receta adaptada de los blogs Cocina de Lechuza y Reccettes bretonnes.

O alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

Con motivo do día da árbore a Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, e a Concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas. Por cuarto ano consecutivo o alumnado ponteareán reforestará os montes comunais en man común con carballos, castiñeiros, cerdeiras, bidueiros, nogueiras e pradeiros.

Grazas á implicación e colaboración das casas comerciais plantaránse 500 árbores en zonas degradadas polos incendios forestais de outubro do 2017. As empresas, comercios e asociacións de Ponteareas quixeron amosar o seu compromiso co medio ambiente patrocinando estas árbores.

Cristina Fernández quere agradecer a cada un deles o seu grande apoio: Aluarmo, ANPA Ramiro Sabell, ANPA Guláns, Clínica San Miguel, FANPO, Laureano Covelo, Maderfri, Sestelo e Tesis, ademais das empresas como Ecocelta que facilita o abono orgánico realizado cos restos de poda recollidos do concello; Aguas de Mondariz que repartirá refrescos e augas nestes días de plantación; e aos rosquilleiros das confiterías Ancla, Dinguilindín, La Marquesina, Regino e Troncoso grazas aos que se reporán os folgos con rosquillas de Ponteareas.

Máis de 1.000 alumnas e alumnos beneficiaránse desta actividade transversal e aprenderán o proceso de plantación, adquirirán coñecementos sobre a vida das árbores e os seus coidados e medrarán como persoas dando un paso máis na posta en valor do medio ambiente, da natureza e do noso patrimonio paisaxístico.

“Esta actividade non só persegue a reforestación dos montes se non tamén adquirir valores medioambientais, aprender a traballar coas mans e participar nun ensino máis práctico e experimental”, explica a concelleira.

Deste xeito, o luns día 11 ás dez da mañá o alumnado tomará o territorio na confluencia das lindes das parroquias de Moreira e San Mateo para plantar 260 árbores

Ese mesmo día as alumnas e alumnos do CRA citaránse co alumnado do CIFP A Granxa en Ponte Caneiro, Pías, para plantar 60 árbores. Os máis maiores tomarán o papel de titores para amosar aos máis cativos o traballo a realizar.

O martes día 12 ás 10 horas no monte veciñal en man común de Santiago de Oliveira atoparán o seu novo fogar 60 novas árbores e outras 120 no monte de San Cibrán, en Guláns, a partir das doce do mediodía.

O alcalde Represas traslada tamén o seu agradecemento as empresas participantes así como ás comunidades de montes que facilitan o espazo e parte do traballo. Xosé Represas salienta a importancia de concienciar a unha cidadanía que medrará e vivirá baixo as premisas da estratexia europea “Ponteareas, Hábitat Saudable”. “A sostibilidade, o respecto polo medio ambiente e a axeitada convivencia das persoas co entorno son algunhas das señas de identidade do futuro de Ponteareas. Esta xornada de convivencia e de clases prácticas permite a participación e a interactuar directamente”.

«A historia de Xinzo que non podes deixar de saber»

O Centro Cultural de Xinzo continua, mañá sábado 9 de marzo ás 21 horas, co seu ciclo de charlas «O saber non ocupa lugar». Desta vez, tres persoas ben coñecidas na parroquia e ben coñecedoras da mesma, –Ricardo da Pisca, Paco de Veva e Juan Ibáñez– contarán polo miúdo, –nunha charla que leva por título «A historia de Xinzo que non podes deixar de saber»– a fascinante historia de Xinzo, logo de ter realizado un arduo traballo de procura de información en todo o territorio galego ao longo de varios anos.

Ricardo da Pisca. Tendeiro, carniceiro e actor afeccionado é expresidente da Asociación de Veciños de Xinzo. Paquiño de Veva, carniceiro e empregado de Coren, é expresidente do Centro Cultural de Xinzo, exdirectivo da Comunidade de Montes e exmembro da comisión de festas. Amais é compoñente do grupo de teatro de Xinzo.

Finalmente, Juan Ibáñez é presidente de honra da Comunidade de Montes de Xinzo. Foi directivo da Sociedade de Caza, do Centro Cultural de Xinzo e expresidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

Son, polo tanto, tres persoeiros fondos coñecedores da historia da súa parroquia e que o sábado, a partir das nove da noite, compartirán esa historia con toda a veciñanza.

A Guarda reclama un acceso sur ao Porto da Guarda

0

O pasado mércores día 6 de marzo de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse en Santiago de Compostela coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para trasladarlles novamente a necesidade dunha infraestrutura que de acceso e saída ao Porto da Guarda. Nesta reunión o primeiro edil guardés indicoulles que na actualidade, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, xa se conta cun proxecto para esta infraestrutura.

O proxecto, como sinalou Antonio Lomba, atópase actualmente en fase de procedemento simplificado de Avaliación Ambiental, cun orzamento que ascende a 2.415.892,22€. Esta infraestrutura é fundamental para dar acceso ao Porto da Guarda, dado que ao rematar as obras de Concepción Arenal ese acceso vai a ser moito máis difícil, e tamén dende o consistorio se entende que ademais da Pesca e da actividade das Redeiras existen outras actividades, importantes para o tecido económico da vila, polo que se poden explorar outras vías de financiamento. Os colectivos que amosaron máis interese por esta infraestrutura foron a Confraría e as Redeiras, que empregan estes viais para o transporte de redes e marisco.

Para Antonio Lomba é moi importante recoñecer que o concello da Guarda por si só non pode capitalizar esta obra, aínda que colabore economicamente, e terá que ser unha administración supramunicipal a que o faga, ben Xunta de Galicia ou Deputación de Pontevedra, entendendo que a Consellería do Mar é que ten máis relación con esta infraestrutura. O Presidente de Portos de Galicia indicou que este proxecto non toca na zona Portuaria, pero tamén é certo que en moitas zonas de Galicia existen viais que non tocan nos portos, pero que si comunican e dan acceso aos mesmos.
A actividade pesqueira e marisqueira na Guarda non vai a ir a menos, a previsión é que no futuro aumente a actividade económica do porto dado as grandes posibilidades que ofrece tanto a nivel comercial como turístico.

Antonio Lomba entende que é unha infraestrutura que se debe de financiar dende diferentes administracións, ben Consellería de Infraestruturas, Consellería do Mar, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e o propio Concello da Guarda, xa que é un vial fundamental para o futuro da Guarda e para o desenvolvemento económico da zona do Porto.

Manifesto do 8M de Deputación de Pontevedra: «O futuro é con nós»

Virginia Woolf dixo hai anos: “Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poida impoñer a liberdade da miña mente”. É precisamente esa liberdade, que todas recoñecemos como propia, a que nos fai saír de novo á rúa neste 8 de Marzo, xuntas, unidas, fortes e poderosas, para reclamar que o noso sentir diario acabe por converterse nunha liberdade real, unha liberdade plena e igualitaria.

Todas e cada unha de nós somos conscientes de que este movemento, inzado de sororidade, é o instrumento fundamental para reclamar o dereito fundamental de ser libres e iguais. O dereito de ser visibles.

E neste momento, no que voces que pretenden ser máis fortes que as nosas están cuestionando todos os dereitos e as liberdades que foron conqueridas pola loita das mulleres, ten que servir para alzar a voz e dicir alto e claro: nin un paso atrás, o futuro é con nós.

Temos que estar alerta, todas xuntas, unidas, porque tal e como nolo advertía Simone de Beauvoir: “non esquezades xamais que bastará unha crisis política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados. Eses dereitos nunca se dan por adquiridos. Debedes permanecer vixilantes durante toda a vosa vida”.

Así que alcemos a voz. Digámoslle ao mundo que sen nós o mundo para. Que o futuro é con nós ou non será.

Alcemos a voz mentres o 67% das licenciadas en xornalismo sexan mulleres, pero tan só consigamos acadar un 27% nas direccións dos medios de comunicación.

Como dixo a xornalista Ana Pardo de Vera: “O xornalismo é feminista ou non é xornalismo. Non se pode dar unha visión honesta da realidade ignorando ao 52% da poboación”.

Alcemos a voz mentres soamente haxa 2 mulleres no Tribunal Constitucional e ningunha na Sala de Goberno do Tribunal Supremo, a pesar de que o 53% das persoas xuízas son mulleres.

Gloria Poyatos, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias e presidenta da Asociación de Mulleres Xuízas de España, reclamou que “temos que reivindicar unha xustiza mais feminizada. Vivimos na cultura da igualdade simulada”.

Non podemos calar mentres o 58% das persoas con titulación universitaria en España sexan mulleres, pero tan só sexamos o 19,4% dos órganos de dirección das empresas do Ibex.

“Hoxe son consciente de que dicir as cosas publicamente, de forma solidaria con outras mulleres, ten o poder de cambiar. Así que, cando falo, non o fago só por min mesma. Fágoo por todas as mulleres”, di Ana Botín, presidenta do Banco Santander.

Alcemos a voz, porque mentres o discurso da nosa realidade se constrúe, move e transforma a través das redes sociais e as novas tecnoloxías para mudar o discurso machista imperante, as denuncias por incitación ao odio  relacionados coa discriminación por sexo e xénero suben un 70,8%.

“O discurso feminista estase facendo forte nas redes e a resposta machista é cada vez máis forte. Pretenden asustarnos e que nos vaiamos”, dixo Cristina Hernández, ciberactivista feminista, logo de recibir un tuit cunha imaxe dunha pistola e que dicía “Xa estamos cansos de ti, puta, a única solución aos teus reclamos é a morte. Imos violar o teu cadáver, zorra”.

Alcemos a voz mentres non rachemos coa fenda dixital e a pouca presenza das mulleres nas carreiras STEM, onde non chegamos ao 25% da matrícula; sen esquecer que en España as traballadoras só representan o 24% do sector tecnolóxico.

Hoxe recordamos o que di Irina Bokova, directora xeral da UNESCO: “unha sociedade sen enxeñaría e sen ciencia é unha sociedade sen progreso. Unha sociedade sen mulleres na enxeñaría e na ciencia é tamén unha sociedade sen progreso”.

Alcemos a voz mentres a arte non se escape do androcentrismo, porque a arte sen a nosa mirada é unha arte sesgada.

“Os cambios da xestión cultural deben facerse da man do feminismo, poñendo no centro o desexo de experimentar a cultura máis aló do modelo hexemónico, branco, heterosexual e masculino”, dicía María Bastarós, comisaria cultural e investigadora.

Pero sobre todo, alcemos a voz polas mulleres silenciadas coa violencia que exerceron sobre elas polo simple feito de ser mulleres, mulleres que foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas, que foron abusadas, violadas, prostituídas, violentadas.

Por todo iso aquí estamos, alzando a nosa voz, sorrindo e felices de que a igualdade ocupe o espazo que lle corresponde. Aquí estamos, unidas e fortes.

Alcemos a voz polas que xa non están, polas que van vir, por elas, por nós. Por todas. ¡Viva o 8 de marzo!

Nigrán inaugura «Unha mirada de antano» co reto de identificar á protagonista das fotos

0

O Concello de Nigrán inaugurou hoxe no Auditorio Municipal a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», un proxecto que é posible grazas á colaboración entre o Concello de Nigrán, ABANCA e Afundación. Ao acto, que incluíu unha visita guiada, acudíu o alcalde, Juan González Pérez; o director Territorial de ABANCA, Walter Álvarez; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores Fernández.

O Concello inaugura esta mostra, que permanecerá aberta ata o 31 de marzo, co reto de identificar unha das fotos máis señeiras tomadas por Ruth Matilda Anderson en Galicia e a única coñecida de Nigrán: unha anciá labrega de Camos fotografada o 11 de marzo de 1926 e da que non se dispoñen de máis datos. “Facemos un chamamento aos veciños de Camos para que indaguen entre as súas familias para ver se conseguimos poñerlle nome a esta muller”, sinalou o alcalde, quen recordou que, precisamente, a exposición supón o inicio dos actos do Concello de Nigrán polo 8-M.

[ngg src=”galleries” ids=”4″ display=”basic_thumbnail” template=”default”]

Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. Nesta mostra préstase especial atención á comarca con imaxes de Baiona ou Vigo. A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata 31 de marzo, de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 h e xoves, venres e sábados, de 17:00 h a 20:00 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

A campaña «AgresionOFF» da Arribada de Baiona proporcionou información a máis de 3.400 persoas

0

A campaña Agresión Off Eu Digo Non a Violencia Sexual desenvolvida polo Concello de Baiona durante a pasada Festa da Arribada, proporcionou información a un total de 3.440 persoas –1.933 mulleres (56 %) e 1.507 homes (44 %). Do total de persoas informadas a grande maioría, o 83%, foron menores de 30 anos, colectivo que era o principal destinatario desta campaña informativa.

A iniciativa incluía un punto informativo situado na rúa Elduayen con dúas informadoras e catro educadoras de rúa que percorreron o casco antigo e a zona de lecer nocturno á que acode a mocidade. Esta dinamizacion tivo lugar o venres 1 de marzo desde as 20:00 horas ata as 2:00 h; o Sábado 2 desde as 20:00 horas ata as 3:00 h e o domingo día 3 de marzo desde as 16:00 horas ata as 20:00 horas .

A informacion virou ao redor de que é unha agresion sexista, tipoloxía, pautas de actuacion ante unha agresion sexista , programa específico para mulleres que sufriron agresións sexuais, teléfonos de interese. Esta informacion foi complementada con flayers específicos para mulleres «Eu son libre. Eu decido» e para homes «Eu respecto. Se non é SI … é NON» nos que se estableceron pautas diferenciadas de acción; e merchading específico para a campaña co obxectivo de visibilizar a mesma ( mochilas, imáns, pulseiras etc ).

Posto informativo da campaña AgresionOFF coa lenda, ben clara, de «Baiona non tolera as agresións sexistas»

Participaron activamente na difusión da campaña máis de 40 establecementos de restauracion, exhibindo o material gráfico en lugares visibles dos mesmos, destacando a cartelería exposta nos cuartos de baño con mensaxes específicas para homes e mulleres. Sumáronse á iniciativa as navieras Mar de Ons e Piratas de Nabia, difundiento o material divulgativo nos barcos que achegaron aos e ás visitantes á Arribada , nos despachos de billetes de venda e a través das redes sociais.

Da mesma maneira a asociacion de taxistas de Baiona e as empresas de transportes GALISUR e ATSA , exhibiron nos seus vehículos a informacion dá a campaña. 

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou a boa aceptacion que tivo a campaña entre os e as visitantes durante a festa e sobre todo “a implicacion da mocidade, e das entidades e establecementos que colaboraron na súa difusión”.

«Mulleres en poder, mulleres empoderadas» campaña da Cruz Vermella da Mocidade

O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é unha oportunidade para lembrar a necesidade de poñer en marcha, canto antes, cambios transformadores, enfoques integrados e novas solucións que rompan as barreiras estruturais que impiden alcanzar unha igualdade real entre mulleres e homes. Neste sentido, «Mulleres en poder, mulleres empoderadas» é o lema escollido pola nova campaña de Cruz Vermella Mocidade.

Con esta iniciativa preténdese impulsar a igualdade de xénero a través do empoderamiento das mulleres, de tal modo que comecen a lograr o control das súas decisións, capacidades, habilidades e, en definitiva, sobre as súas propias vidas, para conseguir unha sociedade máis equitativa. Non podemos superar a desigualdade de xénero sen o empoderamiento das mulleres e sen mulleres en poder.

No marco desta campaña, Cruz Vermella realizará durante os próximos días actividades en varias localidades da provincia. En Ponteareas, ao longo de todo o mes haberá charlas e talleres coas nenas, nenos e adolescentes que participan nos nosos proxectos tanto nas propias sedes da Organización como en centros educativos.

As reivindicacións en materia de igualdade de xénero e pola defensa dos dereitos das mulleres continúan protagonizando a axenda social e política. O 8 de marzo é unha oportunidade para destacar os logros alcanzados neste sentido, pero tamén o é para lembrar a necesidade de poñer en marcha canto antes cambios transformadores, enfoques integrados e novas solucións que rompan as barreiras estruturais que impiden alcanzar unha igualdade real entre mulleres e homes.

Desigualdade
A violencia de xénero é a máxima manifestación da desigualdade de xénero. No ámbito do traballo, a brecha salarial e de pensións, a precarización das condicións laborais, a segregación ocupacional, as dificultades de promoción e teito de cristal e a maior taxa de desemprego, son as principais barreiras ás que se enfrontan as mulleres polo mero feito de selo. Tamén, a responsabilidade case en exclusiva dos labores domésticos e de coidados, a escasa representación en postos de responsabilidade e espazos de toma de decisións, así como os maiores niveis de pobreza e exclusión social.

As consecuencias da desigualdade de xénero chegan a Cruz Vermella cada día. O 68 por cento das persoas que atende anualmente, son mulleres que arrastran algunha ou varias destas problemáticas.

E así o mostran os datos recolleitos no seu último Boletín de Vulnerabilidadepresentado o pasado mes de xaneiro, nesta ocasión centrado no ámbito da vivenda e a pobreza enerxética. Case a totalidade das familias monoparentais atendidas por Cruz Vermella, están encabezadas por mulleres; máis do 77 por cento das mulleres que están desempregadas carecen de cobertura económica; as mulleres son tamén maioría entre quen non poden buscar emprego por cuestións relacionadas co coidado, son o 100 por cen de quen indica que non teñen con quen deixar aos seus fillos e fillas e máis do 70 por cento de quen ten ao seu coidado a persoas maiores ou dependentes. Tamén, son maioría entre as persoas que participan no programa de Axuda Alimentaria, así como entre quen sofre pobreza enerxética.

Iniciativas
Ante este contexto, Cruz Vermella, a través de distintas respostas, persegue reducir, minimizar ou eliminar estas situacións de desigualdade e discriminación contribuíndo a favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nos seus diferentes ámbitos.

Trabállase desde a mellora das competencias persoais e profesionais destas mulleres co fin de aumentar o seu empleabilidad. En 2018, 48.000 mulleres participaron en distintos proxectos de formación e emprego de Cruz Vermella, logrando a inserción laboral do 43 por cento e ademais o 35 por cento formouse profesionalmente. O emprego non só abre oportunidades laborais, tamén comporta cambios importantes para moitas delas, como, por exemplo, poder saír dunha situación de violencia ou conseguir uns papeis que che permiten comezar cun proxecto de vida.

Cruz Vermella impulsa distintas accións para que a perspectiva de xénero estea presente na súa política organizacional e nos seus programas e proxectos. Para afianzar internamente este compromiso, o Comité Nacional aprobou en 2018 unha Estratexia de Xénero e deste xeito promove que todas as áreas da Organización actúen pola igualdade real entre mulleres e homes.

O Club de Iates de Baiona súmase ao 8M

0

O Monte Real Club de Iates de Baiona quixo hoxe achegar o seu gran de area ao Día da Muller e, nada mellor que facelo a través dun video onde mulleres e mar son as grandes protagonistas. Regatistas, padroas, armadoras, alumnas da escola de vela, traballadoras, adestradoras… están presentes neste traballo no que expresase, sen palabras, o papel cada vez máis protagonista da muller no mundo da náutica. Parabéns por un fermosísimo traballo.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=2&v=NsuOLHHQ0S0

Exposición pública das listas do Censo Electoral na Guarda

0

O Concello da Guarda informa que entre os días 11 e 18 de marzo, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do Padrón Municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril. O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres e a consulta deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.

O PP porriñés lamenta que a “falta de xestión” do Goberno prexudique á veciñanza

O candidato do PP á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, achacou hoxe á “nula capacidade de xestión” do Concello do Porriño, o feito de que veciñas e veciños véxanse prexudicados ao non terse tramitado a tempo a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama, tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

Sogama ofrecía, ata o 25 de febreiro de 2019, a todos os concellos adheridos ao seu modelo de xestión do lixo “a posibilidade de acollerse a esta rebaixa do 10 % de aplicación directa aos usuarios”. O trámite a seguir, explica Alejandro Lorenzo, era sinxelo “e consistía en solicitar por escrito a Sogama a aplicación da bonificación referida antes desa data e asumir, por parte do Concello, o compromiso de trasladar dita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo”. Finalmente o Concello “tíñase que comprometer tamén á adopción de medidas orientadas cara á reducción da producción de residuos e/ou o incremento e fomento da reciclaxe”.

Ademais da publicación no DOG, a empresa pública remitiu cartas a todos os concellos adscritos ao seu sistema explicando a iniciativa, que se reforzaron posteriormente con correos electrónicos nos que se profundizaba na mesma. Tendo en conta estas circunstancias, Lorenzo amosou o seu malestar pola “falta de reflexos” da alcaldesa Eva García de la Torre, lamentando “o seu alto custe tanto para o Concello como para os veciños”.

Tomiño ultima os preparativos para a V Gala do Deporte a celebrar este sábado

0

O Auditorio de Goián acollerá, este sábado 9 de marzo ás 20 horas, a quinta edición da Gala do Deporte coa que búscase homenaxear a todos os logros do deporte tomiñés e dos e das protagonistas. Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica xornada multideporte para a infancia.

Nenos e nenas poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17:00 h a 20:00 h no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio. A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para render este máis que merecido homenaxe aos e ás deportistas.

Tui apraza ao 17 de marzo o Desfile de Comparsas

0

A choiva e o vento do pasado martes obrigaban, ao Concello de Tui, a suspender o Desfile-Concurso de Entroido. Ante a incertidume da situación meteorolóxica para esta fin de semana, a organización decidiu trasladar o este Desfile-Concurso ao domingo 17 de marzo e, para manter unha secuencia lóxica dos eventos, o domingo 24 de marzo terá lugar a despedida do Entroido co tradicional Enterro do Bacallau.

A Deputación financia a urbanización da rúa Cal na Guarda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento para A Guarda con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 61.822,71 euros cos que a vila poderá financiar a urbanización da rúa Cal entre os números 124 e 138.

Máis polo miúdo, a actuación comprende as obras de urbanización e mellora dos servizos existentes na rúa Cal, a realización dun carril para vehículos en sentido único e a execución dunha rígola central para recollida de pluviais. Amais, tamén se van a realizar as demolicións e levantado do pavimento actual, obras para a apertura da caixa e gabias de instalacións, a renovación da canalización de saneamento e pluviais separativa, a execución dos pozos de rexistro, e execución da nova rede de abastecemento.

«O ratiño presumido» adíase, en Ponteareas, ao sábado día 16 de marzo

O espectáculo «O ratiño presumido», de Trinketrinke Teatro, programado en Ponteareas para o día 8 de marzo dentro do programa Apego, aprázase para o sábado, día 16 de marzo, ás 12:00 horas na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo.

Trinketrinke porá en escena a obra “O ratiño presumido”, onde a gra Lilí Gruyére vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical «A Ratiña Presumida», mais dedide facer a súa propia versión: «O Ratiño Presumido», que será representado polos pais e nais asistentes (ou polos nenos e nenas).

A actividade está recomendada para nenas e nenos de 3 a 7 anos e para poder poder asistir cómpre facer a preiscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas. Esta actividade é de balde e forma parte dun conxunto de iniciativas realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego.

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.

Redondela presenta a Xornada Xogajudo Redondela 2019

0

O alcalde de Redondela, Javier Bas, presentou onte xunto a Julio Mougán, concelleiro de Deportes; Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes, e Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, a xornada «Xogajudo Redondela 2019», que se desenvolverá o vindeiro sábado día 9 de marzo en Redondela.

O sábado participarán na xornada de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar 2019 un total de 52 clubes de Pontevedra e Santiago, o que suma máis de 500 participantes. A xornada desenvolverase no Pavillón Municipal da Marisma, en Redondela, en dúas quendas, en horario de 10:30 h e 12.00 horas.

Con esta actividade perséguese introducir aos nenos e nenas máis novos nesta competición deportiva a través dunha competición adaptada a estas idades. A organización deste evento deportivo corre a cargo do Concello de Redondela, da Secretaría Xeral para o Deporte e da Federación Galega de Judo E.D.A.

As alumnas de Atención Sociosanitaria de Ponteareas comezan as prácticas no Meixoeiro

As alumnas da especialidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio e Institucións Sociais, iniciaron onte día 4 e ata o día  15 de marzo de 2019  en horario de 8:30 h a 14:00 h as prácticas formativas no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes  do Meixoeiro en Vigo, para completar a súa formación nos certificados de profesionalidade.

É a primeira vez que o alumnado do módulo de sociosanitaria desenvolve prácticas nunha residencia de dependentes completando máis a súa formación e facéndoas máis versátiles.

O día 4 tiveron a presentación e o acollemento das alumnas por parte do Director do complexo residencial, Oscar Arroyo,  e a responsable asistencial, Eva Bouza. Logo da presentación cada alumna tiña encomendada as tarefas  e a planta donde van realizar as prácticas baixo a organización do persoal do complexo residencial e coa supervisión da docente Yolanda Mella Cubo da parte sanitaria do Obradoiro de Emprego «Coidar de Nós».

O alcalde Xosé Represas desexa ás alumnas que esta aprendizaxe sexa moi instructiva e proveitosa e lles sirva para ser mellores profesionais no seu futuro laboral.

Digna Rivas avoga por unha política de Igualdade “comprometida e transversal”

0

A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, mantivo unha reunión cos colectivos de igualdade do municipio, enmarcada dentro das reunións que a concelleira socialista mantén con asociacións e colectivos sociais, culturais e veciñais de cara a coñecer os problemas cos que se enfrontan na súa labor cotiá. 

A importancia que o Goberno de Javier Bas lle dá ás políticas de Igualdade, explicou Digna Rivas, “queda demostrada polo feito de que Redondela leva, sen Plan Municipal de Igualdade, dende decembro do 2017”. Nestes momentos en que a loita pola igualdade é absolutamente necesaria para a convivencia social, apuntou Rivas, “o cuarto municipio da provincia en número de habitantes, carece dunha ferramenta básica, como é un Plan Municipal de Igualdade que, como moi pronto, non estará listo ata pasadas as eleccións de maio”.

As políticas efectivas a prol da Igualdade, asegurou a candidata do PSOE, “van máis aló dunha concentración mensual contra a violencia de xénero ou minutos de silencio”. O Goberno do PP ignora que políticas de Igualdade efectivas, planificadas e coordinadas son o medio para conseguir que “no futuro non sexan necesarias nin concentracións nin minutos de silencio”.

A deixadez do Goberno do PP en politica de Igualdade fai preciso que colectivos, como a Asemblea Feminista Paxaretas, teñan que cubrir o oco baleiro que deixa o Concello á hora desenvolver iniciativas dirixidas a acadar unha sociedade igualitaria, feminista e xusta.

“Cando dende todos os estamentos incídese na necesidade de concienciar á infancia e mocidade en materia de Igualdade, o Goberno Javier Bas esquécese dos centros escolares á hora de implementar iniciativas nesa materia” e basea a súa estratexia en “políticas de escaparate sen ningún contido real”.

O Centro de Información á Muller (CIM) que é unha ferramenta básica para a Igualdade “leva máis de medio ano sen cubrir á baixa da coordinadora, o que demostra un nulo interese do alcalde de Redondela polo seu funcionamento, pola importancia que ten este departamento ou polo benestar das súas usuarias”.

Digna Rivas avogou pola necesidade de establecer políticas de Igualdade “comprometidas” traballando de xeito coordinado e conxunto cos colectivos e asociacións porque, dixo, “a Igualdade ten que ser un dos piares básicos dun Goberno municipal que é a administración máis próxima ao cidadán”. Nese sentido, a candidata socialista considera que é imprescindible “a transversalidade das políticas de Igualdade que permitan que estean presentes en todas e cada unha das áreas dun Concello”.

Carmela Silva: “O machismo négalle ás mulleres o dereito a ser”

0

“Cando descubrín o feminismo dinme conta que non me ían poder parar, porque tiña un arma que non facía dano, que non mataba, a arma do pensamento feminista”. Carmela Silva fixo unha defensa férrea da importancia do feminismo para a sociedade nun coloquio organizado pola Agrupación Socialista de Baiona. “De nena dicíanme que non preguntase tanto, que non falase tanto, que non me sentase no centro… Pronto entendín que era por ser muller”, contou a presidenta da Deputación de Pontevedra ante un salón ateigado de veciñas e veciños da vila.

“Non só nos dicían o que tiñamos que facer, senón que nos silenciaron, nos quitaron dos libros de historia”, continuou defendendo Silva, que sinalou que o feminismo “é un proxecto colectivo e emancipador”. “Nós defendemos querer ser. Como alguén nos pode negar o dereito a ser?”, preguntábase a dirixente socialista. “Pois iso é o que fai o machismo”.

Silva quixo lembrarse das “984 mulleres asasinadas desde 2003” por violencia machista, unhas cifras que considera “inaceptables”, preguntándose como reaccionaría a cidadanía se en vez de mulleres fosen asasinados por terrorismo.

“O que pasou o ano pasado foi un fito histórico”, asegurou sobre a mobilización do 8M de 2018, e tras facer un repaso as anteriores tres ondas do feminismo asegurou que a cuarta, na que nos atopamos agora, está disposta a “rachar” cos “teitos, que non son de cristal, son de formigón armado”.

Xunto a Carmela Silva participaron Concepción Vara, secretaria de igualdade do partido en Baiona; María Pierres, deputada socialista autonómica e responsable de igualdade; e Susana Pérez, presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, que foron presentadas por Carlos Gómez, candidato socialista á alcaldía de Baiona.

María Pierres quixo facer fincapé “en todas as políticas de igualdade que desde os gobernos socialistas, incluíndo este de Pedro Sánchez, se puxeron en marcha”, facendo un repaso as medidas postas en marcha nos últimos oito meses, e acosou ao PP de estar centrado “en gañarlle a carreira á extrema dereita, e nesa carreira as que saímos perdendo somos as mulleres”.

Pola súa banda, Susana Pérez fixo un chamamento a que as mulleres defendan a igualdade nos seus postos de traballo. “Temos que exixirlle a todas as empresas un plan de igualdade, e non só iso, temos que comprobar que este plan se leva a cabo para que non quede esquecido nun caixón”, asegurou a presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia.

A apertura do acto correu a cargo da secretaria de igualdade da executiva local do partido, Concepción Vara. Vara considera que seguimos “vivindo nesa ilusión de que acadamos moitos dereitos; eu persoalmente non o vexo así. Na nosa vila a igualdade non ten importancia, non ten valor”.

«Aprender máis alá dos exames» coa doutora Thais Pousada

A concelleira Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, convida a toda a mocidade a tomar un café coa doutora en ciencias da saúde, a ponteareá Thais Pousada, e falar de como aprender máis alá dos exames. A cita será no Teatrovar ás 12 horas deste sábado 9 de marzo.

Para que os coñecementos sexan moito máis que un trámite para superar etapas educativas, Thais Pousada en colaboración coa concellería pretende espertar a curiosidade pola aprendizaxe e polos coñecementos que ao longo da nosa vida profesional e persoal serán de grande utilidade.

Iglesias e Orsi abordan, no Teatro Municipal de Tui, á chegada aos 50

0

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 8 de marzo, ás 21:30 h a Culturactivade Santiago de Compostela que presenta «Senior». Avelino González dirixe o elenco conformado por Luís Iglesias e Marcos Orsi nunha comedia que aborda a chegada aos 50 anos de idade.

«Senior» achéganos unha reflexión en clave de humor, ríndonos de nós mesmos, sobre a chegada ao medio século. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos, ao longo de 70 minutos, rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moitos chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 8 de marzo ás 12 h, ou o venres dende ás 20 h no despacho de billetes, aos prezos de 6 € e 5 €.

Os Centros de Día e residencias do Val Miñor celebran o Entroido

0

Preto dun cento de usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor festexaron esta mañá o seu propio entroido no Auditorio Municipal de Nigrán, como ven sendo habitual ano a ano. Cada centro conformou cadansúa comparsa e interpretou unha canción ou parodia nunha xornada presentada por usuarios do Centro Juan María de Parada.

A deliberación do xurado deixou como primeiro clasificado ao Centro de Día ‘Botando unha man’ de Nigrán coa súa comparsa Guapos e guapas do Val Miñor. Os segundos clasificados resultaron O Celta Senior, da residencia Vila do Conde (Gondomar); e terceiros os Pintores, de Bellavista Care (Nigrán). O resto das comparsas foron Residencia Bo Día con Chegan os doutores e o Centro de Día Mancomunado do Val Miñor con Ata o carballo. Houbo tantas comparsas como premios repartidos.

Mos inicia en Puxeiros un programa de lavado de todas as beirarrúas do concello

0

O Concello de Mos deu comezo, o luns 4 de marzo, o programa de lavado de beirarrúas a cargo do servizo municipal de limpeza do Concello de Mos que, para este traballo, conta cunha máquina especializada de gran tamaño cun sistema de auga a presión, e unha manual de rodillo.

Os traballos iniciáronse o pasado luns en Puxeiros coa máquina grande, lugar a onde aínda regresarán para completar os labores comezados o día 4 de marzo, e actualmente a devandita máquina atópase operando en Sanguiñeda na zona das Angustias, e a manual de rodillo está na urbanización de San Eleuterio, parroquia de Tameiga.

O programa de limpeza de beirarrúas continuará ata completar o lavado de todos os tramos de acera existentes no municipio.

Borrador automático

0

Modo 1

[ngg src=”galleries” ids=”1″ display=”basic_slideshow”]

Modo 2

[ngg src=”galleries” ids=”1″ display=”basic_imagebrowser”]

Modo 3

[ngg src=”galleries” ids=”1″ display=”basic_thumbnail”]

ACiP demanda ao Concello que se informe sobre o calendario das ITV móbiles

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, demandou do Concello de Ponteareas que se dea información á veciñanza “do calendario do servizo itinerante da ITV”. Segundo González Carrera, no que levamos de 2019, a ITV para motocicletas e ciclomotores o xa pasou en xaneiro e febreiro, mentres que o de turismo o fixo dúas veces en marzo, sen que o Concello dera información puntual destas visitas. Este deixamento, sinala o portavoz de “pode provocar a perda dun servizo que custou traer ata a vila”.

Ponteareas foi demandante no seu momento deste servizo na época na que o agora portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, ocupaba a Concellería de Seguridade. Pretendíase evitar que usuarios da vila tivesen que desprazarse ata a nave máis próxima da Inspección Técnica de Vehículos, en Porriño, especialmente os propietarios de vehículos agrícolas que en moitos casos víanse obrigados a contratar un servizo de guindastre para acudir á ITV e pasar alí a revisión. O servizo móbil ampliouse logo a ciclomotores e motocicletas, e tamén aos turismos lixeiros.

Desde entón, e nun calendario que periodicamente publica a ITV, os vehículos agrícolas poden pasar a revisión na chaira de Pardellas –do mesmo xeito que os turismos– mentres que motos e ciclomotores fano fronte ao parque de bombeiros, na rúa dás Pombas.

ACiP lamenta que tras os esforzos realizados no seu momento, o Goberno “faga caso omiso a estes servizos, non informando os veciños e especialmente aos do rural, pola cantidade de vehículos agrícolas que alí hai e pola importancia destas revisións”. “Este deixamento de funcións fai que moitos usuarios decátense tarde do calendario e horarios de ITV en Ponteareas, obrigándoos a pasar a revisión a Porriño…. “e esta si sería unha verdadeira axuda ao rural”, asegura o candidato de ACiP a alcaldía de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera.

A Xunta investirá 400.000 euros no IES de Salvaterra

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, anunciou onte que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vai licitar este ano a reforma do IES Salvaterra de Miño. Segundo informou, o departamento educativo está redactar o proxecto, que contempla unha reordenación dos espazos co traslado da FP Básica de Madeira e o ciclo asociado ao metal que se imparte na actualidade.

Cun investimento previsto de 400.000 euros, a actuación consistirá no acondicionamento interior da planta baixa, que albergaría dúas novas aulas para usos múltiples quedando o espazo que ocupan na actualidade baleiro e que pasarán a ocupar os actuais ciclos de Formación Profesional.

Así o aseverou na súa visita ao centro o representante autonómico, quen estivo acompañado pola tenente de alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel. Neste senso, ambos insistiron na necesidade de adaptar as instalacións ás ofertas formativas para o correcto funcionamento do centro, posto que ata o de agora o taller do ciclo de madeira atópase nun local alugado ao Consistorio.

cep CarlosCasares MartaValcarcel

O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves e a tenente de alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, na visita realizada ao CEP Carlos Casares

Por outra banda, o delegado da Xunta aproveitou a súa visita a Salvaterra de Miño para visitar o CEP Carlos Casares, do que avanzou que a xefatura provincial traballa xa no proxecto de cambio da cuberta, que anunciou para este 2019.

Desde o ano 2009, a Xunta investiu máis de 700.000 euros en melloras educativas neste municipio pontevedrés. No caso do IES Salvaterra de Miño, esta última actuación elevaría o investimento da Consellería de Educación neste centro ata os preto de 550.000 euros.

A mostra «Rompe. Xoga en Igualdade» da Deputación chega o xoves á Guarda

0

Dende este xoves, 7 de marzo, e ata o vindeiro 31 de marzo, A Guarda acollerá a mostra «Rompe. Xoga en Igualdade», coa que a Deputación de Pontevedra denuncia a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse na Casa do Alonso, o edificio no que está a actual sede do Concello, de luns a venres, de 8:00 h a 15:00 horas.

«Rompe. Xoga en Igualdade» é unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas «Barbie», que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres co obxectivo de golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar. Pretende ‘romper’ e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e home e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación.

As protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. As bonecas seleccionadas para a mostra foi a ‘Barbie’ por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.