13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareas«A historia de Xinzo que non podes deixar de saber»

    «A historia de Xinzo que non podes deixar de saber»

    O Centro Cultural de Xinzo continua, mañá sábado 9 de marzo ás 21 horas, co seu ciclo de charlas «O saber non ocupa lugar». Desta vez, tres persoas ben coñecidas na parroquia e ben coñecedoras da mesma, –Ricardo da Pisca, Paco de Veva e Juan Ibáñez– contarán polo miúdo, –nunha charla que leva por título «A historia de Xinzo que non podes deixar de saber»– a fascinante historia de Xinzo, logo de ter realizado un arduo traballo de procura de información en todo o territorio galego ao longo de varios anos.

    Ricardo da Pisca. Tendeiro, carniceiro e actor afeccionado é expresidente da Asociación de Veciños de Xinzo. Paquiño de Veva, carniceiro e empregado de Coren, é expresidente do Centro Cultural de Xinzo, exdirectivo da Comunidade de Montes e exmembro da comisión de festas. Amais é compoñente do grupo de teatro de Xinzo.

    Finalmente, Juan Ibáñez é presidente de honra da Comunidade de Montes de Xinzo. Foi directivo da Sociedade de Caza, do Centro Cultural de Xinzo e expresidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

    Son, polo tanto, tres persoeiros fondos coñecedores da historia da súa parroquia e que o sábado, a partir das nove da noite, compartirán esa historia con toda a veciñanza.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.