8.6 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas homenaxea ás súas mulleres

    Ponteareas homenaxea ás súas mulleres

    O concello de Ponteareas homenaxeou o domingo, 17 de marzo, a un grupo de mulleres, propostas por colectivos e asociacións veciñais, nas que se quería representar a todo o colectivo de mulleres do municipio. A iniciativa enmarcábase dentro das programadas polo Concello con motivo do Día da Muller. O Goberno local, no acto público celebrado no Auditorio Municipal, agradeceu “o traballo e exemplo de esforzo” das mulleres ponteareás.

    O alcalde Xosé Represas e a concelleira de Igualdade, Verónica Carrera, destacaron “o relevante papel da muller na sociedade”. Pluriempregadas e polifactéticas as mulleres supoñen, na maioría dos casos, o eixo central das familias á vez que contribúen á economía familiar con traballos remunerados ou sen remunerar como as tarefas no campo ou no mar.

    Verónica Carrera en colaboración cos distintos colectivos sociais e veciñais quixo que o domingo fixérase visible a loita das mulleres “que no seu día a día conviven con persoas con enfermidades mentais” e, a proposta de Avelaíña, recibiron unha sentida homenaxe María Lueiro, Rosa Barreiro, Olivia María da Rocha e Enma Otero.

    Tamén subiron ao escenario do auditorio as coñecidas como “mozas de ouro de Prado”: Carmen Tellado, María Diz, Josefa Cuña, Hermosinda Álvarez, Isolina Cuña, Divina Rodríguez e Nieves Rodríguez.

    Ademais, a parroquia de Xinzo decidíu que as primeiras mulleres da Banda de Música Xuvenil de Xinzo tiveran un recoñecemento: Mª Isabel Giráldez, Milagros Carrera, Mª Carmen Giráldez, Mª de las Nieves Ibáñez, Carmen Rodríguez, Ana Isabel Troncoso e Mª Purificación Giráldez.

    A primeira muller en traballar no centro de saúde de Ponteareas, Berta Mosquera lembrou no auditorio os seus comezos e “a necesidade de seguir traballando pola igualdade”. Pilar Pérez Tato, primeira muller en ter o seu propio negocio, compartíu co público as súas vivenzas e a alfombrista Teresa Carrera declarouse orgullosa de ser muller e alfombrista.

    Todas elas deixaron no auditorio ponteareán o seu legado, o do esforzo e o da ilusión, un legado compartido por moitas mulleres de Ponteareas que participaron nos vídeos proxectados durante a homenaxe e no que os conceptos de traballo, amor, loita, igualdade, liberdade e futuro foron reiterados coprotagonistas.

    Verónica Carrera, acompañada do alcalde Xosé Represas e de distintas concelleiras do goberno local, agradeceron “a participación de todos os colectivos, de todo o público asistente e das homenaxeadas polo seu exemplo de superación”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS