12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda intensifica a presenza policial

    A Guarda intensifica a presenza policial

    Na mañá do luns 18 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo unha xuntanza no Concello co Comandante do Posto da Guarda, Eligio Rivas, de cara a trasladalle a preocupación de comerciantes, veciñanza e responsables municipais, polos roubos que últimamente véñense producindo na Guarda. 

    Sabedor de que as forzas de seguridade comparten esta preocupación, o alcalde Antonio Lomba, –que estaba acompañado polo xefe da Policía Local, Manuel Ángel González e o concelleiro delegado da Policía Local, Paulino Rodríguez— trasladou a necesidade de aumentar a vixiancia na vila, sobre todo en horario nocturno.

    O Comandante coincidiu co alcalde na necesidade de intensificar a presenza policial e asegurou que “dende hoxe mesmo” (luns 18 de marzo) A Guarda contará cun núcleo operativo que prestará servizo nocturno na vila.

    Do mesmo xeito o alcalde púxose en contacto coa Subdelegación do Goberno e manterá este mesmo mércores unha xuntanza coa subdelegada, Maica Larriba, e representantes dos corpos de seguridade, para trasladarlle a preocupación pola seguridade cidadá na Guarda e solicitar reforzo policial.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS