A piscina de Carballo-Calero no concello coruñés de Carballo acolleu, este domingo, 17 de marzo, as probas do Campionato Galego de Fondo na categoría Máster. O equipo feminino do Club Natación Ponteareas formado por Nuria Mutilba, Marta Abreu, Vero Varela, Clarisa Gesto, Paula González, María Lourdes Melón y María Acuña, volveu a demostrar a súa extraordinaria capacidade competitiva proclamándose Campión Galego.
Os nadadores e nadadoras dos distintos clubs de Galicia enfróntabanse a probas de longa distancia de 800 e 1.500 metros libres. Ao campionato galego das féminas, o Club Natación Ponteareas engadiu tamén medallas individuais que amosan o excelente momento polo que atravesa o club ponteareán, un dos equipos a ter moi en conta en todas as competicións nas que participa.