24.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui, punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar

    Tui, punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar

    Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, presentou este mediodía esta iniciativa xunto a Alberto Rocha, promotor da mesma, e Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar.

    O rexedor tudense explicou na presentación que dende o Concello se apoia todas aquelas vías de peregrinación que teñan Tui como punto de partida. Destacou neste caso a realización do Camiño por vía fluvial e marítima indo de Catedral a Catedral.

    Alberto Rocha explicou que esta peregrinación en kaiak de mar brindará unha visión totalmente distintas dos lugares por onde pasa, dende o río ou o mar cara terra. Explicou que en abril, do 18 ao 21, farán unha experiencia piloto con etapas un pouco máis longas do que serán logo as rutas que propoñen. Así a partir de aí aqueles que desexen participar nesta iniciativa poderán optar por realizar o Camiño en 5 ou en 10 etapas, completando en todo caso 85 quilómetros en kaiak de mar, e os 25 quilómetros últimos a pé dende Padrón ata Santiago. Cada grupo deberá estar formado por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 20, indo sempre acompañado por guías, e podendo optar por un k1 ou un k2.

    Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar, destacou coma nesta iniciativa se xuntan a parte deportiva coa busca de novos retos.
    Pódese ampliar a información sobre esta iniciativa en www.spainkayak.com.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.