17.4 C
Pontevedra
Mércores, 31 de Maio de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO goberno ponteareán propón investir máis de 700.000 € en servizos básicos...

    O goberno ponteareán propón investir máis de 700.000 € en servizos básicos á cidadanía

    O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas debatirá, a iniciativa do goberno municipal, o proxecto de humanización da rúa Redondela, un tramo para completar o saneamento no barrio do Peso na paroquia de Areas e a reforma e rehabilitación ca casa cultural de Arnoso, entre outros proxectos para os que se investirá un total de 741.332 €.

    “O goberno da un paso máis para a humanización da rúa Redondela que conta cun orzamento de licitación de 520.226,70 € e co apoio unánime da veciñanza que así o manifestou no encontro no que se expuxo o proxecto técnico”, asegura o Goberno local ponteareán. Unha vez aprobado o proxecto polo pleno da corporación, procederá á licitación das obras para que esta rúa dispoña de beirarrúas máis amplas e cómodas con árborado e cun único sentido de circulación desde a rotonda da estrada de As Neves até o entronque da rúa Redondela coa rúa das Pombas.

    Desde aí até a rotonda do Axente Comercial manterase o dobre sentido de circulación. A alternativa escollida pola veciñanza contempla a ampliación substancial das beirarrúas que oscilarán entre un mínimo de 2,50 metros e un máximo de 6,00 metros. Ademais contémplase a plantación de 27 árbores e a instalación de 12 farolas con tecnoloxía led, 6 bancos, papeleiras, dispensadores de bolsas para excrementos de cans e paneis informativos para colocación de información municipal. Tamén se reducirá o límite de velocidade aos 30 km/h. En canto aos estacionamentos de vehículos, dun total de 90 prazas existentes na actualidade, tan só se eliminarán 18 (o 20%). Crease unha zona a maiores de carga e descarga.

    No pleno do mércores tamén se presentará a aprobación do proxecto de ampliación de potencia e reforma da instalación eléctrica da piscinan por valor de 32.978 € e proxecto de instalación de alumeado nas pistas de tenis na área recreativa da Freixa por valor de 26.086€ contemplando todos os traballos precisos para a instalación de proxectores led de alto rendemento.

    O Goberno que preside Xosé Represas tamén buscará a aprobación do proxecto de saneamento do barrio do Peso en Areas, obra que conta cun orzamento total de 23.735,67 € e a aprobación da rehabilitación da casa cultural de Arnoso para a mellora da eficiencia enerxética, accesibilidade, funcionalidade e conservación cun investimento total de 112.000€ que supón unha intervención no aillamento, na urbanización da parcela, nas fachadas e cimentacións, entre outros moitos traballos.

    Alcalde e tenente de alcalde adiantan que tamén levarán ao pleno a aprobación da construción de distintos redutores de velocidade en diferentes puntos de Ponteareas cun custe total de 26.307 €. Estas actuacións, sinalaron Xosé Represas e Chus Garrote, “xunto a outras previstas para este ano persiguen a mellora dos espazos de uso público e a previsión do goberno é que todas estas obras se executen dentro deste ano 2019”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS