O alcalde de Redondela, Javier Bas, presentou onte xunto a Julio Mougán, concelleiro de Deportes; Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes, e Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, a xornada «Xogajudo Redondela 2019», que se desenvolverá o vindeiro sábado día 9 de marzo en Redondela.
O sábado participarán na xornada de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar 2019 un total de 52 clubes de Pontevedra e Santiago, o que suma máis de 500 participantes. A xornada desenvolverase no Pavillón Municipal da Marisma, en Redondela, en dúas quendas, en horario de 10:30 h e 12.00 horas.
Con esta actividade perséguese introducir aos nenos e nenas máis novos nesta competición deportiva a través dunha competición adaptada a estas idades. A organización deste evento deportivo corre a cargo do Concello de Redondela, da Secretaría Xeral para o Deporte e da Federación Galega de Judo E.D.A.