19.3 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaManifesto do 8M de Deputación de Pontevedra: «O futuro é con nós»

    Manifesto do 8M de Deputación de Pontevedra: «O futuro é con nós»

    Virginia Woolf dixo hai anos: “Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poida impoñer a liberdade da miña mente”. É precisamente esa liberdade, que todas recoñecemos como propia, a que nos fai saír de novo á rúa neste 8 de Marzo, xuntas, unidas, fortes e poderosas, para reclamar que o noso sentir diario acabe por converterse nunha liberdade real, unha liberdade plena e igualitaria.

    Todas e cada unha de nós somos conscientes de que este movemento, inzado de sororidade, é o instrumento fundamental para reclamar o dereito fundamental de ser libres e iguais. O dereito de ser visibles.

    E neste momento, no que voces que pretenden ser máis fortes que as nosas están cuestionando todos os dereitos e as liberdades que foron conqueridas pola loita das mulleres, ten que servir para alzar a voz e dicir alto e claro: nin un paso atrás, o futuro é con nós.

    Temos que estar alerta, todas xuntas, unidas, porque tal e como nolo advertía Simone de Beauvoir: “non esquezades xamais que bastará unha crisis política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados. Eses dereitos nunca se dan por adquiridos. Debedes permanecer vixilantes durante toda a vosa vida”.

    Así que alcemos a voz. Digámoslle ao mundo que sen nós o mundo para. Que o futuro é con nós ou non será.

    Alcemos a voz mentres o 67% das licenciadas en xornalismo sexan mulleres, pero tan só consigamos acadar un 27% nas direccións dos medios de comunicación.

    Como dixo a xornalista Ana Pardo de Vera: “O xornalismo é feminista ou non é xornalismo. Non se pode dar unha visión honesta da realidade ignorando ao 52% da poboación”.

    Alcemos a voz mentres soamente haxa 2 mulleres no Tribunal Constitucional e ningunha na Sala de Goberno do Tribunal Supremo, a pesar de que o 53% das persoas xuízas son mulleres.

    Gloria Poyatos, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias e presidenta da Asociación de Mulleres Xuízas de España, reclamou que “temos que reivindicar unha xustiza mais feminizada. Vivimos na cultura da igualdade simulada”.

    Non podemos calar mentres o 58% das persoas con titulación universitaria en España sexan mulleres, pero tan só sexamos o 19,4% dos órganos de dirección das empresas do Ibex.

    “Hoxe son consciente de que dicir as cosas publicamente, de forma solidaria con outras mulleres, ten o poder de cambiar. Así que, cando falo, non o fago só por min mesma. Fágoo por todas as mulleres”, di Ana Botín, presidenta do Banco Santander.

    Alcemos a voz, porque mentres o discurso da nosa realidade se constrúe, move e transforma a través das redes sociais e as novas tecnoloxías para mudar o discurso machista imperante, as denuncias por incitación ao odio  relacionados coa discriminación por sexo e xénero suben un 70,8%.

    “O discurso feminista estase facendo forte nas redes e a resposta machista é cada vez máis forte. Pretenden asustarnos e que nos vaiamos”, dixo Cristina Hernández, ciberactivista feminista, logo de recibir un tuit cunha imaxe dunha pistola e que dicía “Xa estamos cansos de ti, puta, a única solución aos teus reclamos é a morte. Imos violar o teu cadáver, zorra”.

    Alcemos a voz mentres non rachemos coa fenda dixital e a pouca presenza das mulleres nas carreiras STEM, onde non chegamos ao 25% da matrícula; sen esquecer que en España as traballadoras só representan o 24% do sector tecnolóxico.

    Hoxe recordamos o que di Irina Bokova, directora xeral da UNESCO: “unha sociedade sen enxeñaría e sen ciencia é unha sociedade sen progreso. Unha sociedade sen mulleres na enxeñaría e na ciencia é tamén unha sociedade sen progreso”.

    Alcemos a voz mentres a arte non se escape do androcentrismo, porque a arte sen a nosa mirada é unha arte sesgada.

    “Os cambios da xestión cultural deben facerse da man do feminismo, poñendo no centro o desexo de experimentar a cultura máis aló do modelo hexemónico, branco, heterosexual e masculino”, dicía María Bastarós, comisaria cultural e investigadora.

    Pero sobre todo, alcemos a voz polas mulleres silenciadas coa violencia que exerceron sobre elas polo simple feito de ser mulleres, mulleres que foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas, que foron abusadas, violadas, prostituídas, violentadas.

    Por todo iso aquí estamos, alzando a nosa voz, sorrindo e felices de que a igualdade ocupe o espazo que lle corresponde. Aquí estamos, unidas e fortes.

    Alcemos a voz polas que xa non están, polas que van vir, por elas, por nós. Por todas. ¡Viva o 8 de marzo!

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS