O Auditorio de Goián acollerá, este sábado 9 de marzo ás 20 horas, a quinta edición da Gala do Deporte coa que búscase homenaxear a todos os logros do deporte tomiñés e dos e das protagonistas. Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica xornada multideporte para a infancia.
Nenos e nenas poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17:00 h a 20:00 h no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio. A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para render este máis que merecido homenaxe aos e ás deportistas.