17.4 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

    O alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

    Con motivo do día da árbore a Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, e a Concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas. Por cuarto ano consecutivo o alumnado ponteareán reforestará os montes comunais en man común con carballos, castiñeiros, cerdeiras, bidueiros, nogueiras e pradeiros.

    Grazas á implicación e colaboración das casas comerciais plantaránse 500 árbores en zonas degradadas polos incendios forestais de outubro do 2017. As empresas, comercios e asociacións de Ponteareas quixeron amosar o seu compromiso co medio ambiente patrocinando estas árbores.

    Cristina Fernández quere agradecer a cada un deles o seu grande apoio: Aluarmo, ANPA Ramiro Sabell, ANPA Guláns, Clínica San Miguel, FANPO, Laureano Covelo, Maderfri, Sestelo e Tesis, ademais das empresas como Ecocelta que facilita o abono orgánico realizado cos restos de poda recollidos do concello; Aguas de Mondariz que repartirá refrescos e augas nestes días de plantación; e aos rosquilleiros das confiterías Ancla, Dinguilindín, La Marquesina, Regino e Troncoso grazas aos que se reporán os folgos con rosquillas de Ponteareas.

    Máis de 1.000 alumnas e alumnos beneficiaránse desta actividade transversal e aprenderán o proceso de plantación, adquirirán coñecementos sobre a vida das árbores e os seus coidados e medrarán como persoas dando un paso máis na posta en valor do medio ambiente, da natureza e do noso patrimonio paisaxístico.

    “Esta actividade non só persegue a reforestación dos montes se non tamén adquirir valores medioambientais, aprender a traballar coas mans e participar nun ensino máis práctico e experimental”, explica a concelleira.

    Deste xeito, o luns día 11 ás dez da mañá o alumnado tomará o territorio na confluencia das lindes das parroquias de Moreira e San Mateo para plantar 260 árbores

    Ese mesmo día as alumnas e alumnos do CRA citaránse co alumnado do CIFP A Granxa en Ponte Caneiro, Pías, para plantar 60 árbores. Os máis maiores tomarán o papel de titores para amosar aos máis cativos o traballo a realizar.

    O martes día 12 ás 10 horas no monte veciñal en man común de Santiago de Oliveira atoparán o seu novo fogar 60 novas árbores e outras 120 no monte de San Cibrán, en Guláns, a partir das doce do mediodía.

    O alcalde Represas traslada tamén o seu agradecemento as empresas participantes así como ás comunidades de montes que facilitan o espazo e parte do traballo. Xosé Represas salienta a importancia de concienciar a unha cidadanía que medrará e vivirá baixo as premisas da estratexia europea “Ponteareas, Hábitat Saudable”. “A sostibilidade, o respecto polo medio ambiente e a axeitada convivencia das persoas co entorno son algunhas das señas de identidade do futuro de Ponteareas. Esta xornada de convivencia e de clases prácticas permite a participación e a interactuar directamente”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS