13.1 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán inaugura «Unha mirada de antano» co reto de identificar á protagonista...

    Nigrán inaugura «Unha mirada de antano» co reto de identificar á protagonista das fotos

    O Concello de Nigrán inaugurou hoxe no Auditorio Municipal a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», un proxecto que é posible grazas á colaboración entre o Concello de Nigrán, ABANCA e Afundación. Ao acto, que incluíu unha visita guiada, acudíu o alcalde, Juan González Pérez; o director Territorial de ABANCA, Walter Álvarez; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores Fernández.

    O Concello inaugura esta mostra, que permanecerá aberta ata o 31 de marzo, co reto de identificar unha das fotos máis señeiras tomadas por Ruth Matilda Anderson en Galicia e a única coñecida de Nigrán: unha anciá labrega de Camos fotografada o 11 de marzo de 1926 e da que non se dispoñen de máis datos. “Facemos un chamamento aos veciños de Camos para que indaguen entre as súas familias para ver se conseguimos poñerlle nome a esta muller”, sinalou o alcalde, quen recordou que, precisamente, a exposición supón o inicio dos actos do Concello de Nigrán polo 8-M.

    [ngg src=”galleries” ids=”4″ display=”basic_thumbnail” template=”default”]

    Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. Nesta mostra préstase especial atención á comarca con imaxes de Baiona ou Vigo. A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata 31 de marzo, de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 h e xoves, venres e sábados, de 17:00 h a 20:00 h.

    Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS