Luns, 4 Agosto de 2025

A plataforma Antilindano da Louriña alerta da aparición dunha nova vertedura en Torneiros

A Plataforma Antilindano do Porriño vén de facer pública a aparición, “dunha nova vertedura de lindano en Torneiros”, en monte comunal “preto da zona da Pereira-Contrasto” lugar onde se fixeron as obras de saneamento. Segundo a plataforma, a aparición desta nova vertedura, da que tiveron constancia o pasado sábado 23 de marzo “alarmou á veciñanza unha vez que comezou a correr o rumor”.

Segundo unha liña cronolóxica, a Plataforma sinala que o domingo 24, membros de dita plataforma “localizamos a zona, que se volveu tapar e está perimetrada con cinta de obra”. Ao día seguinte, luns 26 de marzo, unha das persoas compoñentes do grupo de coordinación da Plataforma, explica o seu comunicado, “visitou a sede da Comunidade de Montes e falou coa responsable de administración sobre a situación”, en dita reunión, deixouxe constancia que a Plataforma “tiña localizada a zona, que comprobamos que todo estaba tapado e que a nós como Plataforma ninguén nos avisara dende a Comunidade”.

Na reunión, a responsable da comunidade “explicou con absoluta cordialidade –puntualiza a comunicación da Plataforma– a situación, que xa se presentara un informe a Medioambiente, que incluso ían pedir análise das augas que baixan pola vaguada que hai na zona e que agardaban instrucións da Consellería”. Segundo sinalou, a terra “foi depositada pola empresa que facía a obra de saneamento, hai máis dun ano na Pereira-Contrasto”. Tamén confirmou que “ata alí se achegaron varios veciños da Pereira-Contrasto con acusacións de non actuar con dilixencia, intención de engano e ocultación da información”.

Chegados a este punto, a Plataforma Antilindano do Porriño quere recalcar que “non recriminamos nen criticamos en ningún momento a actuación da Comunidade de Montes de Torneiros”. Primeiro porque “a resposta dada resúltanos totalmente convincente” e a súa actuación, comprobada in situ, “totalmente responsable e coherente”. Segundo “porque entendemos que aceptaron, de boa fe, na súa parcela unhas terras libres de toda sospeita de contaminación pola súa parte”.

Por contra, a plataforma si que esixe “unha aclaración inmediata ao Concello como promotor das obras e contratante das mesmas á empresa que moveu as terras. Pirmeiro enterámonos dos vertidos na canteira de Xinzo e agora deste. Non se pode mirar para outro lado a ver se se esquece o tema e rezar para que non apareza máis”, conclúe a Plataforma Antilindano do Porriño.

O Concello “segue agardando polo plan de descontaminación comprometido pola Xunta”
Pola súa banda, o Concello do Porriño fixo pública unha nota de prensa na que ante a noticia do achado de novos restos de lindano en monte comunal, “a expensas da súa confirmación polos técnicos que recolleron mostras para a súa análise”, o Concello de Porriño asegura “carecer de información directa xa por parte da Comunidade de Montes de Torneiros como por parte da Xunta de Galicia”. A pesar diso, a alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre, anunciou este mediodía “que dará as instrucións necesarias para que se comprobe que non se cometeu ningunha irregularidade”.

O Concello de Porriño remítese ás actuacións realizadas tanto en 2017 como en 2018, cando apareceron restos de lindano entre as terras que foron removidas para as obras de saneamento e posteriormente de abastecemento de auga na zona.

Así mesmo o Concello de Porriño quere aproveitar esta circunstancia para lembrarlle á Xunta de Galicia “que segue agardando polo plan de descontaminación que a administración autonómica comprometeuse en 2017 a realizar para o que se mantiveron reunións con veciños, comuneiros e o propio Concello” un plan que pretendía “unha actuación integral xa que en toda esa zona do territorio porriñés, lamentablemente, constatouse a presenza de lindano no subsolo”. Tristemente o compromiso da Xunta de Galicia “non recibiu ningunha consignación orzamentaria e segue sen executarse”, conclúe o comunicado do Concello porriñés.

Antonio Fernández Comesaña encabezará a lista de Unión Centrista de Nigrán nas municipais

0

A executiva do partido Unión Centrista de Nigrán (UCN), acordou concorrer ás próximas eleccións municipais de maio baixo as súas propias siglas e que representa a formación independente UCN, cuxa candidatura estará encabezada novamente por Antonio Fernández Comesaña, no que concorre, ademais, a condición de presidente e líder do partido centrista en Nigrán, presentándose “cun equipo renovado, solvente e con ilusión renovada para os comicios municipais de maio”.

Con esta decisión o partido independente quere dar por resolto ante a opinión pública “os rumores que situaban ao líder da nosa formación Antonio Fernández, como cabeza de cartel do Partido de ámbito estatal Ciudadanos, o que estaba a xerar desconcerto, confusión e algunha que outra preocupación, non só entre simpatizantes e colaboradores do partido independente, senón tamén entre veciños de Nigrán, polo que desta forma quedan disipadas todas as dúbidas respecto diso”.

Segundo UCN, ao candidato o avalan “a súa ampla experiencia, non só na administración local como funcionario de carreira durante máis de vinte anos, e tamén na política local, asumindo responsabilidades de goberno, así como tamén ultimamente desde a oposición política exercida de forma responsable, primando sempre a defensa do interese xeral, apoiando iniciativas e presentando propostas ao longo da lexislatura”.

Os centristas de Nigrán sinalan a súa disposición “aberta ao diálogo con todas as forzas políticas para alcanzar acordos futuros que permitan a gobernabilidade, tal e como demostramos durante a presente lexislatura, polo que os feitos tamén nos avalan”.

UCN lembra que chegou á política local no ano 2007 “con vocación de futuro e para quedar a condición de que os veciños sigan confiando no noso proxecto como ata agora”. As súas formulacións seguen a ser as mesmas, “consolidar unha alternativa seria, entre a dereita e a esquerda, un espazo de moderación desde o centro, afastado da crispación e que ten aos cidadáns como obxectivo prioritario da súa actividade política”.

Finalmente, convidan a participar nese proxecto “a todos os que sentan identificados co noso lema”. “Estaremos encantados de recibirlles, co convencemento de que entre todos faremos un Nigrán máis grande, polo que esperamos non defraudar”, conclúe Unión Centrista de Nigrán.

A liga de Inverno de J80 decidirase na última xornada

0

Un vento sen ganas de estabilizarse e desaparecido por momentos obrigou a suspender, na tarde do sábado en Baiona, a penúltima xornada da liga de Inverno de J80 organizada polo Monte Real Club de Iates. Dificultades para definir o campo de regatas, unha chamada xeral, cambios de percorrido, unha proba suspendida nada máis iniciarse e outra cando estaba pola metade foron algunhas das situacións que se viviron na tarde do sábado na baía baionesa.

Foi, sen dúbida, unha xornada moi complicada para a navegación, na que nunca se alcanzaron as condicións idóneas para a celebración da competición. Así pois, e tras varias horas infrutuosas na auga, o comité de regata decidiu suspender a xornada.

[ngg src=”galleries” ids=”9″ display=”basic_thumbnail”]

Con esta tesitura, a liga de Inverno de J80 chegará á súa última etapa con todo aínda por decidir. O Okofen de Javier de la Gándara é, a día de hoxe, o favorito para levar o título. Tras impoñerse na anterior xornada sácalle 7 puntos ao Cansino de Fernando Yáñez e o Namasté de Luis de Mira, que van empatados en segunda e terceira posición.

A pesar de todo, e con tres probas por celebrarse, aínda non se pode falar dun claro gañador do campionato de monotipos, que se decidirá, se o vento permíteo, o próximo 6 de abril. Para esa xornada está prevista, ademais da disputa final na auga, a entrega de premios aos gañadores da liga de Inverno de J80.

Millán Salcedo descansa no Balneario de Mondariz antes da estrea do seu novo show

Os asiduos ao Balneario de Mondariz gozaron estes días coa presenza dun dos humoristas máis populares do noso país, Millán Salcedo –ex Martes y 13– que aproveitou o principio da primavera para desconectar na vila termal pontevedresa. O ‘descanso do guerreiro’ porque, como confesou, está a piques de presentar o seu novo show teatral, ‘O entretenedor’ que será todo un percorrido pola vida pública dun dos cómicos máis populares no noso país.

Como metade de Martes e 13 foi unha presenza constante no humor español durante dúas décadas. Corenta anos despois do debut daquel grupo, Millán segue sendo recoñecido por diferentes xeracións que mesmo se atreven a lembrarlle gags ou personaxes que parodiou maxistralmente. Seguidores que máis dunha vez interromperon na súa estancia durante ceas, comidas ou no acceso ao Palacio da auga, e cos que volveu facer os seus xestos e a repetir algunhas das súas frases míticas.

Pero despois de catro días de descanso, cura termal e boa gastronomía, unha escapada que o mesmo tiña claro que necesitaba, deixouse consentir polos tratamentos corporais máis punteiros do balneario á carta, a contorna natural galega, a historia dun dos balnearios máis antigos de Europa, as atencións do persoal, a compañía do director xeral de Balneario de Mondariz, Kiko Rial, que lle confesou que era desde sempre o seu fan incondicional e a directora de Comunicación, Amalia Galego, á que prometeu volver pronto cun dos seus grandes amigos e habitual da vila termal, José Mota.

Un parapentista ferido ao bater contra unha ladeira en Baiona

0

Unha persoa resultou ferida ao bater contra unha ladeira mentres practicaba parapente na parroquia de Belesar, no concello de Baiona. Os feitos aconteceron pasadas as 19 horas cando un particular chamaba ao 112 Galicia para dar conta que un parapentista atopábase ferido, logo de bater contra unha ladeira no alto do Cortelliño e que, ademáis, estaba nun lugar de difícil acceso.

Dada a orografía complexa onde tivo lugar o accidente, o 112 Galicia amais de dar aviso ao persoal das Urxencias Sanitarias, Bombeiros do Baixo Miño e Garda Civil, puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia por se fora precisa a aintervención do helicóptero de salvamento para o rescate do ferido.

Finalmente, a intervención dos servizos aéreos foron descartados ao poder ser rescatado o ferido, nunha padiola polos servizos de emerxencia en terra. Logo de ser atendido polo persoal das Urxencias Sanitarias, o parapentista foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O ‘V Trail-Andaina Desafío de Oia’ 2019 bate récord de participación

0

Os sempre espectaculares montes de Oia acolleron este domingo a disputa do  ‘V Trail-Andaina Desafío de Oia’ que este ano, e con 588 deportistas inscritos, batía récord de participación. A diferenza de anteriores anos nos que a choiva e o frío foron protagonistas, nesta quinta edición a proba disputouse baixo un sol de xustiza, circunstancia pouco frecuente dadas as datas nas que andamos. O evento organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios consolídase, logo de cinco anos, como uns dos Trail de referencia.

588 deportistas tomaban a saída repartidos nas tres modalidades de trail –42 km, 21 km e 12km– e da andaina que, pouco a pouco, vaise consolidando. A saída tivo lugar escalonadamente e en función da dificultade das probas e a duración das mesmas, todas elas desde O Mosteiro de Santa María de Oia.

Ás 8:00 h daba comezo o Trail de 42 km. As e os participantes tiñan por diante unha durísima carreira, posiblemente das máis duras de todo o circuíto galego de trail, onde desnivelan 270 m de altura en tan só 600 metros de distancia; só apta para os corredores máis experimentados. Comparte os primeiros 16 km co Trail de 21 km ata a primeira devasa; aí a carreira sepárase e os máis aguerridos continúan a unha das subidas máis espectaculares neste tipo de eventos. Esta modalidade contaba con 78 inscritos.

[ngg src=”galleries” ids=”8″ display=”basic_thumbnail”]

Para este percorrido a organización como medida de seguridade optou por poñer a primeira hora de corte no terceiro avituallamiento; transcorridos 22.7 km de carreira onde os corredores tiñan que estar antes das 5 horas e 15 minutos de carreira. E a segunda hora de corte no km 33.5 no quinto avituallamiento no que os corredores deberán estar antes das 7 horas e 45 minutos.

Terminado o TRAIL de 42 km o pódium quedou do seguinte xeito:

Absoluto Masculino
1º Ricardo Silva
2º Fernando Arca Casal
3º Roberto Riobo Estevez

Absoluto Femenino
1º María Martínez Medina
2º Raquel López Gabín
3º Ana Belén Rubio Álvarez

Ás 09:00 horas tivo lugar a saída do Trail de 21 km, proba puntuable para o Desafío Galaico. O Trail 21 km comezaba con 260 participantes e por diante o percorrido ‘marca da casa’ do DesafiOia, a coñecida subida ‘camiño dous burros’ ata chegar á ‘subida do rio’ coa famosa corda para chegar á última devasa de anos anteriores con algunhas modificacións; o seu nivel de dureza segue sendo elevado alcanzando un desnivel positivo de 1.450D+ . Este percorrido non contaba con horas de corte para os corredores.

Ao final, o podio deste trail de 21 quilómetros quedaba así:

Absoluto Masculino
1º Paulo Mesquita
2º Roberto Mata Martínez
3º Samuel Saborido Soñora

Absoluto Femenino
1ª María Ferreiro Pérez
2ª María Fabeiro Romero
3ª Alba Rey Penelas

1º Clasificado De Oia
Iván Pimentel Giráldez

As e os 164 participantes do Mini-Trail 12 km tomaban a saída ás 10:00 para realizar un percorrido que, nos seus primeiros 10 quilómetros, foi compartido co resto de categorías. Dende esa distancia retómase o camiño a meta cun esixente nivel de dureza que un desnivel positivo de 800 m. Mantense, como sinal de identidade, a coñecida subida do ‘Camiño dous burros’, e a famosa devasa de Pedornes

Finalizando o percorrido formouse o seguinte pódium:

Absoluto Masculino
1º Antolín Martínez Martínez
2º Jose Felipe González Álvarez
3º Pablo Rivero Muiños

Absoluto Femenino
1ª María Teresa Barreira Salgado
2ª Laura González Goce
3ª Lucía Dorado Álvarez

1º Clasificado De Oia
Ismael Pérez Benítez

1ª Clasificada De Oia: 
Maria Pereira Da Silva

Digna Rivas, “Redondela non pode dar a espalda ao mar nin ás mariscadoras”

0

A Lonxa de Cesantes foi o escenario elixido pola candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía, Digna Rivas, para manter un encontro co colectivo de mariscadoras, xuntanza que forma parte das reunións que a candidata socialista mantén con distintos colectivos e asociacións de Redondela. No seu encontro coas profesionais do marisqueo, Rivas salientou “o papel da muller e a súa contribución á economía do mar”, poñendo en valor o traballo que desenvolven.

Non se pode esquecer, subliñou a candidata do PSOE, “que o sector do marisqueo ten unha extraordinaria importancia para Redondela, tanto polo seu impacto económico coma en relación ao número de postos de traballo e as familias que teñen esta actividade como fonte de ingresos”.

As mariscadoras trasladáronlle á candidata socialista a súa “preocupación” pola situación que vive o sector pola desaparición da ameixa xaponesa, debido ás riadas do pasado inverno que introduciron moita auga doce no banco afectado provocando a día de hoxe a escaseza da mesma .

Aínda que os concellos non teñen competencias expresas na materia, explicou Digna Rivas, “non quere dicir que non se poidan estudar vías de colaboración e axuda” e puxo como exemplo a concelleira socialista “ao Concello de Soutomaior que aprobou na Xunta de Portavoces conceder unha axuda á confraría de Arcade para a compra de novas sementes de ameixa”.

Redondela, como municipio estreitamente ligado ao mar “debe poñer sobre a mesa, para un estudo serio, obxectivo e rigoroso, todas as medidas que poidan contribuír á modernización e mellora da competitividade do sector do marisqueo”.

Estamos a falar, insiste Digna Rivas, dun sector que da sustento a moitas familias “que nestes momentos ven perigar a súa fonte de ingresos” e polo tanto un Concello “non pode nin debe das a espalda a esta realidade”.

José Luis Fernández apela ao voto socialista para “un goberno de progreso en Mondariz”

0

José Luís Fernández Piñeiro presentouse este domingo como candidato á alcaldía de Mondariz. “Se queremos un goberno de progreso en Mondariz, hai que votar socialista, hai que darlle unha maioría suficiente e cualificada para que fagamos os cambios que Mondariz precisa”, asegurou o socialista ante un público entregado de máis de 200 persoas.

Fernández Piñeiro defendeu a labor levada a cabo polas e polos socialistas no Concello, coa súa portavoz Marina Alfaro á cabeza, á quen lle quixo agradecer “a dedicación e o gran traballo feito nestes anos”.

“Acúsaseme de ser estranxeiro, de ser un perdedor, de que non coñezo Mondariz”, denunciou o candidato socialista, que rebateu as ideas explicando que en maio, dous días despois das eleccións, fará 25 anos casado coa súa muller, veciña da vila. “A valía da persoa non é por onde nace, e imos poñer un exemplo: o mellor alcalde do mundo, Abel Caballero, non é de Vigo, naceu en Ponteareas; Napoleón non era francés, senón italiano”, explicou.

Fernández Piñeiro defendeuse do resto das acusacións asegurando que “nin Mitterrand, nin Felipe González, nin Allende gañaron á primeira”. “Temos 11 concelleiros, 12 parroquias, 82 km, 240 empresas, 90 pensionistas non contributivas, e un presuposto de 3,5 millóns de euros”, relatou para deixar claro que coñece a vila, engadindo que tamén sabe que en Mondariz “Tango non é so un baile arxentino, é un veciño; aquí non se poñen unha camisa, bótansa; aquí non se estropean as cousas, aláganse”.

“Nós non imos ser criados nin mandados por ninguén, temos as nosas ideas e imos defendelas”, explicou o candidato, que acosou ao BNG “de facer valer o dito de Roma non paga traidores e non apoiar fai catro anos un goberno de progreso na vila encabezado por quen gañou as eleccións, Alternativa por Mondariz”.

“A alternativa somos as e os socialistas”, defendeu Fernández Piñeiro, “xente tolerante, traballadora, que forma equipos serios” e que conta coa experiencia “de 140 anos de servizos prestados a este país”. “Temos que pór a Mondariz no mapa”, rematou o socialista

Fernández Piñeiro estivo acompañado na presentación polo secretario de organización provincial e candidato á alcaldía da Cañiza, Luís Piña, e polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que asegurou sentirse “como na casa” en Mondariz, “unha vila que vai ir cara arriba con José Luís como candidato”.

“Temos un magnífico candidato para encarar as próximas eleccións”, asegurou Caballero, que cualificou ao Fernández Piñeiro como un home “con criterio, ilusión e convicción, o alcalde que Mondariz merece”.

Caballero tamén tivo unhas palabras para a actual voceira municipal, que non “dá un paso atrás, porque vai estar acompañando a José Luís cando sexa alcalde”. “Queda moito por facer para avanzar cara o país que queremos para todas e todos”, asegurou o máximo dirixente galego, para quen as próximas eleccións xerais “son o primeiro paso” das e dos socialistas para conseguir gañar as eleccións municipais e iniciar un proceso que remate “co nefasto goberno de Feijóo, que nos deixa unha Galicia con menos xente, con menos posibilidades de futuro para a xente nova e cuns servizos públicos deteriorados”.

A Feira do Requeixo das Neves abrangue este ano un grande número de propostas

0

A Feira do Requeixo e Mel deste 2019, a número 28, que se celebra nas Neves, abrangue este ano un gran número de actividades que irán sucedéndose durante varias semanas ate chegar aos días ‘centrais’ desta celebración, que este ano serán dous: o 19 e 20 de abril.

O programa ten propostas para o tempo de lecer, para maiores e cativos, para os amantes das tradicións, para aqueles e aquelas que queiran amosar as súa pericia culinaria ou para os e as que prefiran gozar, sen máis, da gastronomía.

Tamén haberá tempo para a música, novas experiencias relacionadas coa elaboración do requeixo e a obtención do mel, para relacionarse coa natureza, para coñecer a cultura e as tradicións dass Neves e para os e as amantes do deporte.

Precisamente estes últimos teñen este domingo, día 24 de marzo, as súas primeiras citas nas Neves, que inicia as actividades relacionadas coa Feira do Requeixo e Mel. Tratase da a VIII ruta BTT ‘Los 66 del Requesón’, na que os participantes percorrerán 33 quilómetros polos montes da vila, e unha Ruta de Sendeirismo de 8 quilómetros pensada para todas as idades, na que os camiñantes poderán admirar a beleza da parroquia de Cerdeira.

Magnifica actuación do C.P.A. Condado no Campionato de Grupos Show de Alacante

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño asinou, o pasado 22 de marzo en Alcoy (Alacante) un extraordinario papel no Campionato de España de Grupos Show Junior. O club do Condado foi quen de clasificarse no top ten rematando a competición en noveno posto entre un total de 20 equipos que participaban nesta esixente competición

Coa súa coreografía ‘Vogue’, o CPA Condado, actual subcampión galego, acadou un total de 67,60 puntos. A representación galega nestes campionatos de España a completaban o Campus Stellae de Santiago de Compostela, actual campión galego, que remataba na oitava praza; o Ribex de Tui que remataba noveno e o Fontiñas de Santiago que acadaba a décimo terceira posición.

Garrote critica que Belén Villar volva vender o que “Solla xamais chegou a realizar”

A candidata socialista á alcaldía e actual concelleira de Urbanismo de Ponteareas, Chus Garrote, criticou hoxe o proxecto da popular Belén Villar de construir “unha zona lúdica con piscinas pioneira na provincia”, é recoméndalle “aterrar no mundo real e deixar as ensoñacións, pois están moi lexos dos problemas cotiás da cidadanía”.

Por outra banda os socialistas ponteareás sinalan que non lles colle de sorpresa esta “falsa promesa”, pois é a mesma que presentou o antigo alcalde do Partido Popular no 2011, xusto antes dunhas eleccións municipais. Por entón o exalcalde Salvador González Solla prometía construír “dúas piscinas ao aire libre na Freixa e un servizo de alquiler de bicicletas que xamais se chegou a realizar”, explican os socialistas.

“Os veciños de Ponteareas estamos aburridos das falsas promesas do Partido Popular antes das eleccións. Solla tivo catro anos para facelo e o resultado coñecémolo tódolos veciños. Xa non enganan a ninguén”, afirma Chus Garrote. Neste senso, Garrote sinala que mentres Belén Villar se “dedica a descargar debuxos de parques acuáticos de internet os veciños de Ponteareas seguen sufrindo os recortes da Xunta de Galicia no centro de saúde” e insta á candidata do PP a “aclarar a súa orde de prioridades”.

Por outra parte, Chus Garrote, insta a Belén Villar facer público un informe económico viable donde conste a financiación e a viabilidade de dito proxecto. “Polo de agora Belén Villar ten un debuxo que pode enmarcar e colgar na súa casa. Ponteareas merece proxectos serios e viables para o seu futuro como os que está a realizar o goberno”, sentencia Chus Garrote.

Por outra banda, o PSdeG-PSOE de Ponteareas apunta que Belén Villar non é a única candidata do PP que está a vender “parques acuáticos” na provincia de Pontevedra, pois tamén o alcalde Popular de Meis anunciaba no mes de decembro un proxecto semellate. Neste senso, o Partido Socialista pídelle a Belén Villar que explique como Ponteareas “será pioneira na provincia de Pontevedra” cando outros candidatos do PP están a vender a mesma promesa.

A Deputación aproba tres achegas para A Guarda de preto de 140.000 euros

0

A Deputación de Pontevedra aprobou por resolución presidencial tres novas achegas para o concello da Guarda ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos. Concretamente a institución provincial pon a disposición da vila do Baixo Miño un total de 139.801,68 euros.

Máis polo miúdo, A Guarda recibirá 43.268,11 euros para a renovación de pavimentos en diversas rúas da vila; 48.396,88 euros para a iluminación ornamental do Centro Cultural, e 48.136,69 euros para o acondicionamento de beirarrúas para a mellora da accesibilidade na Rúa Galicia.

As Neves inicia o asfaltado, recuperación e mellora de pistas e camiños

0

O Concello das Neves, aproveitando a chegada do bo tempo, vén de iniciar un plan de asfaltado nos viais municipais de cara a rematalos nos vindeiros meses. Nestes momentos están en marcha traballos en Calvario (Rubiós) e Casal (Taboexa) amais o Concello sinalou que xa están adxudicadas as obras do acceso a Setados, no barrio de Lamela e de Gende en Rubiós.

Tal e como adiantou o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, están en proceso de contratación as obras máis importantes, “tendo en conta o tráfico das estradas, o servizo que prestan e o mal estado no que se atopan”, dende Guimeráns, en San Pedro, ata Santa Eulalia de Batalláns e a pista dende a Igrexa de San Pedro ate o Pousadouro en San Xosé de Ribarteme.

O rexedor local salientou o feito de que está a piques de rematar a fase de adxudicación do plan de retirada de raíces “en máis dunha dúcia de puntos”, en moitas das parroquias e o Goberno local tramitou xa a subvención do ‘Plan Camiños’ da Xunta de Galicia, para renovar o asfaltado nos barrios da Chan e Filgueira.

A Guarda exalta a lamprea do Miño cunha fins de semana gastronómicas

0

Entre o 23 de marzo e o 14 de abril, A Guarda ofrece unhas máis que atractivas fins de semana gastronómicas coa Lamprea do Miño de protagonista. O Concello da Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza estas xornadas gastronómicas nas que participarán 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22 €. A lamprea enteira terá un prezo de 65 €. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes. Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar.

Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río. Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.

A lamprea e os escolares
Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que leva organizando dous anos. Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada.

Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño. Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e, como non, as vivencias e anécdotas.

Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse na Praza de Abastos dende o sábado 13 de abril.

Exaltación da lamprea
A lamprea é un produto de temporada polo que estas xornadas organízanse para dar a coñecer a lamprea do Miño como un produto gastronómico de excelencia.

A temporada de pesca na desembocadura do Miño comeza en xaneiro e finaliza a mediados de abril e durante estes meses pódese observar a decenas de pescadores nas súas embarcacións como realizan este duro traballo largando a rede, coñecida como lampreeira, e izándoa mentres as correntes do río os desprazan.

Como peche a esta campaña está previsto a realización dun showcooking o sábado 13 de abril na Praza de Abastos. Esta actividade amosará como se elabora unha receita de lamprea.

Programación nas fines de semana
É moi interesante percorrer os sendeiros das praias da desembocadura do río Miño contemplando a paisaxe e os pescadores de lamprea traballando durante a subida da marea. Nestas praias aínda se conservan coa marea baixa restos de varias pesqueiras (construcións en pedra) que debido a súa antigüidade descoñecese si tamén empregaban para capturan as lampreas ademais de peixes. Doutra banda, como complemento idóneo, as xornadas contarán cunha ampla programación cultural e deportiva.

Sábado 30 de marzo
• Carreira de Orientación (precisa inscrición ata o 27 de marzo)
• Concerto do Coro Gli Pasionatti no Centro Cultural

Sábado 6 de abril
• Concerto e gravación do disco do grupo Na Revolta no Centro Cultural

Domingo 7 de abril
• Concerto de Corda xuvenil–infantil KV2211 no Centro Cultural
• Proba de Enduro precisa inscrición ata o 27 de marzo)

Sábado 13 de abril
• Showcooking: Cociñar a lamprea do Miño
• 21:00 h Serán das Festas de Buxán na Praza de Buxán

Domingo 14 de abril
• 11.00h Bendición de ramos e palmas na Praza de San Benito

Escolares de Nigrán visitan a ETAP no Día Mundial da Auga

0

Concello de Nigrán e Aqualia, empresa xestora do Servizo Municipal de Auga de Nigrán, celebraron onte o Día Mundial da Auga cunha excursión dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Da Cruz de Camos, á ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) de Nigrán, situada na parroquia de Priegue. Na visita, na que participou o alcalde, Juan González, a propia xefa de Servizo, Marián Lago, explicou aos nenos e nenas algunhas claves do funcionamento do servizo.

Lago, dunha maneira práctica, visual e ilustrativa, faloulles aos e ás escolares sobre importancia social e repercusión ambiental do sistema de abastecemento. Así, nenos e nenas puideron comprender de primeira man e paso a paso como chega a auga dende o embalse de Zamáns e o tratamento que recibe ata ser apta para o consumo. A ETAP de Nigrán pode depurar de xeito constante 200 litros/segundo.

“Dende o Concello de Nigrán estamos totalmente satisfeitos co traballo que desenvolve Aqualia no municipio, temos a máxima confianza nesta concesionaria e, precisamente, traballamos xuntos para que a rede de abastecemento chegue no menor espazo posible de tempo a tódalas áreas”, indica González, alcalde de Nigrán.

Baiona formaliza trece contratos ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

0

O Concello de Baiona, ‘Plan Concellos 2019’ vén de formalizar 13 novos contratos, a xornada completa (35 horas semanais), e cunha duración de 6 meses. Máis polo miúdo o Concello baionés contratou 1 condutor de camión, 4 operarios de limpeza viaria e recollida de lixo, 7 peóns de obra pública, e 1 técnico superior de turismo.

Os novos empregados e empregadas son persoas empadroadas no municipio de Baiona e que estaban inscritos nas listas do INEM como demandantes de emprego. Ademais, tivéronse en conta unha serie de requisitos á hora de facer a selección, de forma que tiveron preferencia as mulleres vítimas de violencia de xénero, os maiores de 45 anos e valoráronse tamén as cargas familiares dos solicitantes.

Cómpre salientar que despois de varios anos as mulleres volven a estar presentes no departamento de Vías e Obras, sen dúbida unha moi boa noticia xa que é un sector estereotipado no que a maioría dos traballadores son homes.
Ángel Rodal, alcalde de Baiona, considera unha “moi boa noticia” que 13 veciños e veciñas de Baiona “poidan beneficiarse deste tipo de contratos, xa que lles garante uns ingresos. Ademais, co seu traballo axudarán a manter e a mellorar diversos servizos municipais que son moi necesarios.”

Estas incorporacións xa se fixeron efectivas, quedando pendentes 8 contratacións máis dentro do mesmo ‘Plan Concellos’ que está previsto que se realicen nos próximos meses e que, sumadas ás anteriores, farán un total de 21 novos empregos.

¡Keith Flint!

El nombre de Keith Flint, no le sonará a mucha gente, pero si decimos “The Prodigy”, seguro que a muchos más les sonará ya que estamos hablando de una de las bandas electrónicas más importantes de los últimos años.

Fundada en 1990 en Essex, Inglaterra, han vendido más de 25 millone sde disocs, ganado diversos premios musicales y durante los años ’90 y comienzos del 2000 fueron una de las referencias musicales dentro de la música electrónica, incluso se puede considerar que son pioneros dentro del estiglo “Big Beat” (género de música basado en una técnica de creación musical que se compone en esencia de una secuencia de break de un base rítmica formada por golpes de batería en forma de compás que termina con un big beat de batería final, mucho más contundete que el resto de la secuencia.

Keith Flint fue primero bailarín y despuésta cantante de la banda, tuvo problemas con las drogas y adicción a ciertos medicamentos, estos procó que incluso no llegará a participar en algunas de las canciones de los últimos trabajos de la banda.

El pasado cuatro de marzo fue encontrado muerto en su casa, según se ha confirmado, fue un suicidido, al parecer, no logró superar la rotura con su esposa, la DJ japonesa Mayumi Kai, la mujer que lo había logrado salir de su adicción por la drogas.

Sin lugar a dudas, estamos ante uno de los grupos más importantes de la electrónica de los últimos años, y ante una pérdida muy importante para la formación, pero probablemente, siguen publicando trabajos, ya que come indicábamos, ya no estaba participando en todos los temas de las bandas, por lo que seguiremos disfrutando de la música de éste proyecto, aunque sus actuaciones en directo, con el particular en inconfundible estilo de Keith Flint, no serán iguales.

https://youtu.be/xem30f6bzkA

A Guarda oferta dous obradoiros sobre sexualidade

0

O Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda organiza no mes de abril dous obradoiros sobre sexualidade adicado especialmente a adultos e ao alumnado dos centros educativos da vila.

«Como lle falo diso?»
O Obradoiro «Como lle falo diso?» é un obradoiro pensado para público adulto que terá lugar o vindeiro mércores día 3 de abril na Casa dos Alonsos en horario de 16:30 h a 18:30 h para profesionais (docentes, educadores/as, traballadores/as sociais, etc.) e en horario de 19:00 h a 20:30 h para familias.

Neste obradoiro se pretende facilitar a toma de conciencia de familias e profesionais de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa, de que a educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos cos demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer ou o consentimento. Farase unha exposición dos contidos clara e amena, con material audiovisual, favorecendo a participación, a reflexión e a formulación de dúbidas por parte do público participante.

Contarase coa presenza de Martina González Veiga, Sexóloga, Psicóloga Xral. Sanitaria especializada en Intervención e Acompañamento Psicolóxico en Diversidade Sexual e de Xénero

«De bo rollo»
O Obradoiro «De bo rollo» é un obradoiro que vai dirixido ao alumnado dos centro educativos da Guarda cunha programación de horarios adaptada especialmente a cada centro.

Neste traballarase co alumnado nun aspecto xeral sobre sexualidade, diversidade e xestión saudable das relacións, tendo como eixes transversais o autocoñecemento, a xestión das emocións, o bo trato e a autoestima, traballando a comunicación asertiva a posta de límites e a negociación para garantir as relación desexadas libres de coacción e violencias.
Realizarase unha exposición dos contidos clara e amena, acompañada material audiovisual.

Estes obradoiros están organizados dende o Centro de Información á Muller da Guarda, co apoio da Unión Europea, o Goberno de España, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello da Guarda.

“La comida más rica que comí en mi vida” (Manuel, 10 años)

El día que mi sobrino Manuel comió este pastel de carne llegó a su casa y se lo contó emocionado a su madre: “¡Mamá, Paz hizo la comida más rica que comí en mi vida!” Puede que Manuel exagerase un poquito, y seguramente ha comido muchas cosas tan ricas como esta (o no…) pero es cierto que este pastel triunfa entre los niños, y sino que se lo pregunten también a Martín, amigo de mi hijo, que un día le dijo a su madre que me llamase para pedirme la receta de “ese pastel de carne tan riquísimo que lleva Álvaro al colegio”.

Así que, no quiero privaros de “la comida más rica del mundo” y, para quienes aún no tenéis la receta, ahí va:

INGREDIENTES (como decimos siempre, si hay una persona celíaca, debemos asegurarnos de que todos sean aptos para celíacos)
• Carne picada (750 g ternera y 250 g cerdo)
• 2–3 Zanahorias
• 1 calabacín pequeño
• 1 cebolla
• 1–2 dientes de ajo
• Coñac
• Salsa de tomate
• Queso en lonchas (opcional)
• Queso para gratinar
• Puré de patata (lo confieso, utilizo el de bolsa)

Trituramos las verduras (el calabacín y las zanahorias trituradlos bien, para que no se noten, porque a muchos niños no les gusta encontrar los trozos) y hacemos un sofrito con ellas.

Añadimos la carne salpimentada, dejamos que se haga un poco y añadimos un chorro de coñac. Dejamos que se evapore y que se vaya guisando la carne con las verduras. Cuando está hecha añadimos la salsa de tomate (unas 4 cucharadas) y cocinamos unos minutos más para que todo coja sabor.

Hacemos el puré de patata (de bolsa o natural –mucho mejor este, claro–).

En una fuente que pueda ir al horno ponemos extendemos la carne, sobre ella podemos colocar unas lonchas de queso, y sobre esto el puré bien extendido.

Podemos añadir queso rallado (rallamos unas lonchas o utilizamos mozarela) y ponemos a gratinar hasta que esté dorado el puré o el queso rallado… ¡Y ya está!

Como veis es muy fácil de hacer; las cantidades de las verduras las adaptáis un poco a vuestro gusto. Además, se puede congelar la carne y tenerla preparada para el día que se necesite; se descongela, se hace el puré y listo.

Espero que disfrutéis de esta receta y que vuestros peques os hagan sentir “Una cocinera o cocinero mundial”, como diría Manuel, a quien, por supuesto, va dedicada esta receta.

Sandra González preséntase oficialmente como candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG este sábado

0

Este sábado 23 de marzo Sandra González presentará en acto público no Auditorio de Goián, ás 20:30 horas, a súa concorrencia como candidata á alcaldía de Tomiño para as vindeiras eleccións locais de maio. Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde de Pontevedra e candidato á alcaldía da cidade, arrouparán á candidata neste acto público.

Este acto supón o arranque da precampaña e seguiranlle, sinalan dende a organización nacionalista, reunións coas veciñas e veciños, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de presentar o proxecto e recoller as inquedanzas e preocupacións da poboación.

O BNG salienta que o proxecto de futuro para Tomiño que lidera Sandra González “vén de acadar nos últimos 10 anos grandes cambios e melloras dos que moitas veciñas e veciños de Tomiño fanse eco”. Tamén fóra de Tomiño é ben coñecido o desenvolvemento acadado “gracias á xestión do goberno que Sandra González liderou nos últimos anos”, aseguran os nacionalistas que engaden a necesidade de “consolidar este proxecto de futuro” que na actualidade conta con moitas iniciativas xa en curso e, poñe como exemplo, a Avenida de Tomiño, a peonalización das rúas da contorna do Seixo, a remodelación da praza de Goián e o plan integral de melloras no núcleo de Goián, entre outros moitos.

“A ilusión que infunde o que está por vir é a arma coa que Sandra González se enfronta ás eleccións deste ano, nas que espera renovar a confianza de veciños e veciñas de Tomiño para, todos e todas xuntos, seguir traballando por un Tomiño do que sentirse orgullosos e orgullosas”, conclúe o BNG.

Salceda convértese, esta fin de semana, na induscutible capital galega da camelia

Salceda de Caselas será esta fin de semana, un ano máis, a capital induscutible da camelia de Galicia coa celebración, os días 23 e 24 de marzo, da XI Xornada da Camelia que foi presentada, na mañá de hoxe, na Casa da Cultura Castelao. 75 expositores e expositoras chegados de todos os puntos de Galicia, Portugal e Asturias, amosarán para goce dos visitantes máis de 500 variedades desta flor nunha exposición que se estenderá ao longo de máis de 160 metros cadrados.

A concelleira de Turismo, Loli Castiñeira, foi a encargada de abrir o encontro cos medios de comunicación acompañada polo alcalde, Marcos Besada; Manuel Nieto, responsable de Ekohuerta que organizará a Feira Agrosostible da xornada do domingo; Dori Silva, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais e Rosa Estévez, representando a bolsa de voluntariado de Salceda.

Loli Castiñeira, na súa intervención, tiña palabras de recoñecemento para a concelleira de Cultura, Tere Pérez, de quen dependían as primeiras edición desta xornada ao sinalar que, as Xornadas da Camelia pasaron á Concellería de Turismo “non tivemos máis que contiuar o camiño ben feito iniciaro por Tere para converter a xornada da Camelia en algo realmente Turístico”. Nese sentido, Castiñeira puntualizaba que Salceda conta “con moitos alicientes turísticos e dende hai anos podemos dicir que a Camelia é outro deles”.

Logo de lembrar a importancia das xornadas do pasado ano, en que celebraban o seu décimo aniversario “coa colaboración incluída da embaixada do Xapón”, Loli Castiñeira asegurou que nesta edición do 2019 “non baixamos para nada o nivel” e ao aliciente que supón a participación de 75 expositores e expositoras que se darán cita nunha mostra de máis de 160 metros cadrados, a Xornada da Camelia terá “atractivos engadidos” como é a participación da Estación Fitopatolóxica do Areeiro que, adiantou a concelleira de Turismo, “amosaranos diveros usos da camelia, como pode ser a través do té, da madeira ou mesmo o aceite”, tamén salientou Loli Castiñeira a colaboración especial, “por primeiro ano, de AFAGA, cunha exposición de manualidades coa camelia como protagonista e a participación dos nosos colexios, dos nenos e nenas do CEP Altamira que, un ano máis queren gozar da camelia”.

Remataba a concelleira de Turismo salientando a colaboración das asociacións de mulleres do rural, asociacións de xubilados e pensionistas de Salceda “fundamental na organización e desenvolvemento dunha mostra que se ten convertido xa na de maior dimensión de toda Galicia”.

Antonio Rivero, presidente da Asociación de Xubilados/as e Pensionistas e coorganizador da mostra –podería dicirse que alma mater da mesma– mencionou as máis de 500 variedades de flor que se poderán ver esta fin de semana, destacando ademais os produtos derivados da camelia que se poderán tamén coñecer na mostra, tales como marmelada, te, madeira ou aceite, que estarán presentes grazas á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, “que realiza unha labor fundamental no estudio e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor”, asegurou.

O domingo celebrarase ademais unha nova edición da feira de agricultura ecolóxica e mercado sostible, da man de Ekohuerta, con produtos reciclados e de segunda man, cosmética natural, oficios tradicionais, etc. En palabras de Manuel Nieto, responsable de Ekohuerta, a feira contará con 50 participantes chegados dende toda a xeografía galega, destacando a presenza de artesanía e repostería provinte de Marrocos.

A fin de semana complétase con diversos actos de programación cultural complementaria, como o concerto, sempre atractivo, das Donicelas o sábado ás 16:30 h ou o das Maimiña o domingo ás 17:00 horas, os dous no Auditorio Municipal.

Pechaba a quenda de intervencións o alcalde de Salceda, Marcos Besada, que lembraba “as máis de 2.000 persoas que visitaron a mostra na pasada edición”, e que este ano aspiran a superar. Besada quixo ter un especial agradecemento “ao traballo de tódalas persoas e colectivos que fan posible a mostra: asociacións, voluntariado, colexios, etc.” e aproveitou o rexedor local para convidar a visitar Salceda durante esta fin de semana “non só ás persoas amantes da camelia, senón tamén ás que se acheguen a desfrutar da ampla programación preparada para toda a fin de semana”.

A Guarda incrementa os efectivos da Policía Local

0

A Guarda ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 Policías Locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal existente. Do mesmo, segun anunciou o Concello, teñense solicitado e aprobado na AGASP (Academia Galega da Seguridade Pública) 6 auxiliares de Policía Local que se incorporarán ao longo do ano como reforzo, coincidindo en activo a totalidade dos mesmos durante os meses de xullo e agosto.

Dende primeiros do mes de marzo xa se incorporaron os dous primeiros auxiliares e esta mesma semana se incorporan dous mais, que prestarán servizo nos vindeiros 6 meses. Na actualidade a Policía Local da Guarda conta cun cadro de persoal de 5 axentes fixos, que se verá incrementado ata 9, cun reforzo de 6 auxiliares.

O BNG esixirá no Parlamento que se manteña aberta a escola de San Mateo

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, mantivo un encontro coa comunidade escolar de San Mateo de Oliveira para trasladarlles a proposta que os nacionalistas defenderon hoxe xoves no Parlamento para manter aberta a aula no vindeiro curso 2019/2020 e que sexan aceptadas as solicitudes de escolarización das familias.

O Deputado, acompañado do alcalde Xosé Represas e a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, indicou que “existen múltiples razóns para apostar pola escolarización no rural, e neste caso hai demanda para manter a escola aberta, xa que cando menos as familias de oito nenas e nenos solicitan a escolarización nesta aula para o vindeiro curso”.

“Ante a súa incomprensión, dámoslle unha nova oportunidade ao PP para que se posicione e diga se está a favor ou non das escolas rurais e da reapertura desta aula”, indicou Luís Bará, que sinalou que con esta iniciativa “saberemos se o Partido Popular di o mesmo en Ponteareas que na Xunta de Galiza ou se di unha cousa aquí para quedar ben e o contrario cando hai que tomar decisións na Xunta e no Parlamento Galego”

Así mesmo, Bará trasladou os parabéns do BNG aos pais e nais, “por estar levando a cabo unha loita exemplar en defensa da escolarización das nenas e nenos na súa propia parroquia, na escola de sempre, nun entorno ideal de calidade e proximidade para a educación e formación dos nenos e nenas”.

A Deputación aproba dous novos investimentos para Tui de preto de 165.000 euros

0

A Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, dous novos investimentos por un valor de 164.707,44 euros para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 94.759,04 euros para a reforma da rede de saneamento e melloras na drenaxe e ventilación da cámara na planta baixa dun edificio de vivendas en Caldelas, e outros 69.948,40 euros para financiar o acondicionamento do parque de Areas.

Máis polo miúdo, no edificio de vivendas de Caldelas proponse a execución dunha nova rede de saneamento comunitaria, tanto horizontal como vertical; a instalación dunha nova rede de pluviais; e a mellora de drenaxe e ventilación do espazo baixo forxado. Estas obras son precisas para emendar os danos producidos no edificio, relativos a humidades, atascos no sistema de saneamento e outras patoloxías.

Por outra banda tamén se van a realizar actuacións de mellora para a adecuación e acondicionamento do parque de Areas. Máis polo miúdo, o que se pretende é crear un lugar de sombra e estancia, mediante a disposición dunha gran xardineira delimitada por un banco corrido de pedra ao longo do muro de peche da parcela, con distintas orientacións, creando un espazo irregular.

Diego Giráldez presenta o venres ‘Hotel para coleccionistas discretos’ no Círculo do Porriño

O venres 22 de marzo, ás 20:30 h, o escritor porriñés Diego Giráldez presentará a súa novela ‘Hotel para coleccionistas discretos’ no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. No evento, aberto ao público, participarán xunto ao autor a presidenta do Círculo, María José Giráldez; a escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Giráldez contará tamén coa participación do pianista Alejo Amoedo, que adaptou a piano para a ocasión un tema do músico arxentino Astor Piazzola, que aparece mencionado na novela.

Diego Giraldez salientou que “presentar no Porriño e compartir o lanzamento do libro con xente á que aprezas dá unha sensación poderosa de satisfacción” e agardaba atoparse, mañá venres, “con toda esa xente que sempre me demostrou respecto e agarimo. Presentar no Porriño trae sorte”, comenta.

‘Hotel para coleccionistas discretos’ é unha novela curta con múltiples lecturas e chea de personaxes na que, a través da vida da empresaria Amalia Valverde, se destripa, retorcendo a realidade, a forma de actuar dun grupo de poder bastante particular. A novela xa se pode atopar nas librerías do Porriño e de toda Galicia.

Belen Villar anuncia a construción dunha zona lúdica “pioneira na provincia”

A portavoz e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, anunciou esta mañá un dos proxectos máis importantes que levará no seu programa electoral: a construción dunha zona lúdica con piscinas pioneira na provincia de Pontevedra. Villar asegurou que “Ponteareas está triste e nós queremos devolverlle a ilusión. Con esta e outras iniciativas, os ponteareáns van sentirse moi orgullosos de vivir neste municipio”.

“Desde o Partido Popular cremos que xa é o momento de empezar a dar a coñecer algúns dos nosos proxectos para Ponteareas” afirmou a candidata popular quen asegurou que “se gobernamos, queremos facelo para todos, sen distincións, e no noso programa levamos proxectos moi ambiciosos, moitos deles extraídos dunha enquisa que realizamos entre os cidadáns, que converterán ao noso municipio nun referente na provincia en distintos ámbitos”, afirma Villar.

A proposta presentada, esta mañá, é unha zona lúdica con dúas piscinas. Estarán diferenciadas por grupos de idade: unha piscina familiar con elementos acuáticos para nenos e adolescentes, que ademais é inclusiva. Contará con cataratas, chorros, tobogáns e unha zona de splashpad, entre outros elementos. Poderá ser utilizada por nenos, novos e maiores e será de baixa profundidade. A segunda piscina está pensada como zona de relax e nela haberá hamacas.

Por outra banda, está prevista a construción dun parking de 5.000 metros cadrados. Tamén haberá unha zona de vestiarios e oficinas, que ocupará 240 metros cadrados.

En canto á localización, Belén Villar explicou que “valoramos varios sitios posibles, próximos ao centro urbano, pero imos someter a votación cidadá nas redes sociais”.

A candidata do PP asegurou que “é un proxecto co que Ponteareas pode empezar a recuperar a ilusión, co que os cidadáns van estar moi satisfeitos porque seremos pioneiros na provincia de Pontevedra e co que atraeremos a visitantes doutras partes de Galicia, pero tamén de Portugal”.

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, escenario dunha charla sobre igualdade

0

A psicoterapeuta e psicóloga vasca, Ianire Estébanez, compartirá a mañá deste xoves 21 de marzo co alumnado de varios cursos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. Estébanez está especializada en prevención de violencia na adolescencia, agresións sexuais, relacións e uso das redes sociais pola xente nova.

Na súa charla, Ianire Estébanez presentará aos estudantes os relatorios os relatorios ‘Conectamos ben?’, sobre o ciberacoso nas redes sociais, a súa prevención e a resposta colectiva de apoio, e ‘Enredámonos?’, sobre as redes sociais, as problemáticas que se poden xerar nas relacións de parella, o cibercontrol, a prevención de relacións tóxicas e o empoderamiento.

Esta actividade, e outras ogranizadas pola Oficina Municipal de Igualdade, o pasado mes de outubro, tiveron que suspenderse por razóns de saúde da psicóloga, que volta agora a Tomiño para impartir esta charla cos estudantes de secundaria.

Nigrán reformará as casa dos mestres como local para a terceira idade

0

O Concello de Nigrán vén de encargar un proxecto de reforma para as antigas casas dos mestres, situadas ao carón da Casa Consistorial, para reconvertelas nun local a disposición da terceira idade. A decisión foi tomada polo Goberno local despois de que un grupo de mulleres do municipio presentase 1.600 firmas demandando máis servizos destinados aos maiores.

“Inicialmente estaba proxectado un arquivo para o Val Miñor pero coa construción da nova biblioteca xa se pode garantir ese espazo, polo que é prioritario atender á demanda destas veciñas creando un local para os maiores onde se poidan reunir e socializar; elas pedían que fose un sitio céntrico e este cumpre perfectamente”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González.

Baixo este propósito, o arquitecto nigranés Severo Fernández traballa xa nunha reforma que responda as súas necesidades e que abranga tamén ao perímetro das casas. “É o momento de que se humanice a contorna dándolle prioridade ao peón e creando un espazo máis amigable, estamos ao carón dun centro educativo e da casa consistorial, polo que ten que ser un punto neurálxico no que a veciñanza se senta a gusto e segura”, incide o rexedor.

Por outra banda, dende o Concello pídese unha vez máis celeridade a Tesorería General de la Seguridad Social para que aprobe a cesión do antigo centro de saúde de Panxón co obxectivo de adaptalo a un centro municipal para maiores. “Os nosos servizos xurídicos están en contacto coa Tesorería e é un obxectivo prioritario para o goberno local, pero mentras non se realice a cesión non podemos facer nada porque non é titularidade do Concello”, insiste González.

A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadá

0

Nesta xuntanza, estivo tamén presente o máximo responsable da Garda Civil na provincia, o tenente coronel, Manuel Touceda e o capitán da compañía da zona Sur da provincia. No encontro e ante os datos dos últimos roubos decidiuse ampliar o operativo de seguridade na vila no que participará a Garda Civil e a propia Policía Local dentro das súas posibilidades.

A subdelegada considerou que en materia de seguridade cidadán sempre existen “picos” de incrementos, pero a realidade é que A Guarda é unha localidade segura xa que o ano pasado os corpos e forzas de seguridade do Estado acadaron un descenso do 20 por cento nas infraccións penais.

A realidade é que nos últimos días producíronse uns roubos que teñen intranquila á poboación polo que vaise a intensificar a vixiancia. Maica Larriba tamén aproveitou para solicitar a colaboración cidadán para que alerten ante a posibilidade de sospeitosos e que tamén denuncien sen medo.

A Deputación financia catro novos investimentos para Gondomar

0

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para o concello de Gondomar ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 169.783,73 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 30.375,30 euros ao acondicionamento do camiño Barrio Cristillón (Mañufe); 41.428,69 euros para financiar o proxecto de acondicionamento do camiño barrio Brandulfe (Vincios); outros 48.351,89 euros para as obras de pavimentación do camiño público dende estrada Levadas a Cruz (Mañufe); e , por último, 49.627,85 euros para financiar o proxecto de acondicionamento da pista deportiva exterior na Avenida do Campo da Feira.

Entrega distintivos Sicted en Baiona

0

O alcalde de Baiona e responsable de Turismo, Ángel Rodal, fixo entrega no Salón de Plenos do Concello de Baiona dos distintivos de calidade ás 29 empresas e servizos que superaron o comité de decembro pasado. Rodal agradeceu aos establecementos turísticos, o seu compromiso coa calidade e a súa continuidade nun proxecto que se perpetúa no tempo.

O rexedor local manifestou que sendo Baiona o primeiro municipio en acadar a «Excelencia Turística Galega», sentíase orgulloso de que Baiona fora “un dos poucos destinos galegos que xestionen este importante selo de calidade”.

Na actualidade hai 42 empresas de Baiona –representativas de 14 sectores– adheridas ao Sicted, das que 40 están distinguidas e dúas en fase de implantación.

Baiona viuse recompensada en dúas ocasións, recibindo o terceiro premio como ‘Mellor Destino Sicted’ –entre máis de 200 destinos participantes de toda España– nos anos 2014 e 2016

As empresas e servizos tanto distinguidos coma en fase de implantación de Baiona son a estación de Servizo Monte Real; Hotel Anunciada; Monte Real Club de Iates; Oficina de Turismo de , Baiona; Óptica Baiona; Parador de Turismo ‘Conde de Gondomar’; Policía Local de Baiona, Hotel Tres Carabelas, Casa Rural San Lourenzo,  Apartamentos Ababides, Casa do Marqués, Estelas, Hotel Arce, Hotel Rompeolas, Jamonería Jaqueyvi, Joyería Tula, La Crep, La Pedalería, Le Sept, Luna Baiona, Mirador Ría de Bayona, Peluquería Belmer, Recuncho Mariñeiro, Restaurante Pedro Madruga, Praia Ladeira, Praia Ribeira, Praia Barbeira, Praia de Sta. Marta, Praia de Frades, Praia Concheira, Bibendum, Mesón Fonte de Zeta, Mesón Xamonaría Fidalgo, Viajes Val Miñor, Benestar Baiona, Restaurante el Túnel, Queimada Gastrobar, La Llave, Casa de la Navegación, Momo Baiona Gastrobar, D´Sastre (fase implantación); Bayona Playa (fase implantación)

A Deputación leva a Valencia ‘Galaicos: un pobo entre dous mundos’

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá a chegada a Valencia da exposición «Galaicos: un pobo entre dous mundos» que poderá visitarse no Museo da Prehistoria entre o 27 de marzo e o 1 de setembro. A mostra da institución pontevedresa prosegue, deste xeito, o seu percorrido polo territorio estatal tras pasar polo Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, onde foi visitada por 18.000 persoas.

«Galaicos: un pobo entre dous mundos» pretende amosar o nexo de unión e de confluencia cultural entre dous mundos: o Atlantico e o Mediterráneo. Deste xeito, tal e como informou a presidenta provincial, “a mostra, de marcado carácter didáctico e explicativo, combina obxectos orixinais, réplicas, imaxes, ilustracións, textos e recursos audiovisuais que permitirán dar a coñecer o rico patrimonio arqueolóxico e cultural da nosa comunidade”.

Como principal novidade, con respecto ás pezas xa amosadas en Madrid, ata Valencia viaxarán catro pezas novas que dan boa mostra da “nosa cultura milenaria”, segundo detallou Silva. Así, exhibirase unha hacha de talón e punta de jabalina, de bronce e pertencente ao xacemento da Cabeciña de Oia para explicar a transición do Bronce Final á Idade de Ferro; a Arracada de Vilar de Santos, que pretende amosar as influencias do mundo mediterráneo en Galicia; a Tabula Lougeiorum, de comezos do século I, que introduce a chegada de Roma e simboliza os pactos de hospitalidade entre galaicos e romanos; e a ánfora de San Mariño de Bueu.

A presidenta da Deputación tamén informou doutra novidade da exposición «Galaicos: un pobo entre dous mundos», que contará en Valencia con materiais de divulgación en italiano, debido ao numeroso público de Italia que visita a comunidade interesado pola civilización fenicia. “Interésanos que as italianas e italianos poidan coñecer esta exposición como unha vía para atraelas e atraelos ás Rías Baixas”, indicou a presidenta. Silva aproveitou a ocasión do anuncio da apertura da mostra «Galaicos: un pobo entre dous mundos» en Valencia, para agradecer a colaboración do Museo da Preshistoria e do presidente da Deputación valenciana “que se están implicando dun xeito moi especial con nós para a materialización da mostra”.

«Galaicos: un pobo entre dous mundos» xurdiu como resultado do programa integral que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra para poñer en valor os xacementos galaico-romanos da provincia mediante unha estratexia de promoción turística. Así, a través deste proxecto preténdese comprender a dinámica socioeconómica da provincia de Pontevedra na antigüidade, ampliar a oferta turística cultural que tamén é un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo, e recuperar os espazos patrimoniais.

Salvaterra de Miño celebra o Día da Árbore

Un ano máis, con motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Salvaterra de Miño, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio de cara a concienciar, aos nenos e nenas, na necesidade de coidar e protexer o medio natural.

A celebración deste día sirve como recordatorio da importancia de protexer as superficies arboradas, así o Concello lémbralles aos alumnos e alumnas que “as árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións, evitan a erosión…”

Este día internacional naceu como unha recomendación do Congreso Forestal Mundial aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) no 1971, e o día elixido para a celebración no noso país foi o 21 de marzo, co fin de poñer en valor e recordar a gran importancia de protexer un ben tan preciado e tan necesario para a nosa subsistencia, tomando conciencia do papel que teñen os recursos forestais e o coidado que se lle debe brindar ás árbores, iso lévanos a necesidade de introducir aos nenos e nenas o antes posible, no coñecemento e a práctica dunha tarefa a longo prazo como é o aprendizaxe no coidado e conservación da natureza.

Sabedores da gran importancia que teñen estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño plantará diversas árbores nos seus Centros Educativos para conmemorar o Día Internacional da Árbore facendo partícipes aos máis cativos. Así plantaranse diversas froiteiras e carballos no CEIP Infante Felipe de Borbón, no CEP Carlos Casares de Alxén e no CEIP de Leirado, os nenos e nenas do CRA A Lagoa farán a plantación no Parque Público A Canuda, “ese Xardín sobre o Miño que é o pulmón verde da comarca” sinala a Concellería de Medio Ambiente. Ademais nenos e nenas poderán gozar do  espectáculo infantil ‘Planta e replanta’, buscando a concienciación dos máis cativos no coidado e respecto hacia o medio ambiente. O día 21 realizara a actividade o CEP Carlos Carares, o 22 no CEIP de Leirado e en abril o CRA A Lagoa e o CEIP Infante Felipe

Desta maneira o Concello de Salvaterra quere poñer en valor “a gran importancia da natureza e do medio ambiente realzando a gran labor que realizan as árbores, a través dos nenos e nenas do municipio. Temos que recordar que  Salvaterra é un dos Concellos que ten  mais metros cadrados  de zonas verdes ten  por habitante, paseos polos seus ríos, ademais de ter máis de 1.000 árbores plantadas na Vila”.

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

0

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira nacional do BNG, Ana Póntón; Maria Xosé García, Cecilia Pérez, Jessica García, e Xoán Carlos González.

A lista que presentao o BNG á cita electoral de maio está formada, segundo sinala o candidato á alcaldía, Xoán Carlos González, por “un grupo de mulleres e homes, que centrarán todos os seus esforzos en mellorar as condicións de vida dos e das redondeláns”.

Destaca González, que 13 mulleres, forman parte do total de 24, que contando suplentes, conforman a lista. Afirma que o primeiro treito, constitúeo un grupo que xa levan traballando en labores de apoio ao grupo municipal dende hai varios meses. Destaca o papel desenvolvido por Jessica Garcia, Anxo Lusquiños e Pilar Sotelino, números 2,3,5 respectivamente.

Como independentes figuran na candidatura a veciña de Chapela Gabriela Álvarez no posto 4, Teresa Muíños no 6, Maria Xesús Couñago no 10, dinamizadora cultural. Xoán Carlos González destacou que moitos dos integrantes “veñen participando de diversas asociacións, e entidades culturais, e mesmo do sindicalismo nacionalista, como nos caso de David Couñago, Ana Santomé e Maria Xosé García”. Doutra banda, o grupo de ‘xente moza’ o forman Jessica García, Brais Ferreiro e Iria Custodio.

Roberto Cabaleiro de Trasmañó, Lucía Martínez e Ramón Iglesias de Redondela, Elena Álvarez e Daniel López do Viso, e Roi Grande xunto a Manuel Campos de Chapela, constitúen o grupo de militantes do BNG, que forman parte da Candidatura. Finalmente as exconcelleiras Rosa Costas, Mari Ánxeles Babarro, e a histórica militante, tamén candidata ao Senado Cecilia Pérez, completarían a lista do BNG de Redondela.

“Presentámonos ante a veciñanza, como a verdadeira oposición a Javier Bas. Unha oposición que defende os intereses dos e das redondeláns por riba de todo. Que considera que Redondela, está ferida por mor das políticas lesivas do goberno do PP que, –lembra o candidato nacionalista– goberna en minoría”.

Xoán Carlos Gonzalez asegurou sentirse “enormemente satisfeito” na conformación da candidatura, “polo respaldo e apoio que nos prestaron moitas persoas coa súa presenza”. “Presentámonos para abandeirar un goberno alternativo a Javier Bas e ao PP”, afirma Xoán Carlos González. “O rigor, compromiso, responsabilidade e lealdade aos veciños e veciñas, caracterizan aos intergrantes da lista do BNG”, afirma.

O venres remata o prazo para solicitar un dos 43 postos de traballo que oferta ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro venres, 22 de marzo, remata o prazo para presentar na oficiña de emprego a documentación de acceso aos 43 postos de traballo que se ofertan dentro do ‘Plan Concellos’ no que, concello e Deputación de Pontevedra, destinan máis de 600.000 euros á contratación de persoas desempregadas.

Os e as interesads deberán trasladar á oficina de emprego local o códido CNA do posto de traballo ao que queren optar. Os contratos serán a xornada completa e cunha duración de entre 7,5 e 10 meses segundo as necesidades dos servizos e os salarios que recibirán os contratados serán iguais aos dos traballadores do Concello.

A través dun proceso de transparencia e igualdade de oportunidades, o INEM realizará unha preselección que facilitará ao concello para que o tribunal formado por empregados públicos realice a entrevista e proba práctica, se procede, ás persoas previamente seleccionadas polo INEM. Na vindeira semana o concello fará pública a data da entrevista e proba práctica. Toda a información relativa ao proceso de contratación está dispoñíbel na web do Concello na pestaña “oferta de emprego público” ou nesta ligazón, e fisicamente no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Con estas contratacións reforzaranse numerosos servizos como medioambiente e rozados, oficina técnica, vías e obras, administración, educación infantil, limpeza, turismo, residencia de maiores, escola infantil e servizos sociais. Na selección terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, persoas  maiores de 45 anos, persoas con familiar monoparental con fillos a cargo, persoas con niveis de renda máis baixa e persoas con cargas familiares.

Este é o cuarto exercicio do Plan Concellos que, desde o 2016, permitíu contratar en Ponteareas a 150 persoas desempregadas, destinando para ese fin case 1,5 millóns de euros. O pasado ano por vez primeira o concello puido aportar 100.000 euros e neste ano 2019 a súa achega alcanza os 330.000 euros grazas ao saneamento da economía municipal, o que permite acadar a axuda máxima da Deputación e o máximo de contratos posibeis.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas salientou que “nunca antes se realizara en Ponteareas un plan de emprego destas características que permite a contratación de persoas con especiais dificultades para o acceso a un emprego. Ao millón e medio de euros destinados a crear emprego con este plan hai que engadir o investimento feito nos obradoiros de emprego de carácter formativo ou nas axudas municipais directas á contratación de persoal no sector privado”.

Información sobre os códigos (C. N. O.) dos postos de traballo que o Concello solicitará á Oficina de Emprego nos vindeiros días para iniciar a selección de contratación:

Redondela comezará os traballos de ‘trampeo’ contra a Velutina

0

O Concello de Redondela iniciará esta semana os traballos de colocación de trampas e implementará a segunda fase na loita contra a invasión da vespa Velutina, tamén coñecida como asiática. As medidas de seguridade centraránse en zonas públicas, onde hai maior confluencia de persoas como prazas públicas, colexios, parques infantís e praias. A primeira fase dos traballos desenvolveuse entre os meses de maio e decembro, nos que se levou a cabo a retirada de nidos de velutina en todas as parroquias.

Segundo o Concello, os traballos foron atendidos “por orde de prioridade”, sacando en maio os nidos de velutina máis próximos ás vivendas, ao lados dos colexios e parques infantís. Por último, e xa ben entrados nos meses de outono e inverno, os traballos continuaron as zonas de fincas, montes e regatos lonxe de vivendas.

En total, en 2018 retiráronse máis de 300 niños de velutinas, unha cifra á alza posto que desde que se contabiliza esta acción, en 2015, a cantidade non deixou de medrar. Nese ano tan só se retiraron 35 niños, pero xa en 2016 a cifra foi incrementando até os 100 e no 2017 a cifra foi de 200 niños.

Neste senso, o alcalde de Redondela, Javier Bas, quixo destacar a importancia das “medidas de control” que leva a cabo o Concello cada ano, recordando tamén que “o medioambiente é unha tarefa de todos”. O goberno local fixo un chamamento “á colaboración de todos os veciños” para que se poñan en marcha medidas de prevención contra esta especie invasora, especialmente se contan con prantas ou árbores de orixen asiático no seus xardíns, tipo camelia ou palmeiras.

Cabe recordar que en cada niño de velutina poden convivir entre unhas 3.000 e 5.000 vespas da que sairán, aproximadamente, unhas 200 avispas raíñas, que serán as que colonicen novos niños na seguinte tempada.

Pola súa banda, o edil de medioambiente, Miguel Ángel Álvarez, destacou que algúns dos niños que aínda son visibles a día de hoxe “non se retiraron por considerarse inactivos” e que os expertos indican que “o recomendable nestes casos é esperar a que caian” xa que no caso de manipularse, poderíase ocasionar o efecto contrario.

O telón do Teatro Principal de Tui, exposto durante as festas de San Telmo

0

O telón do Teatro Principal será exposto, no mes de abril, durante as festas de San Telmo logo de realizar unha limpeza e análise do mesmo. A pasada semana levouse a cabo o exame organoléptico para avaliar o estado de conservación da cortina de boca do Teatro Principal. Segundo a especialista en conservación, a peza a pesar do seu manifesto deterioro, presentaba a nivel de soporte a suficiente resistencia para ser exhibido.

O telón foi pintado polo artista tudense Benigno Lorenzo con motivo da celebración dos Xogos Florais de Galicia de 1891. Nel represéntase un pórtico aberto cara un xardín e unha paisaxe arborada no horizonte enmarcados por unha espléndida cortinaxe vermella e elementos arquitectónicos. Simbolicamente, aparecen representados unha palmeira coroada por unha lira, en alusión ao renacemento literario de Galicia. A criterio do catedrático de Historia da Arte Jesús Ángel Sánchez García, trátase do mellor exemplo de pintura escenográfica que actualmente se conserva en Galicia. A peza, orixinalmente completábase na parte superior cunha gardamalleta orixinal de 1844 onde aparecía representado o escudo municipal, que perdeuse tralo colapso da teitume do inmoble.

O soporte está realizado en tecido de algodón, conformando un total de seis faixas verticais cosidas entre si. Sobre o mesmo presenta unha capa de preparación vermella composta a base de cola natural con carga terrosa sobre a que finalmente aplicouse a cor.

A peza foi depositada pola Fundación Teatro Principal en dependencias da Área Panorámica en 2006, onde permaneceu embalada ata a semana pasada. Xa naquela altura presentaba notables danos. A nivel estrutural presenta faltas e rasgaduras na parte inferior do soporte e a nivel pictórico perdeu parte da policromía e especialmente o brillo. Este deterioro foi debido a un incorrecto sistema de almacenamento e a unhas condicións de humidade e temperatura absolutamente adversas producidas antes do seu depósito na Área Panorámica.

No próximo mes, será sometido a unha limpeza superficial para a eliminación de residuos e fungos e posteriormente levarase a cabo a fixación da policromía. Unha vez concluídos estes traballos será exposto durante as festas de San Telmo nunha sala que mantén unhas condicións climáticas estables e que presenta a característica de que se atopa a dobre altura. Deste xeito o espectador poderá observar a peza dun modo semellante a como se estivese na platea ou nos palcos do teatro. A exhibición dará a coñecer este elemento singular do patrimonio tudense e de Galicia, oculto durante case 50 anos e ao mesmo tempo permitirá a súa necesaria ventilación e estiramento. Non obstante, nun futuro inmediato será necesaria unha intervención para a súa completa restauración.

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

0

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira nacional do BNG, Ana Póntón; Maria Xosé García, Cecilia Pérez, Jessica García, e Xoán Carlos González.

A lista que presentao o BNG á cita electoral de maio está formada, segundo sinala o candidato á alcaldía, Xoán Carlos González, por “un grupo de mulleres e homes, que centrarán todos os seus esforzos en mellorar as condicións de vida dos e das redondeláns”.

Destaca González, que 13 mulleres, forman parte do total de 24, que contando suplentes, conforman a lista. Afirma que o primeiro treito, constitúeo un grupo que xa levan traballando en labores de apoio ao grupo municipal dende hai varios meses. Destaca o papel desenvolvido por Jessica Garcia, Anxo Lusquiños e Pilar Sotelino, números 2,3,5 respectivamente.

Como independentes figuran na candidatura a veciña de Chapela Gabriela Álvarez no posto 4, Teresa Muíños no 6, Maria Xesús Couñago no 10, dinamizadora cultural. Xoán Carlos González destacou que moitos dos integrantes “veñen participando de diversas asociacións, e entidades culturais, e mesmo do sindicalismo nacionalista, como nos caso de David Couñago, Ana Santomé e Maria Xosé García”. Doutra banda, o grupo de ‘xente moza’ o forman Jessica García, Brais Ferreiro e Iria Custodio.

Roberto Cabaleiro de Trasmañó, Lucía Martínez e Ramón Iglesias de Redondela, Elena Álvarez e Daniel López do Viso, e Roi Grande xunto a Manuel Campos de Chapela, constitúen o grupo de militantes do BNG, que forman parte da Candidatura. Finalmente as exconcelleiras Rosa Costas, Mari Ánxeles Babarro, e a histórica militante, tamén candidata ao Senado Cecilia Pérez, completarían a lista do BNG de Redondela.

“Presentámonos ante a veciñanza, como a verdadeira oposición a Javier Bas. Unha oposición que defende os intereses dos e das redondeláns por riba de todo. Que considera que Redondela, está ferida por mor das políticas lesivas do goberno do PP que, –lembra o candidato nacionalista– goberna en minoría”.

Xoán Carlos Gonzalez asegurou sentirse “enormemente satisfeito” na conformación da candidatura, “polo respaldo e apoio que nos prestaron moitas persoas coa súa presenza”. “Presentámonos para abandeirar un goberno alternativo a Javier Bas e ao PP”, afirma Xoán Carlos González. “O rigor, compromiso, responsabilidade e lealdade aos veciños e veciñas, caracterizan aos intergrantes da lista do BNG”, afirma.

Ponteareas da a coñecer o primeiro informe técnico de patoloxías do mercado municipal

O alcalde de Ponteareas, Xosé REpresas, a tenente de alcalde, Chus Garrote e a concelleira de Comercio, Inés Vidal, presentaron ás e aos praceiros do mercado municipal o anteproxecto de rexeneración destas instalacións e o dictame técnico sobre o informe de pataloxías, encargados en abril do ano 2018 conscientes da necesidade de potenciar o mercado municipal e das súas carencia estruturais.

Nun encontro mantido con todos e todas as praceiras do mercado municipal, Xosé Represas, Chus Garrote e Inés Vidal expuxeron as conclusións do dictame técnico encargado polo goberno ao detectar deficiencias que non foran contempladas na reforma que o partido popular fixo no ano 2013.

Co estudo na man, explicaron ás vendedoras e vendedores do mercado municipal as melloras necesarias como a colocación de ventilación e renovación do aire, retirada de humidades, substitución de materiais pouco axeitados ou pavimentación, entre outras reparacións que suporán un total de 174.791,99 €.

Por outro lado, a iniciativa do goberno foi máis aló presentando un anteproxecto que plantexa unha renovación da imaxe externa do edificio, unha proposta que recolle un lucernario no tellado, amplos ventanais na planta 1 donde se ubican as pescaderías, ventanas máis grandes na fachada e entrada principal, mellora do aspecto das escaleiras do Cantón de Boavista, aparcamentos no andar 0 donde se ubican os almacéns e unha entrada de persoas tamén neste andar baixo para acceder directamente da zona de aparcamento exterior ao interior do mercado municipal.

O obxectivo é facer das instalacións do mercado municipal un lugar máis vistoso, que teña maior visibilidade e resulte máis agradable para a clientela. Atraer clientes e por en valor os produtos frescos do mercado é, segundo Inés Vidal, a intención desta remodelación.

Chus Garrote adianta que estes dous proxectos, tanto o de resolución de deficiencias como o da remodelación precisarán ser executados en varias fases e figuran entre as prioridades da axenda municipal.

O goberno aproveitou tamén para adiantarlles a proposta de humanización do entorno entre o auditorio e o mercado que xa contempla as primeiras medidas de mellora da entrada da praza e que será exposto o xoves 21 ás 18:30 horas na sala multiusos do auditorio municipal e financiadas cos fondos europeos da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.