15.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoAs NevesAs Neves inicia o asfaltado, recuperación e mellora de pistas e camiños

    As Neves inicia o asfaltado, recuperación e mellora de pistas e camiños

    O Concello das Neves, aproveitando a chegada do bo tempo, vén de iniciar un plan de asfaltado nos viais municipais de cara a rematalos nos vindeiros meses. Nestes momentos están en marcha traballos en Calvario (Rubiós) e Casal (Taboexa) amais o Concello sinalou que xa están adxudicadas as obras do acceso a Setados, no barrio de Lamela e de Gende en Rubiós.

    Tal e como adiantou o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, están en proceso de contratación as obras máis importantes, “tendo en conta o tráfico das estradas, o servizo que prestan e o mal estado no que se atopan”, dende Guimeráns, en San Pedro, ata Santa Eulalia de Batalláns e a pista dende a Igrexa de San Pedro ate o Pousadouro en San Xosé de Ribarteme.

    O rexedor local salientou o feito de que está a piques de rematar a fase de adxudicación do plan de retirada de raíces “en máis dunha dúcia de puntos”, en moitas das parroquias e o Goberno local tramitou xa a subvención do ‘Plan Camiños’ da Xunta de Galicia, para renovar o asfaltado nos barrios da Chan e Filgueira.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.