9.2 C
Pontevedra
Luns, 27 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO venres remata o prazo para solicitar un dos 43 postos de...

    O venres remata o prazo para solicitar un dos 43 postos de traballo que oferta ponteareas

    O Concello de Ponteareas vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro venres, 22 de marzo, remata o prazo para presentar na oficiña de emprego a documentación de acceso aos 43 postos de traballo que se ofertan dentro do ‘Plan Concellos’ no que, concello e Deputación de Pontevedra, destinan máis de 600.000 euros á contratación de persoas desempregadas.

    Os e as interesads deberán trasladar á oficina de emprego local o códido CNA do posto de traballo ao que queren optar. Os contratos serán a xornada completa e cunha duración de entre 7,5 e 10 meses segundo as necesidades dos servizos e os salarios que recibirán os contratados serán iguais aos dos traballadores do Concello.

    A través dun proceso de transparencia e igualdade de oportunidades, o INEM realizará unha preselección que facilitará ao concello para que o tribunal formado por empregados públicos realice a entrevista e proba práctica, se procede, ás persoas previamente seleccionadas polo INEM. Na vindeira semana o concello fará pública a data da entrevista e proba práctica. Toda a información relativa ao proceso de contratación está dispoñíbel na web do Concello na pestaña “oferta de emprego público” ou nesta ligazón, e fisicamente no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

    Con estas contratacións reforzaranse numerosos servizos como medioambiente e rozados, oficina técnica, vías e obras, administración, educación infantil, limpeza, turismo, residencia de maiores, escola infantil e servizos sociais. Na selección terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, persoas  maiores de 45 anos, persoas con familiar monoparental con fillos a cargo, persoas con niveis de renda máis baixa e persoas con cargas familiares.

    Este é o cuarto exercicio do Plan Concellos que, desde o 2016, permitíu contratar en Ponteareas a 150 persoas desempregadas, destinando para ese fin case 1,5 millóns de euros. O pasado ano por vez primeira o concello puido aportar 100.000 euros e neste ano 2019 a súa achega alcanza os 330.000 euros grazas ao saneamento da economía municipal, o que permite acadar a axuda máxima da Deputación e o máximo de contratos posibeis.

    O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas salientou que “nunca antes se realizara en Ponteareas un plan de emprego destas características que permite a contratación de persoas con especiais dificultades para o acceso a un emprego. Ao millón e medio de euros destinados a crear emprego con este plan hai que engadir o investimento feito nos obradoiros de emprego de carácter formativo ou nas axudas municipais directas á contratación de persoal no sector privado”.

    Información sobre os códigos (C. N. O.) dos postos de traballo que o Concello solicitará á Oficina de Emprego nos vindeiros días para iniciar a selección de contratación:

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS