19.3 C
Pontevedra
Xoves, 8 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondarizJosé Luis Fernández apela ao voto socialista para "un goberno de progreso...

    José Luis Fernández apela ao voto socialista para “un goberno de progreso en Mondariz”

    José Luís Fernández Piñeiro presentouse este domingo como candidato á alcaldía de Mondariz. “Se queremos un goberno de progreso en Mondariz, hai que votar socialista, hai que darlle unha maioría suficiente e cualificada para que fagamos os cambios que Mondariz precisa”, asegurou o socialista ante un público entregado de máis de 200 persoas.

    Fernández Piñeiro defendeu a labor levada a cabo polas e polos socialistas no Concello, coa súa portavoz Marina Alfaro á cabeza, á quen lle quixo agradecer “a dedicación e o gran traballo feito nestes anos”.

    “Acúsaseme de ser estranxeiro, de ser un perdedor, de que non coñezo Mondariz”, denunciou o candidato socialista, que rebateu as ideas explicando que en maio, dous días despois das eleccións, fará 25 anos casado coa súa muller, veciña da vila. “A valía da persoa non é por onde nace, e imos poñer un exemplo: o mellor alcalde do mundo, Abel Caballero, non é de Vigo, naceu en Ponteareas; Napoleón non era francés, senón italiano”, explicou.

    Fernández Piñeiro defendeuse do resto das acusacións asegurando que “nin Mitterrand, nin Felipe González, nin Allende gañaron á primeira”. “Temos 11 concelleiros, 12 parroquias, 82 km, 240 empresas, 90 pensionistas non contributivas, e un presuposto de 3,5 millóns de euros”, relatou para deixar claro que coñece a vila, engadindo que tamén sabe que en Mondariz “Tango non é so un baile arxentino, é un veciño; aquí non se poñen unha camisa, bótansa; aquí non se estropean as cousas, aláganse”.

    “Nós non imos ser criados nin mandados por ninguén, temos as nosas ideas e imos defendelas”, explicou o candidato, que acosou ao BNG “de facer valer o dito de Roma non paga traidores e non apoiar fai catro anos un goberno de progreso na vila encabezado por quen gañou as eleccións, Alternativa por Mondariz”.

    “A alternativa somos as e os socialistas”, defendeu Fernández Piñeiro, “xente tolerante, traballadora, que forma equipos serios” e que conta coa experiencia “de 140 anos de servizos prestados a este país”. “Temos que pór a Mondariz no mapa”, rematou o socialista

    Fernández Piñeiro estivo acompañado na presentación polo secretario de organización provincial e candidato á alcaldía da Cañiza, Luís Piña, e polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que asegurou sentirse “como na casa” en Mondariz, “unha vila que vai ir cara arriba con José Luís como candidato”.

    “Temos un magnífico candidato para encarar as próximas eleccións”, asegurou Caballero, que cualificou ao Fernández Piñeiro como un home “con criterio, ilusión e convicción, o alcalde que Mondariz merece”.

    Caballero tamén tivo unhas palabras para a actual voceira municipal, que non “dá un paso atrás, porque vai estar acompañando a José Luís cando sexa alcalde”. “Queda moito por facer para avanzar cara o país que queremos para todas e todos”, asegurou o máximo dirixente galego, para quen as próximas eleccións xerais “son o primeiro paso” das e dos socialistas para conseguir gañar as eleccións municipais e iniciar un proceso que remate “co nefasto goberno de Feijóo, que nos deixa unha Galicia con menos xente, con menos posibilidades de futuro para a xente nova e cuns servizos públicos deteriorados”.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS