8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda exalta a lamprea do Miño cunha fins de semana gastronómicas

    A Guarda exalta a lamprea do Miño cunha fins de semana gastronómicas

    Entre o 23 de marzo e o 14 de abril, A Guarda ofrece unhas máis que atractivas fins de semana gastronómicas coa Lamprea do Miño de protagonista. O Concello da Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza estas xornadas gastronómicas nas que participarán 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

    Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22 €. A lamprea enteira terá un prezo de 65 €. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes. Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar.

    Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río. Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.

    A lamprea e os escolares
    Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que leva organizando dous anos. Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada.

    Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño. Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e, como non, as vivencias e anécdotas.

    Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse na Praza de Abastos dende o sábado 13 de abril.

    Exaltación da lamprea
    A lamprea é un produto de temporada polo que estas xornadas organízanse para dar a coñecer a lamprea do Miño como un produto gastronómico de excelencia.

    A temporada de pesca na desembocadura do Miño comeza en xaneiro e finaliza a mediados de abril e durante estes meses pódese observar a decenas de pescadores nas súas embarcacións como realizan este duro traballo largando a rede, coñecida como lampreeira, e izándoa mentres as correntes do río os desprazan.

    Como peche a esta campaña está previsto a realización dun showcooking o sábado 13 de abril na Praza de Abastos. Esta actividade amosará como se elabora unha receita de lamprea.

    Programación nas fines de semana
    É moi interesante percorrer os sendeiros das praias da desembocadura do río Miño contemplando a paisaxe e os pescadores de lamprea traballando durante a subida da marea. Nestas praias aínda se conservan coa marea baixa restos de varias pesqueiras (construcións en pedra) que debido a súa antigüidade descoñecese si tamén empregaban para capturan as lampreas ademais de peixes. Doutra banda, como complemento idóneo, as xornadas contarán cunha ampla programación cultural e deportiva.

    Sábado 30 de marzo
    • Carreira de Orientación (precisa inscrición ata o 27 de marzo)
    • Concerto do Coro Gli Pasionatti no Centro Cultural

    Sábado 6 de abril
    • Concerto e gravación do disco do grupo Na Revolta no Centro Cultural

    Domingo 7 de abril
    • Concerto de Corda xuvenil–infantil KV2211 no Centro Cultural
    • Proba de Enduro precisa inscrición ata o 27 de marzo)

    Sábado 13 de abril
    • Showcooking: Cociñar a lamprea do Miño
    • 21:00 h Serán das Festas de Buxán na Praza de Buxán

    Domingo 14 de abril
    • 11.00h Bendición de ramos e palmas na Praza de San Benito

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.