19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán reformará as casa dos mestres como local para a terceira idade

    Nigrán reformará as casa dos mestres como local para a terceira idade

    O Concello de Nigrán vén de encargar un proxecto de reforma para as antigas casas dos mestres, situadas ao carón da Casa Consistorial, para reconvertelas nun local a disposición da terceira idade. A decisión foi tomada polo Goberno local despois de que un grupo de mulleres do municipio presentase 1.600 firmas demandando máis servizos destinados aos maiores.

    “Inicialmente estaba proxectado un arquivo para o Val Miñor pero coa construción da nova biblioteca xa se pode garantir ese espazo, polo que é prioritario atender á demanda destas veciñas creando un local para os maiores onde se poidan reunir e socializar; elas pedían que fose un sitio céntrico e este cumpre perfectamente”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González.

    Baixo este propósito, o arquitecto nigranés Severo Fernández traballa xa nunha reforma que responda as súas necesidades e que abranga tamén ao perímetro das casas. “É o momento de que se humanice a contorna dándolle prioridade ao peón e creando un espazo máis amigable, estamos ao carón dun centro educativo e da casa consistorial, polo que ten que ser un punto neurálxico no que a veciñanza se senta a gusto e segura”, incide o rexedor.

    Por outra banda, dende o Concello pídese unha vez máis celeridade a Tesorería General de la Seguridad Social para que aprobe a cesión do antigo centro de saúde de Panxón co obxectivo de adaptalo a un centro municipal para maiores. “Os nosos servizos xurídicos están en contacto coa Tesorería e é un obxectivo prioritario para o goberno local, pero mentras non se realice a cesión non podemos facer nada porque non é titularidade do Concello”, insiste González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.