18.5 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaDigna Rivas, “Redondela non pode dar a espalda ao mar nin ás...

    Digna Rivas, “Redondela non pode dar a espalda ao mar nin ás mariscadoras”

    A Lonxa de Cesantes foi o escenario elixido pola candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía, Digna Rivas, para manter un encontro co colectivo de mariscadoras, xuntanza que forma parte das reunións que a candidata socialista mantén con distintos colectivos e asociacións de Redondela. No seu encontro coas profesionais do marisqueo, Rivas salientou “o papel da muller e a súa contribución á economía do mar”, poñendo en valor o traballo que desenvolven.

    Non se pode esquecer, subliñou a candidata do PSOE, “que o sector do marisqueo ten unha extraordinaria importancia para Redondela, tanto polo seu impacto económico coma en relación ao número de postos de traballo e as familias que teñen esta actividade como fonte de ingresos”.

    As mariscadoras trasladáronlle á candidata socialista a súa “preocupación” pola situación que vive o sector pola desaparición da ameixa xaponesa, debido ás riadas do pasado inverno que introduciron moita auga doce no banco afectado provocando a día de hoxe a escaseza da mesma .

    Aínda que os concellos non teñen competencias expresas na materia, explicou Digna Rivas, “non quere dicir que non se poidan estudar vías de colaboración e axuda” e puxo como exemplo a concelleira socialista “ao Concello de Soutomaior que aprobou na Xunta de Portavoces conceder unha axuda á confraría de Arcade para a compra de novas sementes de ameixa”.

    Redondela, como municipio estreitamente ligado ao mar “debe poñer sobre a mesa, para un estudo serio, obxectivo e rigoroso, todas as medidas que poidan contribuír á modernización e mellora da competitividade do sector do marisqueo”.

    Estamos a falar, insiste Digna Rivas, dun sector que da sustento a moitas familias “que nestes momentos ven perigar a súa fonte de ingresos” e polo tanto un Concello “non pode nin debe das a espalda a esta realidade”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.