Luns, 10 Febreiro de 2025

A Deputación aproba tres achegas para A Guarda de preto de 140.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobou por resolución presidencial tres novas achegas para o concello da Guarda ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos. Concretamente a institución provincial pon a disposición da vila do Baixo Miño un total de 139.801,68 euros.

Máis polo miúdo, A Guarda recibirá 43.268,11 euros para a renovación de pavimentos en diversas rúas da vila; 48.396,88 euros para a iluminación ornamental do Centro Cultural, e 48.136,69 euros para o acondicionamento de beirarrúas para a mellora da accesibilidade na Rúa Galicia.