8.1 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela comezará os traballos de 'trampeo' contra a Velutina

    Redondela comezará os traballos de ‘trampeo’ contra a Velutina

    O Concello de Redondela iniciará esta semana os traballos de colocación de trampas e implementará a segunda fase na loita contra a invasión da vespa Velutina, tamén coñecida como asiática. As medidas de seguridade centraránse en zonas públicas, onde hai maior confluencia de persoas como prazas públicas, colexios, parques infantís e praias. A primeira fase dos traballos desenvolveuse entre os meses de maio e decembro, nos que se levou a cabo a retirada de nidos de velutina en todas as parroquias.

    Segundo o Concello, os traballos foron atendidos “por orde de prioridade”, sacando en maio os nidos de velutina máis próximos ás vivendas, ao lados dos colexios e parques infantís. Por último, e xa ben entrados nos meses de outono e inverno, os traballos continuaron as zonas de fincas, montes e regatos lonxe de vivendas.

    En total, en 2018 retiráronse máis de 300 niños de velutinas, unha cifra á alza posto que desde que se contabiliza esta acción, en 2015, a cantidade non deixou de medrar. Nese ano tan só se retiraron 35 niños, pero xa en 2016 a cifra foi incrementando até os 100 e no 2017 a cifra foi de 200 niños.

    Neste senso, o alcalde de Redondela, Javier Bas, quixo destacar a importancia das “medidas de control” que leva a cabo o Concello cada ano, recordando tamén que “o medioambiente é unha tarefa de todos”. O goberno local fixo un chamamento “á colaboración de todos os veciños” para que se poñan en marcha medidas de prevención contra esta especie invasora, especialmente se contan con prantas ou árbores de orixen asiático no seus xardíns, tipo camelia ou palmeiras.

    Cabe recordar que en cada niño de velutina poden convivir entre unhas 3.000 e 5.000 vespas da que sairán, aproximadamente, unhas 200 avispas raíñas, que serán as que colonicen novos niños na seguinte tempada.

    Pola súa banda, o edil de medioambiente, Miguel Ángel Álvarez, destacou que algúns dos niños que aínda son visibles a día de hoxe “non se retiraron por considerarse inactivos” e que os expertos indican que “o recomendable nestes casos é esperar a que caian” xa que no caso de manipularse, poderíase ocasionar o efecto contrario.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.