Domingo, 11 Maio de 2025

Mos, unánime na adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

0

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte, durante a sesión ordinaria do mes de agosto e por unanimidade dos seus membros, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático.

Este foi un dos principais asuntos que abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante a reunión de traballo que mantiveron o pasado día 19 do presente mes de agosto.

Naquel momento a conselleira felicitara ao Concello pola decisión de sumarse a unha iniciativa que desde finais de 2017 a Xunta coordina e lidera en Galicia e que nestes momentos xa conta co apoio de 121 municipios galegos e doutros 22 que están aínda en trámite de adhesión.

Pola súa parte o concelleiro de Medio Ambiente, Leo Costas, aproveitou o Pleno para avanzar información sobre os pasos que deberá seguir agora o municipio de cara a oficializar a súa incorporación ao pacto.

Concretamente anunciou que a próxima semana, o mércores 4 de setembro ás 12.00 horas, o Concello de Mos acollerá a primeira reunión técnica entre persoal municipal e autonómico, na que se perfilarán as liñas a seguir para comezar a redacción do proxecto mosense que marcará a folla de ruta e o protocolo a seguir de cara a facer efectiva a incorporación ao Pacto.

Costas agradeceu “o labor de apoio e asesoramento que brinda neste sentido a Consellería á hora de participar no Pacto” e declarou que “dende este equipo de goberno estamos moi sensibilizados e concienciados co medio ambiente e co cambio climático, polo que dende a administración local esforzarémonos ao máximo na elaboración do proxecto director e levaremos ata as últimas consecuencias a adhesión ao Pacto”.

Os montes de Meis acolleron a apertura da terceira edición das ‘DepoRutas BTT’

Un día despois da exitosa estrea da terceira edición das ‘DepoRutas BTT’, a Deputación de Pontevedra abriu esta mañá o prazo de inscrición para a segunda cita do ano, que terá lugar en Silleda o vindeiro 15 de setembro.

O concello de Meis recibiu este domingo a máis de 200 amantes do ciclismo BTT que gozaron do circuíto de 41,29 quilómetros, cunha proba realmente esixente que descorreu por puntos de interese turístico como os montes Escusa, Arcos e Castrove ou o Mosteiro de Armenteira, entre outros.

Tras esta cita de Meis, a seguinte ‘DepoRuta BTT’ terá lugar o 15 de setembro en Silleda. Para esta proba o prazo de inscrición para as 300 prazas dispoñibles está aberto na web da Deputación de Pontevedra.

O prazo pecharase o 11 de setembro ás 12.00h. A ‘DepoRuta BTT’ de Silleda conta cun percorrido circular de 31,88 quilómetros. Terá como punto de saída a Praza da Feira da vila de Bandeira e durante o percorrido pasarase por lugares destacados como a igrexa do Castro, o Mosteiro de Carboeiro ou Fervenza da Toxa.

Este ano o programa “DepoRutas BTT” ofrece 5 rutas totalmente gratuítas, dúas máis que na anterior edición, e cun máximo de 300 participantes en cada unha delas. O obxectivo da iniciativa da Deputación de Pontevedra é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable.

O programa está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.

A veciñanza de Mondariz Balneario di non ao abandono da Fonte de Troncoso

Medio centenar de persoas mobilizáronse de urxencia o pasado domingo 25 para dignificar a histórica fonte de Troncoso, en Mondariz Balneario, obra do arquitecto Antonio Palacios, patrimonio do pobo de Mondariz Balneario e inmoble recollido no catálogo de bens protexidos.

Non deixa de ser un tanto estraño –por non utilizar outros calificativos– que o estado de deterioro, incluso de derrubamento de parte da edificiación, deixe impasibles ás administracións que tiñan que ser as primeiras en velar pola conservación e mantemento do noso patrimonio arquitectónico.

A Fonte de Troncoso, situada nun entorno natural único e nun paseo “no que se respira paz”, como dixo unha vez un xornalista venido de terras castelás, presentaba unhas condicións lamentables de abandono e sucidade dende fai anos, provocadas pola inacción dos propietarios e das administracións competentes en materia de Patrimonio, Concello de Mondariz Balneario e Xunta.

Durante a maña a veciñanza autorganizouse para levar acabo labores de limpeza e acondicionamento do inmoble. “É un escándalo que teñan a fonte nestas condicións” foi o comentario mais repetido polos turistas que presenciaron a acción popular.

Tras esta actividade “e vista a imperante e urxente necesidade dunha ampla acción de rehabilitación do inmoble conformouse unha plataforma en defensa do mesmo, marcándose como obxectivo principal a recuperación e posta en valor da emblemática Fonte de Troncoso”.

Esta fin de semana O Codesal, en Camposancos, acolle o ‘Torneo de Volei Praia Vila da Guarda’

0

O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

Este torneo está pensado para un nivel básico ou amateur, coa finalidade de que os participantes gocen deste deporte pasando un bo día entre todos e todas.

As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico [email protected] ou tamén mediante whatsapp no 607 577 671, facilitando os nomes e apelidos dos dous membros do equipo(parellas) e a categoría para a cal se desexa inscribir. Dende o clube organizador remitirase a normativa de participación, o prazo de inscricións estará aberto ata o xoves 29 de agosto, tendo un custo de 8 € por parella.

En total disporanse de 4 pistas para a celebración deste torneo, polo que as prazas serán limitadas.

Os horarios definitivos dos partidos deste torneo serán publicados na xornada deste venres día 30 de agosto a través das redes sociais do Clube de Volei Miño.

O torneo arrancará sobre as 10:00 h da mañá do domingo día 1 de setembro e haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Nigrán presenta “numerosas alegacións” a un plan de transporte que “desatende o interior”

0

O Concello de Nigrán presentou este pasado venres as súas alegacións ao anteproxecto de explotación do Plan de Transporte Público de Galicia 2020 para que se corrixa, entre outras moitas cousas, a supresión de frecuencias da liña Vigo-Baiona/Baiona-Vigo tanto por Panxón como pola estrada xeral (PO-552) ou se subsane o illamento que se contempla novamente das parroquias do interior.

Estas alegacións foros estudadas dende os servizos técnicos do Concello e, ao mesmo tempo, se consensuaron con diversas entidades veciñais preocupadas polo futuro mapa que debuxa a Xunta, así como cos alcaldes de Baiona e Gondomar, que tamén atopan deficiencias na conexión entre os centros neurálxicos do Val Miñor, polo que o Concello de Nigrán reclama unha línea circular entre os tres.

No escrito, o Concello demanda á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta que se manteñan igual que na actualidade as expedicións e frecuencias a Vigo por Nigrán centro (onde algunhas paradas se suprimen sen xustificación, como na recta de Mallón) e que aumenten nun 10% na ruta pola costa, onde se reclama que exista tamén parada en Povisa (circunstancia que si figura na liña pola estrada xeral). “No actual proxecto as frecuencias Vigo/Baiona se reducen a costa de crear liñas diferentes, iso non é mellorar o servizo, é só redistribuír”, lamenta o alcalde, Juan González.

Suprímense paradas sen xustificación, faltan autobuses adaptados ou figura que moitas liñas funcionen só baixo demanda

O Concello de Nigrán considera imprescindible que o novo proxecto poña fin ao aillamento actual das parroquias do interior e para iso alega a necesidade de que, como mínimo, se dupliquen as frecuencias a Chandebrito e Camos (de 2 a 4 e de 3 a 6 diarias) e que non se supriman paradas tan empregadas actualmente como a do Pazo da Touza ou Copena.

Igualmente, reclama que estas paradas e expedicións non figuren como ‘A demanda’ e que, polo tanto, non dependa o seu funcionamento de se existen usuarios suficientes. “O proxecto plantexado non ten operatividade ningunha para o interior e o feito de figurar a demanda fai sospeitar que pronto non funcionarán nin así”, considera González.

“A futura concesionaria do transporte vai sacar moito beneficio da liña a Vigo pola estrada xeral e pola costa, así que parte deses cartos teñen que recaer na verdadeira conexión polas parroquias do interior, onde aínda que o servizo non resulte rendable económicamente si é imprescindible socialmente; parroquias como Chandebrito, Camos ou Parada non poden seguir ailladas en pleno século XXI”, valora.

Ademais, a primeira alegación que formula o Concello de Nigrán no seu escrito é a incorporación de autobuses de plataforma baixa ou mobilidade reducida nos principais percorridos en dirección Baiona, Vigo, Hospitais e CUVI, precisamente, nestes dous últimos puntos o Concello de Nigrán tamén pide aumentar o número de expedicións para que realmente sexan operativas.

“Esta reordenación de liñas prevista para 2020 ante o fin das concesións ten que ser unha oportunidade de mellorar o transporte existente, non de perpetuar o illamento das parroquias do interior e manter incongruencias, confiamos en que as alegacións modifiquen este proxecto porque tal e como está non serve en absoluto”, conclúe González.

Participación Cidadá presentará o borrador do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable ao tecido asociativo de Redondela

0

O próximo xoves días 29/08/2019 ás 17:00 horas están convocadas todas as Asociacións do Concello de Redondela (Asociacións veciñais, Comunidades de Montes, Anpas, Asociación de Taxistas, Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional, etc.) no Multiusos de Redondela, onde a empresa redactora realizará a presentación do borrador elaborado.

Segundo a Concellería de Participación Cidadá que dirixe Susana Couñago, é fundamental á hora de realizar unha proposta definitiva “contar coa opinión das distintas asociacións do Concello de Redondela para ter coñecemento das demandas e necesidades das veciñas e veciños de Redondela”.

O PMUS (Plan de Movilidade Urbana Sustentable) é un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento mais sostible, é dicir, que a movilidade sexa compatible co crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente, modo de garantir unha mellor calidade de vida para toda a veciñanza.

A Sociedade Cultural do Viso, en Redondela, retoma os cursos de cultura tradicional

0

A Antiga Escola de Tuimil, epicentro de actividades e cursos na parroquia do Viso, Redondela, será escenario de novos cursos de cultura tradicional organizados pola Sociedade Cultural do Viso. En setembro iniciaránse as actividades do curso de Gaita e Percusión e xa en outubro o fará o de pandeireta e canto tradicional.

Para o día 6 setembro está previsto o inicio do curso de Gaita Tradicional e Percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten. O curso desenvolverase os venres pola tardiña a partir das 18:30 h. 

Xa no mes de outubro retomaranse as clases, os martes pola tarde, de Pandeireta e canto tradicional, impartido este por Luis Prego, músico do grupo Ardentía. As clases serán de 18:30 h a 20 h.

Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico [email protected] ou aos teléfonos 627 938 607 para o curso de gaita e percusión ou 664 857 687 para o de pandeireta e canto.

Nigrán realiza obras de acondicinamento en todos os colexios públicos do municipio

0

Operarios municipáis do Concello de Nigrán están a pintar e reacondicionar aulas de tódolos centros educativos públicos do municipio co obxectivo de que os traballos estén finalizados a inicios de setembro e non interfiran co novo curso escolar.

Durante o pasado curso o Concello investiu máis de 120.000 € en renovar as instalacións eléctricas ou dotar de desfibriladores

Trátase en tódolos casos de pequenas obras de mellora e mantemento demandadas dende as respectivas direccións, fundamentalmente de pintado, e tamén arranxos de peches perimetrais ou redistribución de espazos (como a pista deportiva do CEIP de Mallón).

No caso da Galiña Azul será a inicios de curso cando se renoven tódalas portas de saída de emerxencia e se instalen diferentes elementos para evitar tropezos dos nenos.

O Concello de Nigrán pospuxo a agosto estas tarefas para non prexudicar á comunidade educativa, mentras que ao longo do curso investíu 92.000 € en reacondicionar as instalacións eléctricas de tódolos colexios (os traballos realizáronse ao longo do mes de marzo fora do horario lectivo) ou 25.000 € en dotar de desfibriladores e da formación precisa para o seu uso aos profesores; 6.000 € en redactar o proxecto do comedor no CEIP Humberto Juanes… Máis de 126.000 € aos que se suma conectar o CEIP da Cruz de Camos e CEE Juan María ao abastecemento de auga municipal do que ata agora carecían.

O Concello reactivará o Consello Escolar Municipal a inicios de curso tras máis de 8 anos sen ser convocado

Por outra banda, a edil de Educación Marina Vidal comprométese a convocar a inicios de curso o Consello Escolar Municipal, órgano de participación no que están representados tódolos centros do municipio e todolos sectores vinculados á educación e que non é celebrado dende hai máis de oito anos.

“Ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que deben axudar a decantar e clarificar os problemas que se deriven do funcionamento do sistema educativo no noso municipio, por iso queremos reactivalo”, incide Vidal.

Poema de Japón con Rodrigo Rodriguez & Enrique Pastor

Hoy presentamos la nueva producción compuesta por Rodrigo Rodríguez, al que ya tuvimos el placer de entrevistar hace unos años para “Comarcas na Rede”, además de ser un buen amigo y habitante de la Comarca Da Paradanta, lo que hace que el Lejano Oriente al final no sea tan lejano, en esta ocasión nos presenta junto al guitarrista Enrique Pastor esta maravillosa pieza.

Flauta Shakuhachi y sus orígenes: Los komusō (虚無 僧 komusō, hiragana: こ む そ う; también romanized komusou o komuso) eran un grupo de monjes mendicantes japoneses de la escuela Fuke del Budismo Zen que florecieron durante el período Edo de 1600–1868.

Los komusō se caracterizaron por un bascinet de paja (una capucha de juncia o juncos llamada a tengai o tengui) que se lleva en la cabeza, manifestando la ausencia de un ego específico. También eran conocidos por tocar piezas de solista en el shakuhachi ( flauta de bambú japonesa).

Mizuho no Uta / Poema de Japón Rodrigo Rodriguez & Enrique Pastor 

“Mizu” de Mizuho es agua y “ho” son espigas de arroz. 

Los japoneses han tratado el arroz como alimento principal y lo valoran como identidad de su cultura.

Sin embargo, en la década de 1970, Japón adoptó una política económica (política de “traidor”) para reducir el arroz japonés (nacional) y aumentar la importación de arroz de los Estados Unidos de América.

Luego, el índice de autosuficiencia alimentaria se hizo inferior al 40%.

Agricultor japonés tiene mejor cultivo de arroz en un área de la unidad.

Kohachiro Miyata compuso esta pieza con orgullo y desea revivir ese arroz japonés como símbolo de la auténtica identidad del Japón.

La autosuficiencia alimentaria significa una verdadera “independencia”.

Esta es una pieza de género Gendai (Moderno). El poema de Japón fue compuesto originalmente para Shakuhachi y Koto por Miyata Kohachiro © en 1978/11/25, 3 meses después del nacimiento de Rodrigo Rodríguez, quien tenía la fecha de 1978/8/29.

Más información en:

www.rodrigo-rodriguez.info

Nigrán ofrece unha tarde de domingo para a infancia con festa da auga e da escuma e circo

0

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este domingo 25 de agosto un día adicado aos máis cativos con festa da auga e da escuma pola tarde na Praza do Concello e, a última hora, o circo para nenos de Cultura no Camiño Monólogo na mar e forzudos (20:00 horas, no Paseo Marítimo de Panxón).

Deste xeito, a Praza do Concello acollerá de 17:00 a 20:00 aproximadamente unha festa da auga a cargo do Rei Midas que inclúe un tobogán inchable xigante e unha festa da escuma de cores.

Xa ás 20:00 horas, no Paseo Marítimo de Panxón, será a quenda do circo infantil ‘Monólogo no Mar e Forzudos’, un espectáculo de Circo Chosco no que dous auténticos atletas unen a idiotez e a forza para dar lugar a un show visual e divertido cheo de escenas olímpicas, malabares, acrobacias, números de incríble forza …

Areeiro destaca que o bo tempo acelerou a maduración da uva albariña

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar o último aviso fitosanitario semanal da actual campaña, debido á proximidade da vendima e da colleita doutras froitas, no que informa de as boas temperaturas desta semana facilitaron o aceleramento da maduración da uva albariña nas parcelas de seguimento habituais (practicamente todas as uvas están xa brillantes), constatado no laboratorio da entidade.

En canto ás principais enfermidades da viña, no caso do mildio, incrementáronse as manchas recentes debido as condicións rexistradas (as choivas do día 18) e á non realización de tratamentos cúpricos desde hai tempo. Con todo, desde a EFA sinalan que as temperaturas tan elevadas destes días provocarán, nalgunha zona, unha perda da capacidade de xerminar das fructificacións do fungo. Por outra banda, nas zonas altas dalgunhas viñas en emparrado, onde non chegaban os tratamentos, os técnicos observaron xa unha defoliación, sen incidencia sobre a produción porque hai vexetación suficiente este ano. O persoal da Estación recomenda que tanto nesas viñas como naquelas outras onde vaian aparecendo manchas de xeito significativo, así como nas que tiveran sufrido ataques mal controlados da enfermidade nalgún momento da campaña, se realice un tratamento cúprico despois da vendima antes da caída das follas, para favorecer o bo agostado da madeira e reducir tamén o nivel de inóculo do fungo para a seguinte campaña.

No que se refire ao oídio a situación observada polo persoal da EFA nas parcelas visitadas reflicte novos síntomas en folla en nos acios rebuscos nalgunhas viñas, aínda que non é a situación dominante.

Os técnicos da Estación Fitopatolóxica recomendan aos viticultores facilitar a ventilación dos acios para previr a botrite

Por outra banda, Areeiro destacou que en varias parcelas os viticultores eliminaran os acios máis afectados pola enfermidade da botrite. Esta práctica, unida ao clima dos últimos días, fixo que en xeral se observase un bo estado das uvas, tanto de albariño como doutras variedades máis sensibles a este patóxeno. Non obstante, aínda queda tempo para a vendima e, debido á que a día de hoxe non hai coincidencia nas predicións meteorolóxicas das axencias consultadas (algunhas anuncian tempo seco e outras dan precipitacións entre o domingo 25 e o 4 de setembro), poden producirse novas infeccións. Deste xeito, a EFA subliña a importancia das operacións destinadas a mellorar o microclima arredor dos acios, que deben estar aireados, aínda que convén realizalas moderadamente, xa que nalgunhas parcelas obsérvanse acios con danos por exceso de insolación.

No que se corresponde coas couzas do acio, nas viñas da rede de seguimento apenas se observou algunha penetración moi illada de couza (nas trampas non se capturou ningún adulto), aínda que algún técnico informou de danos significativos nalgunhas viña, que superaban incluso o limiar de tratamento. Este limiar ten que ver coa influencia sobre a podre das perforacións das eirugas, polo que a estas alturas da campaña as opcións que propón Areeiro son retirar os grans ou acios afectados (se é posible por ser unha superficie pequena) ou ben aplicar un produto cun prazo de seguridade de 7 días ou por sen el (substancias naturais), tendo en conta, que estes insecticidas non penetran no interior das uvas, polo que o control será parcial.

Tampouco este semana se houbo capturas do primeiro adulto de Scaphoideus titanus (o vector da enfermidade da flavescencia dourada) pero a EFA manterá a rede de trampeo instalada para realizar algunha revisión máis ata outono. E en canto ao resto de cicadélidos, apenas se viu algún adulto de mosquito verde, e houbo novas capturas en poucas trampas. Neste senso, Areeiro destaca que, en xeral nesta campaña, polo menos nas parcelas de seguimento, non houbo grandes poboacións.

E no caso dos ácaros, esta semana se atoparon síntomas de acariose nunha planta abandonada na zona de Bueu, que tamén presentaba ovos de araña vermella, e tamén máis presencia de erinose de verán nas fincas onde xa se detectara o ácaro.

Por outra banda, Areeiro resaltou que, ademais dos acios con golpes de sol, das plantas con síntomas de enfermidades da madeira ou dos crecentes danos por avespas ou paxaros nas uvas, esta semana detectouse unha viña con podremias secundarias (non botrite) asociadas probablemente a picaduras de dípteros, e de cada vez máis frecuentes síntomas de tisanópteros (trips), especialmente na comarca do Salnés e tamén na IXP Ribeiras do Morrazo, polo que a partir desta campaña estará pendente tamén destes insectos.

En canto á maceira, esta semana non se observou nova sintomatoloxía do moteado, aínda que a EFA sinala que en períodos húmidos e cálidos que poidan vir aínda poderá haber infeccións, especialmente sobre plantas de variedades sensibles. Coa colleita de boa parte das variedades en curso ou cerca, en lugar de aplicar tratamentos químicos hai que garantir a aireación das plantas e, nas plantacións de pequeno tamaño, recoméndase retirar e destruír os froitos moi afectados. Nestas variedades tamén será aconsellable a aplicación dun tratamento con un funxicida cúprico despois da colleita para reducir o potencial de enfermidade para a campaña seguinte.

Tampouco houbo esta semana capturas de couzas do acio nas trampas da rede de seguimento, pero se recomenda manter a vixilancia antes da colleita. Tamén suxiren aos agricultores que non esquezan retirar as bandas-trampa de cartón ondulado que se instalaron para a captura das eirugas hibernantes.

Por último, no que se refire ao buxo, nas revisións non se observaron danos destacables por Cydalima perspectalis. Non obstante, Areeiro detectou esta semana eirugas dos últimos estados, crisálides, pero tamén xa un adulto e a primeira posta da nova xeración, polo que indica que este ano haberá que manter a vixilancia un mes máis.

Tui abre a inscrición para participar no «I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui»

0

Tui. Venres, 23 de agosto de 2019. O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”. No mesmo poderase participar coas instantáneas  realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.

Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno.

Os interesados poden enviar un máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na rúa Martínez Padín

Os interesados en participar no concurso deben enviar as fotografías xunto como modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicació[email protected], cubrindo os seus datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación si aparecen menores na mesma.

As fotografías deben enviarse dende hoxe venres, 23 de agosto, até o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da Catedral de Tui.

Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística  de Tui , que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible e de gran atractivo visual.

Independentemente deste concurso, xa hai un bo número de fotos circulando polas redes realizadas desde ese lugar, o que ven a demostrar o valor dinamizador de esa peza instalada polo Concello.

Carlos Font visita as obras das estradas provinciais da Paradanta

O deputado provincial Carlos López Font, acompañado da deputada Olga García Ballesteros, e dos alcaldes de Arbo, A Cañiza e Crecente, visitou esta mañá a comarca da Paradanta para supervisar obras acometidas en estradas provinciais.

En concreto, a Deputación de Pontevedra actuou en estradas provinciais de Arbo, A Cañiza, Crecente e Covelo ao longo dun total de 13,4 quilómetros e investindo 671.331,81 euros.

Tal e como sinalou López Font durante as visitas, “estas obras enmárcanse no obxectivo deste Goberno de ter a punto e en perfectas condicións o conxunto da rede de titularidade da Deputación para garantir a seguridade viaria e peonil e poñer ás persoas no centro das nosas actuacións tamén nas infraestruturas e a mobilidade”.

Carlos López Font e Olga García Ballesteros conversan co alcalde de Arbo, Horacio Gil

Arbo

No concello de Arbo, onde Carlos López Font estivo acompañado por Horacio Gil, alcalde do concello, e pola tenente de alcalde, Salomé Troncoso, o deputado afirmou que “ver rematada esta obra é unha satisfacción, xa que queremos atender as necesidades da veciñanza e mellorar a súa calidade de vida, e o queremos facer compatibilizando a seguridade viaria peonil coa utilización dos automóbiles.

Neste senso estamos ante unha actuación sobresaínte que mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas”. Pola súa parte, o alcalde Horacio Gil aproveitou a visita para “agradecer á Deputación de Pontevedra a acollida deste proxecto que mellora a accesibilidade e, en definitiva, a vida das persoas que viven no núcleo da Lomba”.

Máis polo miúdo, as obras de acondicionamento da estrada EP-5003, no lugar da Lomba, foron adxudicadas por 184.608,54 euros e xa están completamente rematadas. Con estes traballos, entre outras actuacións, abordouse a renovación da pavimentación da vía ao longo de 350 metros, a renovación de sendas peonís cunha anchura mínima de 2,5 m, así como da rede de abastecemento e a súa dotación nun treito que non existía, coa execución dun pozo de bombeo.

Tamén se dispuxeron canalizacións para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica e a dotación de iluminación con luminarias LED, así como o retranqueo dun muro no encontro entre os dous eixos definidos no proxecto. Por último, abordouse a sinalización horizontal e vertical.

A Cañiza e Crecente

En canto ao concello da Cañiza, a obra, que está a piques de rematar, consiste na reposición do firme na EP-5005, que une A Cañiza e a Pousa, en Crecente. Este proxecto, de 426.525 euros, abrangue un total de 12,3 quilómetros e, en concreto, consiste no fresado e reposición do firme, en varios treitos da estrada, e, noutros treitos, do microaglomerado en frío, amais do posterior pintado da estrada.

De esquerda a dereita, a deputada Olga García; o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo; o deputado Carlos López Font e o alcalde da Cañiza, Luis Piña

Carlos López Font explicou que “o proxecto tamén incluía a mellora da drenaxe da estrada e o pintado das marcas de sinalización horizontal”. Durante esta visita, Carlos López Font e Olga García estiveron acompañados por Luis Piña, alcalde da Cañiza, e Julio César Luengo, alcalde de Crecente.

O deputado provincial subliñou que “non hai dúbida de que estamos ante un proxecto importante tanto para o concello da Cañiza como para Crecente. Nos quilómetros que puidemos recorrer comprobamos que esta actuación terá un importante retorno para as e os cidadáns de ambos concellos”.

Tras supervisar o estado actual das obras, o alcalde de Crecente, Julio César Luengo, resaltou que “resulta importante o pintado da estrada, pois esta é unha zona onde é frecuente que haxa brétema durante o inverno e por seguridade cidadán é unha boa noticia que se levase a cabo esta mellora”.

Pola súa banda, Luis Piña, alcalde da Cañiza, afirmou que “a Deputación fixo un importante esforzo para acometer as obras que Carlos Font e Olga García están a visitar hoxe e teño que facer o merecido recoñecemento. Concellos como os nosos agradecemos o traballo da Deputación, pois permite que poidamos mellorar a vida das e dos nosos veciños”.

Covelo

Por último, en Covelo, a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo o acondicionamento do tramo antigo da EP-5106 entre Covelo e Barciademera, nun tramo de 800 metros, cun investimento de máis de 60.000 euros. Este proxecto consiste na ampliación da plataforma existente neste treito, a un ancho total de 5 metros, así como a execución dunha cuneta formigonada de seguridade en todo o trazado. Ademais, realizarase unha repavimentación do total do ancho da calzada e os traballos de renovación de defensas metálicas e sinalización horizontal e vertical.

Sobre as tres actuacións na comarca, Carlos López Font destacou que “a nosa institución aposta por infraestruturas que teñan en conta ás persoas e o territorio, e non só aos vehículos, que no século XXI xa non poden ser o centro da actuación das administracións. Temos que converter ás persoas nos verdadeiros e verdadeiras protagonistas”.

Ponteareas abre as Festas de Setembro co humor de Federico Pérez e Marcos Pereiro

A programación das festas de setembro virá este ano cargado de música, actividades e moi bo humor da man dos humoristas Federico Pérez e Marcos Pereiro, que porán en escena o espectáculo «Os Tristes» na Praza Maior o venres día 6 ás 21:30 horas para dar paso logo a música de orquestra.

A ruada dos xigantes e cabezudos acompañados de música tradicional xa espertará na mañá do propio venres o ambiente festivo no centro urbano.

Non faltarán as citas fixas de cada setembro, como a Feira Tradicional dos Remedios, o Festival Folclórico e os globos de San Miguel, que volverán despegar dende a Praza Bugallal o domingo 29.

A cidadanía poderá desfrutar dunha ampla e variada programación para toda a familia, pensada para que durante todo o mes todos os públicos atopen actividades do seu interese. Animación infantil, ruadas, exaltación de produtos tradicionais, concertos, xogos tradicionais e festivais completan a oferta lúdica e cultural.

As orquestras amenizarán as verbenas nos días 6, 7 e 8 de setembro, así como o 28, 29 e 30, festivo local, no que La Fórmula será a encargada de pechar as festas na Praza Maior.

As xornadas deportivas e eventos especiais súmanse a esta programación que a concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, e a concellería de Eventos, que dirixe Cristina Fernández, irán detallando ao longo destes días.

“Actividades participativas e para tódolos públicos é o obxectivo principal desta programación festiva, na que quixemos contar coas orquestras nos días festivos e con múltiples actividades de entretemento para o resto do mes”, explica Cristina Fernández.

O concello distribuirá, como xa é habitual, nas instalacións municipais os trípticos coa programación das festas de setembro para que toda a cidadanía a poida desfrutar.

Festival Arraianos de Tui, unha viaxe ao medievo

0

Tui volverá facer unha viaxe á época medieval do 30 de agosto ao 1 de setembro da man do cuarto Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Cada ano na cidade ábrese un desfase temporal polo que regresa a distintas épocas do pasado debido ás avarías que sofre unha máquina do tempo deseñada por unha científica tola.

Así comezou hai catro anos un festival que dende o primeiro momento contou coa involucración da cidadanía, do comercio e da restauración local, e que edición a edición vai gañando adeptos tanto entre tudenses coma entre visitantes.

O festival foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui. Un acto no que o alcalde, Enrique Cabaleiro, fixo un recoñecemento público aos promotores do evento encabezados pola súa directora, Andrea Costa, por crear este festival que “era unha das carencias a nivel cultural que tiña o municipio tendo en conta que Tui ten o marco idóneo para un evento desta índole”, dicía.

Engadía o rexedor tudense que “a implicación social é fundamental para consolidar un evento desta magnitude” e afirmou que “hai que facer unha aposta decidida e firme se o queremos consolidar”. Facía así un chamamento ao tecido socioeconómico para sumarse ao festival.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que este é un evento que abrangue cultura e lecer nas rúas do conxunto histórico, que ano a ano vai crecendo.

Mentres Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín foron os responsables da explicar a programación que se poderá gozar do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro.

Mercado Medieval

O Festival comezará o venres ás 20 h coa apertura do Mercado Medieval que se desenvolverá nas prazas do Concello, San Telmo e Fromista. Abrirá o venres de 20 a 00 h, o sábado de 12 a 00h e o domingo de 12 a 22 h, aínda que tanto sábado como domingo está establecido un descanso voluntario por parte dos participantes de 15 a 19 h.

Ceas de Taberna e Noite da Donzela

No cárcere vello celebrarase o venres, ás 21.30 h as «Ceas de Taberna» na que os comensais deben ir ataviados da época medieval para poder gozar o menú formado por receitas medievais e inspiradas en Xogo de Tronos: polo ao mel. cenorias salteadas con manteiga. pastel medieval de porco, pastel vexetal, carne á brasa, ensalada de sansa, galletas de mel medievais. mazás asadas e froita, con viño, cervexa, e auga.

O prezo da cea é de 20 € para adultos, 15 € para rapaces e rapazas de 11 a 16 anos, e 10 € para nenos e nenas de 6 a 10 anos. O menores de 5 anos cearán de balde. Existen descontos para grupos de máis de 5 adultos, e familias con máis dun neno. A entradas pódense mercar xa na web de Arraianos. Está limitada a 40 comensais.

Ás 23.30 h na praza de San Fernando celebrarase a «Noite da Donzela» con espectáculos medievais a cargo de Circocido e Asacocirco.

A Conquista do Miño en kaiak e xogo infantil

O sábado, 31 de agosto, ás 19 h celebrarase a carreira popular en kaiaks «A Conquista do Miño». Na mesma os participantes partirán da praia da Mariña e terán que ir até a vella Ponte Internacional na busca dos lazos de cores que lles darán a vitoria. A inscrición está aberta na web asociacionarraianos.es.

Ás 20 h, tamén no Paseo Fluvial, celebrarase o xogo infantil «Mouchos, coruxas, sapos e bruxas» dirixido a maiores de 10 anos.

Xogo de rol Habelas Hailas e espectáculo Noite de Curuxas

O sábado ás 22 h celebrarase o xogo de rol «Habelas Hailas», unha das novidades da edición deste 2019. O número de prazas para participar no xogo está limitado a 30, que se cubrirán por orde de inscrición. Os interasados en participar deben enviar un correo electrónico a [email protected] co asunto «Habelas Hailas» e indicando o nome e apelido, idade e teléfono de contacto dos participantes. A participación é gratuíta.

Este xogo de rol ambiéntase no século XIV tras a desaparición do Malleus Maleficarum, coñecido coma o Martelo da Bruxas, e que fora empregado durante moito tempo polos inquisidores para a caza de bruxas.

Ás doce da noite Circocido e Hípica Celta serán os protagonistas dos espectáculos da «Noite das Curuxas» na praza de San Fernando.

Visitas teatralizadas e conferencias

Están previstas tres visitas teatralizadas. A primeira delas, con temática de medo, será o sábado, 31 de agosto, ás 23 h –en pase único– co título «Noite das Curuxas». Na mesma percorreranse os recunchos medievais máis escuros da cidade. Xa o domingo, con dobre pase, o primeiro ás 18 h e o segundo ás 19.30 h realizarase a «Visita Teatralizada Arraianos» centrada no mundo viquingo.

A participación nas visitas é limitada e é preciso inscribirse previamente en asociacionarraianos.es. Teñen un prezo de 8 € por adultos, 4 para rapaces e rapazas de 11 a 18 anos, e gratuíta para os menores de 10 anos.

O domingo a programación ábrese ás 12h no cárcere vello coa conferencia Arraianos a cargo do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela.

Noite do escudeiro

O domingo, 1 de setembro, ás 21h celebrarase no Paseo Fluvial a «Noite do escudeiro» que presenta unha serie de espectáculos medievais con combates corpo a corpo, xustas medievais,…

Caracterización Medieval

Está aberto o prazo, para os establecementos de Tui, para participar no concurso de Caracterización Medieval, no que competirán pola mellor adaptación medieval da súa vestimenta e dos seus locais. No mesmo valorarase a vestimenta, adaptación do local e orixinalidade.

O local gañador obterá o Trofeo de Caracterización. O locais que desexen participar deben enviar un correo a [email protected] co asunto: Caracterización Medieval. O xurado avaliará o venres á mañá os establecemento participantes e o domingo darase a coñecer o ganador.

Proposta gastronómica medieval

Cinco locais de Tui ofrecerán durante o festival –de venres a domingo de 20 a 23 h- un receitario medieval no que poderán degustar as tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 2 €. Será Pasteis medievais de París en Puro Sabor (so o venres); Krépa D’nos en Tapería Época; Manxar de Meigas en El Pórtico, Camiño de Santiago en Tapas e Viños, e Carne ao caldeiro en O Novo Cabalo Furado.

A música de Cabo Verde chega o domingo a Nigrán da man de «Batuko Tabanka»

0

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este domingo 24 de agosto ás 19:00 h, na Praza Mogimes, –ao carón do porto de Panxón– a actuación do grupo Batuko Tabanka, integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense.

A emigración, a identidade ou a situación da muller son algunhas das cuestións que centran os temas de Batuko Tabanka, que vai intercalando entre eles breves explicacións.

O grupo reivindica a música tradicional de Cabo Verde ao tempo que difunde a súa cultura entre a sociedade galega, visibilizándoa e favorecendo actitudes de respecto cara a poboación migrante. Así o fan mentres baten con forza e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas, o batuko, e mesmo saíndo a bailar nalgunhas cancións.

Valença ultima novos produtos de turismo verde

Dende hai tempo, Valença de Minho é un concello que marca a liña a seguir en turismo verde e aproveitamento de recursos naturais. Este turismo sustentable contará, en breve, con novos atractivos ao dotar á zona dun novo corredor verde, a Ecovia das Veigas do Rio Minho e os Passadiços do Mosteiro de Sanfins. E unha forte aposta polo turismo verde que busca, segundo explica a Câmara Municipal, “mostrar algúns dos recunchos naturais e patrimoniais máis máxicos de Valença”.

Ecovia das Veigas do Rio Minho

As Veigas do Rio Minho, é un novo corredor verde cun percorrido de 5,6 quilómetros que pasa polas freguesías de Valença, Ganfei e Verdoejo.

As Veigas do Rio Minho complementan o percorrido da Ecopista do Rio Minho e buscan aproximar esta vía emblemática ao río. O percorrido comeza no peirao en Valença e segue paralelo ao río ata Verdoejo, con conexión á Ecopista existente.

Passadiços e Casa na Árvore no Mosteiro de Sanfins

Trátase dun circuito interpretativo, con pasarelas, casa da árbore, pergolas de lectura, binóculos panorámicos, observatorio de aves, parque infantil e de merendas e puntos de descanso, todo iso na Quinta do Mosteiro de Sanfins.

O percorrido pasará tamén pola Igrexa Románica, as ruinas, a Capela da Senhora do Loreto, as fontes e o muíño. Todo un mundo natural e patrimonial encantado e singular que, en breve, estará operativo.

Potenciar o Turismo de Natureza

Con estes dous investimentos, tal e como sinala a Câmara Municipal de Valença, búscase “reforzar a aposta polo turismo de natureza proporcionando máis atractivos de entretemento, lecer e interpretación para quen visita o muncipio”.

As campaña da Deputación de control da acacia e impulso de froitos do bosque, chega ás Neves

0

As campañas que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha en colaboración coa Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), para o control da mimosa (acacia dealbata L.) e a promoción do cultivo dos froitos do bosque estiveron esta mañá no concello de As Neves.

As iniciativas para frear a acacia invasora e impulsar o cultivo de froitos de bosque comezaron este mes de agosto coa recente instalación de postos informativos en Vilagarcía de Arousa e na Estrada. Tralo paso por As Neves, os próximos puntos previstos no itinerario son os concellos de Nigrán e Cuntis.

Ao abeiro destes dous programas, móntanse stands itinerantes dotados de paneis explicativos. O persoal dos postos informativos reparte dípticos e información relevante e ofrece unha atención especializada a tódalas persoas interesadas. O programa inclúe, ademais, dúas xornadas técnicas impartidas por profesionais do sector.

A iniciativa, en colaboración coa Federación Galega de Medio Ambiente e a Asociación Sectorial Forestal Galega, ten Nigrán e Cuntis como próximos destinos

A Deputación de Pontevedra dedica 37.000 euros ao convenio con FEGAMA para a sensibilización contra a acacia. O obxectivo non é só informar á poboación sobre os efectos das especies exóticas invasoras na biodiversidade, servizos, ecosistemas, infraestruturas e a saúde humana, senón tamén espertar o interese a propietarios forestais particulares e das Comunidades de Montes en Man Común para a prevención e control da expansión desta especie.

A acacia dealbata L., tamén coñecida como mimosa, acacia, ou acacia francesa, é unha ameaza para os ecosistemas, os hábitats e as especies, especialmente na provincia de Pontevedra. A árbore transforma o hábitat con gran rapidez, impedindo a rexeneración da vexetación natural destruída, especialmente despois dos incendios forestais.

No que atinxe ao convenio con ASEFOGA trátase de impulsar o cultivo sustentable dos froitos do bosque en terras abandonadas. Neste caso, a Deputación destina 36.000 euros a promover o cultivo sustentable, mellorar o coñecemento dos froitos de bosque (moras, arandos ou framboesas) e facer fincapé na importancia ambiental da recuperación das parcelas agrícolas e forestais en desuso.

Este programa está dirixido ás persoas emprendedoras do sector agroforestal e tamén á poboación en xeral, tanto á que reside no medio urbano como no medio rural, posto que o aproveitamento agrario do solo é unha estratexia valiosa contra os incendios, mellora a calidade da paisaxe, a riqueza de especies animais e vexetais, ao mesmo tempo que fomenta a creación de emprego no rural.

Aberta a inscrición para a «XIV Travesía a nado Porto da Guarda»

0

O vindeiro sábado día 7 de setembro terá lugar no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs amantes da natación na complicada especialidade de augas abertas.

Promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda e Noko Deporte y Salud. Contará coa colaboración do club de Remo Robaleira, Club ALAGUA e Confraría de Pescadores Santa Tecla.

As inscricións están xa abertas ata o 4 de setembro na web www.galitiming.com ou directamente nesta ligazón, contando con dous percorridos, un de 400 m para as categorías A, B, C e D e outro de 1.200m para as categorías E, F, G, H, I, J,K e L.

Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe de 6 € para as inscricións realizadas ata o 31 de agosto e 8 € para formalizadas entre o 1 e o 4 de setembro. As categorías de nenos e nenas –A, B, C e D– son de balde.

A inscrición inclúe un gorro numerado, seguro de accidentes, cronometraxe e avituallamento final.

Os nadadores e nadadoras non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor/a autoricen a súa participación. O impreso de autorización, que pode descargarse nesta ligazón, debe enviarse asinado previamente ao correo [email protected] ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.

A proba comezará ás 12:00 h no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18 º ou por decisión da organización. O regulamento polo que se rexerá a proba pode descargarse dende este enlace.

Redondela, un plató de luxo para a rodaxe de «María Solinha»

0

A rodaxe do novo filme de Ignacio Vilar, María Solinha, chegará a vindeira semana a Redondela logo de gravar en Vigo e Cangas. O equipo, composto por medio cento de persoas, transformará as rúas en platós cinematográficos. A gravación comezará o luns 26 en Cesantes, no bar Tranquilo.

A xornada continuará o martes 27 na lonxa no Cemiterio dos Eidos, o xoves en San Simón e na praia da Punta e, finalmente, o venres 30 de agosto acudirán á casa do pintor Ángel Barros e rematarán no casco vello de Redondela.

O Concello de Redondela, que é unha das entidades colaboradoras nesta gravación, apunta a importancia que teñen estes días para a vila. “Poder levar á gran pantalla as paisaxes da enseada ou o baile das espadas é unha oportunidade para a promoción da nosa cultura e turismo”, apunta Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, chama á participación e colaboración cidadá pois “Redondela será un dos espazos protagonistas da película de Ignacio Vilar, na cal a lenda da coca é un dos fíos condutores do guión”.

Redondela mellora os vestiarios do Club Deportivo Choco e contorna de Santa Mariña

0

O Concello de Redondela comezará, esta vindeira semana, os traballos de mellora dos vestiarios e peche da área de seguridade do corpo arbitral no campo de Santa Mariña, campo no que disputa os seus partidos o C.D. Choco.

Os traballos veñen sendo reclamados dende hai tempo pola directiva e xogadores do Choco. A necesidade de arranxo é tal que os baños estaban pechados “por unha falta clara de mantemento”, sinalan dende o Concello redondelá.

A alcaldesa Digna Rivas, considera “de urxencia” a realización destas obras de mellora para que os equipos poidan comezar a tempada en condicións optimas, “cousa que non acontecía ata o de agora”.

Doutra banda, a Concellería de Vias e Obras vén de dar por rematados os traballos de rozado na contorna do campo de futbol de Santa Mariña que, segundo o Concello de Redondela, “atopábase nun lamentable estado de abandono, debido a grande cantidade de maleza acumalada durante meses amais de plásticos e vidros.

O Concello de Redondela convida a gozar do Entroido de Verán “respectando a convivencia e o medio ambiente”

0

A Concellería de Cultura do Concello de Redondela quere facer un chamamento para que todas as persoas que se acheguen a vixésima segunda edición do Entroido do Verán que se celebrará este próximo sábado en Redondela, o fagan gozando da festa pero respectando a convivencia co resto dos veciños e veciñas e colaborando no mantemento de todo o casco urbano da vila nas mellores condicións posibles.

O Concello deseñou a programación deste entroido de verán coa intención de que fose o máis participativo, inclusivo e sostible posible. “Esperamos que a xente desfrute coma sempre desta festa que tanto apreciamos os redondeláns/ás, pero ao mesmo tempo, nos gustaría que o comportamento fose máis cívico ca nunca”, comenta o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa. Para isto, a Concellería deseñou unha campaña de concienciación a través de diversos cartaces.

“O Entroido de Verán de Redondela é un referente a nivel galego, e o seguirá sendo, pero temos que facer compatibles a diversión co respecto ao medio ambiente (tratar de ensuciar o menos posible) e á convivencia con toda a veciñanza do casco urbano de Redondela. O Concello ten preparado un dispositivo de limpeza específico que se porá en marcha ás seis da mañá do domingo. Confiamos en que os asistentes ao Entroido axuden ás brigadas porque a mellor maneira de limpar e non ensuciando”, conclúe Boullosa

O Concello ten preparado un dispositivo de limpeza específico que se porá en marcha ás seis da mañá do domingo. Confiamos en que os asistentes ao Entroido axuden ás brigadas porque a mellor maneira de limpar e non ensuciando”, apunta Boullosa

Sesenta urinarios públicos, eliminación de barreiras e plan de seguridade

Na liña de tratar de manter as rúas e xardíns do casco urbano de Redondela no mellor estado posible, o Concello instalará para este Entroido sesenta urinarios públicos, duplicando así o número fronte anos anteriores e aumentando sanitarios para persoas con mobilidade reducida.

Asemade, seguindo a liña dun Entroido inclusivo e co obxectivo de eliminar o máximo de barreiras físicas e cognitivas posibles, instalaranse ramplas de acceso e zonas especialmente habilitadas nos concertos para que as persoas con mobilidade reducida poida desfrutar das actuacións programadas.

A maiores, colocaranse pictogramas en diferentes puntos chave da vila, que indiquen as zonas e servizos principais. E, por suposto, está deseñado un plan de seguridade coas medidas axeitadas para este tipo de eventos.

Toda esta información de servicio está contida en dípticos que xa se están a repartir polas rúas de Redondela.

Barreiras anticontaminación no Alvedosa

A Concellería de Medio Ambiente ten preparadas unhas barreiras para seren instaladas no río Alvedosa para atrapar os plásticos que accidentalmente poidan caer ó río.

As barreiras polo de agora están nas beiras do río e só se atravesarán no canle no momento en que comence a festa. A intención é intervir o menos posible no ecosistema fluvial. O material anticontaminación foi aportado por unha empresa especializada e a súa instalación está sendo supervisada por técnicos e técnicas do Concello.

Ponteareas inspeccionará “e sancionará” o incumprimento de horarios e depósito de residuos da venda ambulante

A Concellería de Medioambiente e a de Bo Goberno que dirixen Rosa Covelo e Roberto Mera, respectivamente, anunciaron que se “inspeccionará e sancionará o incumprimento dos horarios e o depósito de residuos na venda ambulante”. Os dous edís sinalaron que “nos mercados e feiras dos sábados e días 14 de cada mes unha parte dos vendedores ambulantes non cumpren coas súas obrigas e deixan a vila nun estado deplorábel cheo de lixo, basicamente plásticos, que ademais co aire se dispersan por diferentes rúas e prazas”. 

Rosa Covelo explica que “o feito de que ao remate do mercado haxa un servizo municipal de limpeza non quere dicir que os ambulantes podan deixar os residuos tirados de calquera xeito, están obrigados a depositalos nos colectores ou en caixas debidamente atados”. 

O incumprimento da obriga de limpeza está tipificado como falta leve cunha sanción de até 100 euros e que, en caso de reiteración, podería considerarse grave e moi grave con perda da autorización de venda ambulante en Ponteareas.

Ademais, os vendedores ambulantes deben ter completamente recollidas as súas instalacións e realizadas as labores de limpeza antes das 15:30, horario que en ocasións se está incumprindo por parte dalgúns vendedores. 

Mera explica que o incumprimento da obriga de limpeza está tipificado como falta leve cunha sanción de até 100 euros e que, en caso de reiteración, podería considerarse grave e moi grave con perda da autorización de venda ambulante en Ponteareas.

O concelleiro adiantou que nestes días se está a distribuir unha circular entre todos os vendedores ambulantes lembrándolles as súas obrigas e advertíndoos de que se farán inspeccións para rematar co problema. 

Covelo e Mera piden ademais a colaboración cidadá, que os consumidores e compradores non tiren os envoltorios ou embalaxes das súas compras no mercado e que informen ao Concello de calquera incumprimento das obrigas dos vendedores.

O concerto de «De Vacas» abre hoxe o programa do «Entroido de Verán» de Redondela

0

O concerto que hoxe ás 22 horas ofrecerá De Vacas no palco situado nas inmediacións da Casa da Torre, abre oficialmente o programa do «Entroido de Verán» de Redondela que encherá a vila dos viadutos de cor, música, cultura e actividades ata ben entrada a mañanciña do domingo.

A programación oficial do «Entroido de Verán», como no seu momento explicou o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, rematará ás 00:30 horas do domingo, se ben a festa continuará nas rúas, nas terrazas e nos bares ao tomar a hostalería o relevo e aproveitando que, ao ser festa local, poden manter abertas as portas un poco máis do que é habitual.

Búscase por parte do Concello que preside Digna Rivas, un Entroido “máis familiar” e comezar a poñer os primeiros pasos para afastalo da imaxe de macro botellón que viña collendo durante os últimos tempos e, con esa intención, a actividades para os máis cativos refórzanse para que poidan gozar da festa.

A igualdade, inclusión e diversidade serán outros dos puntos fortes deste Entroido que, tal e como adiantábamos onte en Comarcas na Rede, contará cun punto Violeta e, por primeira vez na súa historia, cun Punto Arco da Vella, “para darlle ao colectivo LGTBIQ a visibilización e o protagonismo que merece”, como sinalaba a alcaldesa de Redondela

Mañá

O deporte será a primeira das actividades do «Entroido de Verán» xa que na pista de baloncesto da Alameda, entre as 11 h e as 13 h, terá lugar o Obradoiro do Club Baloncesto Redondela de Baloncesto 3×3.

De 12:15 h a 13:15 h, o palco da Alameda Castelao será escenario do concerto infantil de Paco Nogueiras Radio Bule Bule.

Ás 13:30 h, sairá do Concello a batukada itinerante Son do Lila que percorrerá ás rúas ata, aproximadamente as 14:15 horas.

Tarde

Xa as 17 horas, o palco da Alameda Castelao acollerá o segundo concerto infantil A Gramola Gominola.

A esa mesma hora, ás 17 horas na pista de baloncesto da alameda, continuarán as actividades do obradoiro de baloncesto 3×3 que se alongarán ata as 20 horas.

A Alameda Castela tamén será o lugar onde, entre as 17:30 h e as 20:30 h desenvólvanse unha serie de interesantes obradoiros para todas as idades como son os de Pinta Caras, Peiteados Loucos e Máscaras Refugallas.

Entre as 17:45 h e as 18:45 h, Paco Nogueiras volverá a ser protagonista deste «Entroido de Verán» cun novo concerto infantil, o Brinca Vai que terá lugar na pista da Xunqueira.

A partir de ahí, o programa amplo e intenso, podería ser cualificado como “un non parar” porque, de feito, as actuacións, concertos e actividades permitirán gozar de todas elas sen apenas descanso.

18 h a 18:45 h Musicleta, música itinerante para toda as idades na Alameda Castelao; 18 h a 19 h, o espectáculo intantil Mago Noel na pista de petanca; 19 h a 20 h, concerto de rock local –o Entroido de Verán aposta xa nesta edición por potenciar aos grupos locais e da contorna– con Chaleco Reflectante no palco da Casa da Torre; 18 h a 19 horas e con saída da Casa do Concello, a música itinerante de Mekánica Rolling Band; 18:15 h a 19 horas, volve ás rúas a batukada itinerante de Son do Lila nos Xulgados da Xunqueira; nese mesmo lugar, ás 18:30 h terá lugar un máis que prometedor Desafío Itinerante Son do Lila vs Eletromecánica.

Xa as 19 h e ata as 20 h, no palco da Ribeira, a música local volve á escena esta vez co DJ Borja Rúa; de 19:30 h a 20 h no palco da Alameda Castelao, concerto infantil a cargo de Maimiña. Entre as 19:30 h e as 20 h, desenvolveránse outros dous obradoiros: Aprendendo a graffitear, no exterior do Multiúsos da Xunqueira, para nenos e nenas a partir de 12 anos e Danza Moderna que terá lugar na costa de inicio da rúa Reveriano Soutullo para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Ás 20 h e ata as 21 horas no palco da Ribeira, a Dj galega DJ Ningún DJ fará vibrar aos asistentes cunha mostra do seu excelente traballo. De 20 h a 21 horas a música infantil volve á pista da Xunqueira con Uxía Lambona e a Banda Molona é as 20:30 h e ata as 21:15 horas as rúas volven a encherse de són coa música itinerante para todas as idades de Musicleta.

Noite

E xa, a partir do serán, a música enche o «Entroido de Verán» –se que queda algo por encher nun programa amplo, variado, diverso e para todas a idades organizado pola Concellería de Cultura–. As 20:30 h no palco da Casa da Torre, un concerto de xabarín bravú que á xeración que medrou co Xabarín Club lles traerá máis dun recordo. Será o que ofreza Collón de Lola quen tivo un notable éxito na última edición do Berete Rock de Chapela.

Ás 21 h volve a músida Dj para todas as idades, volve ao palco da Alameda Castelao da man de DJ Zas e Cañotas. Ás 21:30 h, no palco da Ribeira Holly, animación multicor e ás 21:30 h no palco da Casa da Torre, un extraordinario espectáculo de diversidade musical a cargo de Arco da Vella. As 21:45 h o palco da Ribeira será o lugar onde The Teta’s Van ofrecerán un concerto de versións rockeiras e galegas.

Finalmente, ás 22 h, La fiesta Madre, Dj funkys e divertidas, que se alongará ata pasadas as doce da noite, poñerá fin ao programa oficial do Concello de Redondela deste «Entroido de Verán».

Porén a festa, como sinalaban no seu momento tanto a alcaldesa Digna Rivas como o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, seguirá nas rúas, nas terrazas e nos bares tomando o protagonismo a hostalaría redondelá. Non se pode esquecer que, como no seu momento apuntou Boullosa, “o Entroido de Verán foi unha festa ideada pola hostalería e pouco a pouco esa hostalería terá que ir volvendo a recuperar ese protagonismo”.

«A maxia dos contos» chega a Biblioteca do Rosal

0

Este mércores chegou á Biblioteca Municipal do Rosal «A maxia dos contos» unha actividade enmarcada dentro do programa «Ler conta moito» coa que se busca fomentar e dinamizar a lectura entre os diversos colectivos.

Con «A maxia dos contos», os máis cativos tiveron a oportunidade de experimentar as sorpresas que se agochan dentro dos libros, de ser os protagonistas das historias escritas nas súas páxinas e mesmo de escribir coa forza das súas mentes un conto sobre animais.

Foi unha actividade máxica na que os personaxes dos contos cobraron vida a través de monicreques e na que os asistentes riron, crearon, cantaron e ata se mergullaron nas historias que se contaron.

Quedan moitas máis actividades coma esta programadas para as próximas semanas, actividades que poden ser consultadas na web do Concello do Rosal.

A veciñanza de Mondariz Balneario mobilízase na defensa da «Fonte de Troncoso»

A veciñanza de Mondariz Balneario vén de convocar, para o vindeiro domingo, 25 de agosto, unha iniciativa que quere ser o primeiro paso para a recuperación dun extraordinario ben patrimonial sumido no máis absoluto dos abandonos: a «Fonte de Troncoso».

A convocatoria, non pode ser máis clara ao sinalar, as veciñas e veciños organizadores que adoptan esta medida “asumindo a ausencia dun goberno da Xunta ou do Concello capaz de xestionar a problemática que existe coa Fonte de Troncoso”.

O chamamento, non é so á veciñanza de Mondariz Balneario, snon “da contorna e a de todo o territorio galego, sensibilizada, e que sinte como propia a defensa dos intereses do pobo galego e da súa cultura, material e inmaterial”.

Ante esa ausencia de iniciativas por parte de quen debería tomalas, dito sexa de paso, veciños e veciñas recoñecen “a necesidade da defensa do noso patrimonio, e considerámonos mais que facultadas para promovela defensa dos intereses públicos da vila de Mondariz Balneario”.

Así que, “fartos do inmobilísimo das institucións e da propiedade do inmoble, pómonos mans a obra para recuperar, limpar, coidar e adecentar, pola nosa conta, da Fonte de Troncoso”. Pódese dicir máis alto pero non máis claro.

Como primeira acción veciñal o dia 25 de Agosto as 11 h convocan a tódalas persoas maiores de 18 anos que, baixo a súa responsabilidade, queiran participar voluntariamente no adecentamento e limpeza da Fonte de Troncoso.

Prégase a asistencia seguindo as normas de seguridade e hixiene no traballo de limpeza (luvas, bo estado das ferramentas, etc.) e coidado do patrimonio protexido.

O Hóckey Club Ponteareas e os clubs de patinaxe Luar e Tea organizan o «Ponte Sobre Rodas»

O complexo deportivo Álvaro Pino acolle ata mañá o III stage de tecnificación de hóckey organizado polo Hóckey Club Ponteareas en colaboración co concello de Ponteareas a través da concellería de Deportes e da concellería de Mocidade . Impartido por adestradores profesionais chegados do Liceo da Coruña e do propio club pontereán conta con adestradores específicos para porteiros e porteiras.

Durante o desenvolvemento do campus, os e as participantes recibiron a visita de xogadores de división de honor actual (Ok Liga), máxima categoría do hóckey en España.

Día do Patín

O Hóckey Club Ponteareas comeza o seu intenso traballo de recuperación do esplendor desta modalidade deportiva na nosa comarca e organiza en colaboración co club de patinaxe Luar e co club de patinaxe Tea para mañá venres a partir das cinco de tarde unha xornada que rende homenaxe ao patín.

Deste xeito nace Ponte sobre Rodas, unha iniciativa que convida a gozar dos deportes sobre rodas. Deste xeito ás 17:00 horas na Praza Maior haberá un 3×3 de hóckey sobre patíns; de 19 h a 19:45 h terá lugar na mesma praza unha exhibición de patinaxe artístico e ás 20:15 h un desfile. Ponte sobre Rodas remata co concerto de Errantes.

Durante toda a tarde tamén haberá xogos populares e clases de traballo de iniciación ao patinaxe.

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, quixo salientar “o esforzo que as directivas dos tres clubs realizan na promoción do deporte entre a infancia e mocidade, contribuíndo a fomentar entre a sociedade hábitos de vida saudabeis”.

Oia contrata unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas

0

O Concello de Oia acaba de contratar unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas, debido a gran cantidade de solicitudes formuladas, para contribuír a mellora da prevención de incendios forestais. O contrato terá unha duración de 4 meses, prestando servizo no Concello os luns, xoves e venres.

Esta contratación resulta do segundo proceso de selección de persoal iniciado polo Concello, xa que o primeiro, iniciado no mes de marzo, quedou vacante.

As tarefas que realizará a técnica forestal será xestionar as denuncias relacionadas coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios e a Lei 7/2012 de Montes de Galicia; a comprobación do cumprimento ou non das obrigas de limpeza das parcelas; as demandas de información sobre autorización de cortas e queimas; a tramitación dos expedientes de corta ou queimas en núcleos e sobre denuncias de vertidos incontrolados; a información sobre a Lei de prevención e defensa contra incendios, fundamentalmente sobre distancias do arborado ás vivendas e obrigas dos propietarios forestais, dar charlas informativas sobre cuestións relacionadas coa prevención de incendios; as obrigas de limpeza das parcelas, etc.

Dende o Concello se recorda que os terreos dos núcleos tiñan que estar limpos antes do 31 de maio; así como as franxas de 50 metros en torno aos núcleos de poboación, edificacións e instalacións e franxas de 10 metros das estradas, que deben estar libres de maleza e árbores pirófitos.

Se lle vai a dar prioridade as fincas de maior risco para a poboación, recordando que se as limpezas de fincas non se executan poden ser obxecto de sanción ou limpeza subsidiaria, previos os trámites legais correspondentes, repercutindo o gasto aos propietarios.

En materia de prevención de incendios, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, sinala que “o Concello tamén asinou por terceiro ano consecutivo un Convenio coa Consellería de Medio Rural, para a cesión dunha motobomba e a subvención dos costes laborais de tres condutores, durante tres meses”.

A Deputación amplia en setembro os cursos do proxecto «Millennials 2019»

A Deputación de Pontevedra iniciará no vindeiro mes de setembro un total de dez cursos do Proxecto Millennials 2019, o plan dirixido á mocidade da provincia co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e acceso ao mercado laboral, a través de formación e asesoramento gratuíto ligado ao emprendemento.

Entre estas accións formativas figura a nova edición de dous cursos en Pontevedra e Vigo que se están a desenvolver desde xullo, pero que a Deputación decidiu repetir nunha nova convocatoria pola súa gran demanda e acollida.

Trátase dos cursos «Márketing dixital: estratexias SEO, SEM, redes sociais e análise de tráfico web», que se ofrecerá en Pontevedra do 17 de setembro ao 7 de novembro, e «Creación de contidos dixitais (videoxogos, imaxe e vídeo)», que se desenvolverá en Vigo do 17 de setembro ao 18 de novembro. As persoas interesadas poden inscribirse xa nos correos electrónicos [email protected] e [email protected].

Os oitos cursos restantes desenvolveranse, ademais de en Pontevedra e Vigo, en Vilagarcía e Ponteareas. No primeiro caso, están previstas as accións formativas «Creación e xestión de tendas en liña», que terá lugar no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra do 19 de setembro ao 18 de novembro, con 316 horas; e «Xestión de fidelización de establecementos turísticos» , que tamén terá lugar no Príncipe Felipe do 17 de setembro ao 28 de outubro, con 166 horas.

Por outra banda, Vigo acollerá tamén outras catro accións formativas, que terán lugar na sede da Deputación na cidade olívica. Trátase de «Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado», de 316 horas e que se desenvolverá do 16 de setembro ao 18 de novembro; «Creación de aplicacións móbiles (aplicacións para Android e IOS)», tamén de 316 horas e que terá lugar do 17 de setembro ao 18 de novembro; «Organización e Xestión de Produción: Lean Manufacturing 4.0», de 312 horas entre o 16 de setembro e o 18 de novembro e, por último, «Xestión de empresas turísticas. Deseño e desenvolvemento de produtos», con 166 horas repartidas entre o 16 de setembro e o 28 de outubro.

«Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado» é o curso que terá lugar en Vilagarcía (Matosiños), cun total de 316 horas entre o 16 de setembro e o 15 de novembro, mentres que o CDL de Ponteareas acollerá a acción formativa «Programación web con software libre. Web development bootcamp» do 17 de setembro ao 19 de novembro, cun total de 316 horas.

As inscricións a estes outros oito cursos poden facerse a través deste enlace web e as persoas interesadas poden obter maior información a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 986 804 100 (extensións 40652 e 40267).

O Proxecto Millennials está dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, con cursos deseñados e adaptados ás súas necesidades e as necesidades do tecido industrial da provincia, no marco do Plan Nacional de Garantía Xuvenil. Este proxecto enmárcase así mesmo no convenio de colaboración entre a institución provincial e a Escola de Organización Industrial, dentro do Programa Operativo de Garantía Xuvenil.

Pedro Covelo e Brais Vila, os máis habilidosos no xogo tradicional do Pau de Sebo de Ponteareas

Por segundo ano consecutivo a xornada festival no parque de San Roque resultou todo un éxito sendo o xogo popular do pau de sebo o que máis curiosos e siareiros atraeu. Facendo gala de habilidade e valentía, os e as xogadoras ofreceron espectáculo na dúas modalidades deste tradicional xogo, a vertical e a horizontal.

[su_slider source=”media: 5192,5194,5195″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″]

Na modalidade vertical o primeiro posto para Brais Vila Pereira, o segundo posto para Iria Lemos Fernández, o terceiro posto Roberto Lemos González e o cuarto posto para Logan Martínez Pousada. Na de pau horizontal o primeiro posto foi para Pedro Covelo, segundo Ángel Lamas Aguado e o terceiro para Jaime Domínguez Cordero.

Nigrán celebra un «Rock in Patos» inclusivo que homenaxeará os 50 anos do festival de Woodstock

0

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 24 de agosto a súa segunda edición de ‘Rock in Patos’ rendendo homenaxe aos 50 anos da celebración do mítico festival de Woodstock con bandas tributo a Jimi Hendrix e Creendence Clearwater Revival.

A explanada do mercadillo de Patos (rúa Cansadoura) coas súas marabillosas vistas á praia de Abra será o escenario elixido para revivir a histórica congregación hippie dende as 19:00 horas a través de Spanish Castle Magic (tributo a Jimi Hendrix, 20:00 horas) e Greenwater (tributo a Creedence Clearwater Revival, 22:00 horas).

Este será ademais un ‘Rock in Patos’ inclusivo grazas ás cinco mochilas vibratorias adquiridas recentemente polo Concello de Nigrán para o uso das persoas xordas, así, os interesados en empregalas deben solicitalas previamente no mail [email protected] (co obxectivo de que poidan experimentalas o maior número de xente posible o tempo será dividido entre todos os interesados ata un máximo de 15 por concerto).

Paralelamente, o Concello de Nigrán, a través do Centro de Información á Muller (CIM), instalará un punto violeta coa campaña «Nunca sen un si» de prevención e información sobre as agresión sexuais. ‘Rock in Patos’ volverá novamente a unir ‘Rock&Food’ coa presenza de Chac-Mool, Capitán Filloa e Mean Dogs.

“Viviremos un solpor espectacular cara a Praia de Abra coa música de dúas das bandas máis representativas de Woodstock, mítico festival ao que quixemos render homenaxe este ano no que se cumpre medio século da súa celebración”, explica Juan González, alcalde de Nigrán, e quen aposta por darlle a mesma continuidade ao ‘Rock in Patos’ que ao Nigranjazz, Solpor, Vive Nigrán ou ChandeFolk.

“En Nigrán programamos festivais durante todo o verán para tódolos gustos e idades e en espazos espectaculares que poñen en valor o noso municipio”, resume.

Spanish Castle Magic

É unha banda tributo a Jimi Hendrix formada por Rafa Muñoz, Alberto Lopo e David Outumuro, tres músicos profesionais cunha ampla traxectoria en diferentes campos musicais: concertos, arranxos, docencia, gravación en estudo, etc…

O son Hendrix é moito máis que unha Fender Stratocaster conectada a un Marshall e desde esta convicción traballan a conciencia ata conseguir reproducir fielmente a enerxía e o son orixinais do xenial músico conseguindo con rotundidade que o oínte máis experto peche os ollos e escoite á mismisima Experience, e mesmo que o público menos fan se sorprenda coa forza, a espontaneidade e a calidade deste trío.

A alta demanda técnica e a intensa implicación emocional que require este repertorio esixe aos tres músicos unha interacción constante para recrear de maneira convincente o estilo tan audaz e persoal de Jimi. A complexidade e a intensidade que se necesitan para reunir todos estes ingredientes é o motivo de que sexan tan escasos os tributos a Hendrix no panorama musical.

Greenwater

Greenwater é un grupo tributo a Creedence Clearwater Revival que repasa os grandes temas da banda californiana. Non é tarefa fácil recrear a voz e o rexistro de John Fogerty, pero Greenwater o consegue nos seus directos.

Son cru e moita enerxía vocal e instrumental son as claves dun espectáculo que fai brotar as sementes plantadas por a Creedence, cun estilo musical que combina o rock and roll con outros xéneros tales como o blues, o gospel, o country e o swamp rock.

A denominación xenérica Roots Rock (que se refire á música inspirada nas raíces tradicionais da música norteamericana) non existía na época en que se formou CCR, pero hoxe en día é perfectamente aplicable á súa estética.

O venres chega á praia de Patos, en Nigrán, o «Prado Surf Fest»

0

O vindeiro venres 23 de agosto, Prado Surf Escola celebra o seu tradicional campionato de noveis e groms na Praia de Patos (Nigrán), unha festa que durará todo o día e na que haberá moito surf, música, mercadillo surfeiro de segunda man e moito máis.

Hai anos xa que Prado Surf Escola, con 21 anos en activo, quere agradecer aos seus alumnos e familiares o seu apoio cun día para gozar en familia e amigos de moito surf, boa comida e música nunha contorna inigualable.

A xornada comezará ás dez da mañá co check in dos concursantes do campionato de surf e ao longo do día haberá actividades abertas ao público, como as clases de zoa con Bambú Nigrán ou a charla ambiental con CEMMA, ademais para os máis pequenos haberá espectáculo de maxia e festa da escuma na chaira de Patos.

Este ano Prado Surf Fest contará tamén cun mercadillo de segunda man para que os asistentes poidan vender ou intercambiar o material de surf que xa non utilicen. Ademais, desde a 13:00 h ata medianoite haberá foodtrucks e o solpor será amenizado por DJ Gus- G desde un autobús de dous pisos.

Os gañadores do campionato de noveis e groms, deste ano, levarán premios de tendas e marcas da zona, entre a que se atopan as lentes de sol de The Graphics Proyect, roupa de Vazva e Hi Surf e material técnico de Waira Surf.

Prado Surf Fest non sería posible sen a axuda do Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Surf, amais das casas comerciais que apoian este evento.

Prado Surf Escola nace no ano 1998 co propósito de promover e facer o surf accesible a todo o mundo en Galicia. Desde entón imparte clases de surf, pádel-surf, longboard e bodyboard durante todo o ano. Conta con varias escolas: Patos (Nigrán), A Lanzada (O Grove), Sabón (Arteixo) e Bastiagueiro (Oleiros), sendo Patos o centro principal.

O PP pedirá no Pleno do Porriño a inclusión do Concello no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía»

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño pedirá ao Pleno que acorde solicitar a inclusión do municipio no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» no que están xa implicados case que a metade dos concellos galegos e, segundo sinalan os populares porriñeses, “O Porriño non é un deles”.

Alejandro Lorenzo, portavoz do PP no Porriño explica que todos estes municipios “comparten unha visión común de cara o 2050: acelerar a descarbonización dos seus territorios, fortalecer a súa capacidade de adaptarse aos impactos ineludibles do cambio climático e conseguir que os seus cidadáns disfruten do acceso a unha enerxía segura, sosteñible e asequible”.

Dende a Xunta de Galicia, que exerce como coordinadora na comunidade, informouse a principios de ano a todos os Concellos invitándoos a unirse ao pacto e poñendo á súa disposición os medios precisos para facelo, “sen que o Goberno Municipal do Porriño o tivera en conta”, afirma o portavoz popular.

“De nada vale salir a facerse unha foto cos nosos nenos e nenas que saen á rúa para reclamarnos solucións a quen temos nas nosas mans dalas, mentres nos cruzamos de brazos”, lamentou Alejandro Lorenzo, “As fotos e as palabras non cambian as cousas, hai que actuar e hai que facelo xa”.

Neste sentido, o edil popular salientou que “na loita contra o cambio climático os concellos xogan un papel esencial. Da suma de pequenos xestos resultan grandes cambios” e para iso, “o compromiso debe ser firme e traducirse nunha planificación de medidas e obxectivos que aseguren un desenvolvemento sosteñible”.

Asinar esta alianza formalizaría o compromiso de respaldar o obxectivo europeo de reducción dos gases de efecto invernadoiro nun 40% para 2030 e a adopción dun enfoque común para a mitigación e adaptación ao cambio climático.

“Trátase dun compromiso político valente e necesario”, sinala Lorenzo, “O Porriño ten un enorme potencial e debemos coidar a pegada que deixamos no noso entorno, dirixirnos dende xa hacia un concello sosteñible, sensibilizado co coidado do noso medio e rexido por criterios de responsabilidade ambiental”.

A adhesión ao Pacto dos Alcaldes conleva levar a cabo un inventario de emisións de referencia e a evaluación de riscos e vulnerabilidades do Concello derivadas do cambio climático.

En base a toda esta información, débese redactar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sosteñible que inclúa as accións que se pretenden acometer. Adquírese o compromiso de presentar este plan de acción no prazo de dous anos dende a adhesión ao Pacto.

Unha estratexia de descarbonización das instalacións municipais, a elaboración dun Plan de Eficiencia Enerxética ou a incorporación de criterios de responsabilidade ambiental nas contratacións públicas, son algunhas das medidas propostas no proxecto dos populares.

Tui leva investidos 40 mil euros no mantemento dos centros educativos

0

Ao longo das últimas semanas, aproveitando as vacacións escolares, o Concello de Tui está realizando distintas obras de mantemento nos centros escolares cun investimento de 40 mil euros de fondos propios. O arranxo de teitos, solos, valados, pintado de aulas son parte das actuacións realizadas.

Debido a antigüidade dos centros educativos dende a concellería de Ensino son conscientes da necesidade doutras reparacións que se irán acometendo.

No CEIP de Rebordáns o Concello procedeu á reparación da fachada norte e ao cambio dos canalóns, amais do pintado interior e exterior do ximnasio.

No CEIP de Randufe levouse a cabo a substitución dos teitos da entrada e dunha aula, que estaban en mal estado. Amais pintáronse tres aulas e acondicionouse o patio escolar retirando un muro que había.

No CEIP de Pazos de Reis pintáronse dúas aulas, e acondicionouse a galería pechada, que se emprega coma aula de infantil, coa colocación dun novo solo. Tamén se adecentou exteriormente o centro.

No CEIP nº 1 levouse a cabo o pintado dalgunhas aulas empregando cores máis suaves. As actuacións no CEIP nº 2 centráronse na reparación do valado lindeiro co pavillón municipal, co obxectivo a medio prazo de substituílo completamente, e ampliouse o valado do areeiro.

Na aula de infantil do CEIP de Guillarei pulíronse e vernizáronse os chans, amais de selar un pozo negro no patio do centro, instalouse unha varanda para persoas con discapacidade, amais doutros arranxos menores.

Tamén se executaron arranxos en distintas aulas do CRA Mestra Clara Torres, e no CEIP de Caldelas, estando pendente neste centro unha obra de maior envergadura referida ao cambio de falsos teitos.

Arranca en Baiona o «Rilla na Rúa» a feira de gastronomía ‘callejera’ máis importante de Galicia

0

A feira gastronómica itinerante máis importante de Galicia, «Rilla na Rúa» chega a Baiona esta fin de semana. Dende este venres ata o domingo, esta feira de gastronomía callejera instalarase no Parque A Palma onde dez fook trucks ofrecen diversas propostas gastronómicas.

Como xa é habitual, o «Rilla na Rúa» conta cunha ampla programación paralela pensada para todas as idades que fan deste evento, dende hai tres anos, unha das citas imprescindibles do verán en Galicia. Miles de persoas de distintas localidades galegas disfrutaron xa de ampla programación de lecer que oferta esta feira.

A música no «Rilla na rúa» estará presente da man de distintos Djs e os concertos de grupos como Pega Negra (o venres), Algo pasa con Mery (o sábado) y La Supersónic (o domingo).

Os nenos tamén terán o seu espazo a través de diversas actividades como obradoiros, pinta mandilóns, maquillaxe ou estampación e, a artesanía tamén terá o seu oco co Monkey Market, con dez postos no que se poñen á venda produtos artesanais.

O “Rilla na rúa”, organizado pola empresa promotora de eventos Elemental Street, conta coa colaboración do Concello de Baiona, Deputación de Pontevedra, e firmas comerciais.

O Entroido de Verán de Redondela contará, por primeira vez, cun punto LGTBIQ

0

O «Entroido de Verán» de Redondela contará, por primeira vez, cun punto LGTBIQ que se engadirá ao Punto Violeta para facer desta festa “unha celebración realmente inclusiva e diversa” como sinalou a alcaldesa Digna Rivas na presentación desta iniciativa de Igualdade. A festa tamén contará, antes de cada concerto, con audios contra a violencia machista.

A alcaldesa, acompañada pola intérprete de linguaxe de signos, Rebeca Araújo, e as axentes de igualdade Ana Román e Alexandra Castro, deu a coñecer todas as iniciativas que, por parte do Concello redondelán se poñerán en marcha “para que o Entroido de Verán sexa para todos e todas sen excepción algunha”, afirmou a alcaldesa.

Nese sentido, a rexedora local destacou a novidade de que esta celebración conte cun Punto Arco da Vella “no que se ofrecerá información sobre a diversidade sexual e co que buscarmos darlle unha maior visibilización e protagonismo ao colectivo LGBTIQ neste Entroido de Verán”.

Digna Rivas subliñou que o Concello, como institución pública organizadora do evento “ten que ser e debe ser un exemplo en materia de igualdade e respecto á diversidade” e, nesa liña “a campaña de inclusión, igualdade e diversidade sexual que hoxe estamos a presentar ten unha extraordinaria importancia”

O Punto Violeta quedará instalado diante da Casa do Concello, a carón do hospital de campaña con que conta, todos os anos, o Entroido de Verán. Pola súa banda, o Punto Arco da Vella, estará situado nas inmediacións da Casa da Torre.

En ámbolos dous puntos tamén haberá obradoiros dirixidos aos máis pequenos e pequenas “de xeito que poidan involucrarse e comezar a ver a importancia da igualdade e o respecto pola diversidade”.

Outra das novidades que terá este Entroido de Verán de Redondela, é a loita activa contra as violencias machistas. Así, antes de cada concerto e espectáculo musical, e chamando á atención do público con sirenas, lanzaránse cuñas de audio dentro da campaña «Respecta Non é Non».

As frases, realizadas pola Asemblea Feminista «Paxaretas» van dirixidas aos agresores e nunca ás vítimas, sinalouse na presentación da iniciativa. Digna Rivas quixo agradecer públicamente a «Paxaretas» o “seu compromiso, colaboración e implicación con esta importante achega ao Entroido de Verán” cun audio que grabaron mulleres da propia Asemblea.

As chamadas elaboradas por «Paxaretas» faranse nos tres lugares nos que se celebrarán concertos ou espectáculos musicais, na Casa da Torre, no palco de Ribeira, e na Alameda Castelao.

Ao remate das frases, no propio audio, explicarán ás e aos participantes onde poden atopar os puntos Violeta e Arco da Vella. Ditos puntos tamén estarán fácilmente localizables a través de carteis que o Concello colocará nos báculos de alumeado público.

Doutra banda, e orientado cara as persoas xordas, o hospital de campaña e ámbolos dous puntos, contarán cunha interprete de linguaxe de signos facendo, polo tanto, que sexan totalmente accesibles.

Á hora de deseñar medidas inclusivas, explicou a alcaldesa Digna Rivas, o Concello tamén tivo en conta aos rapaces e rapazas con TDAH e autismo, especialmente sensibles aos ruídos, polo que, sinalou Rivas, “na Alameda Castelao e no Paseo da Xunqueira, que é onde van a estar as actividades infantís, baixarase o volume das actividades”.

Digna Rivas destacou que, se ben neste Entroido de Verán “non haberá concurso de Drag Queen pola polémica sobre as bases que se deu en outras edicións”, si haberá prezenza das Drag Queen no palco da Casa da Torre ás 21 horas, con Ketti Pin –que o pasado ano finalizaba segunda no concurso– e Punto G, gañadora da gala celebrada en Mogambo.

O goberno estuda, nestes momentos e en colaboración coas asociacións e colectivos LGTBIQ, facer unha Gala de Drag Queen específica, fora do Entroido de Verán, “de cara a darlle máis importancia e visibilización a este evento” concluiu Digna Rivas.

O C.B. Nigrán acada un novo obxectivo ao contar con equipos en todas as categorías na nova tempada

0

O CB Nigrán inicia unha ilusionante e nova tempada na que vai cumprir un novo obxectivo, ter equipos en todas as categorías, desde baby ata junior –tanto masculino como feminino– ademais do senior masculino.

Con este obxectivo cumprido, o club de Nigrán mantén un crecemento continuado como o ven facendo dende o ano 2014 en que comezaba unha nova e ilusionante andaina. Con pasos pausados, ben planificados e perfectamente estruturados, o Club Baloncesto Nigrán é xa un exemplo a seguir.

Nesta tempada, serán un total de 11 equipos repartidos nas categorías baby, benjamín, alevín, infantil, cadete, junior e sénior os que comezarán os seus adestramentos de forma progresiva a próxima semana.

Esta nova tempada traerá tamén a novos adestradores , algún xa confirmado e outros co que seguen mantendo conversacións e que cumpren co perfil que buscan desde o club, onde prima a formación integral de cada neno/a e a educación en valores, ademais dos resultados deportivos.

A nova incorporación confirmada trátase de Antía Vega que conta con ampla experiencia nos bancos como adestradora ademais de na pista como xogadora.

Sumaríase así aos técnicos que xa forman parte do club, Paula Chousal, Victor Alonso, Paco Termenón e Antonio Vidal que baixo a dirección deportiva de Nuria Gómez conformarán o corpo técnico do Club Baloncesto Nigrán esta tempada.

Pero o C.B. Nigrán, nos seus obxectivos, va máis alá da formación de xogadores e xogadoras, senón que considera que, tan importante como iso, é a formación de adestradores.

Nesa liña, o Club traballa con xogadores e xogadoras da entidade, dándolles a opción de adestrar nas categorías de minibasket como segundos adestradores e supervisando o seu traballo diario.

A directiva do club traballa xa desde esta semana na tramitación das máis de 110 fichas federativas para esta tempada e que son a clara testemuña do bo traballo realizado no club, que se complementa coa continuidade das diferentes escolas de baloncesto que o C.B. Nigrán ten nos colexios do municipio e que darán comezo a partir do próximo mes de outubro.

Nova cita gastronómica na Guarda coa «Festa do Percebe»

0

A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de padrón, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.

O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00 h e continuará o sábado 24 en horario de 12:00 h da mañá a 16:00 h da tarde e de 20:00 h da tarde a 00:00 h da noite. Na xornada do domingo a partires das 12:00 h do mediodía.

Todos os días haberá actividades para os máis cativos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.

A VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda en colaboración co Concello da Guarda.

Nigrán colabora co comercio da Ramallosa no primeiro desfile «Camiño da Moda»

0

O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra colaboran cos establecementos comerciais da Ramallosa para ofrecer este venres ás 20:00 horas no Pazo de Pías o primeiro desfile ‘Camiño da Moda’ no que una decena de tendas amosará ao público as súas coleccións para a vindeira tempada outono/inverno.

O obxectivo é incentivar o consumo local e promover esta zona pola que transcorre o Camiño Portugués pola Costa. As próximas tendendias en moda infantil e xuvenil ou de cabaleiro e muller (incluído zapatería ou deportes) estarán representadas a través dos establecementos Bellma, Dorna, Duendes, Kids Invaders, Marengo, Más que Candelas, Mulé, Om Perfumería, Si Bwana, Silvana e Zig-Zag, ademais, e como invitados especiais, os mozos e mozas do C.E.E. Juan María desfilarán tamén para presentar a súa colección ‘Juan María by Lolola’.

Con este evento colaboran tamén as perruquerías Socco, Gestido, Tetris, Dulce y Gamberro, Don e Dona e Lola Cabadas; as floristerías Casa Planta e Flor de Lis, e o propio Pazo de Pías cedendo o seu espazo.

Ao finalizar o desfile os comerciantes celebrarán un sorteo de regalos entre o público que teña invitación (as invitacións, que non son precisas para acudir ao desfile porque este é totalmente aberto ao público, están sendo repartidas entre os clientes dos comercios participantes para premiar a súa fidelidade, para participar no sorteo é preciso contar con ela e os interesados aínda poden pedilas nos propios comercios).

O obxectivo desta iniciativa promovida polos propios comerciantes e apoiada dende o consistorio é darlle continuidade a este evento e promover deste xeito o comercio téxtil da zona.

Alxén ultima os preparativos para o sétimo ‘Serán dedicado á vendima’

O 14 de setembro celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, a sétima edición do seu Serán dedicado á vendima. Un acontecemento xa consolidado na contorna ao que acoden grupos folclóricos de toda a comarca.

Este Serán, ademais da boa música que ofrece, conta cunha singularidade: a comida e a bebida –viños– son de balde. Ao longo da noite vanse ofrecendo entre os asistentes tortillas, chourizos, friames e tamén variadas sobremesas, para rematar cun chocolate quente.

E os que o desexen poden adquirir viño, tinto e branco, de balde. Tanta xenerosidade, apuntan os organizadores, ten a súa explicación “son os veciños e veciñas da parroquia de Alxén os que abastecen de comida e viño, porque a organización non pide cartos, senón que convida á veciñanza a asistir ao serán e anímaos a participar co que teñan máis a man e lles sexa máis doado aportar”.

O serán tamén conta con sorteos, entre actuación e actuación, de produtos doados polos comercios locais: dende un corte de pelo, un cambio de aceite ou unha parella de galos e mesmo un porco.

O Serán está organizado pola Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén, asociación que conta cun grupo de baile, unha banda de gaitas e un grupo de pandereteiras, que, por suposto, actuan no Serán dándolle comezo e peche.