12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaEsta fin de semana O Codesal, en Camposancos, acolle o 'Torneo de...

    Esta fin de semana O Codesal, en Camposancos, acolle o ‘Torneo de Volei Praia Vila da Guarda’

    O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

    Este torneo está pensado para un nivel básico ou amateur, coa finalidade de que os participantes gocen deste deporte pasando un bo día entre todos e todas.

    As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico c.volley.minho@gmail.com ou tamén mediante whatsapp no 607 577 671, facilitando os nomes e apelidos dos dous membros do equipo(parellas) e a categoría para a cal se desexa inscribir. Dende o clube organizador remitirase a normativa de participación, o prazo de inscricións estará aberto ata o xoves 29 de agosto, tendo un custo de 8 € por parella.

    En total disporanse de 4 pistas para a celebración deste torneo, polo que as prazas serán limitadas.

    Os horarios definitivos dos partidos deste torneo serán publicados na xornada deste venres día 30 de agosto a través das redes sociais do Clube de Volei Miño.

    O torneo arrancará sobre as 10:00 h da mañá do domingo día 1 de setembro e haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS