12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Sociedade Cultural do Viso, en Redondela, retoma os cursos de cultura...

    A Sociedade Cultural do Viso, en Redondela, retoma os cursos de cultura tradicional

    A Antiga Escola de Tuimil, epicentro de actividades e cursos na parroquia do Viso, Redondela, será escenario de novos cursos de cultura tradicional organizados pola Sociedade Cultural do Viso. En setembro iniciaránse as actividades do curso de Gaita e Percusión e xa en outubro o fará o de pandeireta e canto tradicional.

    Para o día 6 setembro está previsto o inicio do curso de Gaita Tradicional e Percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten. O curso desenvolverase os venres pola tardiña a partir das 18:30 h. 

    Xa no mes de outubro retomaranse as clases, os martes pola tarde, de Pandeireta e canto tradicional, impartido este por Luis Prego, músico do grupo Ardentía. As clases serán de 18:30 h a 20 h.

    Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou aos teléfonos 627 938 607 para o curso de gaita e percusión ou 664 857 687 para o de pandeireta e canto.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS