Mércores, 11 Decembro de 2024

A vela chega á Guarda este sábado co ‘X Cruceiro Río Miño’

O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C.

A regata disputarase nun único formato multiclase e está aberta a todas as embarcacións a vela con orza móbil.

As inscricións están abertas ata as 14:00 h do 31 de agosto cubrindo o formulario de inscrición e enviándoo ao enderezo electrónico [email protected] A taxa de inscrición é de 5 € por participante e aboarase en efectivo xunto coa confirmación da inscrición.

As regatas arrancarán ás 16:00 h da tarde deste sábado para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados na xeral e pola noite, trala entrega de premios, servirase unha cea de convivencia nas instalacións do Clube Alagua.