12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoJosé María Gude será o homenaxeado no Acto Cívico do Alivio en...

    José María Gude será o homenaxeado no Acto Cívico do Alivio en Tomiño

    O Concello de Tomiño homenaxeará ao José María Gude Méndez o vindeiro domingo 15 de setembro dentro da programación das Festas do Alivio. Homenaxea así, o Concello tomiñés “a un home caracterizado polo seu activismo no asociacionismo cultural local e polo seu voluntarismo. Unha traxectoria longa enraizada na vida local tomiñesa”.

    José María Gude, máis coñecido como Pepe Gude, naceu na aldea de Serois, Calvos de Randín, en 1951. Estudou maxisterio en Ourense aprobando as oposicións para mestre en 1975. No ano 1977 chega a Tomiño e comeza a súa andaina docente no Colexio Mosteiro, hoxe CEP Pedro Caselles, onde impartiu aulas até que se traslada ao IES Tomiño, hoxe IES Antón Alonso Ríos, onde se xubilará.

    Pepe Gude pertence a unha xeración de mestres involucrados no ensino práctico, na valorización do saber popular e no coñecemento das tradicións do rural. Un aspecto ao que dedicou esforzos recollendo a memoria popular e que materializou en obras como Mitos e lendas de Tomiño ou Val de Tebra, unha historia por escribir.

    Desta preocupación polo patrimonio inmaterial, naceu o grupo ‘Airiños de Tebra’. Unha formación de música e baile tradicional que formou a varias xeracións de mozos e mozas. Os ‘Airiños de Tebra’ levou o nome de Tomiño máis alá das fronteiras peninsulares, visitando en dúas ocasións Arxentina onde recibiron a ‘Medalla de Honra á Galeguidade’. No ano 2005 inclúen na súa xeira Uruguai onde foron acollidos polos tomiñeses na emigración.

    Actualmente, Pepe Gude forma parte da Asociación de Coches Clásicos do Baixo Miño a fronte da cal leva tempo percorrendo camiños e visitando lugares dentro de España e do veciño Portugal levando sempre o nome de Tomiño

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.