12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación amplia en setembro os cursos do proxecto «Millennials 2019»

    A Deputación amplia en setembro os cursos do proxecto «Millennials 2019»

    A Deputación de Pontevedra iniciará no vindeiro mes de setembro un total de dez cursos do Proxecto Millennials 2019, o plan dirixido á mocidade da provincia co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e acceso ao mercado laboral, a través de formación e asesoramento gratuíto ligado ao emprendemento.

    Entre estas accións formativas figura a nova edición de dous cursos en Pontevedra e Vigo que se están a desenvolver desde xullo, pero que a Deputación decidiu repetir nunha nova convocatoria pola súa gran demanda e acollida.

    Trátase dos cursos «Márketing dixital: estratexias SEO, SEM, redes sociais e análise de tráfico web», que se ofrecerá en Pontevedra do 17 de setembro ao 7 de novembro, e «Creación de contidos dixitais (videoxogos, imaxe e vídeo)», que se desenvolverá en Vigo do 17 de setembro ao 18 de novembro. As persoas interesadas poden inscribirse xa nos correos electrónicos cursoEOI.pontevedra@eoi.es e cooperacion@depo.es.

    Os oitos cursos restantes desenvolveranse, ademais de en Pontevedra e Vigo, en Vilagarcía e Ponteareas. No primeiro caso, están previstas as accións formativas «Creación e xestión de tendas en liña», que terá lugar no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra do 19 de setembro ao 18 de novembro, con 316 horas; e «Xestión de fidelización de establecementos turísticos» , que tamén terá lugar no Príncipe Felipe do 17 de setembro ao 28 de outubro, con 166 horas.

    Por outra banda, Vigo acollerá tamén outras catro accións formativas, que terán lugar na sede da Deputación na cidade olívica. Trátase de «Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado», de 316 horas e que se desenvolverá do 16 de setembro ao 18 de novembro; «Creación de aplicacións móbiles (aplicacións para Android e IOS)», tamén de 316 horas e que terá lugar do 17 de setembro ao 18 de novembro; «Organización e Xestión de Produción: Lean Manufacturing 4.0», de 312 horas entre o 16 de setembro e o 18 de novembro e, por último, «Xestión de empresas turísticas. Deseño e desenvolvemento de produtos», con 166 horas repartidas entre o 16 de setembro e o 28 de outubro.

    «Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado» é o curso que terá lugar en Vilagarcía (Matosiños), cun total de 316 horas entre o 16 de setembro e o 15 de novembro, mentres que o CDL de Ponteareas acollerá a acción formativa «Programación web con software libre. Web development bootcamp» do 17 de setembro ao 19 de novembro, cun total de 316 horas.

    As inscricións a estes outros oito cursos poden facerse a través deste enlace web e as persoas interesadas poden obter maior información a través do enderezo electrónico coooperacion@depo.es ou no teléfono 986 804 100 (extensións 40652 e 40267).

    O Proxecto Millennials está dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, con cursos deseñados e adaptados ás súas necesidades e as necesidades do tecido industrial da provincia, no marco do Plan Nacional de Garantía Xuvenil. Este proxecto enmárcase así mesmo no convenio de colaboración entre a institución provincial e a Escola de Organización Industrial, dentro do Programa Operativo de Garantía Xuvenil.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS