23 C
Pontevedra
Domingo, 24 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra de Miño adxudica o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

    Salvaterra de Miño adxudica o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

    A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, vén de asinar o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para os próximos catro anos coa empresa Idades, S.L. por un importe de 1.711.584,00 €, entre SAF dependencia e SAF  básico.

    O Concello de Salvaterra é dos poucos Concellos no Sur de Pontevedra que está medrando en poboación. Conta cun elevado número de mozos e mozas e nos últimos tres anos naceron no municipio máis de 250 nenos.

    Pero, como explica a alcaldesa Marta Valcárcel, “tamén é verdade que existe un número elevado de persoas maiores, en moitos casos dependentes que necesitan axuda para o seu día a día, e nese eido existe o Servicio de Axuda no Fogar que nestes intres ofrece preto de 2.700 horas ao mes, entre dependencia e libre concurrencia, coa que se atenden a 65 usuarios”.

    O SAF ten por obxecto prestar atención ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.

    A este servizo acceden as persoas que teñan recoñecido este dereito a través do sistema de atención á dependencia ou ben, na modalidade de libre concorrencia, aquelas persoas para as que resulte un recurso idóneo, de acordo coa valoración técnica correspondente.

    Os principais obxectivos do SAF son  mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, previr situación de dependencia ou exclusión e retardar ou evitar a institucionalización.

    A empresa Idades subrogará ás 31 auxiliares que traballaban no SAF coa anterior empresa

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS