Domingo, 21 Setembro de 2025

Mondariz prepárase para unha nova edición de «Outono en Son»

0

O festival de música coral «Outono en Son» regresa este primeiro fin de semana de outubro a Mondariz para mostrar, por terceiro ano consecutivo, o rexuvenecemento e a orixinalidade deste xénero. A terceira edición do evento, promovido polo coro galego Mistura Vocal, conta coa colaboración do Concello de Mondariz.

Os concertos están programados para o sábado, 5 de outubro ás 20 horas na Praza de Abastos, un espazo pouco habitual para actividades culturais pero que xa demostrou a súa idoneidade acústica e ambiental no pasado. A entrada será libre até completar aforo. 

Outono en Son 2019 contará cunha selección de coros galegos e portugueses que se sitúan á vangarda da música coral e acreditan un gran palmarés neste eido. Por primeira vez, o festival recibe convidados doutros países e asume certo carácter internacional. A participación de coros portugueses, ademais, pon de relevancia a tradicional irmandade galego-portuguesa no eido do intercambio cultural.

Abrirá o festival o coro anfitrión Mistura Vocal, que se atopa preparando a súa participación no concurso Gran Premio Nacional de Canto Coral, previsto para o mes de abril en Ejea de los Caballeros (Zaragoza), despois de gañar o concurso nacional de coros de San Vicente de la Barquera (Cádiz).

Mistura Vocal está formado por cantores de toda a zona sur da provincia de Pontevedra e destaca por ter un variado repertorio musical. Baixo a dirección de Aloia Martínez, interpretarán obras corais que van dende o Romanticismo ata a actualidade, sen esquecer a música dos autores galegos contemporáneos.

Continuará o Coro de Câmara de Barcelos, un conxunto vocal relativamente xove que está gañando unha notable relevancia. Os seus 12 integrantes interpretarán un variado repertorio de música contemporánea, principalmente, no que as obras de autores portugueses terán especial protagonismo.

Pechará o festival o coro Coura Voce, unha formación feminina de 30 integrantes que xurdiu dunha colaboración entre a Câmara Municipal de Paredes de Coura e o Conservatório Regional do Alto Minho e traballa na valoración e divulgación da música vocal. Malia a curta idade das cantoras, este coro presenta moi variados e complexos repertorios. Nesta ocasión, afondarán na polifonía contemporánea e no folclore baixo a dirección de Vítor Lima.

Estes tres coros, tal e como vén sendo habitual nos seus concertos, tratarán de aportar a máxima calidade ás súas interpretacións. O carácter profano da Praza de Abastos, unido á coidada iluminación do interior deste histórico espazo comercial despois da súa restauración, permitirá unha maior conexión popular con este tipo de música.

A Ludoteca Municipal de Ponteareas comeza as súas actividades

A ludoteca municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o mates, 1 de outubro, comeza a actividade abrindo as súas portas de 16 h a 20 horas de luns a venres.

A ludoteca municipal arranca o curso con dous grupos, un de 6 a 8 anos e outro de 9 a 12 anos. As familias interesadas poderán inscribirse e obter información no número de teléfono 673 794 760.

Verónica Carrera anima a todas as familias a participar nas actividades lúdico didácticas deste servizo “que contribúe a facilitar a concialiación familiar e laboral”.

Xogos cooperativos, manualidades, recuperación vivencial de tradicións, obradoiros de ecoloxía, saídas medioambientais ou obradoiros específicos como o de fabricación de candeas, coiro, bixutería e defensa persoal son algunhas das propostas entre moitas das propostas coas que medrar aprendendo da man da ludoteca municipal que ofrece a ludoteca municipal para espertar a curiosidade e adquirir bos hábitos de vida.

Ponteareas acollerá en outubro seis nova accións do «Smartpeme»

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de outubro seis novas accións formativas do programa «Smartpeme» que comezan mañá en Ponteareas. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

Deste xeito, «SmartPeme» oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas

Así, os cursos que se impartirán dende o 1 ata o 30 de outubro serán os seguintes: Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet, que se desenvolverá o 1 de outubro entre as 18 e as 21 horas; Mellora a túa páxina web e posiciónaa en buscadores, que será o martes 8 de outubro de 19 a 21 horas; O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram, cuxa realización será entre as 19 e as 21 horas do xoves 17 de outubro; Emprego de vídeo nas redes sociais: Youtube, que se desenvolverá o martes 22 de outubro de 19 a 21 horas; Copywriting para a promoción de tours, experiencias e actividades, o martes 29 de outubro de 17 a 19 horas; e, por último, Vídeo co teu smartphone: Crea, grava e edita como un profesional, que se impartirá o mércores 30 de outubro entre as 18 e as 21 horas.

A totalidade destes obradoiros será impartida no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro 5, Ribadetea, Ponteareas). As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico [email protected] ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal. Ademais, o programa formativo SmartPeme estrea Twitter (@smartpeme) e Facebook (SmartPeme).

Exposición do Censo Electoral da Guarda

0

Entre os días 30 de setembro e 7 de outubro, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 10 de novembro.

O horario de consulta será entre as 9:00 horas e as 14:00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.

A web de Turismo Rías Baixas incrementa un 11 % as súas visitas

A páxina web de Turismo Rías Baixas incrementou un 11 % as súas visitas desde principios de ano e en agosto bateu o seu récord histórico de usuarias e usuarios mensuais con 41.200 persoas seguindo puntualmente a información sobre a completa oferta turística do destino.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou esta mañá no Pazo provincial os bos resultados do proxecto de actualización da web e destacou o “enorme impacto” logrado polo destino #PontevedraProvincia nos últimos meses na Internet e no conxunto das redes sociais de Turismo Rías Baixas.

O portal conta agora cun deseño claro e intuitivo, adaptado á navegación en todos os dispositivos e con contidos estruturados en base aos eixes do Plan estratéxico de turismo 2017-2020: enogastronomía, natureza, cultura, turismo activo, termalismo, patrimonio, festas e Camiño de Santiago.

Ao 11 % máis de visitas logradas na web de Turismo Rías Baixas súmase un 18,43 % máis de páxinas vistas e un crecemento das usuarias e usuarios novos do 9,16 % desde xaneiro, pasando de 381.284 a 451.573.

Os datos demostran unha mellora do posicionamento en buscadores por parte da provincia de Pontevedra e un maior interese por campañas específicas como #HambredeExperiencias, os Festivais Rías Baixas e o especial sobre as seis rutas xacobeas que atravesan Rías Baixas . Todo este contido novo logrou que aumenten tamén as páxinas consultadas por sesión e que as usuarias e usuarios pasen máis tempo no portal de Turismo Rías Baixas .

A conta oficial de Twitter acaba de alcanzar a simbólica cifra de 25.000 usuarias e usuarios, consolidando o seu liderado entre as deputacións galegas. Nos tres meses de verán lográronse 1,2 millóns de impresións cos tuits publicados desde @turisriasbaixas. En Facebook tamén se rexistrou un notable crecemento e a páxina de Turismo Rías Baixas queda preto tamén das 25.000 persoas.

O Esteiro da Foz, 800 quilos máis limpo

0

O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao ‘Proxecto Móllate polos Ríos’, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na ‘XII Limpeza Simultánea’ en toda Galicia.

Nesta ocasión participaron 40 persoas, o grupos de voluntarios máis numeroso ata a data, e entre todos reuniron vinte sacos con trozos de vidro (botellas fundamentalmente), plásticos, materias de pesca, neumáticos…

O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

Defendendo o Tea retira preto de media tonelada de lixo do río

Un ano máis, e xa van once, «Defendendo o Tea» quixo facer gala ao seu nome e formou parte activa do Proxecto Ríos de Adega e da súa iniciativa de limpeza simultánea de ríos. Vinte e catro persoas, entre elas sete nenos e nenas, amosaron que con vontade se poden facer grandes cousas e foron quen de retirar entre 450 e 500 quilos de lixo.

Segundo sinala o colectivo, entre lixo retrado había rodas, “tristemente como todos os anos”, unha bañeira, varias potas e tamén como cada ano, miles de toalliñas.

Nese sentido, Defendendo o Tea pide “a concienciación dos veciños e veciñas de que estas toalliñas non se tiren pola taza inodoro porque, literalmente, estannos invadindo”.

Defendendo o Tea quixo agradecer “a todos os voluntarios e voluntarias que fan posible que, un ano máis, o río Tea quede un pouquiño máis limpo” é un agradecemento sincero “pola sua implicación e colaboración e esperamos que cada ano se anime mais xente a colaborar”

Do mesmo xeito querían agradecer, un ano máis, “a implicación do concello de Ponteareas co Proxecto Ríos e con Defendendo o Tea”.

Lembran a todos os veciños e veciñas a “obriga que temos de coidar un espazo incluído na rede Natura 2000 no que podemos atopar especies migratorias como o salmón, o reo e a lamprea a onde aínda se poden ver londras pola sua ribeira. 

Redondela acolle a primeira charla da iniciativa da Deputación «Tempo de Saúde»

0

A Deputación de Pontevedra retoma o programa de conferencias «Tempo de Saúde» que comezará mañá, 1 de outubro, cunha charla no concello de Redondela á que asistirá a deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros. Esta primeira cita terá lugar ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira e versará sobre os «Trastornos obsesivos e ansiedade». A charla está dirixida a persoas da terceira idade, pacientes, persoas coidadoras e usuarios das entidades de iniciativa social.

«Tempo de saúde» é unha iniciativa consistente en accións formativas sobre saúde, unhas dirixidas ás persoas maiores e outras á xuventude, que chega á provincia de Pontevedra da man da institución provincial e do Colexio Oficial de Médicos. Desenvolverase ata o 30 de decembro en 22 concellos da provincia e nela trataranse distintos temas. As actividades serán impartidas por profesionais da medicina especialistas nas materias das que traten.

En Redondela, o doutor Raúl Vázquez-Noguerol Méndez explicaralles aos e ás maiores que asistan diversas cuestións relativas aos trastornos depresivos e á ansiedade. Ademais, esta charla tamén ten como obxectivo crear un clima de diálogo co público asistente. Preténdese que todas as persoas que asistan ás charlas de «Tempo de Saúde» aprendan o máximo posible sobre os asuntos que se tratan.

Vázquez-Noguerol Méndez, é licenciado en Medicina e Cirurxía, doutor en Medicina, máster en Xerontoloxía Social aplicada e especialista universitario en Psiquiatría Forense entre outros estudos superiores. O doutor, que conta cunha ampla experiencia profesional, combina o seu oficio, con publicacións, proxectos de investigación e coa docencia universitaria.

Ao igual que en Redondela, nas próximas semanas vanse desenvolver outras charlas dirixidas á terceira idade, centradas sobre todo nos trastornos depresivos e ansiedade e no alzhéimer e enfermidades neurodexenerativas. En canto á poboación máis nova, as conferencias centraranse nas enfermidades de transmisión sexual e na nutrición e a saúde.

Todo preparado para a ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’

0

O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12. “O obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos”, asegura o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Con esta idea, o vindeiro xoves, terá lugar unha Cata-maridaxe A catro mans, ás 21:30 h, no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.

O sábado, día 5, ás 16:30 h,dende a Praza do Concello, sairá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.

Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5 €.

O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00 h ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

O CB Nigrán presenta os seus equipos para a nova tempada

0

O Club Baloncesto Nigrán celebrará o vindeiro sábado, 5 de outubro ás 18 horas e no pavillón de Panxón, aos equipos para a nova tempada 2019/2020. O club de Nigrán presentará un total de 11 equipos que participarán en todas as categorías, dende a baby ata a sénior.

É unha auténtica festa do deporte que, segundo sinala o propio C.B. Nigrán “é o pistoletazo de saída para que os equipos comecen as súas respectivas competicións” trala disputa, nestas últimas semanas, dos partidos amistosos de pretempada que de cara a ‘afinar’ os cadros organizou a dirección deportiva do club que encabeza Nuria Gómez.

Ao acto están invitadas as diferentes entidades sociais, culturais, deportivas e educativas de Nigrán, así como diferentes responsables políticos.

E logo, nada mellor que rematar a festa cun bo partido de baloncesto, xa que o equipo Senior masculino, campión de liga da pasada tempada, disputará o seu primeiro encontro ligueiro contra o CB Puerto de Vigo.

Remata o verán, as cousas volven á normalidade e volve o baloncesto ás canchas. Comeza o espctáculo!

Nuno Costa e Paula Mayobre impóñense na «15k do Atlántico»

0

Nuno Costa e Paula Mayobre foron os gañadores da ’15 K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño Portugués dá Costa’ que se disputou entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal. Eles figuraban dentro do grupo de favoritos a impoñerse nunha proba consolidada dentro desta especialidade atlética e que reuniu a case 500 participantes.

Martín Fiz, o veterano campión do Mundo de maratón que acudía por primeira vez á cita e exercía como padriño, ocupou a cuarta posición. Entre a carreira de atletismo, a andaina, o roteiro cabalgar, a cata de viños e o percorrido que se realizou en patíns, foron máis de 800 persoas as que participaron en todas as actividades que se desenvolveron durante toda a fin de semana, co apoio dos tres concellos, a Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 2021 Multisport Camiño Portugués dá Costa e Coca Cola.

O atleta portugués afincado en Galicia demostrou que era un dos grandes favoritos desde o inicio. Xa desde os primeiros quilómetros, dos 15 que constaba a proba, transmitiu boa sensacións. Durante un longo traxecto estivo acompañado por Iván Docampo, que se perfilou como o seu gran adversario na proba. Ambos lograron distancias de todos os rivais e o vencedor decidiuse no tramo final.

Nuno Costa marcou un tempo de 49:32 na liña de chegada da 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Camiño Portugués dá Costa, á que chegou en solitario. Nos últimos dous quilómetros logrou unha pequena vantaxe sobre Iván Docampo, que perdeu un minuto na meta.O terceiro foi Manuel Lorenzo, da Ximnástica de Pontevedra, e o cuarto Martín Fiz, que tivo unha destacada actuación aínda que era a primeira vez que se enfrontaba ao percorrido. O quinto na clasificación final foi Akko Essadaoi.

Na categoría feminina, o duelo estivo entre Paula Mayobre e Sandra Mosquera. Todas as miradas centráronse en dúas das mellores especialistas neste tipo de probas. Gañaron varias delas ao longo da actual tempada. A primeira delas demostrou atoparse nun bo momento de forma e non concedeu ningunha opción desde o primeiro momento. Presentouse en solitario na liña de chegada e marcou un tempo de 54:26. Sandra Mosquera, do Adas Proinor Vigo, logrou o segundo posto na clasificación. O terceiro lugar no podio ocupouno Beatriz Fernández, do Corredoiras Bueu.

Nuno Costa posúe un amplo historial deportivo neste tipo de competicións e mesmo noutras máis esixentes. Este ano proclamouse vencedor por terceira vez de forma consecutiva da Vig Bay. Paula Mayobre tamén posúe grandes referencias nesta modalidade atlética. Dáse a curiosa circunstancia de que ambos foron os vencedores este ano de Vos 21 do Camiño, unha proba que se disputou entre Palas de Rei e Melide.

[su_slider source=”media: 6893,6890,6884,6889,6888,6887,6886,6885,6891,6883,6882,6881,6880,6879″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

Picar na galería para ampliar

Os organizadores tamén tiveron detalles cos atletas que participaron en toda a serie 15 K Banco Mediolanum, xa que estiveron presentes nas probas de Ourense e A Mariña. Antes da saída en Oia tamén tiveron protagonismo Martín Fiz, que exerceu de padriño, e Gabriel Marcelli, que se proclamou recentemente campión do mundo de trial 2.

A 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Camiño Portugués dá Costa viviu unha edición histórica, xa que ao redor da mesma organizáronse diversos actos. Por exemplo, unha conferencia do historia Fernando Javier Costas, unha obra de teatro, actuacións musicais, cata de viños nas Adegas Terras Gauda, ou sorteo de obsequios e tamén a entrega de distintos agasallos aos participantes. Entre todas as actividades, os organizadores calculan que se reuniron máis de oitocentas persoas, unha cifra que tamén se pode considerar histórica.

Ademais destas actividades, unha andaina, o roteiro de patíns e outra dacabalo, figuraban como parte do programa desenvolto con intensidade ao longo da fin de semana. Todo iso completouse cun percorrido espectacular e os organizadores mirando xa á décima edición da proba.

El cambio climático

Esta semana, en concreto el viernes, la mayoría de los noticieros de la caja tonta abrían con la noticia de la huelga que se estaba celebrando en muchas partes de nuestro planeta para defender al mismo, para evitar el cambio climático.

Hubo varias cosas que me llamaron la atención y alguna de ellas, cómo de costumbre, me llevan a reflexionar. La primera fue que en la mayoría de las imágenes que aparecían, los que salían en cabeza era gente joven, estudiantes, algo que en sí me parece fenomenal, porque ellos son el futuro y son los más interesados en que Gaia sobreviva a la especie humana, aunque también me lleva a preguntarme cuántos de ellos no tendrían en sus bolsillo un móvil de última generación, con la cantidad de minerales que es necesario extraer para su fabricación y con toda la contaminación que producen, o cuántos de ellos han visto alguna vez en su vida el campo o cuántos estarían dispuestos a trabajar en el mismo de forma tradicional para evitar la sobreexplotación de los recursos naturales.

También me llamó la atención de los carteles que estaban llevando, la gran mayoría escritos en cartón, ¿alguien se ha puesto a pensar de donde sale el cartón y que es necesario para su fabricación? No quiero con estas palabras que nuestros lectores puedan pensar que no creo en el cambio climático y que no estoy concienciado para luchar por el mismo. Todo lo contrario. Estoy totalmente convencido de que algo está sucediendo y que nos va a afectar a todos, sólo hay que pasear por el campo, visitar nuestros bosques o ver nuestros ríos para darse de cuenta cómo todo está cambiando y a pasos agigantados y puedo dar fe de ello porque tengo la enorme suerte de vivir en una de nuestras comarcas. Cuando miro esas cosas, me recuerda a hace años que vi un documental de exvicepresidente de los USA, el Al Gore, (que por cierto, se había llevado un premio Nobel por el mismo y su lucha por el cambio climático), cuando aparecía paseando por Washington y New York en una de las típicas limusinas americanas, que no son precisamente vehículos ecológicos. Y es que sí. Los detalles son muy importantes y realmente, en ellos es en lo que tenemos que incidir día a día, en intentar mejorar nuestros hábitos, para que muchos pequeños actos consigan un gran beneficio para todos, porque el planeta Tierra es el de todos nosotros y en estos momentos, sólo tenemos uno y debemos de intentar cuidarlo para que podamos seguir viviendo en él durante muchos años.

Tenemos que tomar conciencia de lo que está sucediendo, nuestros políticos y las grandes multinacionales tienen que tomar medidas efectivas de una vez por todas, dejar de pensar solamente en sus ganancias multimillonarias y investigar en conseguir energías realmente sostenibles y que al mismo tiempo puedan ser de uso para todos, buscar remedios eficaces contra la contaminación, tanto en tierra, cómo en el mar, en el aire y hasta en el espacio, conseguir un reciclaje efectivo y que todas estas medidas no sean a base de sangrar a los ciudadanos a impuestos, que seguro que si todos los países de éste planeta dejaran de invertir en buscar formas de destruirnos mutuamente y buscáramos formas para hacer la vida más sostenible, ya se habría conseguido, pero claro, éso no sería rentable, no produciría beneficios económicos a los poderosos, por lo que esa opción no sirve.

Pues mientras las cabezas pensantes siguen haciendo el paripe en cumbres, donde lo único que hacen es primero se lanzan reproches unos a otros y después se van todos juntos de copas, nosotros vamos a intentar seguir ofreciendo buenas recomendaciones musicales a todos nuestros lectores.


Por un lado os proponemos un trabajo que además, está muy relacionado con el tema, Clear Light de Stephanie Sante, música ambiente para nuestros oídos y para nuestros océanos y por otro lado, todo un clásico de la música electrónica, el Space Opera de Didier Marouani. Espero que os gusten estas recomendaciones y que disfrutéis del domingo.

Stephanie Sante

Clear Light

2018

Stephanie Sante es una mujer que lleva muchos años asociando su música a los teclados y éste su nuevo trabajo, marca su retorno al mundo de la música ambient.

Clear Light es un tributo a nuestro plantea y a los océanos, es un trabajo donde a través de su música, nos introduce en la inmensidad de los océanos, de su amplitud, de su diversidad, en definitiva, de su vida.

Dividido en nueve cortes, estamos ante un precioso trabajo de música ambient, un disco de esos que necesitamos escuchar en muchos momentos del día para dejar que nuestra mente vuele y se olvide de los problemas cotidianos que nos rodean, un precioso disco para degustar.


Didier Marouani

Space Opera

1987

https://marouani.space/

Didier Marouani es un músico francés de la escena electrónica de los años 70 y 80, fundador de una mítica banda de música electrónica cómo fue Space en el año 1977 aunque más tarde la abandonaría por desaveniencias con su compañero.

Space Opera” fue publicado en 1987, fue la primera opera compuesta con sintetizadores y corales, un disco que tuvo una gran repercusión, sobre todo en los países del Este de Europa donde la formación Space ya era muy conocida.

Este disco tiene también el mérito de haber sido el primer cd reproducido en el espacio, ya que se pudo escuchar en la estación espacial rusa MIR.

Dividido en ocho cortes, estamos ante una opera electrónica donde los sintetizadores llevan el camino, pero las voces corales le aportan un ingrediente extra. Algunos de los temas, con el primer corte, se ha convertido en todo un clásico utilizado en infinidad de anuncios o jingles para radio.

Estamos ante un disco de esos ya considerados clásicos y que no puede faltar en ninguna buena colección de música.

https://youtu.be/IbZkiRwUJj4

Redondela opónse ao derrubo do antigo cargadoiro de Coto Wagner

0

O Concello de Redondela vén de amosar a firme intención de “utilizar todos os recursos legais de que dispoña o Consistorio para evitar que por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, se prive aos veciños e veciñas de Redondela dun símbolo do patrimonio industrial do municipio como é o antigo cargadoiro de mineral de Coto Wagner, en Rande”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou que “agora queda totalmente claro o motivo polo que a esta alcaldesa privóuselle de participar, como representante do Concello de Redondela e dos seus veciños e veciñas, no Consello de Administración do Porto de Vigo onde se ía a adoptar esta decisión”.

Digna Rivas explica que o Porto de Vigo, por non ser claro, “nin o foi coa orde do día na que figuraba a presentación dun informe verbal sobre o cargadoiro, cando o que realmente se presentou foi un dossier realizado por unha empresa de arquitectos sobre o que se votou a necesidade de derrubar a estrutura”.

O máis sangrante do caso para a alcaldesa de Redondela, é que en ningún dos informes presentados fágase referencia a que é un ben incluído dentro do catálogo patrimonial da Xunta de Galicia, e polo tanto a valoración patrimonial correspondente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Rivas non nega o ostensible deterioro do cargadoiro de Coto Wagner, un deterioro do que é responsable a Autoridade Portuaria de Vigo tal e como sinala o informe dun estudo de arquitectos encargado polo anterior goberno de Redondela, no que se sinala textualmente que “… o estado actual da plataforma non é o máis adecuado, pero en ningún momento fai fincapé na obriga dos propietarios, a Autoridade Portuaria de Vigo, de manter en perfecto estado tanto de uso como de protección ao entorno ou ás persoas”, para engadir a continuación que “o simple mantemento rutinario desta propiedade faría que non se tivera chegado á situación actual”.

E dicir, aclara a alcaldesa de Redondela, “que houbo unha clara omisión na responsabilidade que o Porto de Vigo tiña no mantemento desta estrutura tanto para a conservación da mesma como para a protección das persoas”.

Nese mesmo informe, recoméndase non esquecer “… que estamos ante un elemento fundamental do antigo patrimonio industrial e por tanto, unha testemuña clave da Arquitectura Industrial da Enseada de San Simón, como pode ser a Fábrica do Alemán, actualmente recuperada…”

Todo iso, engade a alcaldesa de Redondela, “obviase, tápase e trátase a un ‘elemento fundamental do antigo patrimonio industrial’, como di o informe, como se fora un montón de lixo que non ten o máis mínimo valor”.

Digna Rivas afirmou con rotundidade que o goberno local “non vai quedar de brazos cruzados mirando como se ignora a vontade dos veciños e veciñas e como se destrúe unha parte importantísima da historia industrial do municipio e do seu patrimonio”. A solución, engade a rexedora local, “pasa pola súa rehabilitación e conservación, nunca polo seu derrubo e destrución”.

Remata Rivas amosando a firme intención do Concello “de utilizar todos os medios ao seu alcance para evitar que, do xeito máis alevoso, se atente contra o patrimonio industrial do municipio e, de xeito intencionado, evítese que o Concello teña a voz e o voto que lle tería correspondido no Consello de Administración”.

Andaina en Nigrán con motivo do Día Internacional das persoas maiores

0

O Concello de Nigrán celebra este martes 1 de outubro o ‘Día Internacional das Persoas Maiores’ promovido dende a OMS cunha andaina pola Foz (A Ramallosa). A xornada arrancará ás 10:30 horas na Alameda de San Campio, na Ramallosa, onde a monitora Pilar Husling dirixirá ás 10:45 horas unha actividade física para iniciar ás 11:00 horas a andaina polo paseo de A Foz, volta por Monte Lourido e regreso ao punto de partida. Durante a camiñata cantaranse cancións populares. Finalizará ás 12:00 horas cuns estiramentos e lanzamento de confeti.

O Concello de Nigrán súmase deste xeito, e por vez primeira, á campaña iniciada pola Organización Mundial da Saúde en 1999 por un envellecemento activo, acción na que participan maiores de tódolos continentes.

Nigrán busca eliminar os atropelos en pasos de peóns

O goberno de Nigrán extremará as medidas para eliminar os atropelos en pasos de peóns do municipio introducindo neles un reforzo lumínico extra por importe de 18.000 € a cargo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. O obxectivo é mellorar a seguridade do camiñante e do conductor en viais de titularidade municipal onde os pasos non están regulados semafóricamente e resultan especialmente perigosos, cuestión que tamén demandaran as diferentes entidades veciñais.

Así, estos reforzos serán instalados por operarios municipais nas vindeiras semanas en nove rúas: Arquitecto Palacios con Cidade de Vigo (Panxón); Torrente Ballester, Manuel Lemos e Avenida de Portugal (A Ramallosa); Rosalía de Castro, Val Miñor e José María Pérez Alonso (Nigrán); e San Roque (Camos).

Os conxuntos de reforzo lumínico serán de iguais características aos instalados pola Deputación nos viais provinciais co obxectivo de manter a mesma estética. Así, constarán dunha columna de iluminación led de ata 6 metros de altura que teña integrada unha placa decorativa de aceiro inoxidable brillante co escudo do Concello de Nigrán cortado a láser. A oferta que se contraté deberá incluír todo o preciso para a súa montaxe e posta en funcionamento a cargo dos operarios municipais.

“Ao igual que os lombos, unha correcta iluminación nos pasos de peóns é un punto crave para a seguridade viaria, tanto para o vehículo que circula na calzada como para o peón. Isto é especialmente importante onde non se dispoña de semáforo, pois o peón cruza cando non se achega ningún vehículo, polo tanto, se a iluminación non é axeitada o vehículo pode non divisar ao camiñante provocando un accidente ou atropelo”, incide o alcalde, Juan González.

Afaga celebrou unha andaina solidaria no «Día do Coidador»

0

As 11 da mañá de hoxe partía rumbo a Tui polo Camiño portugués, a andaina solidaria organizada por Afaga, coa que se reafirmaba o compromiso coas persoas que teñen alzhéimer e as súas familias. A saída, que tivo lugar diante da Cámara Municipal de Valença, contou coa presenza da vereadora Elisabete Domingues; o alcade de Tui, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Servizos Sociais de Tui, Ismael Diz, e a traballadora social do Concello, Carmen González, estes dous últimos participaron na andaina.

Ao mediodía, a onda verde chegaba á praza do Concello de Tui onde foron recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro. Alí, Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, fixo entrega ao edil dunha placa de agradecemento polo compromiso que sempre mostrou o Concello de Tui coa asociación. A continuación leuse o ‘Manifesto do coidador’. O grupo ‘Arume de Malvas’ amenizou este encontro.

Despois, tivo lugar unha comida no Seminario Menor de San Pelayo e logo unha visita á catedral.

Foi unha xornada solidaria coas persoas que teñen alzhéimer e as súas familias á vez que serviu de relax e descanso para os coidadores.

Carmela Silva visita as obras do Centro Cultural de Rubiós

0

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitou o sábado 28 de setembro as obras para a ampliación do Centro Cultural de Rubiós, no concello das Neves, uns traballos que permitirán reforzar o uso destas instalacións para actividades culturais diversas e adaptalo para as necesidades contemporáneas. Trátase dun proxecto financiado pola institución provincial, ao abeiro do Plan de Reequilibrio e o Plan Concellos 2018-2019, no que o investimento final foi de 401.435 euros.

A obra enmárcase, como destacou Silva, no compromiso da Deputación para mellorar as infraestruturas culturais, dentro do obxectivo global de potenciar o equilibrio territorial entre os concellos da provincia, “porque os e as cidadáns dos concellos da provincia, vivan onde vivan, teñen as mesmas necesidades e os mesmos dereitos”.

[su_image_carousel source=”media: 6807,6805,6806″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Máis polo miúdo, as obras consistiron na construción dun novo volume anexo ao centro polo escenario, con destino a camerino e almacén, cun acceso independente ao edificio e que serve de complemento ao salón de actos. Tamén se habilitou un novo corredor que posibilitará no futuro a unión do vestíbulo do centro cultural coa antiga casa dos mestres e co novo volume dos camerinos, mellorando a accesibilidade entre ambos espazos. E, no eixo deste corredor, habilitáronse tres novas salas polivalentes. O conxunto ten tamén un novo acceso polo norte, cunha parcela que se acondicionou como aparcamento.

O novo edificio dotacional desenvólvese nunha única planta, dun xeito funcional e accesible. Os novos volumes foron executados en formigón armado visto, con grandes panos acristalados que matizan as unións entre eles. A ampliación permite así mesmo que o conxunto urbanizado se entenda como un área de equipamentos, a través da nova imaxe de conxunto e o tratamento exterior dos novos accesos e a relación destes co espazo público.

Ponteareas deseña os primeiros compromisos co planeta

A media mañá do venres, alumnado de todos os centros educativos de secundaria de Ponteareas achegouse ao Concello para concentrarse, chamar a atención sobre a crítica situación do planeta e reunirse coa concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, que os convidou a sentarse no salón de plenos e estudar os primeiros compromisos que mocidade e concello van adquirir para protexer o planeta.

Xuntos deseñaron diferentes accións como unha charla e unha mesa redonda aberta a todos os centros educativos na que poidan recibir formación e tamén aportar as súas ideas para desenvolver en Ponteareas.

Tamén acordaron realizar unha visita ao punto limpo xa que a xestión dos residuos é un das principais preocupacións da cidadanía.

Ademais, reunidos no salón de plenos planificaron unha xornada de convivencia nun espazo natural no que compartir inquedanzas. A concelleira analizou con eles e elas as accións diarias e cotidiás que todos e todas facemos e que podemos mellorar para protexer os nosos recursos naturais (pechar a billa da auga, non ter a porta da neveira aberta, non ter enchufes consumindo, non tirar lixo, camiñar en vez de ir no coche ou plantar árbores autóctonas…)

Alumnado e concelleira iniciaron neste encontro unha rede de comunicación directa na que poidan fluir ideas e pasar a acción.

Rosa Covelo felicitou ao alumnado pola súa atitude responsable e comprometida.

Na liña da nosa estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” a concelleira de Medio Ambiente promoverá a participación e as accións de concienciación para crear unha cidade máis sostible e comprometida.

O Alcalde Xosé Represas e concelleiros/as do goberno apoiaron o minuto de silencio polo clima.

AER cualifica a oposición do PP como “destrutiva, indiscriminada e sen rigor”

0

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, saiu ao paso da valoración realizada polo PP “sobre os 100 días de goberno bipartito” unha valoración que, para a formación asemblearia, non fai máis que reflectir “a tónica que está a levar o PP nestes 77 días: oposición destrutiva, indiscriminada e sen rigor” cousa que, aseguran, “tampouco é de estrañar: fan oposición coa mesma filosofía coa que antes gobernaron”.

De entrada, AER lémbralle aos populares que “o goberno constitúese no pleno de organización, non no de investidura. Neste pleno é onde se designan as concellerías do goberno e as persoas que van levar cada unha delas”. Este pleno, sinala a Agrupación de Electores, “celebrouse o 12 de xullo, e polo tanto pasaron exactamente 77 días”.

Investimentos supostamente paralizados

Na súa análise, o PP denuncia a paralización do centro cultural de Quintela e a área recreativa de Negros. Na Sesión Extraordinaria e Urxente 6/2018 celebrada polo Pleno do Concello o día 14 de maio de 2018, despois dun acordo de investimentos entre Partido Popular e AER, incorporouse o remanente de gastos xerais de 2017 por importe de 1.596.070,59 euros. Nestes investimentos é onde van recollidos estes dous proxectos.

Os Populares quéixanse de proxectos aprobados no goberno de Bas que están paralizadas (en 77 días) pero non din que dende maio de 2018 e ata xuño de 2019 (en máis dun ano) eles non foron quen de rematar os trámites para o inicio desas obras.

Centro cultural de Quintela
O 5 de xuño de 2019 (hai só 115 días desta data é aínda gobernaba o PP), por resolución de Alcaldía asinada por Javier Bas iníciase procedemento de contratación para a instalación deste centro. Nesta resolución recóllese:

Primeiro: (…) a Mesa acorda que se lle requira á empresa que obtivo a mellor puntuación, (…), para que, no prazo de sete días hábiles, presente a documentación xustificativa de ter constituído a garantía definitiva (…) Ten a empresa ata o 14 de xuño.

Cuarto.- O prazo para a execución da obra é de dous meses, contado a partir da acta de comprobación de replanteo que se realizará no prazo máximo de quince días naturais dende a formalización do contrato.

A acta de comprobación de replanteo será, como máximo quince días despois da sinatura do contrato. Contrato que, de ningún xeito, foi asinado antes do 14 de xuño. Aínda que parece que todo estea xa preparado, aínda faltan un par de cousiñas: designar a dirección de obra e o plan de seguridade.

Resulta pois que o partido popular, cunha asignación económica de maio de 2018 acusa ó goberno actual de deixadez no “inicio das obras” mentres eles deixaron sen rematar os trámites necesarios para empezala despois de pasado máis dun ano.

Área recreativa de Negros
Mediante resolución da Alcaldía núm. 3771/2018 de data 28.12.2018 (xa pasaron 7 meses desde a incorporación do remanente) o goberno do PP iniciou o expediente para a contratación da obra de construción da área recreativa en Negros, financiada con cargo ao remanente, cun orzamento que ascende de 227.000,00 euros.

Por resolución do mesmo órgano núm. 3795/2018 de data 30.12.2018 aprobáronse os pregos, e o contrato formalizouse o 20 de maio de 2019: practicamente cun ano de retraso dende o 14 de maio de 2018 que fora aprobado o Plan de Investimentos a conta do remanente. Neste contrato recóllese que haberá quince días naturais para a acta de replanteo co que nos poñemos xa a 4 de xuño de 2019. A partir de aí hai que designar dirección de obra e plan de seguridade e saúde que tamén hai que contratar e ter proposta de gasto aprobada por intervención.

Ou sexa, o Partido Popular, desde maio de 2018 que se aprobou o Plan e ata xuño de 2019 (cando perde o goberno) non foi quen de rematar os trámites para o inicio da obra (estamos a falar de máis dun ano) pero ten a desfachatez de acusar ao actual goberno de non estar executando a obra cando aínda falta a contratación da dirección de obra e o plan de seguridade e saúde. Máis que mentir, semella que o PP toma á veciñanza por idiota.

Incremento do gasto en salarios

Sorpréndelle a AER que o PP sinale no seu balance “que se aumentou o gasto en salarios da corporación” un feito que, aseguran ten explicación porque “se non souberon contar os días que leva o goberno actual, comprendemos que tampouco foron capaces de facer este cálculo”.

Para aclarar as cousas, AER achega datos: no 2015 o gasto aprobado no pleno de organización foi de 348.672 euros anuais. “Como a nós gústanos ser xustos, descontaremos os gastos anuais por asignacións a Redondela Pode xa que a súa concelleira pasou a ser non adscrita e perdeu o dereito a esta asignación como grupo. Facendo este axuste, o gasto real foi de 345.672 euros”.

“No 2019 o gasto aprobado é de 338.140 euros –explica a Agrupación de Electores– ou sexa que se gastan 10.532 euros menos de orzamento aprobado no 2015, ou 7.532 euros menos se o comparamos co gasto real. En calquera caso, neste mandato o gasto en salarios políticos é menor que cando gobernaba o PP”.

“A diabólica volta de torca dos populares é que aprobaron en Pleno a proposta do BNG para aumentar as asignacións aos grupos, en contra da proposta deste Goberno, que coincidía coa aprobada no mandato anterior a proposta de AER”, aclaran “xa que logo, o PP (xunto co BNG) aproba unha proposta que supón gastar no conxunto do mandato 120.128 euros máis do que propuña o Goberno. E se queixan de que sube o gasto! Quéixanse do que eles mesmo aprobaron. Pensaríamos que é esquizofrenia se non soubéramos que é pura e simple mala fe”, conclúe AER.

Silvia Núñez, gañadora do concurso «Remata o conto»

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas que dirixe Fernando Groba, entregou os premios do concurso «Remata o conto» acompañado de representantes de Banastra Centro Comercial Aberto, organizadores da iniciativa.

O xurado formado por Manrique Fernández, escritor, xornalista e colaborador habitual de Comarcas na Rede; o concelleiro de Cultura e pola traballadora do Departamento de Dultura, Sofía Rodríguez, elexíu como gañadora desta edición a Silvia Núñez Álvarez, recaendo en Marta González Alonso o segundo premio e o terceiro en Remedios Paz Pino.

Na entrega de premios as tres gañadoras deron lectura á súa historia para que tódolos asistentes puideran gozar da súa creatividade.

Fernando Groba agradece a todos e todas as participantes a súa aportación e anímaos “a seguir presentándose e a seguir sendo bos lectores e mellores escritores”.

Encontro do folclore arxentino no multiúsos do auditorio de Ponteareas

A cantora Casiana Torres, unha das máximas exponentes do folklore arxentino, chega a Europa desde Tierra del Fuego, ao sur da Patagonia, para presentar o seu último traballo, Al corazón de la tierra,  xunto co seu guitarrista e productor, Martín Castro. 

Casiana, que compartiu escenario con artistas como Mercedes Sosa, León Gieco e Uxía, entre outros, e participou en festivais de todo o mundo, representa con orgullo a música de todo un país que se caracteriza pola diversidade de ritmos e os contrastes descritivos que brindan as súas paisaxes.

A concelleira de Eventos e tenente de alcalde, Cristina Fernández, anima a toda a veciñanza a desfrutar deste encontro que pretende estreitar lazos coa cultura arxentina.

Redondela celebra o Día Internacional das Persoas de Idade

0

Con motivo da celebración, o vindeiro 1 de outubro, do Día Internacional das Persoas de Idade, a Concellería da Terceira Idade do Concello de Redondela que xestiona directamente a alcaldesa Digna Rivas, vén de elaborar un programa de actividades que inclúe unha xornada interxeracional na Alameda de Castelao, e unha charla pola tarde, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira.

No que ás actividades de mañá fai referencia, ás 11 horas a Alameda de Castelao será escenario de diversas iniciativas que buscan unha interconexión entre os maiores e a poboación máis nova de Redondela, “no que supón un extraordinario intercambio de experiencias”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.

Esta xornada interxeracional inclúe un contacontos realizado pola Asociación AFAGA e titulado ‘A Viaxe de Carlota’, lectura de textos por parte do alumnado dos centros escolares redondelás e, finalmente, unha actuación musical a cargo de ‘Os Monifates’.

Xa polo serán, ás 20 horas, as actividades desta xornada trasládanse ao auditorio do Multiúsos da Xunqueira conde terá lugar unha charla sobre ‘Trastornos depresivos e ansiedade’ que se imparte a través do programa ‘Tempo de Saúde’ da Deputación de Pontevedra. A charla que correrá a cargo do doutor Raúl Vázquez-Noguerol Méndez, será presentada polo presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez.

O Día Internacional das Persoas de Idade nace, lembra a alcaldesa Digna Rivas, “para ser unha chamada de atención sobre o cambio demográfico que está a sufrir a poboación mundial e a necesidade de creas novas políticas e programas que beneficien aos nosos maiores”.

Nesa liña, a recen creada Concellería da Terceira Idade que xestiona a propia Digna Rivas, busca que “a veciñanza de Redondela e das súas parroquias, mantéñase activa” non so como beneficio para eles mesmos, sinala a alcaldesa, senón “para ser o motor dun cambio positivo dentro do propio Concello, ben como asesores, emprendedores ou como mestres para as novas xeracións, xa que teñen unha ampla bagaxe e unha enorme experiencia práctica que compartir”.

Digna Rivas adiantou que, nos vindeiros meses “haberá novedades importantes que irán nesa dirección, a de aproveitar o coñecemento dos nosos maiores como parte imprescindible do desenvolvemento do municipio”.

‘The Pretty Shirts’, na Guarda o 12 de outubro

0

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui.

“Trátase de dinamizar e ofrecer a poboación e peregrinos experiencias positivas e desestacionalizadas naqueles concellos do noso territorio polos que pasa o Camiño de Santiago.

Ao abeiro do programa ‘Música e Viño no Teu Camiño’, o vindeiro mes de outubro A Guarda, Redondela e Tui acollerán un concerto musical ao aire libre e totalmente gratuíto que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos.

Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas subárea do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Os eventos celebraranse nas seguintes datas:

  • 4 de outubro de 2019. Concerto de The Soul Jacket na Praza da Torre de Redondela.
  • 12 de outubro de 2019. Concerto de The Pretty Shirts Rock&Roll Band na Praza do Reló de A Guarda.
  • 19 de outubro de 2019. Concerto de Best Boy na Praza de San Fernando de Tui.

Todos os eventos comezarán a partir das 20:30 horas e contarán coa presencia e participación confirmada das adegas Quinta de Couselo e Terras Gauda.

Que é Eurural?

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Salvaterra de Miño participa activamente no programa ‘Ler conta moito’

O Concello de Salvaterra de Miño, participa de xeito activo, un ano máis no programa «Ler conta Moito», unha iniciativa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede, a través do seu catálogo actividades, distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte.

O Programa Ler conta moito consta de dúas convocatorias: a da realización do catálogo de actividades para os profesionais da animación e a convocatoria de participación para as bibliotecas coa solicitude de actividades.

A programación de actividades iniciaráse na biblioteca de Salvaterra de Miño o vindeiro mércores 2 de outubro co espectáculo «Icloud e o circo dos prodixios», unha sabia dos contos.

O venres 4 tocalle o turno á maxia «Maxia divertida 2.0», donde o Mago Paco presenta unha morea de contos e historias a través do xogo e da maxia.

«O neno que queria ser mago» é o espectáculo do día 16 de outubro, un conto de animación a través do teatro e a maxia.

Rematamos as actividades do Ler conta Moito o mércores 23 de outubro cun «ContaCantos» música e poesía para rematar este fantástico programa.

Todas estas actividades van facerse na Biblioteca ás 18.00horas.

Ponteareas analiza o botellón dende o ambito educativo e da saúde

A comisión de análise do botellón mantivo o pasado día 26 de setembro dous encontros dentro do proceso participativo posto en marcha para facer unha diagnose da problemática e elaborar un plan de medidas e actuacións. Por unha banda mantívose un encontro sobre saúde e drogodependencias con responsabeis do Centro de Saúde de Ponteareas e da asociación de prevención de drogodependencias AMAINA e por outra celebrouse unha reunión coa meirande parte dos centros educativos e ANPAS da localidade.

O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, que coordina o proceso participativo, salientou como conclusións de ditos encontros “a necesidade de implicar e concienciar aos pais e nais sobre a problemática que afecta especialmente a menores de idade”. Nas reunións púxose de manifesto, ademais, a necesidade de crear alternativas de ocio nocturno para a xente máis nova “que facilite outras formas de socialización dese sector da poboación mediante actividades culturais, deportivas ou de lecer que sexan do seu interese”.

A comunidade educativa coincide en cualificar o botellón como un problema “serio”, no que segundo os datos oficiais se estima que participa un 30 % da poboación entre 15 e 22 anos. Profesorado e ANPAS recoñeceron o seu papel fundamental en materia de prevención, valorándose positivamente a posibilidade de realizar un amplo inquérito e estudo nos centros de ensino sobre os hábitos, necesidades e motivacións dos adolescentes ponteareáns.

Cristina Fernández e Roberto Mera con responsables do Centro de Saúde de Ponteareas

Pola súa banda, os reponsabeis do Centro de Saúde constataron que con frecuencia se atenden intoxicacións etílicas, pero cunha evolución descendente nos últimos anos e salientaron que é fundamental continuar e reforzar actuacións de prevención e concienciación dirixidas a adolescentes e tamén a pais e nais mediante charlas como as que desenvolve AMAINA en centros de ensino de Ponteareas.

Os profesionais da saúde cren que hai “unha baixa percepción do risco en relación co consumo de alcohol, tabaco e outras drogas tanto entre adolescentes como entre os pais e nais destes”.

O Porriño renova o parque móbil municipal

O Goberno Municipal do Porriño licitou a renovación total do parque móbil do Concello mediante o sistema de ‘renting’ para garantir a seguridade dos vehículos e dos traballadores municipais empregando criterios de eficiencia enerxética e aforro do gasto público. A operación rematou esta semana coa firma dos contratos cunha vixencia de 4 anos.

O parque móbil do Concello, explica o Goberno local, ten unha media de 15 anos pero hai vehículos que superan as dúas décadas de antigüidade especialmente o que atinxe os vehículos adscritos ó departamento de Vías e Obras que “teñen unha idade media de 25 anos cun evidente mal estado e obsolescencia”, segundo un dos informes técnicos recabados polo goberno municipal.

Segundo o executivo que preside Eva García de la Torre, a necesidade de renovar o parque móbil era tal que o comité de seguridade e saude do persoal do Concello tiña denunciado que se atopan “nun estado de uso lamentable cun mantemento inexistente, con filtracións de gases e auga no interior dos habitáculos e cunha quilometraxe que nalgúns casos supera o medio millón de quilómetros”.

O Concello elaborou un prego de condicións para renovar o parque móbil con 25 vehículos mediante concurso público que se iniciou con data 26 de marzo deste ano. Na licitación estableceronse cinco lotes presentándose un total de seis empresas, ningunha delas do Porriño.

Catro lotes foron gañados por GrupiVazgle, de Lugo e o restante pola firma Rodosa, de Vigo. A firma lucense, explica o Goberno local do Porriño “é proveedora de vehículos en “renting” para concellos gobernados polo PP en Galicia e Asturias como O Vicedo e Arteixo ou cidades como Oviedo ou concellos gobernados polo PSOE como Lourenzá ou Xixón, ademáis de proveer a outras administracións públicas en Andalucía e Cataluña”.

Conforme faculta a vixente Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público as empresas participantes podían realizar melloras. “A razón social GrupiVazgle ofreceu melloras de calidade nos vehículos, de maior gama, mellor motorización, con quilómetros ilimitados, incluindo seguros, reparacións e vehículo de sustitución e cumprindo coa normativa “Euro 6” de eficiencia enerxética. Todos eses aspectos baremados decantaron no seu favor a decisión da mesa de contratación”, apunta o goberno local.

[su_image_carousel source=”media: 6763,6762,6761″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Por outra banda o goberno municipal “lamenta que o PP pretenda denunciar un suposto malgasto cando a operación de renting aprobada polo gabinete actual para este cuatrienio (por importe de 627.000 €) é notablemente máis barata que o gasto efectuado polo último goberno do PP. Sómentes no período de 2010 a 2014, con Nelson Santos na alcaldía, o parque móbil do Concello xenerou un gasto de 700.000 euros. Dese importe, 324.000 euros para reparacións e máis de 87.000 en seguros”.

Vehículos que non son para os traballadores municipais

Pola súa banda, o Partido Popular do Porriño pon en dúbida que “os vehículos sexan para os traballadores municipais”. Segundo a formación que encabeza Alejandro Lorenzo “pagar un Mini Cooper, un Renault Megane RS de 221 CV e tres monovolúmenes para concelleiros e técnicos, non é para traballadores municipais, non é o que precisa e reclama a cidadanía nin o persoal do Concello”.

Cualifican os populares de “completamente falso” que este derroche supoña aforro algún. O gasto en vehículos de renting por parte do Concello do Porriño neste ano aproxímase aos 800.000 euros, xa que, segundo o PP, “hai que sumar o renting por catro anos o Volkswagen Golf GTI (55.500 euros) e un Citroen DS Híbrido (55.200 euros) ambos tamén por un periodo de catro anos, para a Policía Local que conta tamén cun Citroen C4, Citroen C3 e outro Megane.

Cuestiona, e moito, a composición da flota de vehículos entre os que atópanse “un Mini Cooper, destinado á concellería de Cultura, e 2 Peugeot 308 para a Alcaldía por un importe de 83.780, 40 euros”.

O Concello, segundo o PP, tamén se fará con 2 Renault Master Combi 6 e un Renault Master Furgón (86.394 euros), 3 Seat Ateca SUV 110 KW (83.780,40 euros) e 15 furgonetas máis (323.068 euros) destinadas aos departamentos de Parques e Xardíns, Vías e Obras, Urbanismo, Deportes e Notificación.

“Completa a licitación un novo vehículo para a Policía Local, concretamente un Megane RS 211 CV (50.578 euros) que non se rotulará e equiparase con sistemas ocultos de luces e serea”, explica a formación de Alejandro Lorenzo.

A estes vehículos, e a este gasto, habería que sumar o de mantemento e uso dos xa existentes no parque móbil municipal, entre os que se atopan o Mazda 3, o Volvo ou o Ssanyong Actyon a disposición da Alcaldía.

O Partido Popular do Porriño está dacordo e non pon obxección algunha a renovar vehículos dos departamentos de Vías e Obras e Parques e Xardíns, “pero cabe reseñar que se adquiriron estes vehículos para mantelos aparcados nas instalacións municipais, pois, hai moitos máis coches que persoal municipal”, apuntan.

Finalmente considera o PP que “é indigno” que na situación económica do Concello do Porriño “tenten xustificar este despilfarro en coches oficiais cargando contra o Partido Popular” polo que invitan á alcaldesa a que “en aras de non enganar unha vez máis á cidadanía faga públicas as cifras de gasto de mantemento da flota municipal, dietas, seguros e combustible dos últimos cinco anos”.

Nigrán escoita as propostas dos escolares para frear o cambio climático

0

O goberno de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao fronte e catro dos seus ediles, recibiu esta mañá no salón de plenos do Concello ao alumnado do CEIP Humberto Juanes que se sumou hoxe á ‘Folga Mundial polo Clima’. Inspirados polo exemplo de Greta Thunberg, os estudantes de 4º de Primaria, acompañados polo seu profesorado, transmitíronlle ao rexedor e concelleiros as posibles accións locais para frear o cambio climático, entre elas: reducción de consumo de auga e papel, campañas de concienciación ambiental, prevención de incendios… Divididos en pequenos grupos, cada un deles presentou unha medida acompañada cun panel ilustrado que reflexaba a mesma.

[su_image_carousel source=”media: 6755,6754,6752,6751,6750″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Tomamos nota de todo o que nos propoñedes porque nas nosas mans está o futuro de todos. Dende o Concello podemos moitas máis cousas que nos estades a pedir, pero tamén compre salientar que Nigrán é un exemplo en moitos aspectos: temos a única electroliñeira pública de Galicia, rebaixamos os impostos dos vehículos eléctricos, levamos adiante exitosas campañas de concienciación como #SanXoanSenLixo, crearemos o primeiro parque forestal da comarca, instalamos recolle-cabichas nas praias…”, sinalou o rexedor, quen incidiu en que no pleno deste luns o goberno leva unha proposta na que se recoñece o estado de emerxencia climática con medidas concretas ao respecto.

Ao mesmo tempo, González invitou aos estudantes a participar coas súas familias nas limpezas previstas para esta fin de semana dende o Concello de Nigrán (o sábado na praia de Patos e o domingo no esteiro de A Foz dentro do proxecto de Adega ‘Móllate polos ríos’).

Paralelamente, os 48 alumnos de 4º de primaria enviaron cadansúa carta certificada á Moncloa para que directamente o presidente en funcións Pedro Sánchez as lea, as misivas conteñen peticións de compromisos medioambientais que atañen directamente aos vindeiros políticos ao fronte do goberno de España.

Obradoiro de xoguetes antigos e actuais na Guarda

0

A partir do 30 de setembro e ata o 21 de outubro a OMIX da Guarda abre o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de xogando en familia: xoguetes antigos e actuais, a través do programa Tecendo lazos da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que busca o desenvolvemento de obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e tempo libre coa intención de poñer en marcha estratexias e oportunidades para crear espazos para o encontro e o intercambio mutuo.

Neste caso as persoas participantes compartirán xogos entre as familias, os maiores ensinarán xogos antigos aos pequenos/as e os nenos e nenas terán a ocasión de mostrarlles xogos actuais as persoas maiores.

O obradoiro ten unha duración total de 16 horas, das que 4 irán enfocadas ao módulo A historia do meu concello coa intención de procurar información sobre o noso municipio, con esta información realizarase un proxecto que poderá ser premiado como mellor traballo de entre todos os que se presenten na provincia.

Poderán inscribirse persoas de 6 a 99 anos de idade tendo preferencia as persoas que formen parte da mesma familia. Os nenos e nenas de menos de 12 anos terán que acudir sempre cunha persoa adulta e a partir dos 12 anos e ata os 17 poderá acudir sós sempre que presenten autorización para participar.

Os días nos que desenvolveremos o obradoiro serán os martes e xoves de 18:00 a 20:00 horas a partir do 12 de novembro e ata o 5 de decembro.

Para máis información e para as inscricións as persoas interesadas poderán dirixirse á OMIX da Guarda ou remitir un mail a [email protected]

Xornada de xogos tradicionais en Ponteareas

A Concellería de Eventos do Concello de Ponteareas que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández vén de convidar a toda a veciñanza a desfrutar da tarde xogos tradicionais que se desenvolverá este sábado, 28 de setembro, a partir das 18 horas na Praza Maior. Máis de trinta xogos para tódalas idades que porán a proba a habilidade, puntería e estratexia dos e das participantes.

A praza maior será testemuña dun reencontro coa tradición popular no que os maiores poderán rememorar momentos da súa infancia e tamén transmitir os seus coñecementos no manexo dos xogos aos máis novos.

Xogos de habilidade como o esquí de parellas, o xogo do aro, os zancos ou pala furada; xogos de taboleiro e xogos de lanzamento para executar de xeito individual ou en grupo.

Cristina Fernández explica que nesta xornada de lecer “bríndase a ocasión de realizar unha actividade en familia promovendo a colaboración e o traballo en equipo, ademais de incentivar a relación de maiores e pequenos”.

A cidadanía poderá gozar desta actividade totalmente de balde e poderá coñecer unha parte da historia dos nosos maiores e antergos. A concelleira adianta que en caso de malas condicións meteorolóxicas, os xogos trasládanse ao colexio nº 1 ‘Nosa Señora dos Remedios’.

O CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño estrea biblioteca

0

Un espazo “adaptados aos rapaces, máis polivalente e que cubre as necesidades do centro”. Así describe o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, as obras de remodelación levadas a cabo este verán na biblioteca do CRA Mestre Manuel Garcés, que permitiron transformar a estancia nun espazo máis versátil.

Tralos traballos, o espazo dispón agora dunha cómoda zona de traballo, cunha pequena bancada para contacontos ou outras actuacións e no que tamén está integrado o Departamento de Orientación. As obras contaron cun orzamento total de 30.000 euros financiados polo Concello de Tomiño en colaboración co propio centro.

Os traballos de remodelación, que se fixeron durante o mes de agosto para non interromper a actividade diaria do centro, permitiron “optimizar ao máximo o espazo do que é o centro neurálxico do CRA, con mobiliario adaptado e unha boa redistribución dos espazos que o arquitecto soubo captar á perfección”, salienta o director do centro, Antón de Valenzuela. Unha transformación coa que “levamos tempo soñando” e que supón o primeiro chanzo para “repensar os espazos das 13 aulas unitarias das que dispoñemos”.

[su_image_carousel source=”media: 6719,6718,6717″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Aproveitando a reforma, o CRA comezou a recatalogación de todos os volumes dispoñibles na biblioteca, un proceso no que traballarán nas vindeiras semanas e que esperan completar a finais de outubro ou novembro coa inauguración da Biblioteca.

Aposta polos centros educativos

O Goberno local segue apostando polo investimento nos centros educativos de Tomiño, no que se investiron máis de 60.000 euros de fondos municipais para mellorar os espazos que empregan día a día os máis de 1.550 estudantes da vila.

Por este motivo, xunto coa remodelación da Biblioteca do CRA, durante as vacacións estivais leváronse a cabo varias obras de mantemento e reparación, como melloras no comedor da escola Galiña Azul do Seixo, pistas balonmán e baloncesto no Mosteiro para uso compartido entre o alumnado do colexio Pedro Caselles e a veciñanza e cambio de chan en tres aulas do colexio de Sobrada, así como diferentes obras de mantemento (fontanería, electricidade, limpeza patios, etc.).

O quinto ‘Biomercado’ de Tomiño aposta pola excelencia

0

A Praza do Seixo e o Mercado Municipal de Tomiño acollerán, este domingo 29 de setembro entre as 11 h e as 21 horas, unha nova edición do Biomercado, unha cita anual que esta mañá foi presentada nun acto no que participaron a alcaldesa, Sandra González; o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Deportes, Francisco Campo e Chao Quintana, de Rural Consulting.

O Biomercado aposta, este ano, por unha maior profesionalización no eido da artesanía apostando claramente pola excelencia. De feito, Chao Quintana salientaba o “esforzo por facer unha selección rigorosa de todos os participantes”, de tal xeito que se optou por seleccionar, para os postos de artesanía, a aquelas persoas que estean en posesión do certificado de Artesanía de Galicia.

Nesa mesma liña de apostar pola excelencia, no caso dos produtos alimentarios só poderán estar presentes aqueles que conten co correspondente rexistro sanitario. Curiosamente, esta “selección” en lugar de facer diminuir o número de postos presentes serviu para incrementalos de xeito que, segundo sinalaba Quintana, “o Biomercado contará con 67 postos dedicados a artesanía, alimentación saudable e produtos ecolóxicos e naturais.

O esforzo por racionalizar este Biomercado que logo de catro edicións xa é un referente neste tipo de actividades en Galicia, –Tomiño comeza a ser sinónimo de excelencia en moitos aspectos– ten o seu reflexo no programa de actividades artellado de tal xeito que non se “solapen” os actos e posibilitando ao público, por tanto, asistir a case que todos.

Outra das novidades deste Biomercado, por iso de que coa experiencia apréndese, é a distribución de espazos, dividindo o mercado por seccións que fagan máis doada a visita e circulación dos centos de visitantes. Así, a Praza do Seixo acollerá todo o relacionado con artesanía e vellos oficios, e os postos de cosmética natural. Tamén nesa praza estarán postos dedicados ás antigüidades, coleccionsmo e comida para levar.

Pola súa banda, o Mercado de Tomiño, tanto no seu interior como nos soportais exteriores, acolle os postos que teñan relación coa alimentación de produtos frescos ou de elaboración artesá, que segundo se sinalaba na presentación, serán ao redor de 20 postos. Ademáis, durante toda a xornada, haberá demostracións de vellos oficios desenvolvidos por artesáns e artesás.

Os nenos terán un especial protagonismo cunha serie de actividades que teñen o claro obxectivo, sinalaba Chao Quintana “de introducir aos máis pequenos e pequenas no mundo da transformación alimentaria”, do mesmo xeito, dase resposta á demanda que había de obradoiros para adultos e, nesa liña, ás 18 horas terá lugar no Mercado de Tomiño un obradoiro titulado Aprende a facer pan.

O Concello de Tomiño, segundo sinalou Francisco Campo, concelleiro de Promoción Económica e Comercio, non quixo desaproveitar o magnífico escaparate que supón o Biomercado para reafirmar a aposta do Concello pola compostaxe. Así haberá un posto do programa Revitaliza, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tomiño no que mestres e mestras composteiros explicarán á veciñanza as vantaxes da compostaxe e facilitarán información sobre o programa que, nese eido, se está a desenvolver en Tomiño.

Francisco Campo adiantaba que, nese posto, “entregarase compost feito nos centros de compostaxes do Seixo e de Goián e todas as persoas interesadas poderán anotarse para ter un composteiro na casa ou para levar compost sen peneirar en momentos de excedente”.

Para a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o Biomercado, amais de todo o que supón de dinamización do comercio de proximidade, da artesanía e de produción agrícola ecolóxica, é tamén “unha pequena mostra de que o rural ten vida e unha vida alternativa, saudable, sustentable, respectuosa co medio ambiente… un tipo de vida que a xente demanda cada vez máis”.

Un amplo programa

O Biomercado de Tomiño chega, nesta quinta edición, cun programa de actividades, amplo, ben estruturado e distribuído de tal xeito que as persoas que así o desexen, o teñan doado para “non perderse nada”. As 12 horas, no Mercado de Tomiño terá lugar un primeiro obradoiro baixo o título de Cociña rápido e san con Carol. Logo do pasarrúas de Anxo Moure na Praza do Seixo que terá lugar ás 12:30 horas, a Casa do Concello acollerá a primeira das dúas interesantes charlas previstas para o domingo. Será a titulada Que é o colesterol e que se desenvolverá ás 13 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. A charla buscará explicar “de xeito sinxelo, claro e sen termos complexos, que é o colesterol e como nos afecta”.

Paralelamente a esta charla e dirixido espcialmente para os máis pequenos, o Mercado de Tomiño acollerá un Contacontos a cargo de Anxo Moure (13 h). O mesmo mercado e media hora despois, ás 13:30 h acolle un moi interesante obradoiro titulado Cultivar cogumelos en posos de café.

Xa pola tarde, cara ás 18 horas, o Mercado é o escenario do obradoiro para adultos Aprende a facer pan (18 h) e á mesma hora pero na praza do Seixo, os máis pequenos teñan outro obradoiro, divertidísimo por certo, de Aprende a facer queixo.

As 19 horas, o Salón de Plenos é o escenario para a segunda das conferencias que poñerá o punto de atención nun tema que camiña cara a coverterse nun serio problema de saúde para os máis novos Control do peso na infancia. A esa mesma hora, na Praza do Seixo, os máis cativos e cativas participan nun novo obradoiro de Aprende a facer queixo.

Xa, como remate, ás 19:30 horas, música ao vivo na Praza do Seixo con Llorente & Tribu.

Durante o Biomercado tamén se celebrará a actividade ‘Móllate polos ríos’, unha limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega ao abeiro do Proxecto Ríos no que colabora Tomiño e a través do que os voluntarios e voluntarias recollerán residuos do río Cereixo. Toda a información e inscricións desta actividade en: https://tomino.gal/limpeza-simultanea-de-rios-2019/.

Moaña e Redondela lamentan que o Porto de Vigo “busque deixar sen voz á veciñanza de ambos municipios”

0

Redondela e Moaña quedarán sen voz no Consello de Administración do Porto de Vigo que terá lugar o venres 27 de setembro, ao figurar na convocatoria como representante do municipio redondelá o exalcalde Javier Bas. Se a primeira vez “puido ser un erro, esta segunda vez demóstrase claramente que é unha actitude intencionada coa que se quere evitar que Redondela e Moaña teñan voz no Consello de Administración”, aseguraron na mañá de hoxe Digna Rivas e Leticia Santos, alcaldesas de Redondela e Moaña, respectivamente.

Redondela e Moaña teñen que repartirse o tempo de representación no Consello, explican as rexedoras locais, “algo que non se fixo nos oito anos anteriores pese a que, dende o Concello de Moaña se requiriu en máis dunha ocasión o seu dereito a estar representada neste órgano de goberno do Porto de Vigo”, sinalan Rivas e Santos.

Agora, a actitude “totalmente sectaria e partidista do presidente da Autoridade Portuaria deixará sen voz á veciñanza de Moaña e Redondela” algo que segundo Digna Rivas, “era o que se pretendía dado que na orde do día figuran dous temas que afectan directamente a Redondela como é a delimitación de espazos de usos portuarios e, sobre todo, o informe verbal sobre o cargadoiro de mineral de Rande Duchess”.

Tanto a alcaldesa de Redondela como a de Moaña teñen claro que “no Consello de Administración da Autoridade Portuaria non queren voces discordantes” e o informe sobre Rande presentado na última reunión pola alcaldesa Digna Rivas “fixo que moitos dos membros deste órgano de goberno, coñeceran a realidade dos proxectos da autoridade portuaria sobre unha zona incluída dentro da Rede Natura 2000”.

Leticia Santos e Digna Rivas, consideran “inaceptable” tanto a actitude da Autoridade Portuaria de Vigo, coma a da Consellería do Mar ao “obviar, dende o pasado mes de xullo, a documentación enviada polos servizos técnicos do Concello dando conta do relevo na alcaldía de Redondela”.

Para as dúas alcaldesas, a actitude de ámbalas dúas administracións “é intolerable ao antepoñer cores de partido aos intereses xerais dos veciños e veciñas, que debería ser a primeira prioridade de calquera administración pública”.

Salceda mellora a comunicación entre os barrios de Petoa e O Rial cunha nova pista

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de vías e obras, está a executar estes días a apertura da nova pista entre a Petoa e o Rial, na parroquia de Santa María. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, lembraba que “estamos nun concello rural e as nosas parroquias merecen que fagamos un importante esforzo en infraestruturas”.

As dúas zonas estaban unidas por un camiño de terra que agora se acondiciona para convertelo nunha pista asfaltada de 6 metros de ancho, cunha lonxitude de 100 metros. No se pode esquecer que se trata dun acceso moi transitado pola veciñanza dos barrios da Feira, pola súa ubicación cercana á igrexa e cemiterio parroquiais, así como á residencia da terceira idade que se atopa na zona, e que tamén verá mellorada a súa contorna coa creación dun reductor de velocidade que mellore a seguridade da zona, dentro do mesmo proxecto. A pista ata o de agora limitábase ao paso de peóns, pero con esta reforma permitirá tamén a circulación de vehículos.

O proxecto, que conta cun orzamento de 12.363,18 €, está financiado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2017, e foi executado grazas ás baixas que se produciron na adxudicación do proxecto da senda do Landres entre O Seixo e o Muiño da Pereira, que permitiron empregar ese sobrante no proxecto que actualmente se está a levar a cabo.

O Concello sinalou que esta actuación forma parte dun programa “0de ampliación e mellora da rede de estradas das diferentes parroquias, priorizando aquelas que chegan a través de demandas veciñais, como é este caso”.

A Alcaldesa, Loli Castiñeira, e o Concelleiro de vías e obras, Miguel González, visitaron esta semana as obras de acondicionamento para comprobar de primeira man os avances realizados. Tal como lles trasladou a empresa, en canto volte o bo tempo procederase ao asfaltado da estrada, rematando así a execución do proxecto.

Loli Castiñeira salientaba o feito de que a calidade de vida das parroquias “está a ser reclamo en moitos outros lugares, e pequenas obras coma esta contribúen a ese benestar que buscamos”, nese sentido a alcaldesa de Salceda adiantou que “dentro das posibilidades que teña o Concello, seguiremos a realizar este tipo de melloras ao longo das sete parroquias”.

‘Edukando a comer peixe branco’ chega ao Porriño

A Asociación de Armadores de Buques de Pesca no Gran Sol (Anasol) e a Agrupación Nacional de Compradores de Produtos Pesqueiros de Portos (Acopes) puxeron en marcha a campaña ‘Edukando a comer peixe branco’, unha iniciativa que onte chegou ao alumnado de primaria do colexio CEIP Antonio Palacios, do Porriño. No acto, os responsables de ANASOL, Jorge Romón e Roberto Martínez estiveron acompañados pola alcaldesa, Eva García de la Torre; a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o director do centro educativo Andrés Vitéitez.

Durante o evento, o chef Javier Salgado, do restaurante A Tula, de Bouzas, realizou un divertido showcooking dirixido aos alumnos e ensinoulles a cociñar unha receita de peixe. Ademais, unha vez finalizado, gozaron de peixe no menú do día do comedor escolar.

Desde Anasol e Acopes preocúpanse porque desde a infancia coñézanse os beneficios do peixe e os máis pequenos aprendan a comelo e mesmo cociñalo en familia. “O peixe é, ante todo, un alimento para compartir, para gozar e para alimentarse ben e sanamente” sinalaron os responsables da iniciativa. Todos os expertos afirman que a boa alimentación pasa por comelo polo menos 2 ou 3 veces por semana.

Un receitario divertido de agasallo

Os alumnos leváronse a casa o receitario ‘As Receitas de Ana Sol’, un catálogo de receitas divertido para aprender a cociñar en familia especies de peixe branco. Grazas o receitario poderase aprender a cociñar: Follado recheo de pescada e kale, Hamburguesa de pescada, Espetada de rape ou Rolos de galo con verduras.

A campaña Edukando a comer peixe branco, chegará esta semana a distintos colexios galegos.

Nigrán insta á Xunta a que invista 19.000 € na substitución das tubaxes oxidadas do CEIP Mallón

0

O Concello de Nigrán remitiu esta mañá un novo escrito e un orzamento á Consellería de Educación no que insta a que de xeito urxente sustitúa as oxidadas tubaxes do CEIP Mallón, unha intervención que segundo o recente informe realizado por unha empresa especializada a instancias do Concello supón unha contía de 18.726 €. Este escrito súmase ao enviado a semana pasada coas análises da concesionaria Aqualia nas que se detectaron niveis de ferro elevado na auga pese a ser apta para o consumo.

“As tubaxes datan do ano de construción do centro en 1987 e a simple vista están completamente deterioradas, así que ao non ser unha cuestión de mantemento a Xunta ten a obriga de realizar esta renovación que, ademais, é dunha contía ridícula para o seu orzamento”, indica o alcalde, Juan González, quen incide en que o Concello ofrece á dirección do centro escolar a posibilidade de realizar de xeito inmediato dende o Concello tres novas acometidas provisionais dende a liña xeral mentras a Xunta non realice as obras e, en todo caso, dende o consistorio se seguirá a enviar bidóns de auga embotellada.

O Concello ofrécelle á dirección do centro educativo a posibilidade de instalar tres acometidas provisionais mentras a Xunta non realice a obra, ao marxe de seguir enviando bidóns de auga embotellada

A instalación presenta a simple vista un gran deterioro que, ao inicio de cada curso escolar e tras meses sen uso, faise visible na propia auga durante os primeiros días. Así, os diferentes parámetros analizados son correctos e no caso do ferro presenta 223 mg/litro, amosando neste aspecto unha pequena incidencia ao superar os 200 mg/litro (a partir dos 500 mg/litro consideraríase non apta para o consumo, tal e como recolle o Real Decreto 140/2003 que establece os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano). Por todo elo, e co obxectivo de outorgarlle a máxima celeridade, o Concello trasladou hoxe este novo informe no que se valora a intervención e a súa contía económica.

“Hai anos que vimos reclamando á Xunta a substitución das tubaxes do CEIP Mallón que, loxicamente, tras 32 anos de uso, están totalmente oxidadas”, incide o alcalde. “Os Concellos temos a obriga de realizar o mantemento dos centros educativos, pero é obvio que estas cuestións responden a que os materiais empregados na construción dos colexios xa rebasaron a súa vida útil. A analítica da auga advirte de que o cambio é necesario e urxente e o investimento preciso para elo é ridículo”, conclúe.

Ponteareas creará un gabinete de acción contra a emerxencia climática a iniciativa do BNG

O Pleno de Ponteareas aprobou por unanimidade, a iniciativa do BNG, apoiar a mobilización mundial en defensa do clima do 27 de setembro e denunciar “a responsabilidade dos gobernos dos países desenvolvidos e das grandes corporacións na actual crise climática”. A través da súa Portavoz Municipal, Cristina Fernández, o BNG sinalou que “dada a magnitude e as graves consecuencias que está a ter a emerxencia climática, é necesario enfrontala desde unha tripla dimensión: global, galega e local”.

Neste sentido, Fernández lembrou “as múltiples iniciativas postas en marcha nos últimos anos polo goberno local”, polo que o Pleno aprobou seguir impulsando actuacións encamiñadas a minguar a pegada ecolóxica.

Tras a aprobación da iniciativa nacionalista, Ponteareas creará un gabinete de acción contra a emerxencia climática no que coordinar todas actuacións a través dun Plan Estratéxico para facerlle fronte á crise climática tendo en conta as competencias na materia. A súa elaboración, desenvolvemento, seguimento e avaliación farase en coordinación con outras instancias institucionais e coa máxima transparencia e participación social.

Así mesmo, a corporación Municipal acordou unanimemente reclamar ao goberno da Xunta que desenvolva un marco lexislativo e estratexias para loitar eficazmente contra as causas da emerxencia climática, mudando de raíz as súas políticas en relación coa ordenación do territorio a protección da paisaxe e dos ecosistemas, a mobilidade, a xestión de residuos, a enerxía, a minaría, a xestión da auga e en xeral as políticas económicas que fomentan a depredación dos recursos, e despoboación e o empobrecemento.

Encontro educativo na ‘Eurocidade Monção-Salvaterra / Aula Aberta’

Medio cento de alumnos e alumnas do IES Salvaterra visitaron onte o Centro de Formación Profesional (Eprami) de Monção, nun acto enmarcado dentro da semana da Eurocidade Monção-Salvaterra. Mozos e mozas coñeceron de primeira man as distintas posibilidades de formación profesional que ofrece este centro situado a menos de cinco minutos de Salvaterra.

Cómpre salientar que os estudantes poden anotarse logo da Ensinanza Obrigatoria co obxectivo de tallar un futuro laboral, aumentando así a oferta educativa que poden encontran no seu municipio.

[su_image_carousel source=”media: 6675,6674,6672,6671,6670,6669″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Na visita, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer unha gran variedade temática como a de Automoción, Estética e Masaxe, Restauración e Cociña ou Informática e Audiovisuáis entre outros.

A cada vez máis estreita relación entre os dous municipios beneficia, de forma directa, “a todos os veciños e veciñas que ven aumentada a oferta de actividades que ofrece o seu propio municipio”, sinala a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.

A Semana da Eurocidade continúa o longo de toda a semana con diferentes actividades para seguir ampliando os lazos de unión entre Salvaterra de Miño e Monção.

O BNG de Redondela pide “maior presenza do goberno local” nas mobilizacións contra a casa de apostas

0

A concentración organizada pola Coordinadora contra a apertura da Casa de Apostas, ás portas do local onde se pretende ubicar e a escasos metros da zona escolar da Marisma, foi valorada positivamente dende o Bloque Nacionalista Galego. “Consideran que a presión veciñal, vai ter un papel decisivo para frear as pretensións da empresa”. Os nacionalistas responsabilizan directamente ao goberno de Feijóo, de crear unha lexislación “á carta” para que estas empresas e as súas nocivas repercusións, campen ás súas anchas por toda Galiza, e agora pretendan establecerse en Redondela”.

De feito, o BNG redondelán lembra que a Dirección Xeral de Emerxencias xa emitiu unha resolución no mes de abril autorizando a actividade e anuncian que van a levar “a problemática ao Parlamento Galego”.

Demandan dende a organización nacionalista maior presenza tanto de membros de AER, como do PSOE, nas diversas iniciativas de carácter veciñal. “Suponse que quen se outorgou a única representatividade do pobo de Redondela, debera ter maior protagonismo salvo que se queiran manter á marxe do problema”.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González recorda como o goberno de Javier Bas, xa era coñecedor da solicitude da empresa dende abril, “e no canto de mobilizar á veciñanza deulle os parabéns a esta Casa de Apostas. Mesmo pretendía fomentar a clientela do local, facilitando a apertura, a escasos metros, do seu anunciado barrio da cultura na Marisma”, afirma.

Cualifica de “cínica” a actitude do anterior goberno, que “se autopromocionaba coa adhesión de Redondela como Cidade Amiga da Infancia, permitindo que se desenvolvera a actividade a escasos metros dunha zoa onde se ubican ata sete centros escolares e unha zona deportiva”.

O propio edil do BNG, demanda prudencia nas declaracións e convocatorias de xuntanzas coas diversas ANPAs do goberno municipal, “non están axudando a que se manteña a presión veciñal, mesmo poden ser desmobilizadoras”.

Considera que se ben o Concello pode ter a súa capacidade limitada, existen liñas de traballo para evitar a apertura da Casa de Apostas, “como unha interpretación do que se considera como accesos a menos de 150 metros, e a necesidade de exposición pública do proxecto”.

Visita nocturna ao casco urbano e a 15k do Atlántico, centran a programación desta fin de semana na Guarda

0

Esta fin de semana, e como xa é habitual, A Guarda acolle varias numerosas actividades entre as que destacan a celebración dunha visita nocturna ao caso urbano e a celebración da ’15k do Atlántico’.

As actividades da fin de semana comezan xa o venres coa continuación das visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Por unha banda, ás 11:30 h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. Xa ás 12:30 h e ás 17:00 h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa aínda que haberá que pagar a taxa de acceso ao Monte Santa Trega que é de 1 € para adultos e de 0,5 € para menores de 14 anos. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.

O sábado, 28 de setembro, o Concello da Guarda organiza con motivo do Día Mundial do Turismo unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da Guarda.

Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa. A visita guiada sairá ás 23:00 h dende a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Esta visita guiada ten unha duración aproximada dunha hora e rematará no Pirún, un miradoiro que ofrece unha excelente panorámica nocturna sobre o Porto da Guarda. Non é preciso inscribirse pero si que se recomenda levar unha lanterna.

Finalmente, o domingo día 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a ’15k do Atlántico’, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira, que contará nesta edición cun total de 555 participantes.

A Carreira partirá como cada ano ás 11:00 h dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta. A andaina sairá ás 10:00 h e a ruta a patíns ás 10:30 h.

Mondariz dá a coñecer o seu patrimonio natural cunha ruta en bicicleta

0

Durante os meses de agosto e setembro, o Concello de Mondariz deu a coñecer o seu patrimonio natural e cultural a través dunha serie de actividades gratuítas que atraeron a case 150 persoas. A última delas será o vindeiro 28 de setembro cunha ruta en bicicleta pola contorna do río Tea que estará guiada por un educador ambiental.

A ruta, que está dirixida a maiores de 14 anos, comezará ás 10 horas da mañá na praia fluvial do Val, en Mondariz. Alén dos aspectos lúdicos e deportivos asociados á bicicleta, busca achegarse ao río Tea e aos seus afluentes, o Xabriña e o Aboal, para coñecer o seu estado de conservación, a súa fauna e flora, e métodos sinxelos de coñecemento da mesma (calco de cortizas, reproducion de pagadas,…).

A ruta terá un percorrido aproximado de 12 km. As persoas participantes terán que levar a súa propia bicicleta, preferiblemente de montaña, así como casco e roupa axeitada para unha actividade deportiva.

O proceso de inscrición para esta actividade, con prazas limitadas, remata este xoves. As persoas interesadas deberán contactar coa OMIX do Concello de Mondariz a través do teléfono teléfono 986 664 306 ou do correo electrónico [email protected]