Martes, 18 Marzo de 2025

Encontro do folclore arxentino no multiúsos do auditorio de Ponteareas

A cantora Casiana Torres, unha das máximas expoñentes do folclore arxentino, ofrecerá un concerto o domingo 29 ás 19 horas

A cantora Casiana Torres, unha das máximas exponentes do folklore arxentino, chega a Europa desde Tierra del Fuego, ao sur da Patagonia, para presentar o seu último traballo, Al corazón de la tierra,  xunto co seu guitarrista e productor, Martín Castro. 

Casiana, que compartiu escenario con artistas como Mercedes Sosa, León Gieco e Uxía, entre outros, e participou en festivais de todo o mundo, representa con orgullo a música de todo un país que se caracteriza pola diversidade de ritmos e os contrastes descritivos que brindan as súas paisaxes.

A concelleira de Eventos e tenente de alcalde, Cristina Fernández, anima a toda a veciñanza a desfrutar deste encontro que pretende estreitar lazos coa cultura arxentina.