Mércores, 11 Decembro de 2024

Exposición do Censo Electoral da Guarda

Dende hoxe 30 de setembro e ata o 7 de outubro, ambos inclusive, pódense consultar as litas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do 10 de novembro

Entre os días 30 de setembro e 7 de outubro, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 10 de novembro.

O horario de consulta será entre as 9:00 horas e as 14:00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.