Domingo, 16 Febreiro de 2025

O Esteiro da Foz, 800 quilos máis limpo

Corenta voluntarios e voluntarias retiraron todo tipo de material, fundamentalmente vidro, plásticos, aparellos de pesca...

O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao ‘Proxecto Móllate polos Ríos’, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na ‘XII Limpeza Simultánea’ en toda Galicia.

Nesta ocasión participaron 40 persoas, o grupos de voluntarios máis numeroso ata a data, e entre todos reuniron vinte sacos con trozos de vidro (botellas fundamentalmente), plásticos, materias de pesca, neumáticos…

O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…