O Concello de Ponteareas comezou hoxe as obras de de humanización da rúa Fernández Vega, que afectan ao espazo comprendido entre o Auditorio Municipal e a Praza de Abastos, e que suporán unha remodelación total dun dos espazos que máis afluencia de persoas rexistran ao longo do día. Paralelamente, a Concellería de Mobilidade e Tráfico, que xestiona Roberto Mera, puxo en marcha a regulación de tráfico temporal derivada da execución destes traballos.
Mera, xunto aos responsabeis da empresa adxudicataria e a Policía Local, verificaron durante a mañá os cambios na circulación, a instalación de letreiros informativos con intinerarios recomendados, a colocación de sinalización provisional e os cortes de rúas.
Durante a execución das obras que se prolongarán varios meses, o tráfico estará cortado na rúa Fernández Vega á altura da rúa Estrada que tamén quedará bloqueada á circulación de vehículos. Nalgún momento puntual será necesario cortar a rúa Morales Hidalgo á altura da Praza de Bugallal. Desta maneira o tráfico procedente da rúa Braña deberá continuar pola rúa Perillana ou por Reveriano Soutullo. O tráfico procedente da rúa Castiñeira deberá continuar por Reveriano Soutullo ou Braña e os vehículos que circulen por Morales Hidalgo e por República Arxentina deberán sair necesariamente pola rúa dos Ferreiros.
Os taxis estarán autorizados a circular pola rúa peonil da Esperanza e para a carga e descarga habilitáronse dúas zonas amplas na rúa Fernández Vega, colindando coa zona de obras.
Por outro lado, manterase o acceso peonil á praza de abastos para que a clientela poida seguir realizando as súas compras con normalidade.
As obras foron adxudicadas por 205.444,92€ e están enmarcadas na estratexia ‘Ponteareas, hábitat saudable’ que conta co financiamento dos fondos de desenvolvemento rexional da Unión Europea (fondos FEDER) que custean o 80 % e dos fondos propios do concello que se fai cargo do 20 %.
A reforma que creará
unha plataforma única entre os dous edificios, como se dunha praza
se tratara, manterá a circulación de vehículos. Estes deberán
subir á plataforma e circular a tan só 20 km/h, garantindo así a
seguridade dos peóns. O obxectivo da actuación é converter esa
zona comercial con grande movemento de persoas nun amplo espazo
peonil atractivo, agradábel e seguro, con mobiliario urbano como
bancos, nova iluminación e arborado de certo porte.
Un total de once persoas con condeas que non implicaban cárcere, veñen de cumprir máis de 500 xornadas de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.
Cómpre salientar que o Concello do Porriño colabora co Centro de Inserción Social ‘Carmen Avendaño’ de Vigo en facilitar o cumprimento desas condeas mediante traballo en beneficio á comunidade (coñecido polas siglas TBC) a persoas penadas por delitos leves con condeas non privativas de libertade.
Desde xuño ata
decembro de 2019, oito homes e tres mulleres realizaron esas
cincocentas horas de traballo social nas brigadas de limpeza, parques
e xardíns do Concello. A meirande parte desas xornadas de traballo
realizanse en días laboráis agás en catro casos que resolveron o
tempo de condea traballando en fines de semana, segundo explicou
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente.
Neste ano 2020 que vén de comezar, xa hai dous penados que iniciaron o cumprimento das súas condeas de traballo social (un deles hoxe e outro o pasado día 4), amais dunha terceira persoa que comezará o vindeiro luns 13 de xaneiro.
O Código Penal contempla os traballos en beneficio da comunidade (TBC) para aquelas persoas condeadas a menos de dous anos de cárcere e que non teñan antecedentes penais. A meirande parte deste tipo de penados procede de condeas por delitos de tráfico e contra a seguridade vial (por exceso de velocidade ou sobrepasar os límites de alcoholemias).
As obras de construción da primeira fase do parque infantil de San Estevo de Negros, que debían ter comezado o pasado mes de outubro e que non se puideron desenvolver polas condicións meteorolóxicas adversas, comezarán nesta vindeira primavera, seguindo as indicacións técnicas. O pasado 29 de novembro do 2019, o director da obra emitía un informe no que manifestaba a imposibilidade de dar comezo ás obras previstas ao estar os terreos anegados polas continuas choivas dos últimos meses.
O
lugar onde se ten pensado realizar a actuación, con terras
procedentes de distintos desterros, actúan a modo de esponxa
propiciando o seu encharcamento.
As
obras realizaranse nunha zona comprendida entre os camiños do Sapal
e Costa Mouriño e consisten no acondicionamento dunha parcela para a
posterior instalación dun parque infantil e unha zona deportiva para
o que, o proxecto, inclúe os traballos de rozado de toda a parcela e
a execución dunha rampla de acceso na súa vertente oeste.
O
Concello de Redondela optou por paralizar o expediente polo prazo
máximo establecido na Lei de Contratos, seguindo as recomendacións
dos técnicos, polo que as obras poderán realizarse chegada a
primavera sen necesidade de celebrar outro novo contrato.
A
alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou á veciñanza de San
Estevo de Negros que a paralización dos traballos “debese
exclusivamente a recomendacións técnicas de xeito que se poidan
facer, posteriormente con todas as garantías necesarias”. Rivas
asegurou que este aprazamento “non implica nin a perda dos fondos
previstos nin moito menos a cancelación da obra”.
As
veces, concluíu Digna Rivas, “é mellor esperar o tempo
recomendado polos técnicos e facer unha obra en condicións que
levala adiante de calquera xeito para ‘quedar ben’, como xa ten
acontecido en épocas anteriores”
A concelleira de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya, cualificou de “lamentable” a situación na que se atopan os aparcadoiros públicos que ten o Concello, “con fochas que os fan intransitables e que son un perigo para vehículos e os propios peóns”. Bautista chama a atención sobre o feito que no caso de producirse avarías por esta causa “pode derivar en reclamacións ecónomica contra o Concello e, en definitiva, para o peto dos veciños e veciñas”.
Lamenta Bautista que a concelleira de Vías e Obras “non se preocupe do estado dos aparcadoiros durante todo o ano” pero considera máis preocupante que non o faga “durante as festas de nadal para atraer a máis veciños e veciñas en beneficio do comercio local”.
Do mesmo xeito, ACiP denuncia a existencia, en moitos dos aparcadoiros, de vehículos abandonados “que levan meses no lugar e que fan que comecen a parecerse a vertedoiros”.
Alternativa Ciudadana de Ponteareas carga tamén contra a Policía Local, ao sinalar que esta “sería unha función dentro das súas competencias e non como estiveron facendo nestas festas sancionando a os condutores indiscriminadamente” co agravante, sinalan, que “moitas sancións son postas por auxiliares de policía que non poden multar, porque non entra dentro das súas funcións e, polo tanto, as multas son nulas”.
Lembra Raquel Bautista que os aparcadoiros públicos “foron impulsados e construídos por gobernos anteriores” pero que é responsabilidade do actual Goberno mantelos en condicións e subliña o feito que entre todos os aparcadoiros públicos do Concello “se está a falar de máis de 500 prazas de estacionamento de vehículos”.
ACiP preguntase, finalmente, se esa “é a colaboración do Concello co Comercio de Ponteareas”.
Este domingo, 12 de xaneiro, A Guarda pechará oficialmente a programación e actividades do Nadal 2019/2020 co apagado do alumeado e o peche da Pista de Xeo da Alameda. Malia que inicialmente as previsións era manter a pista en funcionamento ata o vindeiro día 19 de xaneiro, a empresa que xestiona a mesma optou por adiantar o seu peche ante a baixa afluencia de público.
A Guarda pecha polo tanto, este domingo, un Nadal que se iniciaba o 5 de decembro co acendido do alumeado e no que os nenos e nenas da vila foron os principais destinatarios da ampla programación que se levou a cabo con espectáculos infantís, concertos, tardes de xogos e ludotecas, ás que asistiron moitos cativos e cativas da vila.
A programación contou tamén este ano coa música en directo dos grupos Inertes e Presumido, así coma unha Barferencia, o tradicional concerto de panxoliñas, dos alumnos e alumnas do Conservatorio da Guarda, exposicións e unha espectacular Cabalgata de Reis Magos, que encheu as rúas da vila de asistentes, cunha recepción multitudinaria na Casa dos Alonso.
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, lamentou a falta de información por parte da Xunta e de Monbús en relación cos cambios operados desde o 1 de xaneiro nas concesións do servizo de transporte de viaxeiros que afecta a Ponteareas. Mera lembrou que “o Concello de Ponteareas sigue xestionando a Estación de Autobuses mentres negocia un novo acordo coa Xunta e nin a administración autonómica nin a empresa con novas concesións, Monbús, nos comunicaron os cambios”.
O edil nacionalista informou de que xa solicitou da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta e de Monbús toda a información necesaria para coñecer o alcance dos cambios e poder informar aos usuarios actualizando a información municipal de horarios de autobuses.
Desde o 1 de xaneiro e por decisión da
administración autonómica, as liñas que até agora viña
xestionando a empresa Raúl son agora ofertadas pola compañía
Monbús. Trátase de liñas de Covelo, Mondariz e A Cañiza até Vigo
e viceversa, con paso por Ponteareas. Ditas liñas tamén dan servizo
ás parroquias ponteareáns de Pías, Prado, Bugarín, Areas, Arnoso
e Xinzo.
Mera opina que “non se pode facer un
cambio de numerosas frecuencias no servizo sen informar con
antelación suficiente aos usuarios e á administración local
afectada pola decisión”. O concelleiro explica que numerosos
usuarios quedan desconcertados cando pretenden usar as frecuencias
que viñan empregando até agora e se atopan con que desapareceron ou
mudaron de horario. Ademais, o Concello tamén precisa coñecer os
cambios para facer as facturacións correspondentes ás empresas
usuarias do servizo da Estación de Autobuses.
O
edil de Mobilidade sinala que “unicamente a empresa Raúl se
preocupou o 2 de xaneiro de informar ao concello de que cesaba na
prestación dos seus servizos”. Mera indicou que se está refacendo
e actualizando a información de horarios dispoñíbel na Estación
de Autobuses e na web do Concello para adecuala de inmediato á nova
situación e engadíu que “valoraremos o impacto dos cambios e das
reduccións de frecuencias para xestionar perante a Xunta e a
concesionaria a recuperación dos horarios perdidos”.
Os feitos remóntane a maio do 2019, mes no que o Concello solicitaba do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C-20500489 por importe de 21.000 € para o cofinanciamento da contratación de 7 traballadores/as desempregados/as para o servizo de socorrismo das Praias con Bandeiras Azuis do municipio na época estival, Area Grande e O Muíño.
No
mes de setembro o Alcalde da Guarda solicitou a reducción da
subvención a 6 traballadores por ser estes suficientes para cubrir
as necesidades do servizo. Asimesmo, achegou a documentación
xustificativa de que outro traballador fora contratado, por motivos
alleos ao concello, 7 días máis tarde do previsto nas bases
publicadas pola Consellería de Economía da Xunta. A contratación
produciuse o 8 de xullo de 2019 en lugar do 1 de xullo. Dende o
Servizo de Emprego e Economía Social da Consellería de Economía
comunicaron ao concello que por este motivo perdían o dereito a
totalidade da subvención para este traballador. Pasando a
participación da Xunta de 18.000 € a 15.000 €
No mes de outubro o Alcalde da Guarda presentou un recurso de reposición alegando que dos 6 candidatos que presentaron os papeis en tempo e forma, tan só 5 acudiron á realización das probas de selección unha vez finalizado o prazo de presentación da documentación esixida. Dende o concello non se entende como, por este motivo “revógase totalmente a subvención deste traballador reducindo o importe total en 3.000 €, cando tan solo se atrasou o tempo de contratación en 7 días”.
Segundo o equipo xurídico do concello da Guarda, queda de manifesto que o grao de cumprimento do concello aproxímase, de xeito absolutamente significativo, ao cumprimento total das súas obrigas, polo cal se solicita recoñecer o dereito do concello da Guarda a recibir o importe proporcional da subvención concedida no seu día, por importe de 2.650 € polo socorrista contratado con data 8 de xullo de 2019.
Unha vez finalizada a vía administrativa, despois de que a Xunta desestimara o recurso presentado polo Alcalde da Guarda, o concello decidiu interpoñer un recurso contencioso-administrativo con data 3 de xaneiro de 2020 por non compartir as consideracións expostas na resolución por un suposto incumprimento total e non parcial, como se entende que foi o caso, esixindo a parte proporcional da subvención concedida inicialmente.
Dende
o concello recórdase que a non contratación en prazo deste
socorrista non é responsabilidade municipal, senón consecuencia dun
proceso selectivo que presenta, todos os anos e en moitos concellos,
dificultades pola escasa oferta de traballadores. A Xunta e O Servizo
de Emprego da Consellería de Economía deberían buscar as causas
desta baixa demanda de emprego de socorristas e tomar as medidas que
lle corresponden, por ser da súa competencia, para aumentar o número
de socorristas titulados.
A
contratación de socorristas é necesaria para solicitar as Bandeiras
Azuis para as praias. Moitos concellos, diante da dificultade de
contratación de socorristas, teñen renunciado a solicitar esta
distinción. A Xunta de Galicia debería facilitar máis a obtención
de Bandeiras Azuis para as praias galegas polo que representan na
promoción turística. Na actualidade son os concellos os máis
penalizados a hora de conseguir estas distincións.
A deputada provincial de Lingua, María Ortega, reuniuse coa directiva da Asociación de Entidades Locais pola Lingua e manifestou o interese do organismo provincial en formar parte do colectivo, pola coincidencia plena cos seus obxectivos “de consolidar o papel normalizador das corporacións locais e xeneralizar o uso do galego como principal lingua de traballo coas persoas administradas, así como promover e dinamizar a lingua na sociedade en xeral”.
O
encontro, solicitado por iniciativa da Asociación de Entidades
Locais pola Lingua (formada por representantes dos concellos de
Rianxo, Pontevedra, O Grove, Ames, Narón, Rois e Santiago de
Compostela) servíu para explicar a constitución e darse a coñecer,
concretando algunhas iniciativas en marcha, como o programa Apego, o
Club de debate, Youtubeiras ou Enreguéifate.
A
deputada María Ortega destacou, principalmente, que o Servizo de
Lingua da Deputación de Pontevedra ten clara a importancia de crear
e manter os Servizos de Normalización dos concellos, polo que
subliñou que traballará para potencialos neste mandato, xa ben de
xeito individual ou de maneira agrupada no caso dos concellos que non
teñen capacidade de dispoñer de persoal propio.
Segundo
Ortega, é “fundamental e esencial” que os concellos da provincia
de Pontevedra dispoñan de persoal cualificado para a planificación
e programación continua de actividades de normalización e
dinamización da lingua galega, e non se limiten a organizar
actividades illadas en galego que non supoñen un fomento real do uso
e do prestixio da lingua galega.
A
nacionalista puxo sobre a mesa, así, a vontade da Deputación para
asesorar ás administracións municipais sobre a súa política
lingüística, velar polo cumprimento da lexislación, fomentar a
incorporación de accións con obxectivos normalizadores, e fomentar
a dinamización sociolingüística e a fomación, entre outras, e
lembrou que están en fase de redacción as bases de subvencións
provinciais de dinamización lingüística para o ano 2020.
Dende
a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega subliñaron a
importancia de incluír a promoción do galego no concepto de servizo
que os concellos, as comarcas, e neste caso a provincia de
Pontevedra, lle ofrecen á cidadanía, tanto directamente como a
través de empresas subcontratadas.
Insistiron no obxectivo de pór os medios
para que todo persoal traballador ao servizo da administración local
(e como tal tamén da Deputación) teñan unha “actitude favorable
ao emprego da lingua propia de Galiza, coñecemento oral e escrito
para atender nesa lingua ás persoas que o desexen e teñan tamén
práctica habitual na oferta positiva”.
Ao longo desta semana o Concello do Porriño continuará desenvolvendo o Plan de Mellora de Subministros da Piscina Municipal coa chegada do novo material para esta instalación o que permitirá renovar e ampliar o xa existente. Esta actuación supoñerá un investimento de 30.746 € con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
Na memoria explicativa achegada polo Concello do Porriño para xustificar a solixitude da achega económica, explicase que a Piscina Municipal inaugurada en 1997 e cunha media de más de 70.000 usos anuais necesitaba actuacións que palíen as deficiencias que acumulou durante estes 32 anos en funcionamiento.
Entre o material
recibido figuran 87 táboas de natación grandes e medianas, 80
rulos, 48 cinturóns de aprendizaxe para adultos e infantís ou 24
mancuernas de aquaerobic, entre outros.
Asimesmo, ademáis
do material deportivo para a instrucción, recibiuse tamén unha
cadeira especial de rodas para uso da Piscina por persoas con
discapacidades funcionáis e un robot limpiafondos para a limpeza
diaria do vaso. Asimesmo, dada a elevada afluencia de usuarios e a
formación de socorristas, solicitouse e rcibiuse un desfibrilador
DESA.
Ainda falta acometer, coa achega da Deputación, a substitución das portas de acceso ao recinto así como as portas dos vestiarios adaptados que presentan un notable deterioro.
A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño vén de dar a coñecer o balance de actuación do recen rematado ano 2019 no que a asociación fixo entrega de máis de 150 toneladas de alimentos. A comezos de ano eran 91 familias e 312 persoas as que atendía SOS Tomiño Baixo Miño, números que, tristemente, incrementábanse a final de ano ata as 123 familias e 381 persoas.
Por municipios e por familias axudadas, 26 son de Tomiño, 69 de Tui, 8 no Rosal e 20 en Oia. Cómpre salientar que neste pasado ano 2019 chegábase a un convenio co Concello de Oia e, dende o 15 de xuño, comezouse a repartir alimentos coas familias derivadas de Servizos Sociais. O Concello de Oia, pola súa banda, cedeu á Asociación un local para a almacenaxe e distribución de alimentos.
O traballo desenvolvido por SOS Tomiño Baixo Miño foi posible, sinala a Asociación, “grazas á colaboración de empresas e tamén das diferentes administracións local, provincial, autonómica e estatal”. É importante destacar a doazón de particulares, tanto en forma de alimentos como de servizos e do Banco de Alimentos de Vigo, co que se traballa estreitamente.
Doutra banda, o traballo dos voluntarios “é o que permite que o proxecto da Asociación siga adiante” apuntan dende SOS Tomiño Baixo Miño, xa que o labor que realizan é múltiple: no almacén, controlando e clasificando alimentos; nas recollidas de alimentos; na elaboración dos lotes de alimentos que se entregan a cada beneficiario; na repartición quincenal; na atención ás familias, na xestión da documentación. Cada unha das funcións, realizada de forma calada e anónima, é fundamental para que esta Asociación poida continuar o seu traballo coas familias que carecen de recursos.
Indubidablemente, as e os voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño fan un traballo inmenso, labor que realizan sacándolle tempo á súa vida cotiá e as súas familias. “Por iso, o seu traballo é tan importante e o servizo que prestan á comunidade, é impagable”, remata a Asociación.
O portavoz do BNG no Concello de Redondela, Xoán Carlos González, vén de dar a coñecer a iniciativa na que se pide ao Goberno local que retome a moción sobre a represión franquista presentada no 2016 pola formación nacionalista. En dita moción, apoiada por unanimidade pola Corporación Municipal, incluíase o acordo de dedicar aquel mesmo ano “a recoñecer públicamente o compromiso de numerosas mulleres redondelás que mitigaron o sufrimento dos presos por defender o goberno republicano.
Pese ao apoio unánime da Corporación, lembra González, “o daquela alcalde Javier Bas esqueceu o seu compromiso”. A moción recuperada agora, destaca “o compromiso adquirido por unha rede de apoio protagonizada por mulleres redondelás, aos presos de San Simón e do barco cadea Upo Mendi durante os primeiros anos da Guerra Civil”.
Polo presidio de San Simón, pasaron uns seis mil presos entre setembro do ano 1936 e marzo de 1943. Ademáis da Illa, sumouse o barco prisión vasco Upo Mendi. “As duras condicións que padecían os presos, con violencia física e psicolóxica, fame, andazos, que mesmo acabou con moitos deles paseados, converteuno nun dos presidios máis duros”, lembra o BNG.
Paralelamente “en Redondela, A Portela, Cesantes, Cedeira teceuse unha rede de apoio, protagonizada por mulleres vontarias que decidiron mitigar as súas penurias”, apunta Xoán Carlos González. “O noso deber consiste en recoñecer o seu compromiso e valentía, en momentos nos que elas mesmas padecían as necesidades por mor da propia Guerra Civil”.
Cómpre salientar que o pasado verán o BNG desenvolveu un acto en memoria deste colectivo de mulleres. No peirao da Portela, de onde partían as embarcacións que se dirixían a San Simón e Upo Mendi, realizáronse diversas actividades: representacións, discursos, ofrenda floral. “Mesmo tivemos unha pequena exposición de obxectos feitos polos presos, cos que agasallaban a moitas destas mulleres en sinal de agradecemento”, apunta Xoán Carlos González que sinala que algúns dos familiares daqueles presos amósanse interesados en contactar con familias destas mulleres solidarias de San Simón e do Upo Mendi de Redondela para expresarlles o seu agredecemtos oitenta anos despois daqueles tristes anos.
Considera o voceiro do BNG, que “xa é hora de rescatar da memoria colectiva esta parte da nosa historia local, que tanto apoio e solidariedade transmitú a moitos presos e ás súas familias”.
O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade da corporación municipal o II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes. A redacción do Plan correu a cargo de Laura Seara, quen foi directora do Instituto da Muller e Secretaria de Estado de Igualdade no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, ademáis de deputada do Parlamento Galego durante os anos de 2001 a 2009, polo que se parte con un amplo coñecemento sobre a materia que sen dúbida é garante dos mellores resultados.
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, definiu Plan como “un documento flexible” que servirá para orientar as políticas municipais nos vindeiros anos “cunha implantación que será responsabilidade principal do Concello”, pero no que o seu éxito dependerá “en gran medida da implicación dos axentes sociais e económicos da vila, das súas organizacións e asociacións e, por suposto, de toda a cidadanía, nomeadamente as mulleres”.
O Plan
repártese en dous grandes apartados: por una banda recóllense
medidas para aplicar nos diferentes ámbitos da sociedade salcedense
(ensino, urbanismo, cultura, deporte, emprego, etc), e por outra
banda recóllense medidas para aplicar no propio Concello, e que
farán referencia tanto á plantilla municipal e á propia
corporación municipal, como ao traballo que se realice dende a
administración local. Esta é a principal novidade do Plan, xa que
Salceda convértese nun dos poucos concellos galegos, xunto con
Coruña e Betanzos, que realizan a diagnose e propostas de actuación
internas, aplicadas á propia organización municipal.
Así,
para a elaboración, realizouse unha diagnose certeira sobre a
situación das mulleres do Concello que permitirá, a través de
diversas ferramentas participativas, acertar con ditas propostas de
actuación. O plan realizouse coas aportacións de representantes do
tecido asociativo e educativo do Concello, así como das diferentes
forzas políticas con representación no Concello.
Seguindo o principio de
participación, unha das medidas principais do Plan é a Creación do
Consello Municipal das Mulleres, con intención de que sexa un
referente da participación local e un referente participativo de
Galicia en materia de igualdade municipal. O Consello tomará
decisións en materia de igualdade, velará polo asociacionismo de
mulleres, elevará propostas e iniciativas ao Concello e outras
administracións, garantirá a paridade, coelaborará informes e
estará composto pola sociedade civil, a través de asociacións e
persoas expertas, e polas persoas con responsabilidade política e
técnica da administración local. Actuará como interlocutor ante o
Concello e ante calquera institución para o desenvolvemento das
políticas de igualdade e contra a violencia de xénero.
Todo o
Equipo de Goberno é consciente dos avances experimentados nas
últimas décadas ao mesmo tempo que percibe inmensos obstáculos que
aínda hoxe persisten e que impiden a participación e o acceso das
mulleres á vida económica, social, laboral, cultural, educativa e
política.
Co pulo
a este II Plan Municipal de Igualdade o Equipo de Goberno de Salceda
fai público o seu compromiso político para erradicar todas as
formas de discriminación e violencia co fin de acadar unha sociedade
igualitaria, na que mulleres e homes desfruten das mesmas
oportunidades para desenvolver as súas vidas.
Loli Castiñeira, quixo facer chegar un agradecemento especial “ás diferentes asociación e entidades que colaboraron na realización do Plan” e lembrou que dito Plan “deberá estar presente en toda a acción de goberno, resultando un documento transversal de aplicación nas diferentes áreas”.
Despois de tres horas de ‘combate’, o grupo de Chapela impúxose ao de Redondela na ‘Batalla de Galos’ organizada pola Concellería de Xuventude que xestiona Nacho González e no que participaron mozas e mozos de Redondela e Chapela. O ‘combate’ estivo regulado por un xurado composto por tres integrantes que velaron, en todo momento, por unha competición limpa e respectuosa.
As
batallas de galos están baseadas na capacidade para improvisar nun
combate verbal entre dous o máis participantes co obxectivo,
mediante rimas, superar ao seu contrincante.
No evento, celebrado no parque de skatepark de Redondela, realizáronse distintas actividades artísticas coma exhibición de graffiteros e DJs que amenizaron unha xornada que tivo unha moi boa acollida por parte do público.
Un dos muros do pavillón da Marisma foi o lenzo onde os/as graffiteros/as plasmaron a súa obra, que xa forma parte do arte urbano de Redondela.
Nesa liña, o Goberno redondelán amosou o seu compromiso por seguir fomentando este este movemento urbano. A alcaldesa Digna Rivas aseguraba que é “imprescindible apostar pola cultura urbana e o arte do graffiti como un dos xeitos de poñer fin ao feismo do formigón en muros e fachadas”.
O Concello de Redondela agasallou aos equipos participantes recibiron un trofeo e unhas camisetas conmemorativas.
O próximo venres, día 10 de xaneiro ás 20:30 horas o ciclo literario ‘Venres D_letras’, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, retoma a súa actividade no Salón de Plenos da Casa do Concello. Para inaugurar esta nova temporada contará coa presenza do poeta e narrador Antonio García Teijeiro, un dos máximos representantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega dos últimos anos, categoría na que recentemente foi recoñecido co Premio Nacional.
García Teijeiro achegarase a Ponteareas para presentarnos unha antolóxica da súa obra para adultos: Pasando as follas do tempo (Antoloxía poética 1987-2017), editada por Belagua. Trátase dunha escolma da que, con toda probabilidade, é a súa faciana menos coñecida: a súa poesía para adultos, agochada tras do enorme éxito dos seus traballos para a mocidade. Esta escolma abrangue dende os anos 80 ata a actualidade e representa un paseo polo interior do home.
Son
poemas profundos e ben deliñados nos que o autor amosa a súa alma
espida e mailas cicatrices que a vida deixou nela, exhibindo o
desacougo dun home sensible e desconcertado pola deriva dunha
sociedade que manca. Ao mesmo tempo, achegámonos á evolución do
seu propio pensamento así como da súa poética, cada vez máis
minimalista e profunda, máis diáfana e concisa.
A poesía
de García Teijeiro achégase máis ao concepto de sinceridade que ao
de tristura, pois desborda autenticidade. Son versos nos que, a
cotío, se albisca unha luz de esperanza, unha raiola de sol no medio
da tormenta de sensacións que provoca a lectura.
Son
versos reflexivos e pasionais que florean segundo se van facendo
carne dentro de nós.
Antonio
García Teijeiro, profesor, escritor e crítico, é un dos grandes
poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega, cunha
extensa obra iniciada en 1988 e que supera na actualidade os 50
títulos. Conta no seu poder con premios tan relevantes como o
Merlín, o premio europeo Pier Paolo Vergerio ou o Premio Nacional de
Literatura Infantil e Xuvenil de España. A súa obra figura, entre
outras, na prestixiosa Lista de Honra do IBBY.
A provincia de Ourense foi o lugar elixido para poñer o peche á Copa Galicia de Ciclocross coa disputa das dúas últimas probas do calendario, carreiras que foran aprazadas no seu momento por culpa dos temporais de auga e vento que azoutaron toda Galicia no mes de decembro, o que levou a que se disputara o Campionato Galego de Ciclocross sen ter rematado a Copa Galicia.
Na xornada do sábado os bikers participantes na copa Galicia desprazáronse ata a vila de Verín para disputar unha das probas. Aos e ás ciclistas agardáballes un circuíto que aínda estaba a recuperarse das enchentes do Río Tamega o pasado mes de decembro ao seu paso pola vila.
Nesta xornada os integrantes da Asociación deportiva Avanza conseguiron estar presentes en tres postos de podio. O primeiro da xornada chegaba da man de André Martínez que conseguía rematar a proba en terceira posición na categoría Cadete. Pola súa banda, a flamante campiona galega na categoría cadete feminina, Uxía Soto, tivo que se conformar coa segunda posición e, na categoría Sub 23, Óscar Fernández remataba terceiro.
O domingo, Maceda era o escenario para a segunda xornada. Nas inmediacións do Castelo as e os participantes tiveron que afrontar un circuíto físicamente moi exixente. Foi unha xornada de dobre reparto de trofeos xa que, xunto os dos gañadores da proba, entregáronse os da clasificación xeral da Copa Galicia de Ciclocross.
Na xornada do
domingo os integrantes da A.D.Avanza conseguían estar presentes en dous postos
de podio, Andre Martínez repetía coa terceira posición na categoría Cadete e
Uxía Soto conseguía subir o mais alto do Podio na categoría Cadete Fem.
Tamén o domingo a Asociación Deportiva Avanza estaba presente no medalleiro da Copa Galicia de Ciclocross. Na categoría Elite Luís Fernández Oliveira ‘Oli’ conseguía a medalla de Bronce. Na categoría Sub23 o corredor Óscar Fernández facíase coa medalla de prata ao decidirse esta nas clasificacións dos podios de todo o calendario da Copa e ter rematado empatado a puntos co corredor do CPC. Toxo.
Xa na categoría Junior, David Fernández conseguía a medalla de bronce, mentres que na categoría cadete André Martínez levaba o nome de A.D. Avanza ao mais alto do podio acadando o ouro. Na categoría cadete feminino Uxía conseguía a prata, poñendo un brillante peche a tempada 2019 na que se problamaba Campioa Galega e Subcampioa da Copa Galicia, sen esquecernos do terceiro posto asinado na proba da Copa de España disputada en Pontevedra.
Co peche final no ciclocross galego, as miradas diríxense agora cara ao Campionato de España de Ciclocross que terá lugar vindeira fin de semana na cidade de Pontevedra e onde Óscar Fernández, David Fernández, Hugo Martínez, André Martínez e Uxía Soto, da A.D. Avanza buscarán asinar un bo papel baixo as cores da selección galega.
A praza Avelino Vicente da Guarda será o escenario no que o sábado 18 de xaneiro, ás 12 horas, representese a performance ‘Un violador no teu camiño’, creada polo colectivo feminista chileno Las Tesis, nunha actividade organizada polo Taller de Lectura Feminista da Guarda.
‘un violador no teu camiño’ representouse por primeira vez en novembro de 2019, en Santiago de Chile, durante unha manifestación en contra da violencia contra as mulleres.
O obxectivo desta performance é dar visibilidade as desigualdades e violencias que sofren as mulleres de todo o mundo e denunciar a pasividade das autoridades ante esta inxustiza.
A performance levarase a cabo o sábado 18 de xaneiro as 12 da mañá. Unha semana antes, o vindeiro sábado 11 de xaneiro ás 17 horas, farase un ensaio previo no Centro Social Fuscalho. As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa organización no enderezo de correo electrónico [email protected]
A mesa de contratación do Concello de Nigrán, celebrada o pasado 2 de xaneiro, aduxicou as obras de Pavimentación e Humanización da Rúa Vista ao Mar (Lourido) por un importe de 42.896,61 € cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019. A rúa é un dos accesos ao areal de Praia América e no que se concentran gran número de establecementos de hostalería.
A finais de 2019 foi remodelada a tonda de acceso ao barrio da area na PO325 e en esta segunda fase substituirase o deteriorado firme de lousas pedra da toda a rúa Vista ao Mar por aglomerado asfáltico, ademais humanizarase a zona dos olmos incorporando pedra e espazos verdes.
As
obras consistirán na demilición e levantado das losas e aglomerado
asfáltico existente existentes; reposición do firme mediante unha
capa de MBC de 10 cm.; apertura de caixeo para executar o novo
adoquinado no entorno da zona verde e pavimentación mediante
adoquines de pedra asentados en mortero sobre solera de hormigón e
finalmente pintado de toda a rúa Vista ao Mar.
“Soluciona
un problema de seguridade viaria e accesibilidade nun tramo moi
frecuentado no barrio da Area (San Pedro da Ramallosa) xa que en este
espazo concéntrase un importante número de establecementos
hosteleros e é un dos accesos principais ao Areal de lourido –
Praia América. Ë unha obra necesaria e moi demandada polos
veciños”, sinala o alcalde, Juan González.
Co
inicio das obras de Acondicionamento e Humanización da Praza da
Carrasca (Parada) a semana do 13 de xaneiro adxudicadas á empresa
AUDECA o Concello de Nigrán xa só ten pendente de invertir do plan
Concellos 2019 a pavimentación dos Camiños Cotros de Arriba, O
Rego, Igrexa, Ana Isabel Costas Piñeiro, Pereiro, Pereira, Altamira,
Mallón-Pedreiros e Pontillón, todos eles na parroquia de San Pedro
da Ramallosa e pendentes dunha autorización de patrimonio dende
principios de 2019.
O
Concello da Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de
xaneiro da Aula de Estudo para que todas aquelas persoas que ao longo
das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar,
acudan ata o Sinde vello.
Ante
a demanda dun grupo de estudantes universitarios da nosa vila, este
nadal habilitouse un aula do Sinde Vello como sala de estudo, situado
no baixo do Antigo Colexio Sinde na Rúa Puerto Rico. A demanda
continúa, polo que se decidiu ampliar a apertura deste espazo.
Este espazo atópase aberto ao público ata o vindeiro 16 de xaneiro de 2020 en horario de 09:30 horas a 20:30 h.
O pasado venres día 3 de xaneiro o Centro Cultural da Guarda acolleu o espectáculo ‘Nadal con Paio e Aurelio’, unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e que completou o aforo con centos de nenos e nenas que aproveitaron esta actuación para pasar unha tarde diferente e divertida.
‘Nadal con Paio e Aurelio’ é un espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 5 personaxes fixeron as delicias dos máis pequenos da casa.
A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música. Despois dos éxitos do Libro Cds ‘As andanzas de Paio’ (Galaxia, 2016) e ‘Paio e o poder da música’, chegou á Guarda co seu último e novo espectáculo ‘Nadal con Paio e Aurelio’, cunha excepcional acollida de público.
Que
a compostaxe se está a converter en algo global na provincia é algo
anunciado e comprobado con datos. No ano 2019 a Deputación, ao
abeiro do Plan Revitaliza tiña repartidos 127 centros de compostaxe
comunitaria e outros 5.545 composteiros individuais nos concellos.
Estes números medrarán significativamente no ano que acaba de
comezar, facendo que a veciñanza composte os seus biorresiduos en
ata 170 centros comunitarios e en preto de 7.100 individuais, según
as contas do persoal técnico provincial.
O
obxectivo é que o 2020 se convirta no ‘Ano Revitaliza’ e, por un
lado, que os concellos que aínda non deron pasos adiante se animen e
comproben as bondades do modelo, e por outro, que aqueles que xa
están máis adiantados sigan avanzando para consolidar a súa
xestión e cumprir as obrigas legais canto antes. A cidadanía,
ademais, está a empurrar para que as administración locais sexan
máis sostibles, xa que na maior parte dos concellos onde se fixeron
xornadas informativas sobre compostaxe, creáronse listas de agarda
de veciños e veciñas. Estes amosaron o seu interese en reciclar o
lixo orgánico en futuros centros de compostaxe comunitaria (CCC) e
en ter composteiros individuais (COIN).
Os
concellos nos que máis se están a notar os resultados da compostaxe
e a súa influencia na reciclaxe do resto das fraccións son os que
están a traballar na coñecida como Liña 2: os que recibiron axudas
económicas da Deputación para extender o sistema con medios de
titularidade municipal. O caso de Vilaboa vai incluso máis
adiantado, xa que ademais de ser o que proporcionalmente ten máis
composteiros repartidos, está a traballar na modificación da
ordenanza de lixo. Alí están instalados 14 centros de compostaxe e
a previsión é chegar aos 1.200 composteiros individuais entregados
ás e veciños con casas con horta.
En
Pontevedra as cifras en 2020 pasarán dos 25 centros de compostaxe
actuais a 30, chegando aos 800 composteiros individuais repartidos no
exercicio. No Grove a previsión é ter 11 CCC e alcanzar os preto de
600 individuais; mentres que en Mondariz e Mondariz Balneario
prevense 13 e 10 CCC, e 900 composteiros individuais e 100,
respectivamente. No caso de As Neves os centros comunitarios
instalados manteranse nos cinco actuais e os COIN a entregar subirán
aos 1.104.
Nas
novas incorporacións de concellos á Liña 2, o obxectivo é que
Poio instale o seu primeiro comunitario e preto dun cento de
individuais, para seguir coa Illa, que subirá a tres os CCC e
chegará ata os 715 COIN repartidos. Tomiño, pola súa banda,
ampliará a tres os comunitarios e chegará a 300 os individuais.
Ampliar e estrear
Outro dos obxectivos da equipa Revitaliza provincial, coas mestras e mestres composteiros á fronte facendo o traballo técnico e de concienciación porta a porta da veciñanza, será aumentar as instalación de centros comunitarios nos concellos que xa dispoñen de algúns –aínda que a través de cesión da institución provincial–, co obxectivo de que cada vez os gobernos locais sexan máis autónomos e se encarguen do mantemento. Nesta situación estarán Vilagarcía, Portas, Campo Lameiro, Barro, Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, Lalín, Cerdedo-Cotobade, Bueu, Cangas, Moaña, Soutomaior, Redondela, Baiona, Gondomar, O Porriño, Tui, Oia, O Rosal, e Ponteareas. Salceda de Caselas, pola súa banda, está xa no límite dos cinco centros de compostaxe propiedade da Deputación e deberá dar o salto de maneira inminente á Liña 2 para continuar con medios da súa titularidade.
Finalmente, e para que todos e cada un dos 44 concellos adheridos comproben as bondades do modelo, a Deputación traballará nos vindeiros doce meses para que os que non teñen ningún CCC se volvan proactivos e dean os seus primeiros pasos. Desta maneira, concellos como Valga, Catoira, Cuntis, Meis, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Ponte Caldelas, Marín, A Guarda, Covelo, Salvaterrade Miño ou Poio, deberán contar co seu primeiro centro de compostaxe.
Existe
normativa galega, estatal e europea que obrigará a reciclar o 50% do
lixo neste ano 2020 e que en breve será necesario recoller e tratar
de forma separada o 100% da fracción orgánica ben mediante
compostaxe ou outras vías sustentables. Neste sentido, a Deputación
dará unha oportunidade a todos os concellos para avanzar, pero será
fundamental, e incluso imprescindible, a implicación municipal, xa
que sen ela advírtese de que haberá que reestudar a adhesión ao
Revitaliza, para priorizar e concentrar esforzos e medios nos
concellos que realmente queren aplicar o plan de forma seria.
Aqueles municipios que non dean pasos adiante pasarán a estar fóra do programa de compostaxe, engrosando a lista que forman Moraña, Vilanova, Meaño, Golada, Dozón, Estrada, Forcarei, Pazos, Fornelos, A Lama, Mos, Nigrán, Arbo, Cañiza e Crecente, que a día de hoxe nin están no Revitaliza nin contan cun plan específico para cumprir a nova normativa europea, xunto ao Concello de Vigo, fóra do cómputo ao non poder estar dentro do plan provincial polo seu número de habitantes.
‘Cada ano, máis solidariedade’. Esta sería unha boa frase coa que definir a San Silvestre Solidaria de Ponteareas que, un ano máis, bateu un novo rédord de recadación de alimentos destinados ao Centro de Reparto Local e ás familias que máis o precisan.
A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, sinalou que se recolleron 2.000 quilos de axuda, unha cifra que supera en máis de media tonelada a anterior edición.
Verónica Carrera e a concelleira de Deportes, Nahir Covelo, quixeron agradecer aos Taninos Runners, o seu traballo “nesta fermosa iniciativa” agradecemento que quixeron facer extensiva “a todas e todos os que se achegaron ata a liña de saída para amosar o seu lado máis solidario aportando produtos de alimentación e hixiene que se destinarán ás familias que máis o precisen”.
Ano tras ano os Taninos Runners fan que a axuda recollida sexa máis e sexan quen de espertar o espírito deportivo e solidario da veciñanza que percorre cinco quilómetros no centro urbano para divertirse, para pechar o ano facendo deporte e, sobre todo, para dar un bo exemplo de sensibilidade.
A organización agradeceu tamén a todas as persoas participantes a súa implicación “por ter compartido quilómetros cun grupo con tantas ganas de aportar”.
Verónica Carrera e Nahir Covelo non se quixeron olvidar, nos seus agradecementos, do Club Bádminton Ponteareas que tamén celebrou unha xornada deportiva-solidaria en favor do Centro de Reparto Local ubicado no Centro Social da rúa Oriente.
Ao igual que fixemos en anos anteriores, a primeira edición do ano de «O meu andel» pretende botarlle unha man aos Reis Magos na procura de material de lectura acaído para os cativos. Por iso hoxe traemos a estas páxinas tres obras doutros tantos autores consagrados do noso panorama literario, destinadas, principalmente, a nenos e nenas.
Paco Martín: «O home que mercou un libro»
Volver a Paco Martín sempre é regresar á infancia e á fantasía máis xenuína. Da súa pluma saíron algunhas das personaxes máis queridas da literatura infantil e xuvenil (sen esquecer a súa prolífica produción adulta) dende o nacemento do mítico Ramón Lamote, xa van aló tres décadas e media. Agora, o autor parece querer recuperar o pracer de narrar porque si, sen pretextos nin premisas, argallando unha historia que, na súa simpleza, encerra unha grande dose de sabedoría.
«O home que mercou un libro» fálanos, simplemente, diso: dun home que, por puro azar, deu en mercar un libro de poesía, e todo o que lle acontece durante unha única xornada como consecuencia de tal acto. Non espere o lector unha historia enrevesada nin un nobelo de fíos dos que turrar, nin sequera unha linguaxe extremadamente coidada, nin grandes figuras retóricas, porque non hai nada diso nesta novela breve. A súa grandeza reside, precisamente, en saber relatar unha historia que semella non ter nada de especial e atrapar ao lector con verbas simples e unha linguaxe directa e sen adobíos.
Pero non debemos esquecer que estamos a falar de Paco Martín, e nos seus traballos, as cousas non sempre son o que parecen. Porque ao protagonista deste relato, Aníbal Hortensio López de Carricova, fillo dunha familia acomodada, ao que acompañaremos minuto a minuto durante apenas doce horas, sucédenlle un monllo de cousas como consecuencia de ter mercado un libro de poesía. E ese libro que mercou, sen necesidade de ler máis ca un par de versos en todo o relato, é quen de abrirlle novas portas coa súa soa presencia ata trocarlle o seu xeito de ver o mundo, mesmo a súa forma de ser. Velaí o poder da literatura. Paco Martín é un dos grandes referentes das nosas letras. E neste traballo demostra unha vez máis as razóns de tal categorización. A súa habilidade narrativa para darlle forma a esta historia queda sobradamente demostrada a través dun exercicio de estilo que semella tremendamente doado pero que, no fondo, agocha a mestría dun ourive da palabra.
Paco Martín
O home que mercou un libro
Galaxia
104 páxinas
Antonio García Teijeiro: «Bicos e non balas»
Antonio García Teijeiro leva moitos anos sendo un dos nosos grandes referentes en literatura infantil e xuvenil, polo que nunca está de máis achegarnos aos seus versos a través dunha antoloxía monográfica como a que hoxe traemos a este andel. «Bicos e non balas», fermosamente ilustrado por Bea Gregores, recolle algúns dos seus poemas dedicados á paz que figuran na súa abundante bibliografía, dende 1988 ata a actualidade, incluíndo tamén algúns textos inéditos, que sempre lle engaden valor á colección.
O que atopamos entre as súas páxinas son versos sinxelos e directos, como é habitual na faciana de Teijeiro máis achegada á mocidade, doados de seguir e de sentir a profundidade do pensamento que encerran. Pequenas historias que inducen á reflexión sobre unha sociedade francamente mellorable, a través de imaxes oníricas e moi suxestivas que nos conducen cara á espereranza. Porque a mensaxe que hai detrás de todos estes versos é a de que é posible construír outro tipo de mundo se todos nos poñemos de acordo; de que, como afirma a contracapa do libro, “non hai camiño para a paz, senón que a paz (e a poesía) é o camiño”.
Así, encontramos poemas de denuncia, poemas de esperanza, poemas de arelas dun mundo mellor, e cruzarémonos con exiliados, con nenos soldado, con inmigrantes perseguidos, con soñadores e con cantores cheos de luz e de bicos para substituír polas balas que anuncia o título. E malia que este libro teña esa visceralidade primitiva e inocente de toda a literatura infantil, de seguro que será proveitoso para ese neno ou nena que levamos dentro de nós aínda que teñamos moitos anos vividos ás nosas costas.
Antonio García Teijeiro
Bicos e non balas
Ilustracións de Bea Gregores
Galaxia
110 páxinas
Rosa Aneiros: «Xelís, o guieiro das botellas de mar»
Rosa Aneiros é outro deses nomes recurrentes na literatura galega dos últimos anos e preséntase nesta ocasión cun Premio Merlín debaixo do brazo que avala esta aventura de corte fantástico, pero moi apegada á actualidade.
O seu protagonista é Xelís, un neno que forma parte dos Gueiros da Natureza na illa de Otilc, responsables da protección do seu entorno. A súa misión semella pequena, pois é o responsable de guiar as botellas con mensaxe que recalan nas costas da illa para facelas chegar aos seus destinatarios. Pero un día recolle unha estraña botella de cristal cunha mensaxe dirixida a el e que fala da existencia dunha xigantesca illa de lixo que navega á deriva e ameaza con engulilo todo. Xelís, xunto co mascato Mult, inician así unha aventura que os levará ata os confíns do mundo na que a loita pola supervivencia do planeta xoga un papel fundamental.
A desbordante fantasía que exhibe Rosa Aneiros á hora de argallar esta historia é un dos elementos máis salientables desta obra que, como vemos se nos presenta moi apegada á realidade. Pero, ao meu entender, o máis destacable sería a linguaxe empregada. A cotío, a literatura infantil e xuvenil céntrase máis na historia relatada que na maneira de contala, descoidando deste xeito a creación de verdadeiros afeccionados ao pracer da lectura, non só á narración de historias máis ou menos destacables. Por suposto, son moitas e moi válidas as excepcións a esta afirmación, pero coido que tal precisión é mellorable no noso sistema literario. Máis a autora que nos ocupa emprega unha linguaxe suficientemente clara como para que poida ser seguida sen problemas polos nenos e nenas, ao tempo que dabondo elaborada como para albergar recursos literarios que poidan incitar á rapazada a seguir por ese camiño e a afeccionarse, como digo, ao pracer da lectura, algo que me parece enormemente meritorio dados os tempos que corren.
O venres 3 de xaneiro as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Santa Tecla. A media tarde as Súas Maxestades de Oriente, que foran recibidas previamente polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e maila concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, acudiron á residencia para levar uns agasallos, visitar e escoitar aos homes e mulleres que quixeron intercambiar unhas palabras con eles.
Ademais,
a tarde estivo amenizada cunha Charanga, que acompañou aos Reis
Magos durante a súa visita e animaron a tódolos presentes a bailar
e gozar da música nunha tarde chea de ilusión, diversión e
alegría.
Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños ‘O Castro’ inauguraron hoxe sábado 4 de xaneiro dende as 11,30 horas ao carón do ‘Bosque da Memoria’ a peza realizada polo colectivo ‘Arte no Queimado’ con motivo do segundo aniversario dos incendios na parroquia e que leva por título ‘Rexurdimento’.
Baixo
a dirección de Remigio Davila, os escultores Rosendo González e
Juan Coruxo elaboraron a partir de cachos de madeira calcinados
aportados pola veciñanza uns pulmóns de 3 metros de altura dos que
brota unha árbore. Os artistas quixeron deste xeito expresar a gran
catástrofe medioambiental que supuxo o lume pero tamén a
oportunidade que brindou para construír un futuro en harmonía coa
natureza. Unha placa cun texto reflexiona precisamente sobre estes
aspectos.
A
escultura foi ubicada nun punto simétrico co Castro de Chandebrito,
con vistas panorámica cara a ría de Vigo e ao carón do coñecido
xa como ‘Bosque da Memoria’, onde precisamente figura unha escultura
deste colectivo realizada con motivo do primeiro aniversario e que
representa a un home cun caldeiro tratando de apagalo, símbolo da
loita da veciñanza.
Foi un acto sinxelo que comezaba ás 11,30 horas e no que descubría un texto de Remigio Davila que fai referencia á traxedia de outubro de 2017 e unha placa ao pé da escultura. A seguir tiña lugar unha pequena camiñata dende este punto, ao Bosque da Memoria, ao Banco do Encontro e ás excavacións do Castro de Chandebrito o que crea un espazo cultural único.
Despois de varias semanas de peche do paseo do Rego das Maceiras polos desbordamentos padecidos o 12 e 18 de decembro, que orixinaron problemas no trazado da senda peonil, a concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela decidiu na mañá de hoxe a apertura do paseo deste espazo natural moi utilizado pola veciñanza.
Os
traballos realizados consistiron na reparación de urxencia dun muro
de contención que tiña risco de derrube, a reposición do firme en
varios tramos, a retirada dunha árbore caída no canle e a retirada
de elementos leñosos que impedían o curso normal da auga.
Actuacións pendentes a curto e longo prazo
Queda
pendente a reparación da ponte antiga de pedra que dà aceso a
veciñanza da rúa Rabadeira-Canabal. Tramo que permanecerá pechado
por seguridade ata que se realicen os traballos de reposición e
mellora deste paso.
Outras
actuacións de mellora a longo prazo que consistentes en reforzar os
tramos da senda máis propensos as crecidas, a mellora dunha ponte
de pedra de recente construción feita no proxecto inicial, que o
tempo está demostrando que non foi ben colocada e produce
desbordamentos continuos en canto sube un pouco o caudal do río.
Os Reis Magos chegarán a Oia durante toda a xornada do domingo día 5 e percorrerán as distintas parroquias do municipio na tradicional cabalgata. As súas maxestades de Oriente irán facendo paradas no seu camiño para visitar ás nenas e nenos e constatar o ben que se teñen portado no último ano.
A comitiva real fará a súa ruta levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do concello. Pola mañá percorerán A Portela (11:00 h), Mavia (11:30 h), Acevedo (12:00 h), Loureza (12:30 h), Burgueira (13:00 h), Torroña (13:30 h).
Pola tarde as súas Maxestades de Oriente percorrerán Viladesuso (15:00 h), Pedornes (15:30 h), baixada ao Mosteiro de Oia coa Rondalla de Mougás (16:00 h) e panxoliñas na Igrexa de Sta. María de Oia (16:15 h).
A recepción aos Reis Magos celebrarase no CEIP Mestre Manuel García (17.30h), onde tamén se fará a entrega de premios aos gañadores do concurso escolar de debuxo ‘Un Nadal feliz en Oia’.
Desde alí o percorrido continuará ata chegar á Casa Cultural de Mougás (19:15 h), onde terá lugar o fin de festa.
O Concello do Porriño procedeu no día de hoxe ao cambio das luminarias tanto dos dous pavillóns polideportivos municipais coma da Piscina. En total serán 60 as luminarias que serán substituídas por outras LED de menor consumo e maior eficiencia enerxética.
A Concellería de Deportes investirá, nesta actuación, un total de 15.000 euros con cargo á partida do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
A cabalgata dos Reis Magos de Ponteareas agasallará ilusión e caramelos aptos para toda a cidadanía e por vez primeira disporá de caramelos aptos para diabéticos traballando de xeito conxunto coa Asociación de Diabéticos de Ponteareas. A concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, explica que todos os caramelos que repartirán os Magos de Oriente serán sen glute e mesmo algúns sen glute e sen lactosa.
Para que non haia dúbidas e
todas as persoas poidan desfrutar do doce sabor dos caramelos, o
concello indica que os caramelos brandos que reparta o séquito real
serán sen lactosa e sen glute e os caramelos duros simplemente sen
glute pero con lactosa.
“Para chegar a un maior
número de poboación e que a cabalgata sexa para o desfrute da máis
ampla maioría repartiremos caramelos doados por marcas comerciais e
tamén mercados polo concello e todos eles serán sen glute dispondo
todos do certificado correspondente, tanto os nosos como os das
marcas comerciais”, explica Cristina Fernández.
Ademais, no momento de entrega
dos agasallos, que terá lugar no auditorio municipal unha vez remate
a cabalgata, as familias con nenas e nenos diabéticos disporán de
caramelos aptos para a súa doenza.
Como cada ano a cabalgata dos Magos de Oriente sairá do CEIP Fermín Bouza Brey para percorrer as rúas Rosalía de Castro, Concha Brey, Constitución, Praza Bugallal, Oriente, Praza Maior, Arxentina, Fdez. Vega, Reveriano Soutullo, Praza Bugallal e Morales Hidalgo para logo entrar no auditorio e participar na tradicional entrega de agasallos.
Os coches clásicos, a banda
de gaitas Tremiñado e os Ranchos de Reis de Fozara, Guláns e
Santiago de Oliveira acompañarán ás carrozas que estarán
arroupadas por espectáculos de animación e sempre coa colaboración
dos bombeiros locais, do Club Ciclista Ponteareas e dos e das
empregadas municipais, de Protección Civil e da Policía Local.
Ademais, Cristina Fernández agradece a colaboración do voluntariado
e do alumnado do bacharelato de Artes do IES Val do Tea que realizou
a decoración para os vehículos.
Cristina Fernández lembra a
todos e a todas as pequenas que, ao igual que en anos anteriores, os
Magos de Oriente ofrecerán unha recepción previa ás 12 horas do
domingo día 5 no concello.
A maxia e a ilusión encherán este domingo, 5 de xaneiro, a Eurocidade Tui-Valença, cunha nova edición da Cabalgata Internacional de Reis. Trátase dun evento único con carácter transfronterizo que dende hai dez anos percorre os dous municipios. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren á estación de Valença ás 16 hora galega.
Así o explicaron hoxe o alcalde de Tui, Enrique
Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Sonsoles
Vicente, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte, en rolda
de prensa.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que
a da Eurocidade Tui-Valença é “a única cabalgata
transfronteiriza no mundo”, incidindo en que ese carácter
transfronteirizo “dálle un valor engadido e único”. O rexedor
tudense referiuse tamén aos 23 vehículos que participarán na
comitiva que acompañará aos Reis Magos “nun evento cheo de maxia
e fantasía onde os protagonistas son os nenos e nenas”. Tamén
apuntou Enrique Cabaleiro que no ámbito da cooperación
transfronteiriza “temos un mundo de posibilidades”, e se referiu
ao traballo que hai por diante para establecer de cara a vindeiros
anos unha programación conxunta no Nadal.
Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, afirmou que a Cabalgata da Eurocidade ten un peso específico e desexan que cada ano máis persoas se sumen á mesma. Avanzou coma novidade a zona para nenos e nenas con mobilidade reducida que haberá na praza da Inmaculada.
José Monte, vereador de Cultura de Valença, lembrou que hai dez anos comezou este proxecto que cualificou coma “o momento cultural máis importante das dúas cidades” cun efecto transfronteirizo e mobilizador que traspasa fronteiras. Dicía o vereador de Valença que non hai outra Cabalgata igual á da Eurocidade tanto polo seu carácter internacional coma polo entorno no que se desenvolve. Un evento que salientaba reafirma as actividades da Eurocidade. Coma novidade a Cámara de Valença presentará unha carroza na que irá nevando.
A comitiva real, integrada por máis de 200
persoas, iniciará o seu percorrido ás 17 hora galega dende a
estación de ferrocarril de Valença para continuar polas avenidas de
Colégio Português e Miguel Dantas, a rotonda da Trapicheira e a
avenida de Espanha. Ás 18 h está previsto que a cabalgata cruce a
vella Ponte Internacional para continuar xa en terras tudenses pola
avenida de Portugal, as rúas Martínez Padín e Augusto González
Besada para chegar ás 19 h ao Cantón de Diomedes no Paseo da
Corredoira. Aquí farán a ofrenda ao neno Xesús
Participarán na comitiva real a Garda Nacional
Republicana, a Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui e de
Valença, os Bombeiros Voluntarios de Valença e o tren turístico da
Eurocidade. Tamén colabora no evento o grupo Scouts Alhoia.
A parte musical correrá a cargo da Rondalla O
Mosteiro de Pexegueiro e das charangas A Tu Ritmo e Cantos Somos.
Tamén estarán presentes Olaf e Elsa da película Frozen. Haberá
carrozas con distintos motivos elaboradas pola Cámara de Valença e
as asociación culturais tudenses Arume de Malvas, Lembranzas da
Terra de Guillarei, Aloia de Pazos de Reis, e Xuntanza de Randufe
amais das tres maxestuosas carrozas dos Reis Magos. Ao longo do
percorrido repartiranse 1.750 quilos de caramelos sen glute e sen
alérxenos.
Como novidade este ano na Praza da Inmaculada
haberá unha zona reservada para as persoas con mobilidade reducida
para que poidan gozar tamén da Cabalgata de Reis.
Visita aos maiores de Tui e Valença
Os Reis Magos repartirán ilusión tamén entre as
persoas maiores de Tui e Valença mañá sábado visitando as
residencias da Eurocidade. Así pola mañá achegaranse á Residencia
Paz e Ben h (10.45 h) e Residencia San Telmo (11.45 h) onde estarán
acompañados por parte dos seus paxes, as autoridades municipais e o
Rancho de Reis da Asociación Santa Columba de Ribadelouro. Pola
tarde estarán nas residencias da Santa Casa da Misericórdia e Cruz
Vermelha en Valença.
Restricións no Tráfico
Ante a celebración da Cabalgata Internacional de
Reis haberá algunhas restricións no tráfico nas rúas por onde
pasará a comitiva real. Máis aló do corte puntual do tráfico o
domingo á tarde coa celebración da Cabalgata, mañá sábado dende
ás 22 h non se poderá estacionar no Paseo da Corredoira, e o
domingo dende ás 10 h a prohibición esténdense á rúa Augusto
González Besada e o primeiro tramo da rúa Martínez Padín, e dende
ás 14 h a toda a rúa Martínez Padín e a Avenida de Portugal.
Agradécese a colaboración da veciñanza para garantir así o bo
desenvolvemento deste evento en todo o seu percorrido..
A Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade está cofinanciada nun 75 % polo Programa Operativo Interreg V-A2014-2020 no marco do proxecto Eurocidade Valença-Tui Unicidade.
O Porto da Guarda ten nestas datas un atractivo máis grazas o veciño Generoso Cadilla, que ano a ano instala un Belén artesanal nos baixos da súa casa no nº 48 da Rúa do Porto. O pasado xoves día 2 de xaneiro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, visitaron este Belén, dando os parabéns a Generoso Cadilla por tan admirable traballo.
A
tradición chega xa ao seu oitavo ano, aínda que indicaba que leva
máis de 10 facendo un belén de nadal para a súa familia, ao igual
que no el Asilo de Tui, onde se encarga de realizar o Belén, onde
ten a unha irmá nesta congregación relixiosa.
Case
a totalidade do Belén está confeccionada a man, con materiais de
refugallo e con moita imaxinación. Cada ano, a principios de
Novembro, o baixo da súa casa se converte nun obradoiro no que
comeza a perfilar como será o belén dese nadal. Este ano ten moitas
sorpresas, con varias pezas móbiles, entre as máis de 200 pezas que
compoñen esta instalación e un gran río de auga que atravesa o
belén.
Un
ano máis decidiu recibir donativos para a Asociación Asistencial
SOS Tomiño-Baixo Miño para a compra de alimentos para as familias
necesitadas, idea que xurdiu dun dos seus netos anos atrás.
El
Belén se pode visualizar dende a cristaleira do baixo no nº 48 do
Porto da Guarda, pero tamén se pode entrar no baixo, preferiblemente
en horario de tarde durante a época de nadal, ata o vindeiro domingo
día 12 de xaneiro.
Un nuevo año llega a su fin, uno en el que España sigue bailando con los colores de los partidos. Un año en el que hemos tenido dos elecciones generales para estar igual que estábamos, es decir, cómo siempre, dependiendo de los partidos nacionalistas para gobernar la nación de España, algo que cómo mínimo, resulta curioso.
Un año en el que Albert Rivera dejó las naranjas marchitas y en el que Abascal ha hecho subir el verde. Si estuviera en Galicia se diría que tanto verde es por causa de la lluvia, la cual ha vuelto a aparecer por estos lares y es que temporal tras temporal, esta Galicia casi vuelve a ser aquella donde siempre llovía.
Pero hablando de volver a ser lo que era, lo que está claro que no va a volver a ser, es nuestro clima, y es que pesa a la cumbre climática que se organizó en Madrid a prisa y corriendo por los problemas de Chile, nuetros queridos políticos mundiales siguen mirando más sus intereses económicos que la salud de nuestro planeta, así que seguimos poco a poco acelerando el cambio climático.
Pero bueno, cómo no todo ha sido hablar de políticos y sus fechorías, sino que también os hemos recomendados buenos discos, vamos a hacer un pequeño repaso a los más interesantes publicados en éste 2019.
Vangelis
Nocturne
El maestro griego regresó tres años después con un trabajo interpretando al piano algunas de sus piezas clásicas y once temas nuevos compuestos para la ocasión, No es el mejor trabajo de su ya dilada trayectoria, pero siempre es un placer escuchar a Vangelis.
Within Temptation
Resist
Saliéndose un poco de los estilos que solemos recomendar, éste trabajo también se sale un poco de lo habitual de la formación adentrándose más dentro de la electrónica, pero sigue siendo un gran grupo y éste disco me parece muy recomendable.
Craig Armstrong
Sun On You
Aunque publicado en el 2018, nosotros os lo presentamos en éste 2019, Trabajo del fantátisco compositor escocés Craig Armstrong, un disco muy intimista pero gusto exquisito y que no podía faltar en esta recolección.
Forrest Smithson
The Accomplished View
Igual que el anterior, este también fue publicado en el 2018 pero nosotros os lo presentamos en éste 2019, Un disco para los amantes de la buena música ambient.
Kerani
Small Treasures
Para los amantes de la buena música de piano, nada mejor que éste trabajo también publicado en el 2018 pero presentado para todos nuetros lectores en el 2019, Para dejarnos llevar por la belleza musical.
Roger Subirana
Symbiphonic
¿El mejor trabajo del 2019? Es probable, todo depende del gusto del oyente, pero sin lugar a dudas, Roger Subirana lo ha vuelto a hacer y nos ha presentado un trabajo simplemente brillante, una perfecta mezcla entre simbiosis y sinfornía cómo dice el propio título, un disco por méritos propios se ha encumbrado en lo más alto de éste año y que no deberí de faltar en ninguna colección.
Rammstein
Los alemanes han vuelto con sus letras irreverentes, sus controvertidos vídeos y su fuego para seguir calentando a su legión de seguidores, así que no puede faltar en éste resumen del año.
Por supuesto que el año ha dado para mucho más y, aparte de novedades, también os hemos puesto algunos de esos para el recuerdo, pero sin lugar a dudas los que aquí os presentamos es de lo mejor que os hemos mostrado.
Desgraciadamente, también éste 2019 que finaliza, nos deja las triste noticia de grandes artistas desaparecidos, así que sirva éste resumen cómo pequeño homenaje a todos ellos.
Marie Frediksson
Quizás el nombre a muchos no les diga mucho, pero si decimos que es la cantante del mítico grupo Roxette y es que después de 17 años luchando contra un cáncer, a los 61 de edad finalizó su lucha. Sin lugar a dudas, estamos ante el grupo sueco que alcanzó más fama mundial después de ABBA, y en el recuerdo de todos quedarán ya temas míticos como ‘It Must Have Been Love’ conocido mundialmente por haber formado parte de la banda sonora de ‘Pretty Woman’.
Juice WRLD
El rapero Jarad Higgins, más conocido como Juice WRLD falleció con tan sólo 21 años tras sufrir unas convulsiones provocadas por una sobredosis de Percoce, un anaalgésico opiode. Jarad llegó a alcanzar el número dos en la lista Billboard con el tema ‘Lucid Dreams’.
José José
José Rómulo Sosa Ortiz, más conocido como José José, o cómo ‘El Príncipe de la Canción’ fue un cantante y actor mexicano, cuya estilo vocal influyé en muchos artistas latinos y de un amplio rango de géneros musicales. Fue considerado por la audiencia y por los medios latinos, cómo un icono de la música pop latina y uno de los cantantes mexicanos más emblemáticos de su tiempo.
Ric Ocasek
Conocido principalmente por ser el vocalista y líder de la banda ‘The Cars’, una banda new wave fundada en Boston, fueron una de las primeras en incursionar en la corriente pop de finales de los años setenta y fundir la guitarra con el sintetizador.
Eddie Money
Cantante, guitarrista y compositor estadounidense, logró figurar algunas ocasiones en el Top 100 con temas cómo ‘Baby Hold On’ o ‘Take Me Home Tonight’, pero su carrera no logró despegar en parte a causa de las drogas y en ésta año que finaliza, un cáncer acabó con su vida a los 70 años de edad.
Camilo Sesto
También nos dejó el gran Camilo Sexto, una de las voces más
representativas del música española, con más de cuarenta discos a
sus espaldas, con 52 números 1 durante su carrera y con más de 180
millones de copias vendidas.
Escribió canciones para artistas como Miguel Bosé, Angela Carrasco, entre otros y en 1975 protagonizó el papel de Jesús en la ópera rock Jesucristo Superstar que él mismo financión en su adaptación al español.
Siempre nos quedará en el recuerdo de todos temas cómo el que aparece a continuación.
https://youtu.be/2Y2G6dcIYS8
Kylie Rae Harris
Una joven y prometedora cantante de country, falleció a los treinta
años en un trágico accidente en la carretera, en un viaje después
de un concierto, lo curioso, es qu unas horas antes de ése viaje,
comentó que le traría tristes recuerdos porque por esa zona vivía
su familia la cual ya había desaparecido, ¿cosas del destino?
Su último tema del concierto se lo dedicó a su hija de seis años.
Celso Pinha
El cantante, compositor y acordeonista mexicano Celso Piña, pionero y uno de los principales exponentes de la cumbia colombiana y vallenato y su posteriores expansión al norte de México y el sur de Estados Unidos y protagonista de la fusión de dichos ritmos colombianos con sonidos tropicales como la música norteña y con otros como el ska, el reggae, el rap y el hip hop.
Doris Day
Actriz y cantante estadounidense, su faceta en la interpretación fue principalmente en los años 40 y 50, en la música no estuvo mucho más tiempo, aunque sacó un disco en los ’90 y otro en el 2011, tuvo su propia serie de televisión titulada ‘The Doris Day Show’ donde la cabecera era el tema que os ponemos a continuación. Cuando finalizó la serie, prácticamente se olvidó del mundo del espectáculo y se dedicó a la defensa de los animales.
Nipsey Hussle
Su nombre era Ermias Asghedom, rapero estadounidense de origen eritro, nominada al emmy de éste año cómo mejor álbum de rap, murió en un titoteo a las puertas de la tienda que regentaba.
Inés Bayo
La cantante original de ‘Los Fresones Rebeldes’ nos dejó con cuarenta cinco años. A finales de los años ’90 se hicieron conocidos con sus letras sencillas y cantadas en español.
Cha In-Ja
Actor y cantante surcoreano, fundador del grupo Surprise U apareció muerto con tan sólo 27 años.
Goo Hara
Otra joven actriz y cantante surcoreana que nos dejó a muy temprana edad.
Marie Laforêt
Cantante y actriz francesa, pop, rock, folk, sin lugar a dudas, una de las divas llegadas de nuestro país vecino.
Keith Flint
La voz de ‘The Prodigy’ al cual dedicamos un especial, desde luego, sus puestas en escena, todo un espectáculo.
Charles Thaxton
Más conocido como Char-El, su fallecimiento no salió en las portadas de los grandes medios, pero era una gran persona y un gran músico y una nueva estrella apareció en el firmamento, el mismo al que nos hizo volar en muchas ocasiones a través de su música.
Hossam Ramzy
El ‘Embajador Egipcio del Ritmo’. También nos dejó éste año 2019, un hombre conocido por sus colaboraciones, pero sobre todo, por su ritmo musical.
https://youtu.be/jA1ysAt2PMQ
Y
muchos otros que se nos han quedado en el tintero, pero espero que
esto sirva como un pequeño homenaje para todos ellos, porque sue
recuerdo permancerá imborrable en la memoria de todos nosotros.
Os membros da Mancomunidade do Baixo Miño, formada polos gobernos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, reúnense antes de rematar o ano para tratar algúns temas importantes de cara ó ano que ven. Entre eles, amosan a súa preocupación por dúas cuestións que consideran cruciais para a veciñanza: a situación da Sanidade e do Transporte Público na Comarca.
Lembran as alcaldesas e alcaldes da Mancomunidade que dende o mes de xullo veñen solicitando unha cita coa Consellería de Sanidade na Xunta de Galicia para falar da súa situación. Ata o momento, sinalan, nin tan sequera obtiveron unha resposta a esta solicitude.
No mes de agosto, por primeira vez na historia, xuntáronse os catro Concellos para facer as alegacións ao anteproxecto de transporte que sacou a Xunta e que deixaba á comarca nunha situación aínda máis deficitaria á actual. Os catro Concellos foron quen de realizar un plan das necesidades do transporte para os mesmos que presentaron conxuntamente na Xunta.
Nestas datas de desexos e bos augurios coa nova entrada de ano, desde a Mancomunidade amosan de novo o seu desexo inminente de ter unha reunión coa Consellería de Sanidade, así como que se fagan efectivas e se contemplen as necesidades implementadas co obxectivo de mellorar a situación do transporte para a veciñanza dos seus Concellos.
A Xunta de Galicia vén de autorizar a ampliación dos horarios de peche da hostalería ponteareá na noite de Fin de Ano logo da petición realizada polo Concello atendendo a diferentes peticións de profesionais do sector. A ampliación será dunha hora, por ser o previsto na normativa vixente. No resto das festas de nadal mantense o horario ordinario.
O Concello explica que o Goberno continuará velando polo cumprimento dos horarios, “pero tentaremos nas vindeiras semanas consensuar para todo o ano 2020 a ampliación do horario nunha hora, de forma excepcional, en datas sinaladas como as festas patronais, a festa do Corpus ou outras datas de especial significación festiva, ao tratarse dunha posibilidade contemplada na lexislación”.
Balneario de Mondariz recoñeceu a profesionalidade e labor dos traballadores en activo do seu primeiro equipo, ao cumprirse 25 anos da recuperación do proxecto termal como hoxe coñécese. Nun emotivo acto tras a cea de Nadal, co slogan ‘Os cinco dos 25’, a dirección premiou a Sonia Álvarez, Vanesa Rodríguez, Ángeles González, Belén Pérez e Cipriano Núñez cunhas vacacións en Costa Verde, por iso de ser especialistas en turismo, por todos estes anos dedicados ao proxecto da vila termal galega.
Estes cinco traballadores formaban parte dos 35 empregados que foron os primeiros en entrar no edificio Varanda cando se inaugurou a primeira fase do balneario en 1994. Obra que inaugurou Manuel Fraga Iribarne que deu paso ao resto da recuperación histórica do resto dos edificios e culminou coa posta en marcha do Palacio da auga en 2005.
O proxecto que se iniciou en 1988 polo actual presidente de Balneario de Mondariz, Javier Solano Rodríguez-Losada, tiña como finalidade devolver á vida ao Balneario de Mondariz cuxa actividade se paralizou polo incendio do Gran Hotel en 1973. Unha vila dedicada á saúde termal coñecida como referente europeo no turismo de saúde cuxas instalacións desde o século XIX eran o destino elixido polos españois e europeos para gozar das vacacións estivais e coidarse a partir da filosofía natural do ‘Salutem per Aqua’.
A historia do Balneario de Mondariz data a construción da súa primeira casa de baños en 1880 e a partir de aí o Gran Hotel que, en 1900, rivalizou cos grandes balnearios de Baden- Baden, en Alemaña, e Bath, en Londres. Solano recolleu a testemuña dos irmáns Peinador, fundadores a finais do S. XVIII do complexo, adaptando o termalismo tradicional ás necesidades do lecer de saúde do S. XXI.
Hai para quen os últimos días do ano son de tranquilidade e relax para coller folgos para afrontar un novo ano e, por contra, as hai e os hai que apretan o acelerador a fondo para conseguir que un ano magnífico, convértase en extraordinario. Ese é o caso do Club Natación Ponteareas para o que, estes últimos días do ano, foron xornadas de gran actividade para os seus nadadores e as súas nadadoras.
Equipo da Copa de España feminino
Por unha banda, a fin de semana previa a Noiteboa, o Equipo Feminino competía por vez primeira na Copa de España de Clubs (grupo de 2.ª división), que se disputaba na piscina do Centro Acuático Mundial 86 de Madrid. Remataban as probas na decimoprimeira posición dun total de 16 clubs participantes, demostrando que o próximo ano poden volver clasificarse, sen dúbida, e seguir competindo entre os mellores clubs españois.
Por outro, a fin de semana previa a Noitevella, o equipo absoluto desprazábase a Pontevedra para participar no Campionato Galego Absoluto de Inverno. Entre outros logros, Pablo Cabana marcaba os récords Galegos de idade (15 anos) nas probas de 200 m libres, 200 m estilos e 400 m estilos, mentres que Sofía Carballo, marcaba os récords galegos de idade (13 anos) para 50 m braza e 100 m braza.
Ademais, as nadadoras e nadadores do Club Natación Ponteareas acadaban magníficos resultados traducidos en medallas. Prataspara Carla Faro (200 m braza, 100 m braza e 100 m estilos) e Pablo Cabana (200 m bolboreta).
Bronces para Sofía Carballo (200 m braza) e relevos 4×200 m libres (Carla Faro, Ana Buceta, Andrea Domínguez e Iria Lemos).
Na clasificación final, o equipo Feminino alzábase co Subcampeonato (moi meritorio) e o equipo conxunto coa terceira posición nun podio composto por C.N. Galaico de Pontevedra (campión) e Club do Mar da Coruña (subcampión).
O Club Natación Ponteareas salientaba que estar na terceira posición final conxunta por equipos nun Campionato Gallego “é, para a nosa cidade e o noso Club, un mérito enorme que non podería lograrse sen o compromiso, o traballo e a motivación de pais, nais, nadadores, nadadoras e adestradores, entre outras partes implicadas no funcionamento do noso Club. Hai un enorme traballo detrás destas clasificacións, postos, marcas e medallas”.
Ademais de felicitar por estes resultados aos nadadores e nadadoras participantes en ambos os eventos, a directiva quixo desexar “un Feliz Ano Novo á familia do Club Natación Ponteareas!”.
O velódromo municipal de O Porriño acolleu, esta pasada fin de semana, as probas correspondentes ao Campionato Galego de Ciclocross organizado polo club porriñés Asociación Deportiva Avanza. A xélida mañá –o termómetro marcaba 0 ºC– non impediu que as e os deportistas celebraran unha auténtica festa do ciclocrós.
Os e as máis pequenas encargábanse de abrir unha xornada de puro espectáculo nun velódromo que se presentaba como un circuíto esixente que foi do agrado tanto dos amantes da lama coma aos da velocidade.
As cousas non podían ir mellor para os organizadores, a Asociación Deportiva Avanza que pechaba a xornada con catro medallas.
Iván Fernández e André Martínez, no segundo e terceiro posto, acompañaron ao gondomareño Ricardo Buba no podio Cadete Masculino
A ponteareá Uxía Soto conseguía subir o mais alto do podio e proclamábase campioa galega de Ciclocrós proclamándose campiona galega de ciclocrós na categoría Cadete Femina, seguida da porriñesa Laura Mira integrante do Club Ciclista Redondela.
Na categoría Cadete Masculino, Iván Fernández e Andre Martínez conseguían subir o segundo e terceiro posto de podio, mentres que na categoría Máster 40, Xacob Agra, corredor do club Master da Louriña e membro dirección deportiva da escola de ciclismo Avanza, acadaba a segunda posición.
Luis Fernández, director deportivo da Escola de Ciclismo, medalla de prata na categoría Élite
Finalmente, na categoría Elite, Luis Fernández, director deportivo da Escola de Ciclismo, conseguía a medalla de prata.
O Goberno de Redondela PSOE-AER amosou hoxe a súa fonda preocupación polas medidas adoptadda por Renfe que pechará a venda presencial de billetes na estación de ferrocarril. Xa no 2015 Fomento eliminara este servizo da estación de Eidos, obrigando aos usuarios e usuarias a mercar os seus billetes nunha máquina automática situada no vestíbulo ou a través de internet.
Pese a que esta medida do peche da billeteira de forma presencial “terá certa repercusión e será tema de debate”, non é, para o Goberno de Digna Rivas “o maior problema que presenta o servizo ferroviario en Redondela”.
O Goberno redondelán asegura que loitará para mellorar os servizos ferroviarios, loita que se debe comezar “por conseguir un aumento da frecuencia das liñas de proximidade, xa que nos últimos anos percíbese un descenso do servizo e das paradas en estacións e apeadeiros, como o de Chapela”. Amais, sinala o Goberno local, “é tamén de suma importancia que Redondela conte con maior frecuencia ferroviaria en liñas de media e longo percorrido”.
Nese sentido, o executivo local redondelán lembra que a estación de Redondela, non só presta servizo á veciñanza do municipio “senón tamén a outros concellos limítrofes como Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e O Porriño”.
A alcaldesa Digna Rivs confirmou que, nas vindeiras datas, ten previsto manter unha reunión co responsable en Galicia de Renfe, Javier Pérez, para transmitirlle “as súas inquedanzas en relacións cos servizos ferroviarios que afectan á localidade”.
Finalmente, o Goberno local lembra á veciñanza que “en tanto no se dea solución a este problema” os usuarios e usuarias poderán mercar os billetes nas máquinas automáticas situadas nas distintas estacións, na oficina de correos situada na Rúa Casto Sampedro, ou no propio tren.
O BNG aposta polo mantemento das billeteiras
Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego, non dubidou á hora de reafirmar a súa aposta “polo mantemento da venda de billetes na estación da Portela”
Os nacionalistas rexeitan “frontalmente” unha decisión tomada con “premeditación e aleivosía, ao transmitir instrucións aos traballadores e responsábeis das estacións afectadas, de que non se facilitara ningún tipo de información á veciñanza, para evitar calquera intento de resposta social”.
Segundo o BNG, os plans do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, “van encamiñanadas ao desmantelamento dun medio de transporte público, que na comarca de Redondela ten futuro”.
Lembran o Bloque que se trata “dunha liña rendíbel, posto que a media mensual de expedición de billetes alcanza os 800 aos que habería que sumar os adquiridos vía telemática ou no propio tren.
A formación nacionalista denuncia “os pasos dados nos últimos anos dende o goberno central, baixo instrución emanadas polas directrices políticas tanto do PP como do PSOE” e lembra que “a Xunta de Feijóo renunciou a demandar as competenzas en materia de transporte de viaxeir@s, e a crear un verdadeiro Tren de Cercanías para Galiza”.
“Apostamos por recuperar o papel central de Redondela, no Tren de Proximidade, no que as estacións de A Portela e Chapela, e os apeadoiros de Picota, Cesantes, deben desempeñar un papel central no movemento de persoas, no espazo urbano e periurbano máis poboado de Galiza” asegura o BNG que engade “debemos conservar e mesmo mellorar o referente que para concellos da nosa bisbarra, e entorno máis próximo exerce Redondela, no movemento de persoas vía transporte férreo”.
Finalmente o BNG anuncia “toda unha xeira de iniciativas a nivel local e estatal, para non só manter a venda personalizada na estación da Portela, senón tamén en Chapela”. “Consideramos –di a formación nacionalista– que a presión social, veciñal asumirá un papel determinante no mantemento das estacións e apeadoiros de Redondela”.
“Apostamos polo Tren como un medio de transporte público, eficiente, rendíbel social e economicamente, que permita un movemento de pasaxeiros e pasaxeiras que reduza as altas taxas de contaminación”, conclúen.
As declaracións formuladas polo PP nas que aseguraba o Goberno local –co apoio por certo de todos os grupos agás o PP– aprobaba un regulamento no que excluía “aos nenos e nenas de 2 a 5 anos”, vén de marcar un novo enfrontamento entre os populares e o Goberno ponteareán que, indignado, lémbralle á concelleira Balén Villar que “nunca se admitiu a nenos e nenas de esas idades, tampouco na época de Goberno do PP”.
Aseguraban os populares non compartir a postura dos demáis grupos da Corporación –BNG, PSOE e ACiP (16 concelleiros e concelleiras dun total de 21)– xa que lles parecía “algo insólito e inadmisible, contrario a toda política de conciliación, igualdade e de mellora dos servizos públicos”.
O PP tamén criticaba que o Goberno bipartito co apoio de ACIP, “excluía da gardería ós nenos/as con determinades enfermidades como a Hepatite ou VIH” co que, dicían os populares “o que están fomentando é a exclusión social dos que padecen estas enfermidades”.
O Regulamento foi feito, segundo PP “ás presas” despois dunha inspección que fixo a Xunta de Galicia a este centro municipal no mes de agosto onde se detectaron “graves irregularidades”.
O PP non de entera do que é unha ludoteca
A reacción do Goberno local non se fixo esperar e a través da súa concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, lamentou “a actitude do PP tentando, unha vez máis, desinformar á cidadanía e menosprezando o traballo diario das e dos profesionais da ludoteca”.
Verónica Carrera aclara que na ludoteca nunca se admitìu a nenos de 2 a 5 anos, tampouco na época de goberno do PP “polo que agora resulta increíble a postura deste partido”.
Explicaba a responsable de Benestar Social os motivos nos que se sustentaba o redulamento da ludoteca e, nesa liña, apuntaba como primeiro o feito que a ludoteca enténdese “como un lugar de ocio donde se fan actividades lúdico educativas en grupo”, engandindo que “calquera que entenda un pouco de pedagoxía e psicoloxía evolutiva sabe que os nenos e as nenas ata seis anos non teñen interiorizado o xogo como algo grupal, para eles é un feito individual de interiorización e aprendizaxe e non están todavía capacitados/as para asumir regras de xogo e compartir o xogo en grupo”.
En segundo lugar “polas instalacións da ludoteca existente desde hai décadas” e, en terceiro lugar, sinalaba Verónica Carrera, “polo persoal co que conta o Concello e que é o que dende décadas leva prestando este servizo”.
Por outra banda, respecto ás acusacións de non ser unha ludoteca “inclusiva”, a concelleira reitera que “o é tanto a nivel social e económico coma físico e psíquico dentro do que permite a lei”. “Estamos a falar da saúde e do benestar das nenos e dos nenos –apuntou Carrera– que deben dispor de certificados médicos que tamén se lles pide ao propio persoal como o de non padecer, entre outras, enfermidades infecto-contaxiosas ningunha”.
Un neno cunha simple gripe “xa non pode asistir ao centro escolar e tampouco a unha ludoteca ou centro público porque pode transmitir a súa enfermidade a outros”, aclarou a concelleira que cualificou de “incrible” ter que aclarar ao PP “cuestións obvias que calquera persoa entende”.
Respecto ao subministro de medicamentos, Verónica Carrera recórdalle ao PP que “en calquera centro educativo ou de ensino regrado non se permite a administración de medicamentos, na folla de inscrición xa queda recollido as posibles enfermidades ou alerxias e se tiveran diabetes ou calquera outra doenza deben vir as nais ou os pais”.
A concelleira de Benestar Social foi clara ao recalcar que “o persoal educativo non pode administrar medicamentos porque non é persoal sanitario”. Evidentemente, aclarou, “non se desatende a ninguén e se houbera calquera imprevisto chamaríase ás nais ou pais ou aos servizos de urxencias e aplicaríanse as medidas de primeiros auxilios e socorro das que dispón o persoal”.
A
concelleira concluíu criticando a actitude irresponsable do PP que
“tiveron moitos anos para arranxar o regulamento e funcionamento da
ludoteca en tódolos aspectos e nunca fixeron nada máis que
menosprezar este importante servizo que axuda no día a día a
tódalas familias cun persoal moi profesional que amosa ilusión en
cada traballo que realiza”.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este xoves 2 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o conto musical “Pedro e o Lobo” a cargo da Camerata Arven e seguindo a tradición de dar comenzo ao ano novo cun concerto de música clásica para todos os públicos.
Camerata Arven é unha recente formación de músicos profesionais con experiencia no mundo da interpretación e a docencia, úneos a pasión pola Música de Cámara e la ilusión por achegala a todos os públicos posibles, a través dunha programación variada e orixinal coa esperanza de fomentar o interés cara ao extenso mundo da Música de Cámara, programando obras para solistas con acompañamento, cuarteto de corda, quinteto de vento como en esta ocasión… e, por supuesto as grandes obras da historia da música originais para nosa formación.
O componentes da Camerata ARVEN son músicos que aportan á agrupación frescura no enfoque da interpretación, combinado ca tradición de quen ten traballado cos mellores profesores e directores e todos eles son membros da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Máis información sobre Camerata Arven nesta ligazón.
Compoñentes
Flauta: Iago Lariño Rodal, Profesor en CMUS de Vigo
Oboe: José Ignacio García González, Solista na Banda da ENM de Marín.
Clarinete: Lorena Rodríguez Gómez, Profesora na ESMU de Boiro.
Fagot: David Arroyos Juan, Profesor en CMUS de Vigo.
Trompa: María del Pilar Simeó Gijón, Profesora en CMUS de Vigo.
Este sábado día 4 de xaneiro ás 20:00 h a Praza do Reló acolle o Concerto do Grupo Presumido, enmarcado na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda. En caso de choiva, como xa é habitual, o concerto trasladarase ao Centro Cultural con entrada gratuíta ata completar o aforo.
O grupo ‘Presumido’ está a piques de comezar a súa xira de presentación de Cuatro Estaciones, segundo LP de Presumido. Un show que cun rango de frecuencias emocionais moi amplo, no cal o pop, a electrónica, a escenografía e a innovación tecnolóxica, farán as delicias dos amantes da música coidada ao detalle.
‘Presumido’ é unha ponte entre o pasado, presente e futuro do electropop, unha proposta formada por Tarci Ávila e Nacho Dafonte que busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica.
As
súas influencias son todas internacionais (James Blake, Foster The
People, Taylor Swift, Bon Iver, Apparat…) salvo unha, Tino Casal, a
quen admiran e reivindican como máximo expoñente español do pop
electrónico.
Definitivamente,
atoparon o seu estilo e o seu lugar na música.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.