Os Reis Magos visitan a «Residencia Monte Santa Tecla» da Guarda

O venres 3 de xaneiro as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Santa Tecla. A media tarde as Súas Maxestades de Oriente, que foran recibidas previamente polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e maila concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, acudiron á residencia para levar uns agasallos, visitar e escoitar aos homes e mulleres que quixeron intercambiar unhas palabras con eles.

Ademais, a tarde estivo amenizada cunha Charanga, que acompañou aos Reis Magos durante a súa visita e animaron a tódolos presentes a bailar e gozar da música nunha tarde chea de ilusión, diversión e alegría.