16.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación asegura que o 2020 será "o ano Revitaliza"

    A Deputación asegura que o 2020 será “o ano Revitaliza”

    O 2019 pechou con datos á alza, con 127 composteiros comunitarios instalados e 5.545 individuais repartidos, para chegar neste exercicio a 170 comunitarios e preto de 7.100 individuais

    Que a compostaxe se está a converter en algo global na provincia é algo anunciado e comprobado con datos. No ano 2019 a Deputación, ao abeiro do Plan Revitaliza tiña repartidos 127 centros de compostaxe comunitaria e outros 5.545 composteiros individuais nos concellos. Estes números medrarán significativamente no ano que acaba de comezar, facendo que a veciñanza composte os seus biorresiduos en ata 170 centros comunitarios e en preto de 7.100 individuais, según as contas do persoal técnico provincial.

    O obxectivo é que o 2020 se convirta no ‘Ano Revitaliza’ e, por un lado, que os concellos que aínda non deron pasos adiante se animen e comproben as bondades do modelo, e por outro, que aqueles que xa están máis adiantados sigan avanzando para consolidar a súa xestión e cumprir as obrigas legais canto antes. A cidadanía, ademais, está a empurrar para que as administración locais sexan máis sostibles, xa que na maior parte dos concellos onde se fixeron xornadas informativas sobre compostaxe, creáronse listas de agarda de veciños e veciñas. Estes amosaron o seu interese en reciclar o lixo orgánico en futuros centros de compostaxe comunitaria (CCC) e en ter composteiros individuais (COIN).

    Os concellos nos que máis se están a notar os resultados da compostaxe e a súa influencia na reciclaxe do resto das fraccións son os que están a traballar na coñecida como Liña 2: os que recibiron axudas económicas da Deputación para extender o sistema con medios de titularidade municipal. O caso de Vilaboa vai incluso máis adiantado, xa que ademais de ser o que proporcionalmente ten máis composteiros repartidos, está a traballar na modificación da ordenanza de lixo. Alí están instalados 14 centros de compostaxe e a previsión é chegar aos 1.200 composteiros individuais entregados ás e veciños con casas con horta.

    En Pontevedra as cifras en 2020 pasarán dos 25 centros de compostaxe actuais a 30, chegando aos 800 composteiros individuais repartidos no exercicio. No Grove a previsión é ter 11 CCC e alcanzar os preto de 600 individuais; mentres que en Mondariz e Mondariz Balneario prevense 13 e 10 CCC, e 900 composteiros individuais e 100, respectivamente. No caso de As Neves os centros comunitarios instalados manteranse nos cinco actuais e os COIN a entregar subirán aos 1.104.

    Nas novas incorporacións de concellos á Liña 2, o obxectivo é que Poio instale o seu primeiro comunitario e preto dun cento de individuais, para seguir coa Illa, que subirá a tres os CCC e chegará ata os 715 COIN repartidos. Tomiño, pola súa banda, ampliará a tres os comunitarios e chegará a 300 os individuais.

    Ampliar e estrear

    Outro dos obxectivos da equipa Revitaliza provincial, coas mestras e mestres composteiros á fronte facendo o traballo técnico e de concienciación porta a porta da veciñanza, será aumentar as instalación de centros comunitarios nos concellos que xa dispoñen de algúns –aínda que a través de cesión da institución provincial–, co obxectivo de que cada vez os gobernos locais sexan máis autónomos e se encarguen do mantemento. Nesta situación estarán Vilagarcía, Portas, Campo Lameiro, Barro, Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, Lalín, Cerdedo-Cotobade, Bueu, Cangas, Moaña, Soutomaior, Redondela, Baiona, Gondomar, O Porriño, Tui, Oia, O Rosal, e Ponteareas. Salceda de Caselas, pola súa banda, está xa no límite dos cinco centros de compostaxe propiedade da Deputación e deberá dar o salto de maneira inminente á Liña 2 para continuar con medios da súa titularidade.

    Finalmente, e para que todos e cada un dos 44 concellos adheridos comproben as bondades do modelo, a Deputación traballará nos vindeiros doce meses para que os que non teñen ningún CCC se volvan proactivos e dean os seus primeiros pasos. Desta maneira, concellos como Valga, Catoira, Cuntis, Meis, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Ponte Caldelas, Marín, A Guarda, Covelo, Salvaterra de Miño ou Poio, deberán contar co seu primeiro centro de compostaxe.

    Existe normativa galega, estatal e europea que obrigará a reciclar o 50% do lixo neste ano 2020 e que en breve será necesario recoller e tratar de forma separada o 100% da fracción orgánica ben mediante compostaxe ou outras vías sustentables. Neste sentido, a Deputación dará unha oportunidade a todos os concellos para avanzar, pero será fundamental, e incluso imprescindible, a implicación municipal, xa que sen ela advírtese de que haberá que reestudar a adhesión ao Revitaliza, para priorizar e concentrar esforzos e medios nos concellos que realmente queren aplicar o plan de forma seria.

    Aqueles municipios que non dean pasos adiante pasarán a estar fóra do programa de compostaxe, engrosando a lista que forman Moraña, Vilanova, Meaño, Golada, Dozón, Estrada, Forcarei, Pazos, Fornelos, A Lama, Mos, Nigrán, Arbo, Cañiza e Crecente, que a día de hoxe nin están no Revitaliza nin contan cun plan específico para cumprir a nova normativa europea, xunto ao Concello de Vigo, fóra do cómputo ao non poder estar dentro do plan provincial polo seu número de habitantes.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.