O Porto da Guarda ten nestas datas un atractivo máis grazas o veciño Generoso Cadilla, que ano a ano instala un Belén artesanal nos baixos da súa casa no nº 48 da Rúa do Porto. O pasado xoves día 2 de xaneiro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, visitaron este Belén, dando os parabéns a Generoso Cadilla por tan admirable traballo.
A tradición chega xa ao seu oitavo ano, aínda que indicaba que leva máis de 10 facendo un belén de nadal para a súa familia, ao igual que no el Asilo de Tui, onde se encarga de realizar o Belén, onde ten a unha irmá nesta congregación relixiosa.
[su_image_carousel source=”media: 10469,10468,10467,10466,10465,10464″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Case a totalidade do Belén está confeccionada a man, con materiais de refugallo e con moita imaxinación. Cada ano, a principios de Novembro, o baixo da súa casa se converte nun obradoiro no que comeza a perfilar como será o belén dese nadal. Este ano ten moitas sorpresas, con varias pezas móbiles, entre as máis de 200 pezas que compoñen esta instalación e un gran río de auga que atravesa o belén.
Un ano máis decidiu recibir donativos para a Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño para a compra de alimentos para as familias necesitadas, idea que xurdiu dun dos seus netos anos atrás.
El Belén se pode visualizar dende a cristaleira do baixo no nº 48 do Porto da Guarda, pero tamén se pode entrar no baixo, preferiblemente en horario de tarde durante a época de nadal, ata o vindeiro domingo día 12 de xaneiro.