20 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoOnce persoas con codeas non privativas de liberdade cumpriron 500 horas de...

    Once persoas con codeas non privativas de liberdade cumpriron 500 horas de traballos sociais no Porriño

    Un total de once persoas con condeas que non implicaban cárcere, veñen de cumprir máis de 500 xornadas de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.

    Cómpre salientar que o Concello do Porriño colabora co Centro de Inserción Social ‘Carmen Avendaño’ de Vigo en facilitar o cumprimento desas condeas mediante traballo en beneficio á comunidade (coñecido polas siglas TBC) a persoas penadas por delitos leves con condeas non privativas de libertade.

    Desde xuño ata decembro de 2019, oito homes e tres mulleres realizaron esas cincocentas horas de traballo social nas brigadas de limpeza, parques e xardíns do Concello. A meirande parte desas xornadas de traballo realizanse en días laboráis agás en catro casos que resolveron o tempo de condea traballando en fines de semana, segundo explicou Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente.

    Neste ano 2020 que vén de comezar, xa hai dous penados que iniciaron o cumprimento das súas condeas de traballo social (un deles hoxe e outro o pasado día 4), amais dunha terceira persoa que comezará o vindeiro luns 13 de xaneiro.

    O Código Penal contempla os traballos en beneficio da comunidade (TBC) para aquelas persoas condeadas a menos de dous anos de cárcere e que non teñan antecedentes penais. A meirande parte deste tipo de penados procede de condeas por delitos de tráfico e contra a seguridade vial (por exceso de velocidade ou sobrepasar os límites de alcoholemias).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.