12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoOurense pon o peche á Copa de Galicia de Ciclocross

    Ourense pon o peche á Copa de Galicia de Ciclocross

    A provincia de Ourense foi o lugar elixido para poñer o peche á Copa Galicia de Ciclocross coa disputa das dúas últimas probas do calendario, carreiras que foran aprazadas no seu momento por culpa dos temporais de auga e vento que azoutaron toda Galicia no mes de decembro, o que levou a que se disputara o Campionato Galego de Ciclocross sen ter rematado a Copa Galicia.

    Na xornada do sábado os bikers participantes na copa Galicia desprazáronse ata a  vila de Verín para disputar unha das probas. Aos e ás ciclistas agardáballes un circuíto que aínda estaba a recuperarse das enchentes do Río Tamega o pasado mes de decembro ao seu paso pola vila.

    Nesta xornada os integrantes da Asociación deportiva Avanza conseguiron estar presentes en tres postos de podio. O primeiro da xornada chegaba da man de André Martínez que conseguía rematar a proba en terceira posición na categoría  Cadete. Pola súa banda, a flamante campiona galega na categoría cadete feminina, Uxía Soto, tivo que se conformar coa segunda posición e, na categoría Sub 23, Óscar Fernández remataba terceiro.

    O domingo, Maceda era o escenario para a segunda xornada. Nas inmediacións do Castelo as e os participantes tiveron que afrontar un circuíto físicamente moi exixente. Foi unha xornada de dobre reparto de trofeos xa que, xunto os dos gañadores da proba, entregáronse os da clasificación xeral da Copa Galicia de Ciclocross.

    Na xornada do domingo os integrantes da A.D.Avanza conseguían estar presentes en dous postos de podio, Andre Martínez repetía coa terceira posición na categoría Cadete e Uxía Soto conseguía subir o mais alto do Podio na categoría Cadete Fem.

    Tamén o domingo a Asociación Deportiva Avanza estaba presente no medalleiro da Copa Galicia de Ciclocross. Na categoría Elite Luís Fernández Oliveira ‘Oli’ conseguía a medalla de Bronce. Na categoría Sub23 o corredor Óscar Fernández facíase coa medalla de prata ao decidirse esta nas clasificacións dos podios  de todo o calendario da Copa e ter rematado empatado a puntos co corredor do CPC. Toxo.

    Xa na categoría Junior, David Fernández conseguía a medalla de bronce, mentres que na categoría cadete André Martínez levaba o nome de A.D. Avanza ao mais alto do podio acadando o ouro. Na categoría cadete feminino Uxía conseguía a prata, poñendo un brillante peche a tempada 2019 na que se problamaba Campioa Galega e Subcampioa da Copa Galicia, sen esquecernos do terceiro  posto asinado na proba da Copa de España disputada en Pontevedra.

    Co peche final no ciclocross galego, as miradas diríxense agora cara ao Campionato de España de Ciclocross que terá lugar vindeira fin de semana na cidade de Pontevedra e onde Óscar Fernández, David Fernández, Hugo Martínez, André Martínez e Uxía Soto, da A.D. Avanza buscarán asinar un bo papel baixo as cores da selección galega.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.