Mércores, 15 Xaneiro de 2025

«Camerata Arven» interpretará no Auditorio de Nigrán «Pedro e o Lobo» de Sergey Prokofiev

O Concello de Nigrán, seguindo as mellores tradicións de Nadal, ofrecen para comezar o ano un concerto de música clásica para todos os públicos a cargo de uns dos mellores grupos musicais de Galicia

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este xoves 2 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o conto musical “Pedro e o Lobo” a cargo da Camerata Arven e seguindo a tradición de dar comenzo ao ano novo cun concerto de música clásica para todos os públicos.

Camerata Arven é unha recente formación de músicos profesionais con experiencia no mundo da interpretación e a docencia, úneos a pasión pola Música de Cámara e la ilusión por achegala a todos os públicos posibles, a través dunha programación variada e orixinal coa esperanza de fomentar o interés cara ao extenso mundo da Música de Cámara, programando obras para solistas con acompañamento, cuarteto de corda, quinteto de vento como en esta ocasión… e, por supuesto as grandes obras da historia da música originais para nosa formación.

O componentes da Camerata ARVEN son músicos que aportan á agrupación frescura no enfoque da interpretación, combinado ca tradición de quen ten traballado cos mellores profesores e directores e todos eles son membros da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Máis información sobre Camerata Arven nesta ligazón.

Compoñentes

  • Flauta: Iago Lariño Rodal, Profesor en CMUS de Vigo
  • Oboe: José Ignacio García González, Solista na Banda da ENM de Marín.
  • Clarinete: Lorena Rodríguez Gómez, Profesora na ESMU de Boiro.
  • Fagot: David Arroyos Juan, Profesor en CMUS de Vigo.
  • Trompa: María del Pilar Simeó Gijón, Profesora en CMUS de Vigo.