Sábado, 12 Xullo de 2025

As Neves participa no programa ‘Mareas de coñecemento e experiencia’ da Universidade de Vigo

0

O Concello das Neves anuncia a súa participación nun programa de formación para maiores da Universidade de Vigo, un proxecto de democratización do coñecemento, titulado “Mareas de coñecemento e experiencia”. Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todas as persoas ao acceso á educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.

Está destinado a persoas de máis de 50 anos. O curso consta de tres seminarios, cada un cunha sesión teórica e outra práctica que se realizarán no CIPC de Taboexa e no salón de Servizos Sociais das Neves. É totalmente gratuíto e, ao finalizar, entregarase un diploma.

O curso ten un límite de 30 prazas. Para inscribirse pódese enviar un correo electrónico a [email protected] ou chamar ao teléfono 986 66 71 34 (8:00 a 15:00 horas, de luns a venres), indicando nome e apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico.

O prazo de inscrición estará aberto entre os días 9 e 19 de outubro.

A unión entre pobos marca a celebración do día da Hispanidade en Baiona

0

Baiona celebrou o seu tradicional acto do Día da Hispanidade na Praza do Concello coa presenza, ademais do alcalde, Carlos Gómez Prado; do Deputado Autonómico e anterior rexedor, Jesús Vázquez Almuiña; o cónsul xeral honorario de Ecuador en Vigo e Fillo Adoptivo de Baiona, Adriano Márquez de Magallanes, Juan Vieitez, en representación do corpo consular de Vigo; a delegada da Xunta, Marta López-Tápias; e o deputado Carlos López Font, que representou á Deputación de Pontevedra. Entre os asistentes tamén estaba a corporación do Concello de Baiona, ex alcaldes e demais autoridades locais da Vila.

O acto de celebración da efeméride este ano celebrouse nun escenario distinto, a Praza do Concello, que presenta un marcado trazo cultural. “Ambos os matices non son baladíes, senón que responden a unha nova folla de roteiro marcado polo Concello: A de achegar os actos institucionais á nosa cidadanía para que todos e todas podamos gozar da celebración deste día sinalado. Hoxe culminamos neste emprazamento unha programación deseñada para góceo de todos os baioneses e baionesas”, destacou o Alcalde.

“Ritmos da Hispanidade” trouxo ata Baiona unha fin de semana chea de concertos dedicados a tres países iberoamericanos, Cuba, Brasil e Arxentina, que xogaron un papel fundamental na inmigración galega, ensinando e divulgando toda a riqueza cultural destes países de acollida.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, reivindicou a unión entre os pobos co seu discurso: “Debemos e queremos lembrar que o doce de outubro é un día de unión e conciliación entre pobos e entre persoas. Unha unión de gran importancia nestes momentos tan difíciles que estamos a vivir pola crise sanitaria da Covid-19. Baiona e o seu alcalde queren, humildemente, representar ese lazo de unión entre Europa e Hispanoamérica. Queremos promover unha Festa da Hispanidade que nos reconcilie cos nosos irmáns, esquecéndonos dos desencontros entre dous grandes continentes e que nos permita exaltar os valores de convivencia, de respecto ás identidades culturais, de compromiso firme na defensa do progreso, do benestar e da paz. E non podía ser doutra maneira cando en América viven tantos galegos e galegas de orixe e de segunda e terceira xeración, moitos deles desta comarca miñorana”.

Concluíu sinalando que no Día da Hispanidade “teñamos visión afastada e de futuro, traballemos hoxe para que as xeracións próximas poidan seguir coñecéndose, aprendendo uns doutros e respectándose. Reintegrar sempre deu mellores resultados que separar. Todos gañamos actuando en común, isto non quere dicir que cada pobo non conserve a súa propia cultura e idiosincrasia”.

O rexedor pechou a quenda de intervencións tras o discurso do cónsul xeral honorario de Ecuador en Vigo e Fillo Adoptivo de Baiona, Adriano Márquez de Magallanes, e do deputado Carlos López Font, que representou á Deputación de Pontevedra; cun “recordo especial para os baioneses e baionesas, miñoranos, miñoranas e pontevedreses e pondevedresas que se atopan máis aló do Atlántico, en especial en Arxentina e Uruguai”.

A nota musical da celebración do día da Hispanidade púxoa a actuación do grupo “Raíces Argentinas” que interpretou o tango “Volver”.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas colabora por sexto ano consecutivo nun programa de seguimento de aves migratorias

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acolleu o pasado mes de setembro a un grupo de voluntarios que participan nun ambicioso proxecto de seguimento da migración das aves procedentes do norte e do centro de Europa no seu percorrido cara a lugares máis cálidos. Por sexto ano consecutivo, a dirección do parque colabora nesta iniciativa, que se leva a cabo grazas ao programa de voluntariado do Organismo Autónomo de Parques Nacionais (OAPN) e na que xa teñen participado ata o momento unhas 90 persoas.

Aínda que os arquipélagos das Illas Atlánticas son principalmente coñecidos pola súa importancia para as aves mariñas, o seu papel na migración das especies paseriformes (comunmente coñecidas como paxaros) ten sido menos estudiado.

Por este motivo, o Grupo Ibérico de Anelamento co apoio e colaboración da dirección do Parque Nacional decidiu poñer en marcha este proxecto de seguimento cun dobre obxectivo. Por unha banda, desvelar a importancia das illas de Cíes e de Ons como puntos estratéxicos de aprovisionamento de enerxía para os paxaros durante o chamado paso postnupcial, e pola outra, contribuír ao monitoreo da migración destas aves a escala global.

De feito, grazas aos seis anos de traballo deste programa logrouse obter información clave para valorar e constatar a importancia das Illas Atlánticas como zona de refuxio e aprovisionamento para as aves na súa ruta migratoria e recompilar datos que sirvan para avaliar a incidencia do cambio climático sobre a súa migración nas nosas latitudes.

Exemplares analizados na última edición

Na edición deste ano, participaron un total de 15 voluntarios que desenvolveron labores de seguimento en Cíes e en Ons consistentes basicamente no anelamento científico de aves e en percorridos de censo visual e auditivo polas illas.

En total, fixéronse 21 xornadas de anelamento que se resolveron coa captura de 447 aves pertencentes a 40 especies distintas e das que se obtiveron datos como a idade, o sexo ou a condición física das aves marcadas e liberadas posteriormente. O picafollas musical, o paporrubio e o papamoscas cerroxiño foron as tres especies máis capturadas fronte a outras, como o chasco norteño, a folosa manchada ou a folosa amarela que, aínda que máis escasas, tamén aportaron rexistros de interese para as illas.

Por outro lado, os 134 exemplares recapturados esta tempada –é dicir, aqueles que volven capturarse unha vez xa foron marcados-, permitiron tamén coñecer datos clave como o tempo de permanencia na illa, a taxa de engorde ou mesmo a procedencia dalgunhas aves, como testemuña a recaptura dun exemplar de folosa das canaveiras que tiña sido previamente anelado en Holanda.

Cómpre lembrar que cada ano a finais do verán millóns de aves procedentes do norte e do centro de Europa atravesan a Península Ibérica na súa migración cara a lugares más propicios para sobrevivir ao inverno. Trátase da migración postnupcial, unha viaxe esgotadora para as aves paseriformes durante a cal resulta clave encontrar suficientes lugares adecuados para o repouso e aprovisionamento de alimento ata chegar ás súas zonas de invernada.

As Illas Atlánticas de Galicia, debido á súa situación xeográfica, son un deses puntos de parada para moitas destas aves terrestres, que se desprazan seguindo a liña costeira do litoral Atlántico ata alcanzar o seu destino, utilizando o parque nacional como pontes para evitar o rodeo polas costas galegas.

A Deputación destinará 122.000 euros para a nova mobilidade do programa Erasmus de prácticas europeas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 122.000 € para unha nova mobilidade, a quinta, no marco do proxecto Erasmus+ Practicum Depo 2019. Deste xeito, tal e como explicou a presidenta Carmela Silva, un grupo de 14 mozas e mozos graduadas/os en ciclos medios de Formación Profesional poderán completar a súa preparación e mellorar a súa inserción profesional a través da realización de prácticas laborais en empresas e institucións de Italia, Portugal e Irlanda durante 125 días.

A presidenta destacou que esta quinta mobilidade “beneficiará a outras sete mozas e sete mozos, unha distribución totalmente paritaria, procedentes de sete centros educativos de catro concellos da provincia, Vigo, Pontevedra, Ponteareas e Tui, que estudaron ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional” relacionados coas actividades comerciais, xestión administrativa, coidados auxiliares de enfermaría, aceites e viños, preimpresión dixital, vídeo, disc jockey e son.

Esta mobilidade cara Europa enmárcase no Practicum Depo 2019 no que están a participar un total de 92 estudantes e 10 docentes. Ao respecto, a presidenta detallou que “nestes intres están aínda en Portugal, ata mediados de mes, dúas persoas encadradas na terceira mobilidade e outras cinco comezaron en setembro a súa estancia en Escocia e Portugal. O sexto e último grupo partirá cara Europa en xaneiro, co que esta iniciativa estenderase ata finais do 2021”.

Arde por completo a cociña dunha vivenda en Tomiño sen causar danos persoais

0

Un incendio arrasou parte dunha vivenda no lugar de Sanomedio, no termo municipal pontevedrés de Tomiño.

Malia que a casa estivera habitada, ninguén resultou ferido e o lume quedou extinguido polos efectivos de emerxencias que acudiron ao lugar do suceso.

Os feitos ocorreron ás 14:30 horas de onte ao mediodía, cando unha persoa particular percibiu o incendio e chamou decontado ao 112 Galicia. De acordo co seu relato, a existencia de bombonas de gas no interior do inmoble podería representar un risco aínda maior para a estrutura da vivenda.

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Vigo e do Porriño e aos membros do GES da Guarda co fin de atallar as chamas que se concentraban na zona da cociña.

Preto das catro da tarde, os efectivos de emerxencias deron por extinguido o incendio, que calcinou por completo a cociña e tamén afectou algúns mobles e ventás.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e informouse aos membros de Protección Civil da localidade.

A SmartPeme da Deputación pon en marcha esta semana outros seis obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre Pinterest, vender en marketplace, plataformas para crear tendas en liña, xestión e comercialización de vivendas turísticas, debuxo con Onshape e WhatsApp Business.

En concreto, o martes Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresarias e especializada en márketing e dirección comercial, impartirá o obradoiro ‘Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest’. Ao día seguinte, 14 de outubro, será a quenda de dúas novas accións: ‘Como vender os teus produtos nun marketplace, a cargo de María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e postgraduada en Comunicación Corporativa, e ‘Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña’, impartida por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.

Na xornada do xoves tamén están previstas dúas accións: a técnica de Empresas e Actividades Turísticas Sonia Torres desenvolverá ‘Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos’ e Manuel Freire, experto universitario en robótica, impartirá o obradoiro ‘Debuxo con Onshape. Part Studio III’. Por último, o venres 16 levarase a cabo ‘Así funciona WhatsApp Business’, a cargo do enxeñeiro informático José Luis Taboada.

Nigrán abre o prazo para participar, o 18 de ouburo, na ‘Limpeza simultánea de praias’

0

O Concello de Nigrán súmase por cuarto ano consecutivo este domingo 18 de outubro á xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega en toda Galicia, desenvolvéndose nesta ocasión por vez primeira na zona de calas de Lourido. A xornada arrancará ás 11:30 horas.

Tódalas persoas que desexen participar como voluntarias deben inscribirse antes do 16 de outubro no mail [email protected] ou no teléfono 986 368734 aportando nome e teléfono de contacto. A duración estimada é de dúas horas e o punto de encontro será o campo de fútbol de Lourido-Praia América.

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co ‘Proxecto Ríos’ de Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

A Deputación, única administración peninsular en acadar financiamento europeo para lanzar o proxecto ‘Depomar’

A presidenta da Deputación Carmela Silva amosou a súa satisfacción tras ter coñecemento de que a institución provincial é a única administración peninsular española en acadar financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para poñer en marcha o proxecto ‘Depomar’. En total, esta iniciativa ten un orzamento de máis de 59.280 dos cales 44.460 € proveñen de Europa e preto de 15.000 € da Deputación, para –en palabras de Silva– “sensibilizar sobre a preservación dos ecosistemas e recursos mariños e empoderar e visibilizar ás mulleres e o seu papel nas actividades pesqueiras e marisqueiras”.

O programa ‘Depomar’ conta con cinco liñas de accións que vai liderar a Deputación e “nas que as mulleres van ter un papel fundamental”. A primeira consiste no deseño dun código de boas prácticas de actividades que se desenvolven na Rede Natura 2000 para incentivar a protección e conservación, a recuperación da biodiversidade, a organización do sector pesqueiro con criterios de sustentabilidade, o respecto polas zonas protexidas do literal, así como o liderado e empoderamento da muller profesional do mar. Ao respecto, a presidenta detallou que “o código plasmarase nun documento sinxelo e breve, práctico, visual e moi pedagóxico, dirixido tanto a profesionais como público en xeral que tamén difundiremos a través da web e das redes sociais”.

Tamén, a través de ‘Depomar’ vaise lanzar un vídeo para divulgar a importancia de conservar o patrimonio mariño e visibilizar o papel da muller nas industrias pesqueiras e marisqueiras. Así, tal e como adiantou Carmela Silva, “a muller mariscadora será protagonista do guión, con testemuñas en primeira persoa, pero tamén aparecerán persoas en representación das federacións de confrarías, grupos de pesca, Seo Birdlife, e outras organizacións”. Igualmente, desenvolverase unha campaña de concienciación que se concentrará sobre o terreo en espazos protexidos e na que participarán as mulleres mariscadoras e da industria pesqueira de xeito activo. A maiores se impulsará unha xornada técnica, “na que as mulleres volverán ser protagonistas” e na que participarán persoas relatoras especializadas en diferentes materias, así como ONG, empresas pesqueiras ou grupos de acción local. Finalmente, o proxecto DepoMar inclúe unha liña de publicidade, para que todas as actividades cheguen á cidadanía mediante os medios de comunicación tradicionais e as novas tecnoloxías.

A Deputación de Pontevedra é a única administración peninsular e unha das tres de España, xunto co Cabildo Insular de Fuerteventura e o Consell de Menorca, en acadar financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para a posta en marcha do proxecto ‘Depomar’. Esta iniciativa forma parte do programa europeo Pleamar, creado co obxectivo de axudar á sustentabilidade da actividade pesqueira e acuícola en Europa, que xestiona en España a Fundación Biodiversidade do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Seguen medrando o número de casos activos por coronavirus en Galicia ata situarse nos 4.474

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.474, deles 766 son da área da Coruña, 460 da de Lugo, 1.512 da de Ourense, 511 da de Pontevedra, 467 da área de Vigo, 621 da de Santiago, e 137 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 39 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.237 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.924 persoas curadas, rexistrándose 786 falecementos.

Nás últimas horas produciuse un novo falecemento en centros hospitalarios. Trátase dunha muller de 94 anos falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A falecida presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 553.544.

A Policía Local de Redondela detén a un home por un presunto delito de roubo con forza

0

A Policía Local de Redondela acompañada por axentes da Policía Nacional procedía a detención, na tarde do sábado, dun varón de 48 anos, domiciliazo en Vigo, por un presunto delito de roubo con forza nunha vivenda de Chapela.

Os feitos acontecían cara as 16 horas cando os axentes recibían unha chamada dun particular que daba conta de que un home estaba ‘apalancando’ a porta dunha vivenda na parroquia de Chapela.

Chegados ao lugar dos feitos, os axentes da Policía Nacional puideron comprobar como, efectivamente, se tiña intentado forzar o acceso a unha vivenda. Logo de recabar datos y facilitadas informacións ás patrullas policiais pola colaboración cidadá, a Policía Local de Redondela localiza, á altura dun taller de automóbiles da zona, ao presunto autor dos feitos que fuxía polas vías do tren en dirección a Vigo.

Comprobada a súa identidade e as coincidencias aportadas polos axentes, procedeuse á detención do home por un presunto delito de roubo con forza, sendo trasladado á comisaría de Vigo.

Adrián Rodríguez e Eva Piñel gañan un Trail do Trega marcado pola feliz volta á competición da olímpica Julia Vaquero

0

O Trail do Trega coroou a Adrián Rodríguez, na categoría masculina, e a Eva Piñel, na feminina como gañadores da sétima edición da proba nunha xornada marcada pola recuperación para o mundo do atletismo de olímpica Julia Vaquero. As e os deportistas volveron demostrar na Guarda o seu compromiso coa competición amais de dar un exemplo de como realizar os protocolos sanitarios.

Cómpre salientar que non foi preciso lembrarlle as normas ás e aos deportistas. Ninguén as saltou, todos as cumpriron “a machada” como ben puideron comprotar o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o deputado provincial de Deportes Gorka Gómez, que asistiron a esta proba na que tomaban a saída 300 participantes.

Tal e como se dera a coñecer hai días na rolda de prensa de presentación do evento deportivo, as e os participantes tomaban a saída en grupos de 10, separados entre eles 3 metros e cunha separación entre grupos de 30 segundos. Como medida adicional, as e os atletas con mellores marcas e mellor condición físicia tomaron a saída os primeiros para, dese xeito, evitar aglomeracións e, na medida do posible, adiantamentos.

[su_image_carousel source=”media: 22904,22906,22907,22908,22909,22914,22915,22910″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Foron, segundo todos e todas as participantes, “14 quilómetros esixentes e duros”. O bo tempo favoreceu a realización da proba que se realizaba polo complicado percorrido do emblemático Monte Santa Tegra. Adrián Rodríguez foi o que ocupou a primeira posición na clasificación xeral cun tempo de 1:08:01. Alex Goberna foi segundo ao parar o cronómetro en 1:08:38. E o terceiro foi Daniel Pazó, que finalizou con 1:09.32. A mellor na categoría feminina foi Eva Piñel, que conquistou o triunfo con 1:27:12. No segundo posto clasificouse Vanesa Villa, con 1:30:17. E a terceira posición foi para Tamara García, cun rexistro de 1:30:34.

O retorno de Julia Vaquero ao atletismo

Julia Vaquero na saída do Trai do Trega 2020, unha das mellores noticias para o atletismo

Logo de moito tempo afastada da competición, Julia Vaquero volvía a calzarse as zapatillas e volveu demostrar a súa clase e talento, esa que só teñen persoas de temple extraordinario capaces de superar as máis difíciles situacións persoais, sobrepoñerse, mirar cara adiante e e dar un paso máis. Hai uns meses comezaba Julia os adestramentos e na proba que se realizou na súa vila natal confirmou o que todos sospeitaban: segue mantendo toda a calidade deportiva da que outrora fixo gala.

Julia luciu o dorsal número 1, o que lle outorgou a organización como especial distinción polo seu brillante palmarés atlético. E a deportista levouno con orgullo. Ese mesmo orgullo que sentiron todos e todas as participantes ao compartir carreira con ela.

Antes da saída e unha vez concluída a proba, foron moitos os que se achegaron a saludala e facerse fotos con ela. A propia Julia, unha vez rematada a proba aseguraba que “é duro o percorrido, pero gocei. Diso tratábase. De volver gozar co atletismo”. Aínda que pouco importaba para ela o lugar que ocupou ao final, foi a terceira mellor atleta feminina da Guarda. Pero o resumo era fácil: Julia Vaquero está novamente no atletismo.

Julia Vaqueiro recoñeceu que “é moi bonito que existan este tipo de probas. E que participe moita xente. Iso quere dicir que o atletismo está vivo”. A atleta mostrou varias veces as zapatillas coas que afrontou a carreira e agradeceu todas as mostras de respecto e admiración que recibiu.

O Trail do Trega cumpriu unha sétima edición cargada de simbolismo. Os 14 quilómetros convertéronse tamén nun desafío para Serafín Martínez, o organizador, pero tamén para o Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra que apoiaron o evento desde que se expuxo a súa celebración. “Un xesto e aposta que se debe aplaudir”, sinalaron as autoridades.

O PSOE de Tomiño asegura que a recollida de firmas do BNG a prol da sanidade pública “é un fraude”

0

Os socialistas de Tomiño aseguran que a campaña de recollida de firmas en favor da sanidade pública, levada a cabo ao longo desta semana polo BNG no Concello de Tomiño, “é un fraude por non ter validez ningunha ao non requerir nin a sinatura nin o número do DNI dos asinantes”.

As concelleiras socialistas, Mirta Misa e Violeta De Santiago, ante a evidencia de non estar solicitando o DNI, consultaron diferentes fontes xurídicas con idéntico resultado: “todas esa firmas non son válidas”. 

Cómpre salientar que para que unha sinatura sexa válida para presentar ante un xuíz ou ante o Parlamento, como pretende o BNG, necesítase nome completo, número de DNI e sinatura en follas seguidas, polas dúas caras e sen espazos entre unha folla e outra. Esta é a única maneira de  poder acreditar e verificar  ditas firmas.

Violeta de Santiago e Mirta Misa, amosan o seu “estupor” ao comprobar que a razón esgrimida para non esixir o DNI é a COVID-19. 

“Non entendemos –aseguran– a relación causa efecto que poida derivarse de aportar un DNI ou asinar, co virus, sobre todo cando o bolígrafo é compartido por todas e todos os firmantes, polo que consideramos absurdo o argumento dado como excusa”

Á vista destes feitos, o PSdeG-PSOE esixe ao goberno municipal do BNG “un mínimo de seriedade e rigor ante un problema tan grave como o da sanidade pública en Tomiño”. As edís socialistas apuntan que “non se pode comprender como gobernando dende hai casi 14 anos se poidan cometer erros como este e mesmo pareza unha burla as persoas usuarias. A veciñanza de Tomiño non merece este trato. Poñámonos a traballar xuntos polo ben común!”, rematan

Nigrán ofrece dez cursos gratuítos online dirixidos a persoas desempregadas do municipio

0

O Concello de Nigrán ofrece gratuítamente un programa de formación online con 10 cursos diferentes e dirixido preferentemente a desempregados do municipio co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral. O prazo de inscrición para os mesmos arranca o 13 de outubro (Rexistro ou Sede Electrónica) e rematará 5 días antes do inicio de cada un (comezan o 2 ou 3 de novembro e se extenden un mes, cunha duración de 30 a 50 horas). O máximo de solicitudes é de 5 por orde de preferencia e se poderán simultanear ata 3 cusos.

En concreto, o Concello ofrece os cursos de Atención e Fidelización de clientes; aplicacións informáticas de recursos humanos; composicións florais: técnicas de elaboracón, elementos utilizados e características; xestión de inventarios; escaparatismo de pequeno comercio; xestión de protocolo; limpeza e posta a punto de pisos e zonas comúns en aloxamentos; publicación de páxinas web; manipulación de produtos químicos e de limpeza e apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes.

Terán preferencia persoas desempregadas de Nigrán seguido de traballadores de Nigrán e, de quedar prazas vacantes, poderían cursalos tamén os non empadronados (o máximo por acción formativa é de 15 alumnos). As bases coa información polo miudo deste ‘Plan de Formación para o Emprego 2020-Modalidade Online’ estará publicadas na sede electrónica do Concello.

A Deputación de Pontevedra súmase ao manifesto da FEMP para garantir a igualdade real no Día Internacional da Nena

A Deputación de Pontevedra súmase ao manifesto da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a conmemoración do Día Internacional da Nena e promover a importancia de garantir a igualdade real entre xéneros, dende as idades máis temperás.

A Declaración Institucional clama pola defensa da igualdade e a loita contra todo tipo de discriminación por razón de idade ou de xénero, recoñece o papel esencial das nenas como futuros axentes de cambio e defende a súa visibilización e empoderamento como estratexia para o cambio e para a construción dun futuro en igualdade. Tamén reivindica a necesidade de recursos para crear estruturas de participación e de decisión para as nenas e tamén da financiación suficiente para levar a cabo competencias en materia de igualdade e asegurar a implementación de todas as iniciativas necesarias. Por último, o manifesto recorda que a situación actual esixe actuar agora para previr consecuencias a longo prazo e pide datos desagregados por sexo e idade para identificar que medidas son necesarias para garantir os dereitos de nenas e adolescentes.

Ao longo da historia, millóns de nenas de todo o mundo sufren, de forma cotiá, algún tipo de discriminación pola súa idade ou xénero. A crise sanitaria, económica e social derivada da covid-19 agrava esta situación, xa que provocou que miles de familias estean inmersas na pobreza, o que acentúa as desigualdades. Amais, as medidas de illamento social e o aumento das tarefas de coidado tiveron un impacto distinto en mulleres e homes, devolvendo ao xénero feminino ao desempeño dos traballos domésticos, reforzando os xéneros preestablecidos, consolidando patróns que fixan actitudes e comportamentos referentes para miles de nenas e nenos.

Pola súa banda, moitas vítimas de violencia de xénero víronse obrigadas a pasar longos períodos de tempo cos seus agresores, incrementando o risco de sufrir violencia no ámbito familias e incrementando a tensión á que están sometidas tantas mulleres e as súas fillas e fillos. Por todos estes motivos, este manifesto é hoxe máis importante que nunca.

Unha veintena de persoas voluntarias traballaron na eliminación de especies invasoras nas dunas de Praia América, Nigrán

0

O grupo de voluntarios, composto por unha vintena de persoas, traballou onte na eliminación de dúas especies de plantas invasoras nas dunas, a conyza canadienses e a margarita africana co obxectivo de erradicalas por completo das dunas de Praia América e Panxón ao longo das 3 xornadas de voluntariado que forman a iniciativa ‘Recuperando o litoral’.

A iniciativa encádrase no proxecto subvencionado polo GALP de recuperación do litoral de Nigrán e inclúe 3 xornadas de eliminación de plantas invasoras e de recollida de lixo e posterior roteiro ambiental. Ademais do programa de voluntariado, a iniciativa recolle tamén a celebración andainas e roteiros temáticos ao longo de todo o mes. En todos os casos é preciso a inscrición previa por protocolo sanitario no mail [email protected]

As xornadas de voluntariado ambiental, –que onte celebraban a súa primeira xornada e que terán continuidade os vindeiros 17 e 24 de outubro–, consisten na eliminación de plantas exóticas invasoras, mellora das condicións dunha planta ameazada, recollida de lixo e realización de actividades divulgativas e de sensibilización sobre o litoral.

Estas actividades matinais de voluntariado (de 11 a 14:00 horas) están guiadas por un educador ambiental e a asociación ecoloxista Amigos da Terra e complementaranse con roteiros ambientais durante a tarde (16:00 horas) só para este voluntariado, coa finalidade de agradecer o seu traballo e aumentar a súa sensibilización na conservación do espazo.

Os interesados deben ser maiores de idade e inscribirse a través do mail [email protected] aportando os seus datos e indicando no asunto ‘Voluntariado Ambiental’. A inscrición está aberta a un ou varios días, debendo indicalo o interesado. Toda a actividade cumprirá coa Ley de Voluntariado, polo que tamén incluirá o xantar.

Igualmente, o Concello realizará tres roteiros ambientais ao marxe das xornadas de voluntairado. O primeira desenvolvíase hoxe, 11 de outubro por Monteferro, o segundo será o 25 de outubro polo esteiro de A Foz do Miñor e o último o 31 de outubro polo espazo dunar de Praia América.

Finalmente, realizaranse sendos roteiros temáticos, un sobre a cultura mariñeira de Nigrán o 18 de outubro e outro sobre o patrimonio etnográfico do mar o 1 de novembro. Todos serán ás 11:30 horas e, por cuestións de protocolo sanitario e o consecuente límite de aforo, é preciso a inscrición previa no mail [email protected] indicando os datos de todos os participantes e o roteiro en concreto no que se desexa participar.

Tui oferta ‘Expertclick’ un programa de formación gratuíta online para maiores de 55 anos

O Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios ofertan formación gratuíta online para persoas maiores de 55 anos. Fanno ao través do programa de formación no uso das novas tecnoloxías Expertclick. Busca ofrecer a este colectivo capacitación en habilidades dixitais para que navegue con seguridade e confianza en internet. Ao tempo esta formación permitirá realizar operacións cotiás, especialmente as relacionadas coa sanidade, a administración ou a banca online.

Así en concreto abordará o uso de App para estar conectados a través de videochamadas e whatsapp, app de xestión de saúde e banca on line, e outras de entretemento e lecer coma redes sociais.

A formación realizarase ao longo de tres días, o 2, 3 e 5 de novembro, ás 10 h durante hora e media cada xornada.

Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude.

Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir.

As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a [email protected], indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe ‘Inscrición curso expertclick’. Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.

Galicia rexistra un total de 4.379 casos activos por coronavirus con catro falecementos no día de onte

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.379, deles 745 son da área da Coruña, 462 da de Lugo, 1.482 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 464 da área de Vigo, 597 da de Santiago, e 122 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 170 en unidades de hospitalización e 4.174 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.713 persoas curadas, rexistrándose 784 falecementos.

Nás últimas horas producíronse catro novos falecementos en centros hospitalarios. Trátase de dous homes de 59 e 74 anos, que estaban ingresados no CHUAC, e dúas mulleres de 83 e 88 anos que estaban ingresadas no CHUAC e no CHUS, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 549.104.

Arbo inicia a segunda fase das obras da mellora do camiño Urzal-Cividá cun investimento de preto dos 91.000 euros

0

O Concello de Arbo vén de iniciar a segunda fase da mellora e ensanchamento do camiño Urzal-Cividá, na parroquia de Barcela, obra que se desenvolve ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que conta cun investimento de 90.978,94 €.

Con esta actuación o Concello que preside Horacio Gil busca mellorar a súa rede municipal de estradas reparando aquelas que contan con firme de asfalto e pavimentando aquelas que todavía son de terra. Unha das prioridades, sinala o alcalde, “é mellorar a seguridade viaria en todas as estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos”.

Cómpre salientar que “manter a rede viaria en perfecto estado é complicado pola ampla superficie do concello e o gran número de estradas e camiños existentes” polo que son precisos contínuos traballos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o camiño Urzal-Cividá ao ser un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, “mellorándose súa pavimentación, que se atopa en mal estado, e así dar continuidade ao xa realizado nunha primeira fase desta obra”, conclúe Horacio Gil.

A Concellería de Medio Ambiente de Redondela sinala que a avaría de alumeado en Ernestina Otero, Campo da Petanca e rúa Miña “é grave”

0

a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que xestiona Roberto Villar, vén de informar que os problemas de alumeado da Rúa Ernestina Otero, Campo da Petanca e Rúa Miña “débense a unha avaría grave no cableado soterrado que transcorre polas beirarrúas de Enerstina Otero e que precisará do levantamento de partes de dita beirarrúa para o su arranxo”.

No transcurso destes días electricistas do departamento veñen traballando para tentar de solucionar a avaría facendo varias probas, por este motivo no transcurso destas xornadas o alumeado se atopaba acendido polo día. Nestes momentos despois da última proba realizada tense localizado o problema “pero seu arranxo non vai ser a curto prazo debido a necesidade de facer obras na beirarrúa para chegar ata onde se atopa a avaría”.

Empalmes no cableado fora da caixa de rexistro

Un dos grandes problemas que van a dificultar a reparación deste alumeado público ven por unha mala execución da obra de remodelación da rúa Ernestina Otero hai unha década. Cabe destacar que nos últimos anos “tíñase constancia desta situación e non se lle buscou solución”.

“Sen ningún tipo de criterio profesional aparente non se entende como se realizaron empalmes no cableado fora das arquetas destinadas a tal fin e despois se lles colocaron enriba baldosas de pedra”, sinala a Concellería de Medio Ambiente. De feito, engade, “existen sobre sete puntos no percorrido desta liña eléctrica con esta situación, para solucionar esta anomalía será preciso picar e retirar parte do empedrado da rúa e a colocación de novas arquetas de rexistro ademais de repoñer máis de 500 metros de cable”.

Debido a complexidade da actuación non se pode definir unha data para o remate da reparación e durante este tempo “haberá luminarias que se manterán apagadas para evitar que caia a liña enteira deixando varias rúas sen luz”, remata a Concellería.

A concellería de Infraestruturas do Porriño convoca unha xuntanza coa veciñanza para dar a coñecer as obras de humanización da rúa Aloques

O concelleiro de Infraestruturas do Concello do Porriño, Pedro Pereira, vén de convocar á veciñanza da rúa Aloques a unha xuntanza informativa que terá lugar o vindeiro martes día 13, ás 19 horas, no salón de sesións do Concello. Trátase de explicar polo miúdo o plan de obra para executar o proxecto de humanización da devandita rúa.

Os traballos comezarán o luns 19 a cargo da empresa adxudicataria. O Concello do Porriño sacou a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, con cargo ao Plan Concellos 2020.

Este proxecto do goberno municipal, a proposta do concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira formula o tratamento deste espazo urbano cunha mellora que abrangue a renovación e ampliación dos servizos existentes. A tal fin cómpre a demolición do firme actual e a súa substitución por un enlousado en pedra. E ademais acometerase a recollida de pluviais, saneamento, abastecemento de auga, telecomunicacións e electricidade.

A rúa Aloques quedará de tránsito peonil, sen tráfico de vehículos agás residentes, segundo o proxecto que foi presentado previamente polo concelleiro de infraestruturas aos residentes na reunión que celebraron o 5 de decembro de 2019 na casa do Concello.

Baiona recoñece a traxectoria e traballo do Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da ‘Medalla de Ouro’ do Concello

0

O Concello de Baiona homenaxeou onte venres ao Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da ‘Medalla de Ouro’, distinción coa que se quere recoñecer a traxectoria do IEM a favor da cultura do Val Miñor e que foi acordada por unanimidade pola Comisión de Honras e Distincións do Concello que preside Carlos Gómez.

A praza do Concello de Baiona acolleu o acto de entrega do máximo galardón que pode outorgar a Corporación Municipal, nun evento no que estiveron presentes representantes, exrepresentantes e integrantes do Instituto de Estudos Miñoranos e a Corporación Municipal.

Xosé Lois Vilar, vicedirector do IEM, expuxo no seu discurso a longa traxectoria da entidade. Mentres que o discurso do Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, centrouse no agradecemento ao Instituto polo seu gran labor cultural. A ‘Medalla de Ouro’ foi recollida polos exdirectores do IEM Carlos Méixome Quinteiro e Xulián Maure. Á foto de familia sumáronse os vicedirectores actuais da entidade, Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso e Antonio Soliño.

“O traballo constante, voluntario e desinteresado de membros e colaboradores do Instituto de Estudos Miñoranos foi e é, a clave de que o proxecto, siga na vangarda da divulgación cultural en Baiona e no resto dos municipios do Val Miñor”, salientou o alcalde de Baiona, Carlos Gómez na súa intervención ao que engadiu que “Baiona tiña unha conta pendente con esta institución por iso é de xustiza que reciban a Medalla de Ouro do noso Concello, a máxima distinción local”.

Trátase do primeiro recoñecemento público oficial ao labor altruísta dos membros do IEM “que ao longo de todos estes anos conseguiu transformar, coa colaboración das institucións como o Concello de Baiona, o panorama cultural da nosa Vila mediante un amplo abanico de actividades
de divulgación relacionadas co patrimonio natural, etnográfico, histórico, artístico, arquitectónico ou, mesmo, lingüístico. Salvagardou e promocionou a nosa identidade, o noso idioma e a nosa cultura, entendendo a realidade miñorana e por tanto a baionesa en como integrada no ámbito xeral da sociedade galega. Tamén é importante destacar a achega dunha gran variedade de Publicacións ao Patrimonio Bibliográfico Baionés. Un labor deste Instituto que, non sendo oficial, ten desenvolto a expresión independente emanada da sociedade miñorana, en xeral e a Baionesa en particular, conseguindo con fartura todos estes postulados mencionados”, sinalou Gómez no seu discurso.

O Instituto de Estudos Miñoranos leva máis de dúas décadas, o próximo 27 de outubro cúmprense vinte e un anos da súa constitución, dedicado á divulgación da cultura nas súas máis diversas expresións, vinte e un anos de esforzo altruísta posto en común por un bo número de persoas movidas polo único interese de fomentar o coñecemento do patrimonio e a historia da comarca e na Vila de Baiona.

O esforzo destas persoas, profesionais de diversos ámbitos, permitiu ao IEM manter unha programación cultural estable e un ritmo de traballo constante na procura de novos estímulos culturais para os baioneses e baionesas e para o resto de miñoranos..

O IEM constituíuse formalmente como asociación en 1999 co obxectivo de fomentar o coñecemento, conservación e respecto polo patrimonio miñorano, no cal se inclúe o baionés, en diferentes disciplinas coa finalidade de destacar o seu valor como ben económico e cultural. Cabe destacar ademais, a colaboración que mantivo desde a súa fundación que o Concello iento de Baiona.

Entre as moitas actividades que veu desenvolvendo a entidade ao longo dos anos en Baiona atópanse as xa tradicionais ‘Xeiras’ do IEM que son unha cita marca en vermello no calendario cultural da Vila: visitas guiadas a distintos lugares de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico de Baiona, como as visitas guiadas á aldea medieval de San Cosme, na parroquia
de Baíña; as visitas guiadas pola Fortaleza de Monte Real; os distintos roteiros culturais guiados; os roteiros marítimos pola baía e un longo etcétera de actividades.

Mención á parte merecen as diferentes xornadas que dedica á divulgación do patrimonio e á cultura da Real Villa así como os esforzos dedicados á reivindicación da memoria histórica
como as homenaxes aos nove veciños da comarca fusilados en outubro de 1936 na coñecida como Volve dos Nove en Baredo.

A Deputación lanza a ‘Alianza local polos 17 obxectivos do desenvolvemento sostible’

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Camela Silva, anunciou hoxe o lanzamento da iniciativa ‘Pontevedra Provincia Alianza Local #17ODS’ coa que se promove o aliñamento dos 61 concellos pontevedreses co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que conforman a Axenda 2030 da ONU. “Os ODS non son só unha filosofía ou un marco, son estratéxicos e desde fai dous anos marcan a nosa folla de ruta, ata o punto de que a Deputación de Pontevedra é a Administración local e provincial que máis aposta polo seu cumprimento”. “Levamos a dianteira a moitas comunidades autónomas, incluída a galega”, destacou.

A partir de agora, a Deputación porá o foco cada mes nun dos 17 ODS e comezará este mesmo mes de outubro co último deles: ‘Alianzas para acadar os obxectivos’. Así remarcará o seu empeño para aliñar as políticas públicas de toda a provincia nesta axenda internacional. Silva adiantou que, sucesivamente, cada mes, iranse abarcando o resto dos ODS e centrando a atención en cada un deles con accións, proxectos e campañas de difusión. O primeiro paso para a creación da Alianza Local consistirá no envío dunha carta aos concellos e a creación dun apartado ODS no portal www.depo.gal no que se compartirán todas as iniciativas municipais dos concellos que se adhiran como exemplo de Boas Prácticas. “Queremos que a cidadanía as coñeza e que sirvan de inspiración para futuros proxectos polo seu respecto e promoción dos Obxectivos”, explicou a presidenta. Ademais, a ‘newsletter’ da Deputación terá un apartado permanente dedicado aos ODS no que se enxalzarán as Boas Prácticas municipais. O boletín será remitido aos concellos adheridos para mantelos informados puntualmente.

Carmela Silva, acompañada pola deputada responsable de Transición Ecolóxica e Proxectos Europeos, Iria Lamas, adiantou que sumarse á Alianza Local significará tamén un maior financiamento para os municipios que dean o paso. Así anunciou que nos proxectos extraordinarios de concorrencia competitiva que os concellos adheridos presenten á Deputación, valorarase que teñan accións incardinadas dentro dos ODS. Ademais, comprometeuse a promover actividades como exposicións, concertos, andainas e accións no ámbito educativo e da igualdade para reforzar este gran pacto polo desenvolvemento sostible. “En definitiva, imos levar a cabo unha axenda continua, envorcaremos todos os nosos esforzos nos Obxectivos e invitamos a toda a provincia, aos concellos e á cidadanía, a sumar sinerxias , dando exemplo coas nosas accións”.

Intensa axenda en outubro cos Días Mundiais da ONU

A presidenta tamén adiantou que ao longo deste mes de outubro a Deputación vai celebrar 11 días mundiais evidenciando o vínculo das causas representadas nestas efemérides cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. “Traballamos todo o ano polos ODS e por iso queremos dar unha visibilidade a datas tan simbólicas, con especial protagonismo para o Día Internacional das Mulleres Rurais e o Día das Escritoras”.

Ao fío do Día Internacional das Mulleres Rurais, a Deputación organizará en Pontevedra una xornada o día 28 de en colaboración con Fademur (Federación de Mulleres Rurais de Galicia). Levará por título “As mulleres e os efectos da covid-19 na Galicia rural” e consistirá nunha mesa redonda con relatoras, todas elas mulleres, dos sectores hortofrutícola, gandeiro, da educación pública e das entidades sociais. Trataranse temas como o impacto da pandemia nestes sectores, retos durante o confinamento e na nova normalidade, corresponsabilidade, volta ao cole, o espazo rural na era post-covid e o futuro do rural. O acto será retransmitido en streaming, polo que poderá seguirse integramente a través da web da Deputación, e nas Redes Sociais.

En canto ao Día das Escritoras, celebrarase o día 19 en Vigo cunha lectura pública de textos de escritoras tomando como referencia o acto que celebra a Biblioteca Nacional nesta conmemoración baixo o comisariado da escritora Elvira Lindo. A lectura en Vigo correrá a cargo de varias escritoras e representantes da cultura e da educación con fragmentos de obras de autoras tan importantes como Rosalía de Castro, Dulce María Loynaz, Ana María Matutes, Pura Vázquez, Gloria Fuertes, Ida Vitale, Circe Maia ou Emilia Pardo Bazán, entre outras.

A Deputación tamén celebrará actividades ao fío do Días Mundiais da Alimentación (16 outubro); o 17, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza; o 18 polo Día Mundial de Protección da Natureza; o 21, Día Mundial do Aforro de Enerxía; o 24, Día das Nacións Unidas, Día da Información sobre o Desenvolvemento e Día Internacional contra o Cambio Climático. Finalmente, poñerase en valor o día 31 ao fío do Día Mundial das Cidades.

Ponteareas, no nivel 1 de alerta sanitaria con menos de sete novos casos á semana nos últimos sete días

A concelleira de saúde de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, sinalou onte que, segundo os datos recibidos da Xunta de Galicia a través da FEGAMP na tarde do pasado xoves e da Coordinadora do Centro de Saúde de Ponteareas, a situación epidemiolóxica do concello de Ponteareas “mantense na mesma situación nas útlimas semanas, entre o nivel 1 e o nivel 2”, de feito, sinala Fernández Davila, “nos últimos 14 días o nivel é 2 pero en cambio si vemos os resultados facilitados pola Xunta nos últimos 7 días o nivel é 1”.

O Concello de Ponteareas está en contacto permanente coa persoa responsable da Covid-19 no Centro de Saúde local e adoptando as medidas que, en cada momento, se consideran máis axeitadas seguindo as recomendacións sanitarias da Xunta de Galicia en canto aos servizos municipais máis sensibles como a Residencia de Maiores e a Escola Infantil, así como os espazos públicos, sen que neste momento se nos comunicara a adopción de ningunha medida distinta das que xa temos implementado neste momento.

O Concello, que fai unha vez máis un chamamento á poboación “a extremar en todo momento as medidas de prevención xa coñecidas, seguirá actuando con responsabilidade como leva facendo dende o 14 de marzo cando se decretou o Estado de alarma”, e seguirá estando coordinado coas autoridades sanitarias da Xunta de Galicia.

Segundo o Concello ponteareán, os resultados destes meses son coñecidos e non vai entrar en ningunha polémica con ningunha forza política sobre este tema “porque os esforzos hai que invertilos en reducir a epidemia”.

Galicia rexistra este sábado un total de 4.358 casos activos por coronavirua

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358, deles 747 son da área da Coruña, 466 da de Lugo, 1.474 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 435 da área de Vigo, 581 da de Santiago, e 114 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 175 en unidades de hospitalización e 4.146 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.425 persoas curadas, rexistrándose 780 falecementos. O número de PCR realizadas é de 543.138.

Na xornada de onte rexistrouse o falecemento dunha muller de 93 anos en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Ballesol Oleiros (Oleiros). Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Premer sobre o cadro para ampliar

Último mes para participar no certame de fotografía

0

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy ten aberta a participación no seu certame de fotografía e o prazo para presentar as obras finalizará o luns 2 de novembro. Polo tanto, queda menos de un mes para que os afeccionados a esta actividade poidan presentar un máximo de cinco fotos.

A temática é libre e formato do concurso permanece igual ó dos últimos anos con seis premios, que reparten 600 euros. A isto engádese que todas as obras participantes no evento, antes de ser devoltas ós seus donos, serán expostas en diversos centros sociais do concello de Redondelaa. De feito, as de presentadas en 2019 estiveron penduradas no Círculo Cultural de Cesantes, no Multiusos da Xunqueira (Redondela), no Piñeiral do Crego (Chapela) e, actualmente, atópanse no Centro Cultural de Cedeira. Unha listaxe que o Obradoiro tentará incrementar na vindeira edición para dar a maior repercusión posible ós participantes.

No referente os premios, repártense ata seis. Recoñecese a mellor fotografía con 175 euros. Nos adultos haberá tres galardóns (125, 100 e 75 euros) e dous para os xuvenís (75 e 50 euros). O xurado, como é habitual neste evento, estará composto por profesionais do ámbito da comunicación. Eles serán os encargados de escoller ó sucesor de Almudena Castro Villar, gañadora absoluta na edición de 2019. As obras deben presentarse impresas e tamén en formato dixital. Nesta segunda opción existe a posibilidade de envíalas por correo electrónico, pero tamén é obrigatoria a copia impresa, que poderá enviarse por correo ou ser entregada no Círculo Cultural de Cesantes. As bases completas do certame, cos requisitos técnicos e as direccións completas de envío poden consultarse na web estudoslocais.org ou no perfil de Facebook do Obradoiro (@ObradoiroFernandoMonroy).

O Goberno de Redondela amosa a súa “indignación” polo intento do PP de querer politizar a xestión de Servizos Sociais en plena pandemia

0

O Goberno de Redondela amosou hoxe a súa “absoluta indignación” polas declaracións realizadas polo PP sobre o funcionamento do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF), manifestacións que, entende o Goberno, “non só amosan un claro descoñecemento sobre os esforzos que están a realizar os Servizos Sociais do Concello nesta situación de pandemia, senón que ignoran a situación de crise sanitaria na procura dunha máis que dubidosa rendibilidade política”.

O curioso, di o executivo local, é que unha vez máis “no seu afán e na súa teima de atacar ao goberno como sexa e polo que sexa, pon en entredito a labor das traballadoras dos Servizos Sociais que, nesta situación extraordinaria, están a desenvolver un traballo cunha profesionalidade, dedicación e sacrificio que va máis aló do que sería esixible”.

As críticas, apunta a Concellería de Servizos Sociais que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, “debería o PP facerllas aos seus compañeiros de partido da Xunta que Galicia que vén de anunciar que, este servizo de SAF extraordinario, finalizará o vindeiro 30 de novembro e que, dende este pasado 1 de outubro, “non se poderán prestar máis horas das efectivamente prestadas ata o 30 de setembro”.

No caso do Concello de Redondela, previa valoración profesional do persoal técnico, prestaranse nesa modalidade unha estimación de 2.023,63 horas o que supón un gasto de ao redor de 29.000 euros, necesario para non deixar de atender ás persoas que máis o precisan”. “Non estaría de máis que os populares, aos que polo que parece tanto lles preocupa a situación, lle preguntaras aos seus compañeiros da Administración Autonómica por que, ata o de agora, o Concello de Redondela non recibiu financiamento algún da Xunta por este concepto”.

E dicir “a Xunta de Galicia procede ao peche dos centros de atención a persoas dependentes adoptando unha suposta medida “conciliadora” por medio dun paquete de axudas económicas insuficientes e coa posta en marcha dunha modalidade de SAF Extraordinario” o que supón que unha vez máis “deléganse responsabilidades nas administracións locais no relativo á xestión dun servizo fundamental, coas enormes dificultades e incertezas da súa xestión en tempos dunha pandemia sen precedentes e sen facilitar un protocolo de actuación frente á COVID-19”. Novamente a Xunta recorre, como xa fixo outras veces nesta pandemia a un “eu invito e os concellos pagan”.

O Partido Popular de Redondela, “recorre unha vez máis a falsidade intencionada”, afirma o goberno local, “cando asegura que a xestión dos servizos foi mala ou insuficiente por non facer uso da totalidade das horas” cando o certo, “e ben coñecido polo PP, é que a motivación de non terse outorgado un maior número de servizos, foi única e exclusivamente técnica logo das valoracións realizadas tanto na asignación das horas do SAF coma na xestión do programa Xantar na Casa”.

Lamentablemente e unha vez máis, conclúe o Goberno de Redondela, “o PP recorre á falsidade e a terxiversación nesa dinámica, xa demostrada en máis dunha ocasión, que en política todo vale, aínda que sexa utilizar unha situación de extrema gravidade como a pandemia, na procura dunha máis que dubidosa rendibilidade política”.

“Para nós, non todo vale. As necesidades das veciñas e veciños están por encima de calquera outra consideración como así o temos demostrado en máis dunha ocasión, afrontando gastos que corresponderían a administración autonómica”, remata o executivo de Redondela.

A exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas” pode verse na Casa dos Alonso até o 20 de outubro

0

Dende este venres día 9 de outubro xa está na Guarda a exposición “Río Miño – memorias transfronteirizas”, na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos.

Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa Deputación de Pontevedra, chega á Guarda, do 9 ao 20 de outubro na Casa dos Alonso, tamén está a disposición dos visitantes un tríptico informativo da mesma.

Ponteareas inicia o pago das 176 axudas para libros e material escolar do curso 2020/2021

A concellaría de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández Davila, vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que, nos vindeiros, días comezarase a aboar as axudas concedidas a 176 alumnos/as para libros e material escolar para o curso 2020/21 a educación infantil (4º, 5º e 6ª), FP básica, ciclos formativos e bacharelato.

O Concello pagará un total de 20.000 € destinados ás familias empadroadas no Concello de Ponteareas que teñen menores ao seu cargo, matriculados para o presente curso escolar nalgún centro de ensino de Ponteareas en Educación Infantil, FP Básica, CF e Bacharelato, ou noutra localidade no caso de CF, para mercar libros de texto e material escolar e que non dispoñen de ningunha outra axuda de organismo público.

Por sexto ano consecutivo a concelleira de Ensino colabora coas familias aportando un apoio máis ao acceso dun ensino de calidade e que acurta as diferencias sociais e garante a igualdade de oportunidades, sobre todo neste ano tan complicado por mor da crise sanitaria do COVID19.

Con estas axudas cúbrense as necesidades de material educativo de 176 alumnas/os que son o total das solicitudes que cumprían os criterios establecidos nas bases.

Todo listo para o Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que este ano estará dedicado ao persoal sanitario

“Esta provincia e esta cidade son o motor da cultura en todos os eidos”. Con estas palabras, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, participou hoxe na presentación da quinta edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director do evento, Gonzalo Suárez, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, e a directora de Caixabank oficina Príncipe, Sonia Saromán. O certame, que organiza a Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN), celebrarase entre os días 13 e 17 deste mes de outubro na cidade olívica.

No acto celebrado no Museo Marco, Carmela Silva enxalzou que o festival, que se atopa baixo a marca provincial “Rías Baixas Film Fest”, “reinvéntase cada ano, suma iniciativas e proxectos e sempre con esa idea de que todas as persoas somos iguais e temos dereito a participar activamente en todo”. Amais, a presidenta provincial tamén destacou que é un certame “marabilloso” porque “está cheo de principios básicos”. Pola súa banda, o alcalde de Vigo subliñou a importancia das corporacións locais no mundo da cultura e fixo fincapé na influencia do cine “nas nosas expresións, formas e comportamentos”. Neste eido, Caballero sinalou que o cine inclusivo “é un avance nos dereitos humanos e na igualdade”.

Doutra banda, o director do festival explicou que o certame “naceu coa vocación de facer visible o invisible” e salientou que “pese as adversidades non para de medrar, é cada vez máis ambicioso e conta con máis seccións”. Amais, Gonzalo Suárez destacou que este ano debido á crise sanitaria da covid-19 “había que dedicarlle o festival ao persoal sanitario”. Neste senso, nesta edición dáse unha maior puntuación na selección a todos aqueles audiovisuais nos que se dá a coñecer o traballo dos e das profesionais da sanidade e dos coidados. Amais, o cartel da V edición, deseñado pola artista viguesa Abi Castillo, tamén está dedicado ao persoal sanitario. E, pola súa banda, o certame será inaugurado co documental “De chaque instante” de Nicolas Philibert, sobre a vocación dos e das enfermeiros e enfermeiras.

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo, cuxas proxeccións terán lugar no Auditorio Municipal e nos Cines Salesianos,  ten como finalidade dar a coñecer, apoiar e valorar os proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión e a igualdade. Nesta quinta edición, como novidade o festival abriu un concurso de webseries inclusivas, que se poden votar a través da web, e tamén unha sección competitiva de longametraxes de ficción con temática inclusiva para reflectir a diversidade da nosa sociedade. Amais, o certame segue a apostar por dúas seccións competitivas, unha de documentais e outra de curtametraxes. Doutra banda, o festival tamén contará na súa programación con actividades paralelas ás proxeccións, como webinars e coloquios, que pretenden crear conciencia sobre a inclusión no seu aspecto máis amplo Por mor da pandemia, o festival tivo que reformularse para centrarse na seguridade das persoas asistentes. Ao respecto, tamén contará coas ferramentas postas a disposición pola Deputación no marco do protocolo común que impulsou con medidas de seguridade para os festivais de cinema da provincia.

Ultimas entradas para o espectáculo ‘Da Terra’ do gaiteiro Óscar Ibáñez & Tribo en Ponteareas

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas que dirixe Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a gozar do concerto de Óscar Ibáñez & Tribo este domingo 11 de outubro ás 19:30 horas no parque da Feira Vella. A entrada é totalmente de balde e as persoas interesadas deberán reservar entrada en i.gal/oscaribanez.

Organizado en colaboración coa Xunta de Galicia a través da rede Cultura no Camiño da AGADIC, Óscar Ibáñez & Tribo pesentará en Ponteareas o espectáculo Da Terra que percorre os temas máis destacados dos seus traballos Alén do Mar (VIR, 2012) e Aires de Pontevedra (Inquedanzas Sonoras, 2017) ao tempo que revisa outras melodías tradicionais enriquecéndoas con arranxos frescos e cos timbres da súa banda de directo Óscar Ibáñez & Tribo, co fin de contribuír á actualización e universalización da nosa música patrimonial, respectando ao tempo a súa esencia. En definitiva, unha espectacular e enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade nunha mestizaxe musical innovadora na que predomina a sonoridade celta.

 Óscar Ibáñez & Tribo está formada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria que formaron parte das bandas dos artistas máis destacados da música folk galega como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Carlos Calviño (Roi Casal), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón); baixo e Andrés Vilán (Pepe Vaamonde Grupo), batería e percusión. Neste espectáculo súmanse 6 músicos convidados: Pepe Romero e Jorge Maño (Banda de Gaitas Suevia), gaitas; Daniel García, Álvaro Rúa e Rocío Fernández (Banda de Gaitas Nova Era), gaitas; Carla Villanueva, xilófono.

Realizou máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como: Festival Intercéltico de Lorient (Lorient, Bretaña), Festival Capodanno Céltico (Milán, Italia), Festival Internacional da Máscara Ibérica (Lisboa, Portugal), Festival Inter-Atlântico de Gaita de Foles (Ponte de Lima, Portugal), Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, Galicia), Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña, Galicia), Festival de la Luz (Boimorto, Galicia), Festival Folk de Guísamo (Bergondo, Galicia), Festival Folk As Pontes (As Pontes de García Rodríguez, Galicia), Festival Internacional Celta Reino de León (León, Castilla y León), Festival Folk Canarias (Telde, Gran Canaria), Festival Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Folk Plasencia (Plasencia, Extremadura) ou o Festival Intercéltico d’Occidente (Tapia de Casariego, Asturias), entre outros.

Óscar Ibáñez é mestre en Educación Musical (UVIGO), Especialista Universitario en Música Tradicional Galega (USC), Especialista Universitario en Arquivística (UNED), Máster en Xestión da Documentación Musical (UAM), Título Profesional de Música na especialidade de gaita (Conservatorio das Artes Mayeusis) e cursou estudos oficiais de frauta de bico (Conservatorio Profesional de Música da Estrada). Os seus comezos tiveron lugar en distintos grupos de música tradicional cos que percorreu toda Europa, a docencia nos centros galegos de máis de 10 países de Europa e América, a través da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, e na súa participación nos concursos de gaita galega de maior prestixio, nos que acadou máis de 40 premios. 

Entre 2004 e 2020 traballou no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra e dende 2006 impulsou e dirixiu diferentes espectáculos en Galicia e Cantabria como Musgafol: Gaita-piano, gaita-banda e gaita-orquestra (Pontevedra, 2008-2011) e Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva. Gaitas de fol do noroeste (Poio, 2006-2010), Juelles. Encuentro de Gaitas Europeas (Santander, 2010) ou Juegos Náuticos Atlánticos. Cantabria 2010. Participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que cabe destacar os seus discos Alén do mar (VIR, 2012), no que fusiona a música de Galicia e América Latina a través da emigración galega ao continente americano do entre séculos XIX-XX, e Aires de Pontevedra (Inquedanzas Sonoras, 2017), co que homenaxou ao célebre Gaiteiro de Viascón Ricardo Portela (1920-1992), co gallo do 25 aniversario do seu pasamento. Como investigador publicou os libros-CD Os Montes de Lugo. Ensaios e concursos (Ouvirmos, 2007), O Quinteto Monterrey de José Posada. Nos xardíns da Tropical (Dos Acordes, 2009), Xoán Tilve Gaiteiro de Campañó. Gravacións Históricas de Xosé Filgueira Valverde (aCentral Folque, 2015) e colaborou co musicólogo Luís Costa no libro Augusto Bárcena Saracho. El legado musical del Maestro (Deputación de Pontevedra, 2010).

Mos tomará a temperatura a todos os asistentes aos actos sociais e culturais organizados polo Concello

0

Na mañá do xoves, celebrouse semipresencialmente (algúns dos seus membros presentes no Salón de Sesións do Concello de Mos e outros por videoconferencia) a terceira Comisión de Seguemento da Evolución da Covid-19 en Mos tras a reanudación destas reunións de seguemento e control o pasado 1 de setembro, que foran interrompidas despois da última Comisión de Seguemento levada a cabo o 17 de xuño e que era a 16ª.

Realizouse polo tanto a sesión número 19 da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos que continuará en diante coa súa celebración periódica quincenal, na que se analiza e se establecen estratexias de seguridade, protección e prevención ante o virus.

A Comisión foi presidida pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e durante a mesma, ademais de facer o habitual repaso de todas as medidas e protocolos municipais activos en materia de seguridade e prevención ante a COVID-19, acordouse que o Concello tomará a temperatura e anotará os asistentes a eventos sociais e culturais como medidas adicionais en actos con presenza significativa de público.

Ademais das medidas xa vixentes en Mos correspondentes á nova normalidade derivada da COVID-19, a Comisión de Seguemento da COVID-19 decidiu na súa reunión e tal e como informaba ao seu remate a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, “poñer unha especial énfase no cumprimento das medidas sanitarias e do distanciamento nos eventos sociais e culturais que se volten a programar durante as fins de semana e outras datas concretas, para evitar que sexan focos de contaxio. Desta forma, ademais de medidas xa implantadas, como uso da máscara, limpeza de mans e distancia social, nos actos con presenza significativa de público recopilaremos os datos persoais dos presentes elaborando unha relación dos asistentes e tomándolles a temperatura, co fin de localizalos no caso de que se produza un contaxio”.

Ofrenda a San Miguel Arcángel de Uriangato

A Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (FAGAARTE) participou no proxecto “ALFOMBRISTAS INTERNACIONALES UNIDOS EN LA TRADICIONAL OCTAVA DE SAN MIGUEL ARCANGEL”, organizado pola COORDINADORA INTERNACIONAL DE ENTIDADES DE ARTE EFÍMERO, en combinación e apoio á Asociación LA OCTAVA NOCHE de Uriangato, estado de Guanajuato en México, coa participación de oito cidades de Galicia combinados nun proxecto virtual do que agora podemos exhibir os seus resultados ao público.

Dende aquí so podemos enviar o noso afectuoso saúdo, de xeito virtual, ao pobo de Uriangato, organizando a elaboración da súa alfombra nos seus locais e rúas de cada participante, por mor do estado de extensión da epidemia Covid-19. Posteriormente combinamos os resultados nunha única alfombra que resume coas imaxes de todo o realizado.

Para esta ocasión, participaron alfombristas de Antes (Mazaricos), Bueu, Burela, Cangas do Morrazo, Cerponzóns (Pontevedra), Moaña, Ponteareas e Rianxo, algunhas das que recordan con nostalxia e agradecemento a súa estancia nos pasados anos en Uriangato.

Os alfombristas galegos fixemos un esforzo de abstracción para resumir nunha alfombra os recordos vividos en México e presentar as tradicións que se viviron aos nosos paisanos. Así a alfombra resume consta dun emblema, do estilo do escudo da cidade de Uriangato, onde 7 trevos de 4 follas conteñen os deseños dos nosos, recordando as referencias do escudo de Galicia ás súas antigas sete provincias do Antigo Reino de Galicia, dos anos 1600 a 1700. Pola súa distribución, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, temos a parte máis aérea cos globos de papel que se elaboran para este festexo e as pombas debuxadas polas tradicións indíxenas, no centro no corazón sempre San Miguel, custodiado pola súa igrexa e o porticado da praza que a arrodea e abaixo dúas tradicións vencelladas coa música, a tradicional danza dos vellos e o palco da música que recorda á súa música, que en Bueu trouxo polas rúas cando se confeccionaba a súa alfombra.

É un novo traballo feito dende a solidariedade cos nosos amigos na distancia que non se esquece coa unión e forza que dende a Federación mostramos á hora de desenvolver os nosos proxectos.

[su_image_carousel source=”media: 22748,22747,22749″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Gondomar garantizará no seu novo PXOM a máxima protección do Monte da Serra do Galiñeiro como Espazo Natural

0

O alcalde de Gondomar desmente e insta á Plataforma de Protección dá Serra do Galiñeiro que lean con detemento e exactitude o “informe de avaliación ambiental”, un documento complexo e técnico de aí seguramente o seu descoñecemento sobre o mesmo, o que supuxo crear unha alarma social sobre uns feitos que non son certos.

“Este Goberno é o primeiro de todos os anteriores en darlle a máxima protección ambiental ao Monte Galiñeiro, tal e como se merece. Afastado de eólicos e de escavacións de terras raras, etc, e así queremos que permaneza por moitos séculos”, dixo o alcalde.

O informe de avaliación ambiental remitido á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, o único que menciona respecto ao parque eólico o DIE, no seu apartado 6, ao obxecto de dar cumprimento ao art. 18 da Lei 21/2013: “é a obrigación de recoller no mesmo todas as incidencias previsibles que poden ter sobre o territorio municipal os plans sectoriais e territoriais concorrentes…”. Por iso é polo que no devandito apartado sexa de obrigado cumprimento mencionar os plans existente no municipio, entre eles o (famoso) Plan Sectorial Eólico de Galicia (como o Plan Hidrolóxico, a Axenda21, o Plan de Xestión de Residuos, o Plan de Ordenación do Litoral).

“Non existe pois, contradición algunha no DIE como sinala a Plataforma, non é certo, que este goberno, deixe o Monte Galiñeiro sen a máxima protección ambiental (Parque Natural) como “algúns” pretenden facer crer á cidadanía terxiversando a realidade.

“Este goberno tivo, ten e terá sempre claro que, A Serra do Galiñeiro, é, e será sempre, un Espazo Natural a conservar e a protexer. Iso ninguén o dubida; salvo Feijoo, que foi o artífice de aprobar para aí un Plan Sectorial Eólico, especulativo, daniño e inadmisible para o Monte Galiñeiro e para toda a comarca. Unha xoia natural a preservar indubidable, que o PP de Feijoo pretende encher de muíños de vento, destruíndo o espazo aéreo, o chan e o subsolo…, cousa que non podemos permitirlle que faga, e ánimo a todos e cada un para unirse e dar a batalla ata conseguir que o Galiñeiro sexa Espazo Natural”, concluíu o alcalde Paco Ferreira.

O BNG de Redondela recorda o compromiso sobre a Bolsa de Emprego Municipal

0

A Bolsa de Emprego Municipal, constitúe un instrumento, para pór en contacto empresas e persoas en búsqueda de emprego. Dende a organización nacionalista considerouse moi importante incluír este punto no Acordo “ante a evidente perda de garantías dos e das traballadores”.

Recordan que na xuntanza da Comisión de Seguemento do Acordo, celebrada o pasado decembro, esta cuestión converteuse nunha de maiores discrepancias. “Agora apelamos ao acordo”.

Exemplifican a necesidade de melloras contractuais vía intermediación do Concello, nalgunhas sinaturas de convenios, onde os traballadores e traballadoras, realizan de balde para a empresa ata quince días “de prácticas laborais”, sen garantías de contratación, ou que a mesma sexa en condicións dignas. “Por cada quince empregados e empregadas que realizan ditas prácticas, a empresa afórrase o equivalente a unha xornada anual dun operario ou operaria. Isto non se pode permitir”, consideran.

Consideran que se debe constituír con urxencia esta Comisión, posto que “estamos nun momento de repunte das contratacións e se debe garantir que, vía Bolsa de Emprego, os traballadores e traballadoras podan acceder a postos de traballo con garantías sociais e laborais. As empresas teñen dereito a contratar. Os traballadores e traballadoras a vivir dun emprego digno”, rematan na súa nota.

Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González insta a que se cumpra co asinado polo goberno local. “As nosas propostas foron asumidas, polo que agardamos para que se cumpra o acordado”.

La clase política española, ¿qué hemos hecho para merecer esto?

En febrero de este año, escribí en este mismo periódico, un artículo sobre el proyecto del actual gobierno, de elaborar unos nuevos presupuestos, con un marcado acento social; los vigentes son de la era Montoro. Entonces me centré en los problemas que podía acarrear, un incremento del gasto público cierto, basado en una previsión de ingresos, que como mínimo, podía calificarse de excesivamente optimista y muy poco fiable. Hoy nada de eso tiene el menor valor.

Siete meses después han cambiado muchas cosas. La primera y fundamental, la pandemia que azotado la totalidad del planeta. Creo que es justo decir, que cuando se desató, nadie estaba preparado para algo así. La primera decisión que se vieron obligados a tomar los distintos gobiernos, fué elegir entre economía y salud. Muchos se decantaron por la segunda y de ahí los confinamientos masivos de la población. La consecuencia fué la paralización de la economía y la crisis que ya tenemos encima. Es cierto que esto ha sucedido en todo el mundo. Pero si miramos los datos objetivos, España presenta los peores datos de Europa, tanto en incidencia del virus (contagios y fallecidos) como en caída del PIB. La primera conclusión que podemos establecer de forma clara, es que en España las cosas se han hecho mal, tanto a nivel del gobierno central, como de las comunidades autónomas.

Lo que no ha cambiado en estos siete meses han sido dos cosas: La ausencia de presupuestos y la incompetencia de nuestra clase política, tanto de los que están en el bando del gobierno, como de los que militan en la oposición. Quizás incompetencia no seá la palabra más adecuada para definirlos. A fin de cuentas, sólo implica que alguien es incapaz de hacer bien las cosas y lo de nuestros dirigentes, por desgracia, resulta algo bastante más grave. No sólo son incapaces de hacerlo bien, sino que ni siquiera parecen ser conscientes, de que el espectáculo que nos han ofrecido en estos meses de pandemia, ha sido lamentable y vergonzoso. Seguramente haya quien piense, que soy muy exagerado. Pero si repasan los acontecimientos de los últimos años y muy especialmente, de estos últimos meses, podrán comprobar que mientras morían más de 30.000 personas, unos y otros no han dudado en echarse las culpas, intentar eludir sus responsabilidades y hacer todo lo posible, por desgracia nunca mejor dicho, para cargarle los muertos al otro.

Se ha dicho y creo que con razón, que estos son los presupuestos más importantes de nuestra historia y no sólo por la situación derivada de la pandemia, los confinamientos, la desconfianza, el miedo y la crisis, sino también, porque la UE va a aportar 140.000 millones de €, esto es, cerca del 10% del PIB español. Así que creo que será bueno hablar un poco, de los principales protagonistas de esta tragicomedia.

En primer lugar tenemos a la propia UE. La cosa ya no iba muy bien, con el Brexit y la parálisis crónica que padece. Pero ahora con la pandemía y con la situación en España y otros países, supongo que en Bruselas deben estar al borde de un ataque de nervios, tirándose de los pelos y maldiciendo la hora, en la que decidieron dejarnos semejante fortuna. Me imagino que estarán en eso y también en pensar,que medidas pueden tomar en un futuro más o menos cercano, para asegurarse de que de una manera u otra, les podamos devolver todo ese dinero.

En segundo lugar tenemos al gobierno de coalición y a sus socios de investidura, que a veces lo son y otras muchas no. Dado que se trata del gobierno de la nación y por lo tanto del actor más importante, creo que será bueno detenerse un poco, en algunos de sus componentes.

Tenemos un Presidente de gobierno que es un superviviente nato, que adapta su estrategia y se aferra al poder, como un percebe a una roca. Alguien capaz de decir una cosa y la contraria, casi al mismo tiempo y que se comporta más como un monarca, por encima del bien y el mal, que como el presidente de un país, al borde del desastre.

Un vicepresidente segundo y líder del otro partido de la coalición, con aires de mesias y una marcada bipolaridad, que le lleva a querer ser gobierno y oposición al mismo tiempo. Ell@s son artífices del paraguas social, pero con las cargas policiales no tienen nada que ver. No es sólo que aspiren a nadar y guardar la ropa; sino que quieren ser madres y vírgenes al mismo tiempo. Según tengo entendido, el sr Iglesias tiene una formación apabullante. Pero su idea de abrir un debate sobre el modelo de Estado, en medio de una pandemia y una crisis económica galopante, es propia de un irresponsable, o de un fanático y sinceramente; no sé cual de las dos alternativas me da más miedo.

En lo que respecta a los socios de la investidura, el asunto no mejora. Básicamente estamos hablando de tres partidos nacionalistas, dos de los cuales, ERC y Bildu, declaran abiertamente que quieren destruir el estado como tal y el tercero no aspira a tanto, pero si a que sea lo suficientemente débil, como para seguir cediendo a sus demandas. Partidos que en los tiempos más duros de la pandemía, no han dudado en cobrar, por sus votos imprescindibles para aprobar medidas, que bien o mal, pretendían proteger la salud de los ciudadanos.

En el lado de la oposición y por increible que parezca, la cosa empeora. Albert Einstein solía decir, que sólo había 2 cosas infinitas: el universo y la estupidez humana y que del primero, no estaba seguro. El líder de la oposición, cada vez que habla, se encarga de recordarnos, que sabio era y cuanta razón tenía Einstein.

Después tenemos a VOX, con su griterio, sus referentes medievales como el Cid, o Isabel de Castilla y sus llamamientos a un golpe de estado. Es como esos vinos que se pican y se convierten en vinagre. En el plano económico sus propuestas pasan por una curiosa mezcla del neoliberalismo más extremo, con unas gotas de estado paternalista, que concede derechos y privilegios según le parezca. En el político, más propias de que las estudien psiquiatras y antropólogos, que teóricos y politólogos. Entiendo que la gente puede estar cabreada. ¿Pero tan desesperada como para votarles?

Por último nos queda Ciudadanos, sin duda la mejor representación que se ha hecho nunca de la novela de Stevenson, El Dr Jekill y Mr Hyde. Hay días que se levanta como un partido europeo y civilizado, otras en cambio, se aferra a la bandera y se transforma en un monstruo neoliberal, que cuestiona los derechos sociales por su elevado coste, al tiempo que defiende una bajada masiva de impuestos, que por un lado reducen el estado del bienestar y por otro, beneficían en mayor medida a las rentas más altas.

Si hace dos o tres años me hubiesen preguntado por los principales problemas de este país habría señalado el paro endémico, la corrupción, la pobreza y el desperdicio de capital humano. Si me preguntasen hoy en día, sólo señalaría uno: la actual clase política, sin duda entre las peores del planeta. Un elenco de personajes que sólo piensan en términos de si mismos y de los intereses de su partido y eso si, siempre con una visión cortoplacista, que sólo busca el beneficio inmediato. Mientras no nos libremos de políticos así, no podremos empezar a resolver el resto de problemas.

Hace falta una nueva generación de políticos y una nueva manera de hacer las cosas. Pólíticos nuevos que sean capaces de hacer algo más, que descalificar al prójimo y decir que si, que ellos lo hacen muy mal, pero que los anteriores lo hicieron peor. Políticos, que sean capaces de intercambiar ideas, que no se comporten como autistas virtuales, encerrados en sus burbujas. Políticos que sean capaces de cooperar, cuando la situación lo requiera. El 15-M y el movimiento de los indignados que se extendió por el mundo, clamó por un modelo nuevo, más justo, más solidario y más representativo. Sinceramente, creo que aspirabámos a algo mejor que esto.

José Saramago escribió una estupenda novela, titulada El ensayo sobre la lucidez, en la que planteaba que ocurriría, si en unas elecciones, la inmensa mayoría de la gente decidiese ir a votar y lo hiciese en blanco. Quizás sería una buena solución. Habría que ver, que cara se les quedaba. Y nada más. Como decimos en Galicia: Eiche o que hai.

Comezan de novo as actividades do programa Apego no Concello de Ponteareas

O venres, día 16 de outubro, a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá, ás 18 horas, unha nova actividade “Canta buguina, canta!”, dentro do Programa Apego, de socialización da lingua galega na infancia.

Despois de todos estes meses, as máis pequerrechas e pequerrechos poderán desfrutar de “Canta buguina, canta!”, narración oral para a primeira infancia na que as nenas e nenos da man de Marta Ortiz comezarán unha viaxe polo mar, cantarán cancións e na que se recrearán animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e das palabras.

“Canta, Buguina, canta!” é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesía, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura.

Esta actividade está recomendada para nenos ata 4 anos e para poder asistir á actividade é necesaria a reserva previa no correo electrónico [email protected].

“Canta, Buguina, canta!” forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Continúan as actividades programadas co gallo do 50 aniversario da Biblioteca Municipal

0

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo as actividades conmemorativas do seu 50 aniversario cun amplo programa que na vindeira semana comprende senllas actividades de animación á lectura dirixidas a dous sectores de público infantil e familiar.

O martes, 13 de outubro, ás 18 h terá lugar unha sesión de contacontos para bebés a cargo de “Pavís Pavós” que presentan o seu espectáculo “Contos para bebés”. Amais de tentar entreter aos máis pequenos esta sesión tamén ten como obxectivo ofrecer unha ferramenta para nais e pais arredor do fomento á lectura, así como aproveitar para recuperar e transmitir a nosa rica tradición oral.

Mentres, o xoves 15, ás 18 h terá lugar o espectáculo de animación a cargo do grupo Eduvía que presenta “Dadá o duende” con tres contos, nos que se traballan valores como a convivencia, o respecto polo medio ambiente, o amor polos animais, etc. Nesta actividade, os nenos/as e adultos poderán interactuar, cantar, bailar e coñecer a historia dunha nena africana que quería saber como era o mar. Esta animación está dirixida especialmente aos rapaces e rapazas entre 6 e 12 anos de idade. Esta actividade fora programada para o pasado mes de setembro, e tivo de ser adiada por circunstancias alleas á Biblioteca Municipal.

Por mor das actuais circunstancia derivadas da pandemia da Covid 19 é imprescindible realizar inscrición previa ben persoalmente na Biblioteca ou a través do correo electrónico: [email protected]. Con estas novas propostas continua avanzando o programa de actividades deste 50 aniversario que na seguinte semana, do 20 ao 24 de outubro culminará cun amplo abano de propostas para todos os sectores sociais e segmentos de idade.

O Rosal prepárase para unha fin de semana chea de música, contos, circo e moito humor

0

O Rosal quenta motores para unha fin de semana longa para brincar sen parar. Música, contacontos, circo, teatro e moito humor encherán este sábado, domingo e luns a Praza do Calvario, a onde serán trasladadas todas as actuacións programadas para os vindeiros días aproveitando o bo tempo.

A troula comeza o sábado 10 pola mañá (11.00 h) con ‘Brinca vai! De aquí a acolá’, un espectáculo para toda a familia no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soará con forma de sorriso.

Pola tarde a protagonista será a cantante Ses, que esgotou as entradas para o seu concerto no Rosal hai días. A cita será ás 21.00 h, aínda que poderá accederse ao recinto a partir das 20.00 h previa comprobación dos datos da reserva, para o que é se recomenda acudir co correo de confirmación. Lémbrase que no recinto é obrigatorio o uso de máscara, manter a distancia de seguridade e respectar todas as medidas sanitarias.

O domingo 11 os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar dunha suorenta comedia con ‘Running’, unha obra de teatro no que Stephy Llaruora e Sergio Macías protagonizan unha historia de amor e humor no que dan vida a unha vintena de personaxes. Un retrato en ton grotesto da posible realidade familiar actual e as complicadas relacións de parella dentro dunha sociedade que nos empuxa a unha vida atarefada, sobreinformada e catótica. Un espectáculo para todos os públicos que poderá verse a partir das 18.00 h. Aforo limitado a 100 persoas con entrada de balde ata completar prazas.

O luns 12 será a quenda de ‘Bambolina’, un espectáculo interactivo onde os nenos e nenas desfrutarán das divertidas aventuras e desventuras de Lela e Lolo, dous pallasos en constante creación de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade. Unha obras de teatro onde a participación do público é parte fundamental da función. A partir das 17.00 h, aforo máximo 100 persoas de balde ata completar prazas.

Tras o teatro, chega a Agrupación Musical do Rosal, que ofrecerá un concerto a partir das 18.00 horas na Praza do Calvario para un aforo de 300 persoas. Actuación de balde ata completar prazas.

Como fin de festa a esta fin de semana longa, o martes 13 inaugúrase no Salón de Exposicións do Concello do Rosal ‘Auga. O sangue da terra’, unha mostra cunha fascinante colección de fotografías coas que se percorren moitos recunchos do planeta na procura do ben máis prezado: a auga. Manuel Valcárcel é o autor deste coidado proxecto que pretende centrar un factor vital para o funcionamento do mundo. A inauguración será ás 18.00 h e o horario para ver a exposición será martes e xoves de 18.00 a 20.00 h e venres e sábado de 11.00 a 13.00 horas.

Nigrán participa co proxecto ‘Un Nigrán para todos’ nunhas xornadas da Universidad de Granada sobre inclusión na industria musical

0

O Concello de Nigrán presentou esta onte o proxecto ‘Un Nigrán para todos’ nas primeiras xornadas da Universidad de Granada sobre discapacidade, diversidade e igualdade na industria da música. A través de videoconferencia, o alcalde, Juan A.González, participou nunha mesa redonda adicada ao proxecto do municipio ‘Un Nigrán para todos’ e ‘Invencibles’ da banda almeriense Nixon, considerados ambos referencias nacionais en visibilización. El Langui, Nixon, Rakel Arymux, Toni Romero (teclista de Chambao e Antílopez) ou actuacións en directo (Laura Fernández, cantaora flamenca), charlas e mesas redondas centran estas xornadas semipresenciais que arrancaron onte en Granada e finalizan esta noite.

O rexedor desgranou, unha a unha, as iniciativas de inclusión levadas a cabo en Nigrán a través do grupo interdisciplinar ‘Un Nigrán para todos’, sendo a máis popular no ámbito cultural a adquisición de 5 mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música. Xunto a el, compatiron mesa Miriam Aller, directora de Entresignos e membro de ‘Un Nigrán para todos’; un portavoz do club de rugby inclusivo Ura Clan; e Alejandro Sánchez Navarro, cantante do grupo almeriense Nixon que ven de editar o tema ‘Invencibles’, un un proxecto con fins benéficos na que participa Shuarma (Elefantes), Gabriel de la Rosa (Shinova), Adrián Gutiérrez (Nunatak), Delaporte, Rayden o Delafé.

“Hai tempo que a Universidade de Granada se puxera en contacto con nos porque lles interesou moito as mochilas vibratorias e quixeron coñecer a nosa experiencia para valorar se as adquirían. A raíz disto interesáronse moito no noso proxecto de ‘Un Nigrán para todos’ e nos invitaron a estas xornadas que, finalmente, foron semipresenciais por seguridade sanitaria”, explica o alcalde. “Estamos moi orgullosos de ser unha referencia nacional en temas de inclusión e nos gustaría moito que o proxecto de ‘Un Nigrán para todos’ se extendese a cada localidade”.

‘Un Nigrán Para Todos’ é un grupo de traballo interdisciplinar do Concello de Nigrán formado en 2015 por profesionais adicados á mellora da calidade de vida das persoas con diversidade e que propón accións encamiñadas a garantir a accesibilidade universal en Nigrán, prestando especial atención ás barreiras sensoriais, as máis ‘invisibles’ para a sociedade.

Seguen aumentando en Galicia os casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264, deles 757 son da área da Coruña, 494 da de Lugo, 1.351 da de Ourense, 573 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 552 da de Santiago, e 104 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.039 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.106 persoas curadas, rexistrándose 776 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 537.192.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.